Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Proteína transportadora de membrana
Unha proteína transportadora de membrana é unha proteína de membrana implicada no movemento de ións, pequenas moléculas e macromoléculas (como outras proteínas), a través dunha membrana biolóxica. Estas proteínas de tansporte son proteínas transmembrana integrais, o que quere dicir que existen permanentemente na membrana e esténdense por todo o grosor da mesma, na cal transportan substancias. As proteínas poden axudar ao movemento de substancias por difusión facilitada, transporte activo, osmose, ou difusión inversa.
Alexandre II (ruso: Алекса́ндр II Никола́евич), nado en Moscova o 17 de abrilxul./ 29 de abril de 1818greg. e finado en San Petersburgo o 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg., foi Emperador de Rusia, rei de Polonia e gran duque de Finlandia desde o 2 de marzo de 1855 até o seu asasinato en 1881. A reforma máis importante do seu reinado foi a emancipación dos servos rusos en 1861, pola cal é coñecido como Alexandre o Liberador (ruso: Алекса́ндр Освободи́тель).
The Last Duel é un filme británico-estadounidense de 2021 dirixido por Ridley Scott a partir dun guión de Nicole Holofcener, Ben Affleck e Matt Damon. Baséase no libro de 2004 The Last Duel: A True Story of Trial by Combat in Medieval France escrito por Eric Jager. Ambientado na Francia medieval, o filme está protagonizado por Damon como Jean de Carrouges, un cabaleiro que reta ao seu antigo amigo, o escudeiro Jacques Le Gris (Adam Driver) a un xuízo por combate logo de que a muller de Jean, Marguerite (Jodie Comer), acusase a Jacques de violala.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza, teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas públicas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña, onde se levantan algúns moi espectaculares chamados calvarios, con moitísimas figuras), Alemaña e Gran Bretaña.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A fervenza do Toxa é un salto de auga situado na parroquia de Pazos, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra. O río que provoca a fervenza é o río Toxa, o cal verte as súas augas por un desnivel de máis de 60 metros. A fervenza, xunto co mosteiro de Carboeiro, están situados nunha paraxe natural de gran valor paisaxístico na comarca do Deza, ligados aos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Unha característica distintiva da arquitectura de Estonia primitiva son os numerosos baluartes e fortes en outeiros que se atopan por todo o país, como os de Varbola e Valjala. O máis salientables, que podían abranguer até 1000 metros cadrados e se atopaban en cruzamentos de camiños estratéxicos, acabaron converténdose en centros comerciais, como Talín, Tartu e Otepää.
Vicente Ferrer i Moncho, nado en Barcelona o 5 de maio de 1920 e finado en Anantapur, Andhra Pradesh (India), o 19 de xuño de 2009, foi un misioneiro laico español, considerado unha das persoas máis activas na axuda, solidariedade e cooperación coas persoas desfavorecidas nos países máis empobrecidos do mundo. A súa actividade desenvolveuse principalmente na India, onde chegou en 1952 como misioneiro xesuíta.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Aránzazu Isabel María Sánchez Vicario, máis coñecida como Arantxa Sánchez Vicario, nada en Barcelona o 18 de decembro de 1971, é unha ex tenista española. Durante a súa carreira foi número 1 do mundo da WTA en 1995. Gañou catro títulos do Grand Slam en categoría individual, seis en categoría de dobres e catro en dobres mixtos, ademais de catro medallas olímpicas e cinco títulos de Copa Federación co Equipo español.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Chámase xardineiro ou xardineira á persoa que ten por ocupación o coidado e mantemento dos xardíns. Entre as ocupacións dos xardineiros atópanse a conservación de sementes ou bulbos dentro do sementeiro; o cultivo de flores e plantas ata que teñan a idade suficiente para ser transplantadas etc. Estas primeiras actividades adoitan realizarse baixo cuberto, no invernadoiro, pero tamén poden realizarse en terreos habilitados no exterior.
Robert Nesta Marley naceu en Nine Mile o 6 de febreiro de 1945 e finado en Miami (Florida) o 11 de maio de 1981, máis coñecido como Bob Marley, foi un músico xamaicano e membro do movemento rastafari. A súa fe foi unha parte importante da súa carreira e agora é considerado por moitos como un profeta de Rastafari.
Joanne «Jo» Rowling, nada o 31 de xullo de 1965 en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida polos pseudónimos J. K. Rowling e Robert Galbraith, é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter e a serie de detectives de Cormoran Strike. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400 millóns de copias. As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación, ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.
Paicordeiro, Allariz (Santiago), Allariz
Paicordeiro é un lugar da parroquia de Santiago de Allariz no concello ourensán de Allariz, na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE, en 2022 tiña 36 habitantes (20 homes e 16 mulleres).
O sistema ABO (letras a-be-o), que tamén foi chamado sistema AB0 (a-be-cero), de grupos sanguíneos é unha clasificación dos tipos de sangue atendendo á presenza na membrana dos eritrocitos de determinados antíxenos, que hoxe se pensa son unhas glicoproteínas (a parte de carbohidrato é a inmunoxénica). A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos: fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación; xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos; Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A. O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro. Usou os pseudónimos Cego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández, Xalo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Neugrund é un cráter de meteorito en Estonia. Ten 8 km de diámetro e estimouse previamente que se formou no Ordovícico hai uns 470 millóns de anos, aínda que investigacións posteriores revelaron unha posíbel orixe cámbrica (hai uns 535 millóns de anos). O cráter atópase no fondo mariño e non está exposto á superficie.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 220.659.
Oicatá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro do departamento de Boyacá. O territorio do concello atópase sobre o altiplano Cundiboyacence, a 6 km ó nordés (liña de vista e 12 km en automóbil) da cidade de Tunja, capital do departamento. Conta cunha área total de 59 Km2, atópase entre os pisos térmicos frío seco e páramo cuxa temperatura rolda entre 10 e 14 °C, a precipitación preséntase entre 600 e 1.000 mm anuais.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Jean-Baptiste Poquelin, coñecido como Molière, bautizado o 15 de xaneiro de 1622 e finado o 17 de febreiro de 1673 na súa casa da rúa de Richelieu, é o dramaturgo e actor de teatro de lingua francesa máis famoso. Nacido no seo dunha familia de comerciantes parisienses, aos 21 anos asóciase cunha ducia de amigos, entre eles tres membros da familia Béjart, para formar a compañía de teatro Illustre Théâtre, que, a pesar duns comezos prometedores e a colaboración de dramaturgos de renome, non logra ter un impacto duradeiro en París. Alistado en Pascua de 1646 nunha prestixiosa "compañía de campo" mantida polo duque de Épernon, gobernador de Güiena, e logo por varios mecenas sucesivos, Molière e os seus amigos Béjart percorreron as provincias do sur do reino durante doce anos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conferencia Xeral de Pesos e Medidas
A Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (en francés: Conférence générale des poids et mesures (CGPM)) é o órgano de decisión da Oficina Internacional de Pesos e Medidas. Ten ao seu cargo tomar decisións en materia de metroloxía e, en particular, no que concirne ao Sistema Internacional de Unidades. Foi creada pola Convención do Metro, en 1875.
O Sábado Santo (tamén coñecido como Sábado de Gloria ou sábado longo) é o segundo día do Triduo Pascual, que conclúe coas segundas Vésperas do Domingo de Resurrección culminando así para os cristiáns a Semana Santa. Tras conmemorar o día anterior a morte de Cristo na Cruz, espérase o momento da Resurrección. É a conmemoración de Xesús no sepulcro e o seu Descenso ao Abismo.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Goberno da República de Estonia (en estoniano: Vabariigi Valitsus) é o órgano que exerce o poder executivo segundo a Constitución de Estonia. Está composto polo Primeiro Ministro e o conxunto de ministros e tamén se emprega como sinónimo a palabra gabinete. O gabinete aplica a política interior e exterior do país, tal e como a define o parlamento; dirixe e coordina o traballo das institucións gobernamentais e asume a total responsabilidade de todo o que ocorre no ámbito do poder executivo.
O Cason (pronunciado Casón) foi un cargueiro panameño que o 5 de decembro de 1987, mentres navegaba fronte ás costas galegas, sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Wassily Kandinsky ou Vasily Kandinsky, en ruso: Василий Кандинский, nado en Moscova o 16 de decembro de 1866 (4 de decembro segundo o antigo calendario ruso) e finado na Illa de Francia o 13 de decembro de 1944, foi un pintor ruso e teórico da arte, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de máis sona do século XX.
Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart máis coñecido co nome de Wolfgang Amadeus Mozart (ˈvɔlfgaŋ amaˈdeus ˈmoːtsart), nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, é considerado un dos máis grandes compositores de música clásica europea. A obra mozartiana abarca todos os xéneros musicais da súa época e alcanza máis de seiscentas creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión universal. Na súa nenez máis temperá en Salzburgo, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e do violín.
O crícket é un xogo de equipo que se xoga entre dous grupos de once xogadores cada un. Orixinouse, na súa forma moderna, en Inglaterra no século XVI e xa a fins do XVIII era o deporte nacional, e é popular principalmente nos países pertencentes á Commonwealth realizándose competicións internacionais a partir de mediados do XIX, formándose o International Cricket Council en 1909. O crícket tal e como o coñecemos hoxe orixinouse no sur de Inglaterra.
Luis Buñuel Portolés, nado en Calanda (provincia de Teruel) o 22 de febreiro de 1900 e finado en Cidade de México o 29 de xullo de 1983, foi un director de cinema aragonés, nacionalizado mexicano e considerado un dos máis importantes e orixinais na historia do cinema mundial. A meirande parte da súa obra foi realizada en México e Francia.
O condado de Petseri (en estoniano: Petserimaa) foi un condado de Estonia estabelecido en 1918. Porén, dende 1944 a maior parte do condado é administrado como parte do distrito de Pechorsky do Óblast de Pskov, primeiro baixo o goberno da República Soviética Federativa Socialista de Rusia e despois, dende 1991, baixo o goberno de Rusia. Estonia conserva territorios que hoxe constitúen a Parroquia de Setomaa no moderno condado de Võru.
Rojek é un filme documental canadense de 2022 escrito, dirixido e producido por Zaynê Akyol. O filme conta sobre a recuperación do Kurdistán durante o conflito islámico en Rojava, cunha énfase especial en entrevistas con membros encarcerados do Estado Islámico e sobre as súas motivacións. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Os vándalos foron un pobo de Europa central, un dos pobos indoeuropeos da familia xermánica que habitaban as rexións ribeiregas do Báltico (na zona das actuais Alemaña e Polonia). Os lugii ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do Vístula e xunto ao Oder, ata o norte de Bohemia. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados».
Giorgia Meloni, nada o 15 de xaneiro de 1977 en Roma, é unha política italiana. Desde 2006 está rexistrada en Italia como xornalista independente na Asociación de Xornalistas. É presidenta do partido Fratelli d'Italia (FdI) desde 2014 e presidenta do partido Conservadores e Reformistas Europeos (ECR) desde setembro de 2020.
Evangelina Nogales de la Morena, nada en Colmenar Viejo, coñecida publicamente como Eva Nogales, é unha biofísica española que traballa no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. É catedrática de Bioquímica, Biofísica y Bioloxía Estrutural no departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de California en Berkeley e investigadora do Instituto Médico Howard Hughes. É líder internacional no seu ámbito no uso de criomicroscopía electrónica para ver os compoñentes das células a nivel atómico.
Sé quién eres (serie de televisión)
Non confundir co filme Sé quién eres do ano 2000, dirixido por Patricia Ferreira Mañá. Sé quién eres é unha serie de televisión española creada polo director Pau Freixas. Está producida por Mediaset España para Telecinco e foi estreada o 16 de xaneiro de 2017.