Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O pobo cabilo (en cabilo: Izwawen, Leqbayel ou Iqbayliyen, en árabe: القبائل; al-qabā'il) é un pobo bérber nativo de Cabilia, unha rexión do norte de Alxeria, no Cordal do Atlas, a 160 kms ao leste da capital, Alxer. Representan a meirande poboación bérber de Alxeria e a segundo máis grande de África do Norte. Moitos cabilos emigraron dende Alxeria por diversos factores como a guerra civil alxeriana, a represión cultural por parte do goberno alxeriano central, e a decadencia da industria nacional.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
En matemáticas, o número 0,999… co 9 como un número decimal periódico, denota o número real un. Noutras verbas, as notacións «0,999…» e «1» representan o mesmo número no sistema de números reais. As demostracións desta igualdade formuláronse con diversos graos de rigor matemático, dependendo do xeito preferido para definir os números reais, as hipóteses e suposicións de partida, o contexto histórico e a audiencia de obxectivo.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Estonia atópase na parte norte da zona de clima temperado e na zona de transición entre o clima oceánico e o continental. Debido a que Estonia (e todo o norte de Europa) está continuamente quentada polo aire marítimo influenciado polo contido de calor do norte do océano Atlántico, ten un clima máis suave a pesar da súa latitude norte. O mar Báltico provoca diferenzas entre o clima das zonas costeiras e do interior.
SAGE Publishing é unha empresa editorial independente fundada en 1965 en Nova York por Sara Miller McCune e agora con sede en California. Publica máis de 1 000 revistas e máis de 800 libros cada ano, así como traballos de referencia e produtos electrónicos en áreas como o negocio, humanidades, ciencias sociais, ciencia, tecnoloxía e medicina. SAGE tamén posúe e publica baixo Corwin Press (dende 1990), CQ Press (dende 2008), Learning Matters (dende 2011), e Adam Matthew Digital (dende 2012).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores. O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas públicas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.
Benjamín José Santamaría Martín, nado na Coruña o 17 de setembro de 1996, é un economista, profesor de economía e xornalista coñecido pola súa defensa do libre mercado no contexto da doutrina social da Igrexa. Publicou numerosos artigos e impartiu conferencias sobre economía no marco do pensamento católico e historia do pensamento económico. É redactor de economía no xornal dixital Okdiario.
Lois I de España ou Luís I de España, chamado «o Ben Amado» ou «o Liberal», nado en Madrid o 25 de agosto de 1707 e finado na mesma vila o 31 de agosto de 1724, foi rei de España durante menos dun ano, sendo o seu reinado de 229 días, o máis breve da Historia de España (sen contar o goberno de Filipe o Fermoso). Era o fillo máis vello do Rei Filipe V e María Luísa de Savoia. A proclamación de Lois I de España, o 15 de xaneiro de 1724, tivo unha grande acollida e entusiasmo entre a poboación, sobre todo a da capital, porque era o primeiro Borbón nado na vila.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Abu-Alí al-Hussain ibn Abd-Al·lah ibn Sina —en turco İbn Sina; en persa ابوعلى سينا (Pur-e Sina fillo de Sina); en árabe أبو علي الحسين بن عبد الله بن سينا, Abū ʿAlī al-Ḥusayn ibn ʿAbd Allāh ibn Sīnā— máis coñecido por Ibn Sina ou sinxelamente como Avicena, nado en Afshana, preto de Bukhara, Gran Khorasán, en 980 e finado en Hamadán en 1037, foi un médico, filósofo, científico polímata persa. En grego foi chamado Abitianós (Ἀβιτζιανός) e en latín Abitianus, traducido por Abiciá e máis frecuentemente por Avicenna ou Avicena. Os seus discípulos chamábano Cheikh el-Raïs, é dicir, 'príncipe dos sabios', ou o máis grande dos médicos, o Mestre por excelencia ou, en fin, o terceiro Mestre (despois de Aristóteles e Al-Farabí).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O sangue é un fluído corporal dos animais que ten como función principal transportar nutrientes e oxíxeno ás células e os residuos metabólicos producidos polas células. En anatomía e histoloxía o sangue considérase un tipo especializado de tecido conectivo con matriz líquida (o plasma), dada a súa orixe nos ósos e a presenza de fibras proteicas en potencia en forma de fibrinóxeno. Os termos médicos relacionados co sangue xeralmente empezan por hemo ou hemato, do grego αἷμα (haima) 'sangue'.
O Birloque, San Cristovo das Viñas, A Coruña
O Birloque é un lugar da parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 206 habitantes (102 homes e 104 mulleres), o que supón unha diminución en 11 habitantes en relación ao ano anterior. O núcleo está moi transformado, mais aínda quedan vivendas de planta baixa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League) é un torneo de fútbol organizado pola UEFA e disputado entre os mellores clubs europeos. É un dos trofeos de fútbol máis prestixiosos do mundo e o máis importante a nivel de clubs en Europa. Foi creada en 1955 co nome oficial de Copa de Campións de Europa, e foi coñecida durante as súas primeiras décadas como Copa de Europa.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
The Last of Us (serie de televisión)
The Last of Us é unha serie de televisión dramática estadounidense creada por Craig Mazin e Neil Druckmann para HBO. Está baseada no videoxogo homónimo de 2013 desenvolvido por Naughty Dog. A serie está ambientada no ano 2023, vinte anos despois dunha pandemia global causada por unha infección fúnxica masiva que converte os hóspedes en criaturas semellantes a zombis e fai colapsar a sociedade moderna. A serie conta as aventuras de Joel (Pedro Pascal), un contrabandista a quen se lle asigna o traballo de escoltar a adolescente Ellie (Bella Ramsey) a través dos Estados Unidos.
Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez ( pronunciación ), ( escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así..
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Chámase xardineiro ou xardineira á persoa que ten por ocupación o coidado e mantemento dos xardíns. Entre as ocupacións dos xardineiros atópanse a conservación de sementes ou bulbos dentro do sementeiro; o cultivo de flores e plantas ata que teñan a idade suficiente para ser transplantadas etc. Estas primeiras actividades adoitan realizarse baixo cuberto, no invernadoiro, pero tamén poden realizarse en terreos habilitados no exterior.
Manhattan é o nome dunha illa no río Hudson e tamén dun dos cinco distritos metropolitanos que forman a cidade de Nova York. O distrito metropolitano ten os mesmos límites que o condado de Nova York e inclúe a illa de Manhattan así como varias illas máis pequenas (Roosevelt, Randall, entre outras), a máis diso unha pequena porción de terra continental (Marble Hill, que xeograficamente está no Bronx, pero politicamente pertence ao condado de Nova York). No ano 2004, a poboación era de 1 562 723 persoas.
AS Eesti Liinirongid, operando como Elron, é un operador de trens de pasaxeiros propiedade do goberno en Estonia. Antes de 2014 a compañía operaba exclusivamente o sistema de trens de proximidade electrificados en Harjumaa e era coñecida ata outubro de 2013 como Elektriraudtee, é dicir, "o ferrocarril eléctrico". O 1 de xaneiro de 2014 Elron fíxose cargo de todos os servizos de trens de pasaxeiros nacionais en Estonia que antes eran xestionados por Edelaraudtee.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Unha isoglosa é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos lingüísticos distintos. Os trazos poden ser fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e mesmo pragmáticos. Partindo como exemplo do galego actual, as isoglosas dos principais fenómenos (plurais dos substantivos e adxectivos rematados en -n e -l, variantes no paradigma dos verbos, na estrutura fonolóxica, nas realizacións fonéticas, gheada, seseo, etc.) contribúen a delimitar o territorio dos tres bloques lingüísticos: occidental, central e oriental.
Entamoeba coli é unha especie de protista non patóxeno do xénero Entamoeba, que existe frecuentemente no tracto gastrointestinal humano como parasito comensal. O seu nome abreviado E. coli non debe confundirse coa abreviación idéntica da bacteria Escherichia coli. Ás veces para non confundilos úsanse en certos contextos abreviacións alternativas como Esch.
O carro de combate ou tanque é un vehículo blindado cun sistema de tracción todo terreo con eirugas, destinado prioritariamente a destruír as forzas inimigas por medio do fogo directo. O tanque como arma de guerra naceu durante a primeira guerra mundial como consecuencia da guerra de trincheiras, protexidas por arames e metralladoras, que facían fracasar os asaltos convencionais da infantaría e causaban enormes perdas humanas. O exército británico introduciu esta arma en Francia en 1916, camuflándoa como depósitos (tanks en inglés) de combustible, de onde lle veu o nome.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Microsoft Excel é un programa de folla de cálculo integrado no paquete informático Microsoft Office. Xunto co resto dos programas do paquete, está traducido ó galego. Presentado ó longo do tempo en varias versións, ten un paralelo no programa Calc de LibreOffice, tamén traducido ó galego pero baixo licenza de software libre.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
Tiago Splitter Beims, nado o 1 de xaneiro de 1985 en Blumenau, Santa Catarina, é un ex-xogador profesional brasileiro de baloncesto. Actualmente traballa como adestrador de desenvolvemento de xogadores para os Brooklyn NewDrafteado polos San Antonio Spurs en 2007, gañou co equipo texano o títulos de campión en 2014. Splitter xogou durante varios anos na liga ACB, onde foi dúas veces campión de liga.
O número áureo ou número de ouro (tamén chamado número prateado, razón extrema e media, razón áurea, razón dourada, media áurea, proporción áurea e divina proporción) representado pola letra grega φ (fi) (en honor ao escultor grego Fidias), é o número irracional: φ = 1 + 5 2 ≈ 1 , 618033988749894848204586834365638... {\displaystyle \varphi ={\frac {1+{\sqrt {5}}}{2}}\approx 1,618033988749894848204586834365638...} (secuencia A001622 na OEIS) Trátase dun número alxébrico que posúe moitas propiedades interesantes e que foi descuberto na antigüidade, non como “unidade” senón como relación ou proporción entre segmentos de rectas. Esta proporción encóntrase tanto nalgunhas figuras xeométricas como na natureza en elementos tales como caracois, nervios das follas dalgunhas árbores, o grosor das ramas etc.
Charles William Fremantle, nado en Swanbourne, Buckinghamshire, o 12 de agosto de 1834 e finado en Londres o 8 de outubro de 1914, foi un funcionario do Goberno británico que exerceu durante 26 anos como Deputy Master of the Mint, un posto equivalente ao de director executivo da Real Casa da Moeda do Reino Unido. Educado no Eton College, en Eton, Berkshire, Fremantle ingresou no Tesouro en 1853 como empregado. Traballou como secretario privado de varios altos funcionarios e políticos, o derradeiro deles Benjamin Disraeli, tanto no seu período como ministro de Facenda, como en 1868 sendo xa primeiro ministro.
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas. Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).