Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Robert Francis Prevost Martínez, coñecido como León XIV, nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015, posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.
A linguaxe ensambladora (en inglés assembler ou assembly language) é a linguaxe de programación que comparte as instrucións co código máquina, aínda que o ensamblador esta en formato lexible para o ser humano, mentres que o código máquina é unha secuencia de bytes. Hai, en certa medida, unha relación biunívoca (1 a 1) entre un código máquina, específico dunha arquitectura de computador, e o ensamblador asociado a el. O compilador, que converte o ensamblador en código máquina, fai certos engadidos que implican que esa relación non sexa exactamente biunívoca mais preto de selo.
O hidróxeno (en grego, 'creador de auga') é un elemento químico de número atómico 1, representado polo símbolo H. Cunha masa atómica do 1,00794 (7) u, é o máis lixeiro dos elementos da táboa periódica. Polo xeral, preséntase na súa forma molecular, formando o gas diatómico (H2) en condicións normais. Este gas é inflamable, incoloro, inodoro, non metálico e insoluble en auga.
Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.
O ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga é un ciclo bioxeoquímico que describe o movemento continuo da auga tanto na superficie terrestre coma por riba e baixo dela. A masa da auga na Terra permanece bastante constante ao longo do tempo mais a cantidade presente nos maiores reservorios de xeo, auga doce, auga salgada e auga atmosférica é variable dependendo dun amplo rango de variables climáticas. A auga móvese dun reservorio a outro, coma dos ríos aos océanos, ou destes á atmosfera, mediante os procesos físicos da evaporación, condensación, precipitación, infiltración, escorras e fluxo subterráneo.
Os números complexos son unha extensión dos números reais que teñén estrutura de corpo. O conxunto dos números complexos represéntanse pola letra C {\displaystyle \mathbb {C} } ou C, cumpríndose que R ⊂ C {\displaystyle \mathbb {R} \subset \mathbb {C} } , onde R {\displaystyle \mathbb {R} } é o conxunto dos números reais. Para o número complexo a + b i {\displaystyle a+bi} , a chámase parte real, e b chámase parte imaxinaria.
Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano. O océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') (tamén coñecido como mar ou océano mundial) é unha masa de auga salgada que cobre aproximadamente o 70,8% do planeta Terra e contén o 97% da auga terrestre. O termo océano tamén se refire a calquera das grandes masas de auga nas que se divide convencionalmente o océano mundial.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorbio: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorbio: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
A bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas. A vida é estudada á escala atómica e molecular pola bioloxía molecular, pola bioquímica e pola xenética molecular, no nivel da célula pola bioloxía celular e á escala multicelular pola fisioloxía, pola anatomía e pola histoloxía.
A enxeñaría física é a rama da enxeñaría que procura asimilar e adaptar tecnoloxías novas e existentes a procesos industriais. Está orientada a xerar, a través da investigación aplicada, o desenvolvemento de tecnoloxías alternativas para usos industriais, mediante a formulación teórica abstracta dos fenómenos físicos que involucran un proxecto. Esta enxeñaría estuda todos os fenómenos naturais, pero á súa vez procura levar á práctica, de xeito dinámico, todos os seus conceptos teóricos e experimentais.
Un compilador é un Programa informático que transforma o código fonte (código escrito normalmente nunha linguaxe de alto nivel) nunha secuencia de instrucións (programa) que será executada por un sistema computacional. O código de alto nivel tamén se designa como código fonte ou source code. O código compilado designase como código obxecto ou obxect code.
En teoría de números, dous números naturais son primos entre si, primos relativos ou coprimos se o único divisor positivo común aos dous é a unidade. Isto é equivalente a dicir que o seu máximo común divisor é 1. Por exemplo: o número 8 é divisíbel por 8, 4, 2 e 1, en canto que o número 15 é divisíbel por 15, 5, 3 e 1.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
Unipartidismo, sistema unipartidario ou sistema de partido único é un sistema partidario propio dos réximes autoritarios en que un único partido político é legal, confundíndose co propio Estado, sendo que legalmente non poden existir outros partidos. Ás veces o termo unipartidismo é utilizado para describir un sistema de partido dominante, en que existen outros partidos, máis as leis impiden a oposición de obter legalmente poder. Un réxime unipartidario non debe ser confundido cunha democracia non-partidaria que prohibe os partidos políticos.
O osíxeno ou oxíxeno (pronunciado /oks/), é un elemento químico de número atómico 8 e símbolo O. Forma parte do grupo dos calcóxenos e é un non metal reactivo e forte axente oxidante que forma compostos facilmente coa maioría doutros elementos, principalmente en forma de óxidos. Ten a segunda electronegatividade máis alta de todos os elementos químicos, só superado polo flúor. Medido pola súa masa, o osíxeno é o terceiro elemento máis abundante do universo, tras o hidróxeno e o helio, e o máis abundante na codia terrestre como parte de compostos óxidos, formando practicamente a metade da súa masa.
A física clásica trátase da parte física construída antes das revolucións científicas de cambio de séculos XIX a XX, polo tanto, a única que existiu antes do século XX e que agora se considera como a física da escala humana, vivindo unha época na que é considerada como aproximación manexable e observable da física moderna. A súa base está na Mecánica newtoniana, aínda que tamén abrangue outros apartados como a óptica ou a electricidade. Normalmente, hoxe esténdese a súa definición a todo o que non sexa mecánica cuántica, aínda que moitas veces se considera asemade a Teoría da Relatividade excluída dela.
Unha variábel, ou variable, é un símbolo que representa un elemento ou cousa non especificada dun conxunto dado. Dito conxunto denomínase conxunto universal da variábel, universo ou variar da variábel, e cada elemento do conxunto é un valor da variábel. Sexa x unha variábel cuxo universo é o conxunto {1,3,5,7,9,11,13}; entón x pode ter calquera destes valores: 1,3,5,7,9,11,13.
Reduced instruction set computing
Os ordenadores de conxunto de instrucións reducido ou reduced instruction set computer (RISC) son aqueles nos que as instrucións de código máquina teñen todas a mesma lonxitude, unha palabra por instrución, o número de instrucións adoita ser menor e apenas hai instrucións con modos de direccionamento distintos aos habituais.
Este artigo trata dos diversos métodos científicos usados historicamente. Para o uso da palabra en contornas técnicas actuais ver investigación científica. O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais e é o mecanismo utilizado nas ciencias experimentais para validar ou invalidar unha teoría, por medio da experimentación ou da observación.
Os nutrientes (do latín nutriens, -entis, participio do verbo nutrire ‘alimentar’) son as substancias químicas que forman os alimentos que permiten ao noso organismo diversas funcións esenciais para a vida, obter enerxía a través deles (función enerxética), formar e manter as estruturas corporais (función estrutural) e regular os procesos metabólicos (función metabólica). Principalmente divídense en dous grupos, dependendo da cantidade deles que necesite o organismo en cuestión, micronutrientes e macronutrientes.
Unha reacción química é un proceso no que unha ou máis substancias,os reactivos, se transforman noutras substancias diferentes, os produtos da reacción. Un exemplo de reacción química é a formación de óxido de ferro producida ó reaccionar o osíxeno do aire co ferro. Unha reacción química xorde da reordenación dos átomos presentes nos reactivos que ó reagrupárense de distinta maneira darán lugar ós produtos.
Un sistema de numeración é un conxunto de símbolos e regras de xeración que permiten expresar verbal e graficamente todos os números mediante unha cantidade limitada de palabras e signos. Un sistema de numeración pode representarse como N = S + R {\displaystyle N={S}+{R}} , onde: N é o sistema de numeración considerado; S son os símbolos permitidos no sistema. No caso do sistema decimal son {0,1...9}; no binario son {0,1}; no octal son {0,1...7}; no hexadecimal son {0,1...9,A,B,C,D,E,F} R son as regras de xeración que nos indican cales números son válidos e cales non son válidos no sistema.
En física, a forza é unha magnitude física que mide a razón de cambio do momento lineal entre dúas partículas ou sistemas de partículas. Segundo unha definición clásica, forza é calquera acción ou influencia capaz de modificar a forma dos materiais ou a cantidade de movemento, producindo unha variación no estado de equilibrio ou de movemento dun corpo, é dicir, capaz de imprimirlle unha aceleración. Matematicamente F → = d p → d t {\displaystyle {\vec {F}}={\frac {d{\vec {p}}}{dt}}} , onde p é o momento lineal.
A computación paralela é unha forma de cálculo na que moitas instrucións se levan a cabo simultaneamente (denominadas "en paralelo"), dependendo da teoría de que os problemas grandes poden dividirse a miúdo noutros máis pequenos, e despois resolverse simultaneamente (en concorrencia ou "en paralelo"). Existen varias formas diferentes de computación paralela: Bit-level parallelism. (Paralelismo a nivel de bits) Instruction-level parallelism.
Unha variable aleatoria pode verse como un resultado numérico de operar un mecanismo non-determinista ou realizar un experimento non determinista para xerar un resultado aleatorio. Por exemplo, unha variable aleatoria pode ser usada para describir o proceso de lanzamento dun dato cos seus posibles resultados { 1, 2, 3, 4, 5, 6 }. Outra variable aleatoria pode describir os resultados de coller unha persoa aleatoriamente e medir o seu peso.
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40 320 km/h, o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹. A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia.
O cornizó (Claviceps purpurea) é un fungo do grupo dos ascomicetos que parasita diversos cereais, especialmente o centeo. Aparece adherido ás espigas coa forma dunha excrecencia alongada de 1 a 5 cm e de cor negra ou púrpura, unha ou dúas por espiga infectada. Tamén recibe os nomes de caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, dentón, gornicelo ou gran de corvo .
Unha escítala (grego antigo: σκυτάλη, skytálē, que significa "bastón") ou bastón de Licurgo é un sistema de criptografía utilizado polos éforos espartanos para envío de mensaxes secretas. A escítala está formada por dúas varas de espesor variábel, pero ambas de espesor semellante) e unha tira de coiro ou papiro, que tamén se poden denominar escítalas. O sistema consistía en dúas varas do mesmo espesor que estaban cada unha en poder dun dos participantes na comunicación.
A masa molecular é o número de veces que a molécula dun composto ou dun elemento pesa máis, ten máis masa, que un átomo que se toma como unidade. Calcúlase sumando todas as masas atómicas do elemento correspondente. O seu valor numérico coincide co da masa molar, pero expresado en unidades de masa atómica en lugar de gramos/mol.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A enerxía potencial é un tipo de enerxía mecánica que procede da posición dun obxecto nun campo gravitacional. Como exemplo, a gravidade na superficie terrestre supón unha aceleración sobre os corpos con masa e polo tanto unha forza. Se esta forza realiza un traballo nunha caída libre, o sistema debe obter a enerxía da súa posición (pois canto máis cae, máis enerxía cinética ten): é a enerxía potencial.
Bieito XVI (en latín, Benedictus PP. XVI), nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927 e finado no Vaticano o 31 de decembro de 2022, foi o 265º Papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005 ata o 28 de febreiro de 2013 permanecendo como papa emérito desde entón até o seu falecemento. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O 11 de febreiro de 2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día 28.
A oración é a mínima unidade comunicacional, con significado completo. Isto significa que é o fragmento máis pequeno do enunciado que comunica unha idea total, e posúe independencia (é dicir, podería sacarse do contexto e seguir comunicando, non o mesmo, pero algo). As oracións están delimitadas prosodicamente por pausas e graficamente por comas ou puntos.
En álxebra o signo é unha propiedade que expresa a orde dun número real en relación ao cero. Un número real x dise que ten un signo máis ou que é positivo se a relación x se mantén > 0; en cambio dicimos que x ten un signo menos ou que é negativo cando x é igual < 0. No caso de x = 0 dicimos que x é neutro: entón o signo non está definido.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
En matemáticas, a función chan (ou parte enteira cando son positivos) é a función que toma como entrada un número real x, e dá como saída o maior enteiro menor ou igual a x, denotado ⌊x⌋. Do mesmo xeito, a función teito mapea x co número enteiro máis pequeno maior ou igual que x, denotado ⌈x⌉. Por exemplo, para o chan: ⌊2.4⌋ = 2, ⌊−2.4⌋ = −3, e para o teito: ⌈4.4⌉ = 5 e ⌈−4.4⌉ = −4.
O castelán riopratense é un dialecto do castelán falado na Arxentina e no Uruguai. O seu uso esténdese na zona da bacía do río da Prata, nunha ampla zona da Arxentina e na totalidade do Uruguai, alén doutras rexións achegadas. Centrada nas aglomeracións urbanas seguintes: Buenos Aires e a súa área metropolitana, Rosario, Montevideo, Santa Fe-Paraná, La Plata, Bahía Blanca e Mar del Plata, cada cidade co seu correspondente conurbano ou área metropolitana.
O recoñecemento automático da fala (RAF) é unha parte da intelixencia artificial que ten como obxectivo permitir a comunicación falada entre seres humanos e computadoras. O problema que se suscita nun sistema de RAF é o de facer cooperar un conxunto de informacións que proceden de diversas fontes de coñecemento (acústica, fonética, fonolóxica, léxica, morfosintáctica, semántica e pragmática), en presenza de ambigüidades, incertezas e erros inevitables para chegar a obter unha interpretación aceptable da mensaxe acústica recibida.
A flotabilidade é a capacidade que teñen os corpos de manterse na superficie dun líquido sen afundirse. Se a densidade dun corpo é maior que a do líquido, afundirase e, se é menor, flotará. Así pois, distínguese: corpo de flotabilidade positiva: o obxecto remonta, saíndo a flote (Po < Pa, sendo Po o peso do obxecto e Pa o peso do líquido desaloxado por el) ; corpo de flotabilidade negativa: o obxecto afonda (Po > Pa) ; corpo de flotabilidade nulea: o obxecto mantense entre dúas augas (Po = Pa).
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio. Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico.
Unha teoría científica é unha explicación ou descrición (verdadeira ou falsa) conseguida a partir de observacións ou experimentos que previamente numerosos científicos comprobaron dando estas observacións un resultado positivo. Se un só destes experimentos comprobase que dá un resultado negativo a teoría descartaríase. As teorías enfróntanse a un problema en canto a definición, e isto é debido á diversidade de definicións que se lle deron, por isto presenta certa ambigüidade.
O sangue é un fluído corporal dos animais que ten como función principal transportar nutrientes e oxíxeno ás células e os residuos metabólicos producidos polas células. En anatomía e histoloxía o sangue considérase un tipo especializado de tecido conectivo con matriz líquida (o plasma), dada a súa orixe nos ósos e a presenza de fibras proteicas en potencia en forma de fibrinóxeno. Os termos médicos relacionados co sangue xeralmente empezan por hemo ou hemato, do grego αἷμα (haima) 'sangue'.
Raza (clasificación dos seres humanos)
Raza refírese ás clasificacións dos seres humanos en poboacións grandes e relativamente diferentes ou grupos, moitas veces baseados en factores arbitrarios, tales como o aspecto e as características fenotípicas herdadas ou a ascendencia xeográfica. A mesma persoa podería ser considerada legalmente dunha raza nun país e doutra diferente nun país distinto. A distancia xénica Fst media entre as poboacións humanas é aproximadamente 0,125.
Os actínidos, ou tamén actinoides, son un grupo de elementos que forman parte do período 7 da táboa periódica dos elementos. Estes elementos, xunto cos lantánidos, son chamados elementos de transición interna. O nome procede do elemento químico actinio, que acostuma incluírse dentro deste grupo, dando un total de 15 elementos, dende o de número atómico 89 (o actinio) ao 103 (laurencio).
En matemáticas, un argumento dunha función é un valor proporcionado para obter o resultado da función. Tamén se di variábel independente e indeterminado. Por exemplo, a función de dúas variábeis f ( x , y ) = x 2 + y 2 {\displaystyle f(x,y)=x^{2}+y^{2}} ten dous argumentos, x {\displaystyle x} e y {\displaystyle y} , que se poden expresar nun par ordenado ( x , y ) {\displaystyle (x,y)} .
No subcampo matemático da análise numérica, truncamento é a redución do número de díxitos á dereita do separador decimal, descartando os que resulten menos significativos. Por exemplo, dados os números reais: 3,14159265358979...32,4381912886,3444444444444-3.23456789... Para facer o truncamento destes números a catro díxitos decimais, só consideramos os catro díxitos á dereita de coma decimal.
O código binario reflectido ou código Gray, que recibe o seu nome en honra ao investigador Frank Gray, é un sistema de numeración binario no que dous números consecutivos difiren só nun dos seus díxitos. O código Gray foi deseñado orixinalmente para previr sinais ilegais (sinais falsos ou distorsionados na representación) dos switches electromecánicos, e actualmente emprégase para facilitar a corrección de erros nos sistemas de comunicacións, tales como algúns sistemas de televisión por cable e a televisión dixital terrestre.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920 e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).
A interrogación, amais de ser unha secuencia que serve para pescudar, pode referirse ao signo de puntuación (?) que se pon ó final (ás veces tamén ó inicio) dunha frase interrogativa. As oracións interrogativas caracterízanse por unha entoación peculiar. Distínguense dous tipos: Interrogativa absoluta ou total (dáse naquelas preguntas ás que se responde cunha afirmación ou negación).
Os isótopos, (do grego: ἴσος, isos = mesmo; τόπος, tópos = lugar) son tódolos tipos de átomos dun mesmo elemento, que se atopan no mesmo sitio da táboa periódica pero teñen distinto número másico. Os átomos que son isótopos entre si son os que teñen igual número atómico (número de protóns no núcleo) pero diferente número másico (suma do número de neutróns e de protóns no núcleo), polo que son distintos no seu número de neutróns. A maioría dos elementos químicos posúen máis dun isótopo.
Sensibilidade da película fotográfica
As distintas escalas de sensibilidade fotográfica están clasificadas en función do tipo de emulsión fotográfica presente na película. A sensibilidade dunha película fotográfica é a velocidade coa que a súa emulsión fotosensible reacciona á luz. Algunhas marcas fotográficas falan de E.I., isto é Exposure Index ou Índice de Exposición.
Un xestor de arranque (en inglés bootloader) é un programa informático sinxelo que non ten a totalidade das funcionalidades dun sistema operativo, deseñado exclusivamente para preparar todo o que precisa o sistema operativo para funcionar. Normalmente utilízanse os cargadores de arranque multietapas, nos que varios programas pequenos súmanse uns cos outros, ata que o último deles carga o sistema operativo. Nos ordenadores modernos, o proceso de arranque comeza coa CPU executando os programas contidos na memoria ROM nunha dirección predefinida e configúrase a CPU para executar este programa, sen axuda externa, ó acender o ordenador.
En teoría de números, o símbolo de Legendre é unha función multiplicativa con valores { 1 , − 1 , 0 } {\displaystyle \{1,-1,0\}} que é un carácter cadrático módulo un número primo impar p {\displaystyle p} : o seu valor para un residuo cadrático (non cero) mod p {\displaystyle \mod p} é 1 {\displaystyle 1} e para un residuo non cadrático (un non residuo) é − 1 {\displaystyle -1} . O seu valor en cero é 0 {\displaystyle 0} . O símbolo de Legendre foi introducido por Adrien-Marie Legendre en 1798 no curso dos seus intentos de probar a lei da reciprocidade cadrática.
A enerxía cinética é a enerxía mecánica que posúen todos os corpos en movemento polo feito de estar dotados dunha masa e dunha velocidade dadas e das cales depende. A enerxía cinética equivale, prescindindo das perdas por rozamento, ó traballo efectuado para poñer o corpo considerado en movemento. Se se detén dito movemento, o corpo realiza o traballo que foi necesario para poñelo en marcha.
Nas ciencias da Terra, un ciclo bioxeoquímico é unha vía mediante a cal unha substancia química circula entre os compartimentos bióticos (biosfera) e abióticos (litosfera, atmosfera, e hidrosfera) da Terra. Nestes ciclos prodúcense unha serie de cambios que ao final volven ao punto inicial e todo o proceso pode repetirse de novo. A auga, por exemplo, está a reciclarse decote por medio do ciclo da auga, como o que se mostra no diagrama.
En teoría de números, dado un número primo p, os números p-ádicos forman unha extensión dos números racionais que é distinta dos números reais, aínda que con algunhas propiedades similares; os números p-ádicos poden escribirse nunha forma similar aos números usuais (unha tira de números en base 10 posibelmente infinita), pero con díxitos baseados nun número primo p en lugar do número dez, e estendéndose cara á esquerda e non cara á dereita. Formalmente, dado un número primo p, un número p-ádico pódese definir como unha serie formal de potencias s = ∑ i = k ∞ a i p i = a k p k + a k + 1 p k + 1 + a k + 2 p k + 2 + ⋯ {\displaystyle s=\sum _{i=k}^{\infty }a_{i}p^{i}=a_{k}p^{k}+a_{k+1}p^{k+1}+a_{k+2}p^{k+2}+\cdots } onde k é un número enteiro (que pode ser negativo), e cada a i {\displaystyle a_{i}} é un número enteiro tal que 0 ≤ a i < p . {\displaystyle 0\leq a_{i}<p.} Os enteiros p-ádicos ( Z p {\displaystyle \mathbb {Z} _{p}} ) son as series só con potencias positivas k ≥ 0.
O código octal é un sistema de numeración que utiliza a base de oito cifras, as cales corresponden ós nosos números de 0 a 7. Úsase sobre todo na informática pola súa capacidade de condensar números binarios de tres en tres cifras ou algarismos. Os números octais poden construírse a partir de números binarios agrupando cada tres díxitos consecutivos destes últimos (de dereita a esquerda) e obtendo o seu valor en código decimal.
Os metais de transición son un conxunto de elementos químicos situados no bloque d da táboa periódica do sistema periódico, grupos 3-12, (aínda que, en ocasións, os elementos do grupo 12 son excluídos e, en menos ocasións, os do grupo 3), que teñen como principal característica a inclusión na súa configuración electrónica de orbital d parcialmente cheos de electróns. Os elementos lantánidos e actínidos (o bloque f) denomínanse metais de transición internos e, ás veces, tamén son considerados metais de transición. Esta definición pode ampliarse considerando como elementos de transición aqueles que na súa química usan electróns aloxados en orbital d (como os elementos de grupo 11, que nos seus estados de oxidación posúen orbitais d semiocupados).
Licenza de documentación libre de GNU
A Licenza de documentación libre de GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contido libre. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, "Fundación para o software libre") para o proxecto GNU. Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquera copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza.
En bioquímica, unha ligase (do latín ligāre, unir, colar) é un encima que cataliza a unión de dúas moléculas grandes formando entre elas un novo enlace químico, xeralmente coa hidrólise simultánea dun grupo fosfato do ATP ou outro nucleósido, que cede a enerxía necesaria para que a reacción teña lugar. En xeral, unha ligase cataliza a seguinte reacción: Ab + C → A–C + b ou ás veces Ab + cD → A–D + b + c onde as letras en minúscula simbolizan os grupos químicos pequenos hidrolizados.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
En xadrez, o afogado é unha situación que se produce cando o xogador de quen é a quenda non ten xogadas legais para realizar e o rei non se atopa en estado de xaque. É dicir, o rei non pode moverse a outras casas porque quedaría en posición de xaque ou porque están ocupadas por pezas propias ou pezas alleas que están defendidas, e ademais o xogador non ten outras pezas que poidan moverse ou capturar a pezas adversarias. A isto tamén se lle coñece como táboas por rei afogado.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O amis é unha lingua formosana falada polos amis, un pobo indíxena que habita na costa leste de Taiwán. É a máis grande das linguas formosanas, sendo falada dende a cidade de Hualien no norte atá a cidade de Taitung no sur. Os servizos do goberno nos condados onde viven moitos amis, como as estacións de tren de Hualien e Taitung, usan o amis xunto co mandarín.
Bad Religion é unha banda de punk rock estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1979 por Jay Bentley (baixo), Greg Graffin (voces), Brett Gurewitz (guitarra) e Jay Ziskrout (batería). Adóitaselles atribuír o liderado do revival do punk rock durante finais dos anos 80, e tamén é unha importante influencia para gran cantidade de músicos de punk e de rock. As letras da banda abordan temas relacionados coa relixión, a política, a sociedade, os medios de comunicación e a ciencia.
Na teoría de conxuntos, a unión dunha colección de conxuntos (denotada por ∪) é o conxunto de todos os elementos da colección. É unha das operacións fundamentais mediante as que se poden combinar e relacionar conxuntos entre si. Unha unión nula refírese a unha unión de cero ( 0 {\displaystyle 0} ) conxuntos e é por definición igual ao conxunto baleiro.
A disomía uniparental prodúcese cando unha persoa recibe dúas copias dun cromosoma, ou de parte dun cromosoma, dun dos proxenitores e ningunha copia do outro. A disomía uniparental pode ser o resultado de heterodisomía, na cal se herdan un par de cromosomas non idénticos dun proxenitor (un erro nos estadios iniciais da meiose I) ou isodisomía, na cal se duplica un só cromosoma dun proxenitor (un erro nos estadios posteriores da meiose II). A disomía uniparental pode ter relevancia clínica por varias razóns.
En matemáticas, unha raíz cúbica dun número é aquela cantidade que multiplicada tres veces por ela mesma dá unha cantidade determinada, da cal é a raíz. En notación matemática escríbese x 3 {\displaystyle {\sqrt[{3}]{x}}} ou x1/3, é un número a tal que a3 = x. A raíz cúbica real y dun número real x pódese interpretar coa lonxitude que debe ter a aresta dun cubo para que o cubo teña un volume de x unidades.