Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A patrulla canina (en inglés: PAW Patrol) é unha serie canadense de animación creada por Keith Chapman e producida por Spin Master Entertainment, con animación de Guru Studio. No Canadá, a serie emítese principalmente en TVOntario como parte do bloque de programación TVOKids. TVO publicou por primeira vez as vistas previas do programa en agosto de 2013.
Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936 e finado o 21 de abril de 2025 no Vaticano, foi o 266º papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013 ata o seu falecemento.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 220.907.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Apagamento eléctrico europeo de 2025
O 28 de abril de 2025, ás 12:33 p.m. (CEST), produciuse un importante apagamento eléctrico a través da Península Ibérica e partes do suroeste de Francia, afectando especificamente a Andorra, Portugal, España e o sur de Francia. O corte de enerxía provocou dificultades nas comunicacións, sistemas de transporte e sectores esenciais como hospitais e servizos de emerxencia.
Red Eléctrica de España (REE) é unha empresa española con sede en Madrid dedicada á xestión da infraestrutura eléctrica de alta tensión de España. REE foi fundada en 1985 en aplicación da lei 49/1984, de 26 de decembro. Foi a primeira empresa do mundo dedicada en exclusividade ao transporte e xestión do sistema eléctrico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A historia (termo procedente da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais. Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade. Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica).
As malas mulleres é unha novela de Marilar Aleixandre, publicada en 2021 por Editorial Galaxia. Ambientada na prisión de mulleres da Galera, na Coruña, durante o século XIX, a obra aborda a represión, a desigualdade e a falta de dereitos das mulleres encarceradas nesa época. Foi recoñecida co Premio Blanco Amor en 2020 e o Premio Nacional de Narrativa de España en 2022.
Estado eléctrico (en inglés: The Electric State) é un filme estadounidense de 2025 producido e dirixido polos irmáns Russo. O guión foi escrito por Christopher Markus e Stephen McFeely e baséase vagamente na novela gráfica Passagen de 2018 creada por Simon Stålenhag. Está protagonizado por Millie Bobby Brown e Chris Pratt, xunto con Ke Huy Quan, Jason Alexander, Woody Harrelson, Anthony Mackie, Brian Cox, Jenny Slate, Giancarlo Esposito e Stanley Tucci.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Azerbaidján. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.
O Imperio Romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sáhara.
Coñécese como Hispania romana aos territorios da Península Ibérica durante o período histórico de dominación romana. Este período considérase entre 218 a. C. (data do desembarco romano en Empúries) e os inicios do século V (cando chegan á península as invasións bárbaras, substituíndo a autoridade de Roma).
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea, tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes. Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Un aeroxerador, muíño eólico ou muíño de vento é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribúe ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos.
América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá.
Narón é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrol, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2020 tiña 39.056 habitantes (20.177 mulleres e 18.879 homes), o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX. Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone" de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época, e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Reino de Nápoles foi un reino que ocupou os territorios da Italia meridional (Nápoles) e durante algúns períodos tamén a illa de Sicilia. En 1442 Afonso V, rei de Aragón, conquistou Nápoles que foi un dominio da dinastía Anxevina dende o ano 1266. Dende o século XV, Nápoles estivo en poder tanto de Aragón, Francia (durante un curto prazo), España e Austria e finalmente independente dende 1734 ata 1860, ano no que quedou incorporado ao proceso de unificación de Italia.
A batalla de Hastings tivo lugar o 14 de outubro de 1066 entre o exército normando do duque Guillerme II de Normandía e un exército inglés baixo o rei anglosaxón Haroldo Godwinson, dando comezo á conquista normanda de Inglaterra. Tivo lugar a uns 11 km ó noroeste de Hastings, preto da vila actual de Battle, East Sussex, e resultou nunha vitoria decisiva para os normandos. A morte do rei Eduardo o Confesor en xaneiro de 1066, quen non tivo fillos, deu lugar a unha loita sucesoria entre varios aspirantes ó seu trono.
Esta é unha lista alfabética de países do mundo recoñecidos pola ONU, é dicir de Estados nación. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Søren Aabye Kierkegaard, nado en Copenhague o 5 de maio de 1813 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1855, foi un teólogo e filósofo dinamarqués do século XIX, coñecido como o pai do existencialismo por facer filosofía sobre a condición da existencia humana, por centrar a súa filosofía no individuo e na subxectividade, na liberdade e na responsabilidade, e na desesperación e na angustia. Kierkegaard tiña pouco interese polo mundo natural, en cambio, tiña moito máis pola existencia do individuo illado.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A lingua rusa ou ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") (ruso: русский язык , romanizado: russkij jazyk ) ruso: [ˈruskʲɪj jɪˈzɨk] é unha lingua eslava oriental que se fala principalmente en Rusia. É a lingua nativa dos rusos, e pertence á familia das linguas indoeuropeas. É unha das catro linguas eslavas orientais vivas, e tamén forma parte das linguas baltoeslavas.
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Sumatra (en indonesio: Sumatera) é unha illa no oeste de Indonesia, a máis occidental das Illas da Sonda. É a illa máis grande de todo Indonesia (as dúas illas maiores, Borneo e Nova Guinea, compártense entre Indonesia e outros países), e a sexta illa máis grande do mundo con 473.481 km² cunha poboación de 50.365.538 habitantes. A súa cidade máis grande é Medan cunha poboación de 2.109.330.
En xeometría e teoría de grupos, unha retícula (ou grade, ou rede, ou cuadrícula) no espazo de coordenadas real R n {\displaystyle \mathbb {R} ^{n}} é un conxunto infinito de puntos neste espazo coas propiedades que a suma ou a resta coordenadas de dous puntos da retícula produce outro punto da retícula, que os puntos da retícula están todos separados por unha distancia mínima e que cada punto do espazo está dentro dunha distancia máxima dun punto da rede. O pechamento baixo a suma e a resta significa que unha retícula debe ser un subgrupo do grupo aditivo dos puntos do espazo, e os requisitos de distancia mínima e máxima pódense resumir dicindo que unha retícula é un conxunto de Delone.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.
O Real Madrid Baloncesto, coñecido comunmente como Real Madrid, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Madrid (España). É a sección de baloncesto do Real Madrid Club de Fútbol, creada en 1932 da man de Angel Cabrera. É o club máis laureado de España e do baloncesto FIBA, e o único, xunto ao Club Joventut de Badalona que, unha vez nela, nunca baixou da máxima categoría do baloncesto español.
A masturbación é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua.
Nalgúns animais, un ovo é un corpo redondeado, de tamaño e dureza variables, que producen as femias e sustenta e protexe o embrión se o óvulo é fecundado, convértese en cigoto. Os animais ovíparos son aqueles que poñen ovos, con pouco ou ningún desenvolvemento dentro da nai. Esta é a forma de reprodución de moitos peixes, anfibios e réptiles, todas as aves, os mamíferos monotremas e a maioría dos insectos e arácnidos.
A primeira guerra mundial (en adiante IGM), tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito bélico do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou uns trinta países, polo que se considera o primeiro conflito global da historia, malia estar centrado, fundamentalmente, en Europa. A teor do número de mobilizados (sesenta e cinco millóns de soldados) e falecidos, calculado en vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado da historia, só por detrás da Segunda guerra mundial. A guerra enfrontou a dúas grandes alianzas: o bando aliado contra as potencias centrais.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza.
Os nervios son estruturas condutoras de impulsos nerviosos situadas fóra do sistema nervioso central. Están formados por un conxunto de fibras nerviosas ou axóns agrupados, asociadas en fascículos por medio de tecido conxuntivo, cada un deles procedente dunha neurona. Poden ser motores ou sensitivos, mais a maior parte son mixtos e conteñen tanto fibras sensitivas como motoras.
O conflito árabe-israelí (en árabe: الصراع العربي الإسرائيلي Al-Sira'a Al'Arabi A'Israili; en hebreo: הסכסוך הישראלי-ערבי Ha'Sikhsukh Ha'Yisraeli-Aravi) refírese á tensión política e os conflitos armados entre o Estado de Israel e os seus veciños árabes, en particular os palestinos e comeza coa descolonización do Reino Unido e Francia da ribeira oriental do mar Mediterráneo. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito. A súa definición, historia e posibles solucións son materia de permanente debate e os problemas que inclúe varían co tempo.
Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken (Lützen, nos arredores de Leipzig, actual Alemaña) e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX. Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida. Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos. Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.
A Acaia (latín Achaea, en grego: Αχαΐα) foi unha provincia romana formada, supostamente, despois do ano 146 a. C. cos territorios da Liga Aquea (incluída Esparta) e da Liga Etolia, é dicir con case todo o Peloponeso, aos que se lles engadiría Ática, Beocia e as illas próximas a Grecia (as Cícladas) e partes de Ftiótide, Etolia-Acarnania e Fócida e, segundo Estrabón, tamén Tesalia, pero Tolomeo di que Tesalia pertencía a Macedonia). É probábel que a Acarnania formase parte da nova provincia, mais Tolomeo asignaa á Epiro.
A taxonomía ou taxinomía (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente emprégase o termo para designar a taxonomía biolóxica, ciencia que ordena os organismos vivos nun sistema de clasificación composto por taxons agrupados en categorías taxonómicas.
O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa.