Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Miguel Aleksandrovich Romanov (en ruso Михаи́л Александрович Рома́нов), nado en San Petersburgo o 22 de novembro de 1878 e finado en Perm o 12 de xuño de 1918, foi o fillo máis novo e o quinto descendente do emperador Alexandre III de Rusia e o irmán menor de Nicolao II de Rusia. Foi de iure emperador de Rusia despois de que o seu irmán Nicolao II abdicase en 1917 e o proclamase como «emperador Miguel II», mais rexeitou asumir o poder ao día seguinte. Miguel naceu durante o reinado do seu avó paterno, Alexandre II. Naquel momento, era o cuarto na liña sucesoria, por detrás do seu pai e dos seus irmáns maiores Nicolao e o gran duque gran duque Xurxo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Chámase xardineiro ou xardineira á persoa que ten por ocupación o coidado e mantemento dos xardíns. Entre as ocupacións dos xardineiros atópanse a conservación de sementes ou bulbos dentro do sementeiro; o cultivo de flores e plantas ata que teñan a idade suficiente para ser transplantadas etc. Estas primeiras actividades adoitan realizarse baixo cuberto, no invernadoiro, pero tamén poden realizarse en terreos habilitados no exterior.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Genji Monogatari (源氏物語) (A historia de Genji) é unha obra clásica da literatura xaponesa atribuída á nobre, poeta e dama de compañía xaponesa Murasaki Shikibu de comezos do século xi, no cumio do período Heian. O manuscrito orixinal xa non existe. Fíxose ao estilo "concertina" ou orihon: varias follas de papel pegadas e dobradas alternativamente nunha dirección e despois na outra.
Tres días e unha vida (en francés: Trois jours et une vie) é unha novela psicolóxica e negra en lingua francesa escrita por Pierre Lemaitre, publicada orixinalmente por Albin Michel o 22 de marzo de 2016. A novela tamén foi publicada en francés dentro da colección Le Livre de poche en marzo de 2017. Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2019.
Anubis (do grego antigo: Ἄνουβις) é o nome grego do deus asociado coa momificación e co Alén na relixión do Antigo Exipto. Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Os arqueólogos identificaron o animal sagrado de Anubis co chacal dourado, mais recentes probas xenéticas indican que se trataba do lobo dourado africano.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Universidade Estoniana de Ciencias da Vida
A Universidade Estoniana de Ciencias da Vida (en estoniano: Eesti Maaülikool, EMÜ) é unha universidade pública de Tartu, en Estonia. As súas orixes remóntanse a 1802 cando se creou a cátedra de Agricultura na Universidade de Tartu. EMÜ é a cuarta universidade pública máis grande en Estonia.
La vida breve (serie de televisión)
La vida breve é unha serie de televisión española de comedia histórica creada e escrita por Cristóbal Garrido e Adolfo Valor para Movistar Plus+. Foi producida por Zeta Studios e protagonizada por Carlos Scholz, Javier Gutiérrez, Leonor Watling e Alicia Armenteros. Estreouse en Movistar Plus+ o 13 de febreiro de 2025.
José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Banderas foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine estadounidense.
Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022, foi un político ruso que foi o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e presidente executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas dende 1989 até 1991.
Sé quién eres (serie de televisión)
Non confundir co filme Sé quién eres do ano 2000, dirixido por Patricia Ferreira Mañá. Sé quién eres é unha serie de televisión española creada polo director Pau Freixas. Está producida por Mediaset España para Telecinco e foi estreada o 16 de xaneiro de 2017.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra. A final de 2017 entre o Dumbría e o Fisterra foi televisada por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitida en diferido na TVG2.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O Club Deportivo Ourense foi un club de fútbol galego da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana. Logo de descender de Segunda división B a Terceira División por mor de falta de pagamentos, en xullo de 2014 renunciou a participar en calquera competición de cara á campaña 2014/15.
A fervenza do Toxa é un salto de auga situado na parroquia de Pazos, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra. O río que provoca a fervenza é o río Toxa, o cal verte as súas augas por un desnivel de máis de 60 metros. A fervenza, xunto co mosteiro de Carboeiro, están situados nunha paraxe natural de gran valor paisaxístico na comarca do Deza, ligados aos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Los años nuevos é unha miniserie de televisión por internet española-francesa de drama e coming of age creada por Rodrigo Sorogoyen, Sara Cano e Paula Fabra para Movistar Plus+ e Arte. Foi producida por Caballo Films e protagonizada por Iria del Río e Francesco Carril. Estreouse en España en Movistar Plus+ o 28 de novembro de 2024, para despois concluír o 12 de decembro de 2024.
A coroa checoslovaca (en checo e eslovaco: koruna československá, ás veces koruna česko-slovenská; Koruna significa "coroa") foi a moeda de Checoslovaquia dende o 10 de abril de 1919 ó 14 de marzo de 1939 e dende o 1 de novembro de 1945 ata o 7 de febreiro de 1993. Tamén foi por un breve período en 1939 e en 1993, a moeda oficial por separado da República Checa e da República Eslovaca. O 8 de febreiro de 1993 foi substituída pola coroa checa e pola coroa eslovaca.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
A liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol de España. Celébrase anualmente desde 1929, e a tempada desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio). O torneo consta de ligas ou divisións interconectadas entre si, cuxa máxima categoría é a Primeira División.
"Avante camarada" é unha canción escrita polo compositor e intérprete Luís Cília en 1967 durante o seu exilio en París, destinada para a súa transmisión na Radio Portugal Libre. A interpretación estivo a cargo de Luísa Bastos. Existen tres edicións: En 1967, interpretada por Luísa Bastos, acompañada pola orquestra Pantalla Azul, editada en Moscova para a compilación Canções portuguesas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo. A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa.
A difusión facilitada (tamén chamada transporte facilitado ou transporte mediado pasivamente) é o proceso de transporte pasivo espontáneo (o contrario do transporte activo) de moléculas ou ións a través dunha membrana biolóxica por medio de proteínas transmembrana integrais específicas. Ao ser un proceso pasivo, o transporte facilitado non necesita directamente enerxía química procedente da hidrólise do ATP no propio momento do transporte, senón que as moléculas e ións se moven a favor do seu gradiente de concentración seguindo os principios da difusión. A difusión facilitada difire da difusión simple de varias maneiras: O transporte depende da unión molecular entre o cargamento e a canle incrustada na membrana ou proteína carrexadora.
O Pontevedra Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado en 1941 e milita na Segunda División RFEF. A etapa de maior éxito do club foron as 6 tempadas que o equipo xogou en Primeira División entre 1963 e 1970. Actualmente ocupa o 45º posto na clasificación histórica de Primeira.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A mitoloxía romana está formada polas lendas e os mitos da relixión politeísta practicada na Roma antiga. A maioría das divindades do panteón romano proveñen de Grecia con deuses que suplantaron as divindades locais con algunhas raras excepcións. Por esta razón algúns artigos dedicados ós deuses romanos de orixe grega poden ser tratados coma exactos ós seus equivalentes gregos.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Gran Premio de Arabia Saudita de 2025
O Gran Premio de Arabia Saudita de 2025 (oficialmente Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2025) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 20 de abril de 2025 no Circuíto urbano de Jeddah en Jeddah, Arabia Saudita. A carreira foi a quinta rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alexandre II (ruso: Алекса́ндр II Никола́евич), nado en Moscova o 17 de abrilxul./ 29 de abril de 1818greg. e finado en San Petersburgo o 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg., foi Emperador de Rusia, rei de Polonia e gran duque de Finlandia desde o 2 de marzo de 1855 até o seu asasinato en 1881. A reforma máis importante do seu reinado foi a emancipación dos servos rusos en 1861, pola cal é coñecido como Alexandre o Liberador (ruso: Алекса́ндр Освободи́тель).
O sistema ABO (letras a-be-o), que tamén foi chamado sistema AB0 (a-be-cero), de grupos sanguíneos é unha clasificación dos tipos de sangue atendendo á presenza na membrana dos eritrocitos de determinados antíxenos, que hoxe se pensa son unhas glicoproteínas (a parte de carbohidrato é a inmunoxénica). A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos: fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación; xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos; Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A. O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.
O Teatro Estonia, orixinalmente chamado Estonia teatri- ja seltsimaja é un teatro e sala de concertos situado no número 4 da rúa Estonia puiestee en Talín, Estonia. O edificio de estilo Art Nouveau foi deseñado polos arquitectos Armas Lindgren e Wivi Lönn e ao finalizar a súa construción en 1938 converteuse no edificio máis grande da cidade. O edificio acolle o Teatro de Estonia nun dos seus lados e o Auditorio de Estonia no outro.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 220.681.
Wassily Kandinsky ou Vasily Kandinsky, en ruso: Василий Кандинский, nado en Moscova o 16 de decembro de 1866 (4 de decembro segundo o antigo calendario ruso) e finado na Illa de Francia o 13 de decembro de 1944, foi un pintor ruso e teórico da arte, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de máis sona do século XX.
Old é un filme estadounidense de 2021 escrito, dirixido e producido por M. Night Shyamalan. Baséase na novela gráfica francesa Château de sable de Pierre Oscar Lévy e Frederik Peeters. Está protagonizado por Gael García Bernal, Vicky Krieps, Rufus Sewell, Alex Wolff, Thomasin McKenzie, Abbey Lee, Nikki Amuka-Bird, Ken Leung, Eliza Scanlen, Aaron Pierre, Embeth Davidtz e Emun Elliott.
O cruceiro na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada que se xerou ó redor dos cruceiros na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral (cantigas, contos, lendas), así como rituais e supersticións relacionados con estes monumentos. Os cruceiros son moito máis que unha manifestación de arte relixiosa, por máis que esa fose a razón orixinal da súa construción. Cumpren, efectivamente, unha función relixiosa, sacralizadora, dun determinado lugar, sexa certo ou non que alí se celebraran cultos pagáns, pero chegan moito máis aló.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura tradicional do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
En botánica, unha árbore é unha planta perenne cun talo alongado, ou tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Nalgúns casos, a definición dunha árbore pode ser máis concisa; en definicións máis amplas, as palmeiras máis altas, os fentos arbóreos, as bananeiras e os bambús tamén son considerados árbores. As árbores non son un grupo taxonómico, pero inclúen unha variedade de especies vexetais que desenvolveron de forma independente un tronco e ramas como unha forma de elevarse por encima doutras plantas para competir pola luz solar.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O Comité Olímpico Internacional (COI) (en inglés: International Olympic Committee, IOC, en francés: Comité international olympique, CIO) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos. O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos.
O Cason (pronunciado Casón) foi un cargueiro panameño que o 5 de decembro de 1987, mentres navegaba fronte ás costas galegas, sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
A tirosina (abreviadamente Tyr ou Y) ou 4-hidroxifenilalanina, é un dos 20 aminoácidos que forman parte das proteínas. É un α-aminoácido cunha cadea lateral formada por un CH2 unido a un grupo fenol, o que fai que sexa unha cadea lateral cíclica aromática cun grupo OH, que lle dá carácter polar neutro. Os seus codóns son o UAC e UAU. É un aminoácido proteinoxénico non esencial.