Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Valladolid é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da Península Ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español.
Starbucks Corporation é unha empresa multinacional de alimentación, especializada no café, fundada en Seattle, Estados Unidos en 1971. É a compañía de café máis grande do mundo, con máis de 24 000 locais en 70 países. Starbucks vende café elaborado, bebidas quentes e outras bebidas, ademais de bocadillos e algúns produtos como cuncas e grans de café.
Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia). Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999.
Myanmar, oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman.
Un libro (do latín liber, libri , que significa cortiza.) é unha obra impresa, manuscrita ou pintada nunha serie de follas de papel, pergamiño, vitela ou outro material, unidas por unha banda (é dicir, encadernadas) e protexidas con tapas, tamén chamadas cubertas. Un libro pode tratar sobre calquera tema. Segundo a definición da Unesco, un libro debe posuír vinte e cinco follas mínimo (49 páxinas), pois de vinte e catro follas ou menos sería un folleto; e dunha ata catro páxinas considéranse follas soltas (nunha ou dúas follas).
Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.
Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional é unha vasta rexión da Rusia e do norte de Kazakhstán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o océano Pacífico, e cara ao sur desde o océano Ártico ata os montes do centro-norte de Kazakhstán e ata a fronteira con Mongolia e a China. O xentilicio é siberiano/siberiana.
Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia. Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York.
Ronda é unha cidade pertencente á comunidade autónoma de Andalucía, situada no noroeste da provincia de Málaga (España). É a cabeza do partido xudicial homónimo e a capital da comarca da Serranía de Ronda. No ano 2008 contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras Antequera.
Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado ao norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, ao leste e ao sur polo océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e ao oeste por Kenya e por Etiopía. A súa capital é Mogadixo. Somalia é un dos poucos países africanos lingüisticamente homoxéneo, no que case toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.
Khabarovsk é unha cidade industrial rusa, situada na provincia de Krai de Khabarovsk, onde se xuntan os ríos Amur e Ussuri, a 30 quilómetros da fronteira coa República Popular da China. Cunha poboación de 577.668 habitantes, trátase da segunda cidade máis poboada do leste ruso por detrás de Vladivostok. É a capital do Extremo Oriente Ruso.
Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León. Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid.
O rugby é un deporte de contacto orixinario de Inglaterra no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de ensaio rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo, chamándoselle rugby en Galicia ó rugby union por ser a única disciplina con practicantes, equipos, competicións e federación na comunidade autónoma.
Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República da China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2 685 357 habitantes en 2001). Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708.
Denomínanse pasta os alimentos preparados a partir dunha masa (a palabra pasta vén do italiano "pasta", que significa masa) cuxo ingrediente básico é a fariña de trigo mesturada con auga formando un produto que xeralmente é cocido en auga. Comunmente adóitase empregar a especie Triticum durum (trigo duro) na súa elaboración. Tamén se lle poden engadir outros ingredientes de maneira opcional: Ovo: outorgalle consistencia e fai da pasta un alimento máis nutritivo.
A Patagonia é unha rexión xeográfica situada na parte máis austral de Suramérica, que abrangue territorios da Arxentina (Patagonia oriental) e de Chile (Patagonia occidental), separados pola cadea dos Andes. Cobre unha área duns 673 000 km2. Está arrodeada polas augas do océano Atlántico polo leste (coas illas Malvinas a uns 600 km), do océano Pacífico polo oeste e polo paso de Drake ao sur.
Solanum L. é un xénero de plantas da familia Solanaceae, descrito por vez primeira por Carl von Linné en 1753. O grupo inclúei moitas especies de plantas perennes arbustivas ou rubideiras. A maioría das especies de Solanum son velenosas, mais o grupo inclúe algúns dos vexetais máis esenciais da alimentación humana como a pataca, o tomate ou a berinxela.
O Talmud ou talmud (en hebreo: תַּלְמוּד, transl. ṯaləmūḏ, que significa estudo) é unha obra literaria e relixiosa, feita a partir da obra básica do dereito relixioso xudeu; é unha colección dos libros sagrados dos xudeus, un rexistro de discusións rabínicas relativas á lei xudía e á ética xudía, e os costumes e historia dos xudeus. É un texto central do xudaísmo rabínico.
Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade. Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán.
Nanjing (en chinés: 南京; pinyin: Nánjīng; Wade-Giles: Nan2-ching1) ou Nanking é unha cidade da China, capital da provincia de Xiangsu. Ten preto de 10 millóns de habitantes e é un grande centro industrial, comercial e cultural. Ten universidade, academia militar, instituto superior e unha importante biblioteca.
Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).
Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia. Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes.
Rijeka (en italiano: Fiume; en húngaro: Fiume; en esloveno: Reka, en alemán: Sankt Veit am Flaum) é o principal porto e a terceira meirande cidade de Croacia (despois de Zagreb e Split). Atópase na baía de Kvarner, no Mar Adriático, e ten unha poboación de 128 624 habitantes (2011). A área metropolitana, que inclúe vilas e concellos adxacentes, ten unha poboación de máis de 240 000 habitantes.
O turismo é o acto de viaxar por pracer e as actividades que se realizan durante as viaxes e nun lugar de permanencia distinto do que se vive. Un turista é alguén que viaxa cando menos oitenta quilómetros dende a súa residencia por lecer por un período superior a 24 horas e inferior a un ano, tal como o define a Organización Mundial do Turismo. O turismo deu nacemento a unha verdadeira industria para a provisión do turista, dende o sistema de transportes ata hostaleiros, tanto de provisión e restauración como de aloxamento.
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende a China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste ó Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.
Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente.
Bonaire (/bɒnˈɛər/; neerlandés: Bonaire, pronunciado [boːˈnɛːr(ə)] ( ); papiamento: Boneiru) é un municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao. Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao.
Shikoku (四国, しこく, "catro provincias") é a máis pequena e menos poboada das catro illas principais (hondo) do Xapón. Ehime, Kagawa, Kochi e Tokushima son as catro prefecturas nas que se dividen os 18.298 km² da illa e na que viven 4.154.039 habitantes. Matsuyama é a cidade con maior poboación e o Monte Ishizuchi, con 1982 metros, é o punto máis elevado da illa.
Freetown é a cidade maior e a capital de Serra Leoa, con 820.000 habitantes estimados (2006), localizada na zona occidental do país, sobre a denominada península de Freetown, na costa do océano Atlántico. Coas zonas suburbanas a poboación supera lixeiramente 1 000 000 habitantes. Administrativamente Freetown é tamén capital da Área Occidiental e máis do Distrito Urbano da Área Occidental.
Missouri é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebraska.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Cincinnati é unha cidade do estado norteamericano de Ohio e a capital de condado de Hamilton. A cidade está localizada ao suroeste de Ohio, á beira do río Ohio na fronteira Ohio-Kentucky. Cunha poboación en 2006 de 332.252 habitantes, Cincinnati é a terceira cidade máis grande de Ohio, detrás de Columbus e Cleveland, e a 56ª cidade máis grande nos Estados Unidos.
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile. Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzado en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial; estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet». A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web (WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración. Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira.
O renminbi (chinés: 人民币 ; 人民幣, rénmínbì = moeda do pobo) é a moeda oficial da República Popular da China (RPCh), e cuxa principal unidade é o iuan (元, simplificación de 圆, yuan "obxecto redondo", cfr. ien 円, en xaponés, que ten a mesma orixe). É emitido polo Banco Popular da China, que é a autoridade monetaria da RPCh.
Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables. Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática.
Terni é unha cidade italiana de 112.735 habitantes (2009), capital da provincia de Terni, na rexión de Umbría. É unha antiga cidade de Italia localizada na provincia de Umbría meridional, atópase no chan do río Nera. A 104 quilómetros ao norte de Roma, a 36 quilómetros ao noroeste de Rieti, e a 29 quilómetros ao sur de Spoleto.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo con máis de 50.000 empregados en total en varíos países[cando?] e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como Word, Excel, Access ou FrontPage.
A pizza (voz it. [ˈpittsa] ) é unha torta chá de trigo con queixo mozzarella, salsa de tomate e outros ingredientes, cocida ó forno, típica da cociña napolitana. Aínda que se considera que a súa orixe está na gastronomía italiana, particularmente a napolitana, o seu consumo está estendido a case todos os países do mundo con diversas variantes locais que incorporan distintos ingredientes para cubrir a masa.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da RSSF de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Este artigo trata sobre o xénero de moscas Drosophila en xeral. Para a especie máis importante deste xénero ver Drosophila melanogaster. Drosophila é un xénero de pequenas moscas da familia Drosophilidae, que xeralmente reciben o nome de "moscas da froita" ou "moscas do vinagre", debido a que moitas das especies voan arredor de froitas moi maduras ou podres ou do viño ou vinagre (non deben confundirse coas Tephritidae, ás que tamén se lles chama moscas da froita, que poden ser unha praga para as colleitas de froita, como por exemplo a mosca da froita mediterránea Ceratitis capitata).
Melbourne (/ˈmɛlbərn/) é unha cidade australiana, a segunda cidade do país en poboación, despois de Sydney, con aproximadamente 3,6 millóns de habitantes na súa área metropolitana. O centro histórico, a Cidade de Melbourne, ten tan só 69.670 habitantes (segundo datos do censo de 2001). A cidade é a capital e a maior cidade do estado australiano de Victoria.
Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional Sheremetyevo en Moscova.
Mississippi é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. Mississippi foi historicamente un estado dominado por granxas e pequenas cidades, dependente da agricultura e da gandaría. Actualmente, con todo, este estado posúe unha economía relativamente diversificada, cunha industria de manufactura e cun turismo en crecemento.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes.
PayPal é unha empresa estadounidense pertencente o sector do comercio electrónico por Internet que permite a transferencia de diñeiro entre usuarios que teñan correo electrónico, unha alternativa ao tradicional método en papel como os cheques ou xiros postais. PayPal tamén procesa peticións de pago en comercio electrónico e outros servizos web, polos que cobra unha porcentaxe. A maior parte da súa clientela provén da web eBay.
Borobudur, tamén transcrito Barabudur (en indonesio: Candi Borobudur, en xavanés: ꦕꦤ꧀ꦝꦶꦧꦫꦧꦸꦝꦸꦂ, romanizado: Candhi Barabudhur) é un templo budista Mahayana do século IX na rexencia Magelang de Xava, non lonxe da cidade de Muntilan, Indonesia. É o templo budista máis grande do mundo. O templo consta de nove plataformas apiadas, seis cadradas e tres circulares, rematadas por unha cúpula central.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Sumatra (en indonesio: Sumatera) é unha illa no oeste de Indonesia, a máis occidental das Illas da Sonda. É a illa máis grande de todo Indonesia (as dúas illas maiores, Borneo e Nova Guinea, compártense entre Indonesia e outros países), e a sexta illa máis grande do mundo con 473.481 km² cunha poboación de 50.365.538 habitantes. A súa cidade máis grande é Medan cunha poboación de 2.109.330.