Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Robert Francis Prevost Martínez, coñecido como León XIV, nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015, posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
Francisco Rabaneda Cuervo, nado en Pasaia o 18 de febreiro de 1934 e finado en Porsall (Gwitalmeze / Ploudalmézeau, Bretaña) o 3 de febreiro de 2023, foi un deseñador de moda vasco-bretón coñecido como Paco Rabanne, que se fixo célebre como un enfant terrible do mundo da moda francesa da década de 1960.
Nicolás Alvarado Caporale, coñecido como Nico, nado en Buenos Aires o 24 de xullo de 1976, é un adestrador e ex xogador de fútbol e fútbol praia galego. É un dos xogadores máis destacados da historia da selección española de fútbol praia, na que sucedeu a Amarelle como capitán, e coa que disputou sete Campionatos do Mundo. Gañou tres Eurocopas, sendo elixido mellor xogador en dúas delas, e cinco Ligas Europeas, así como o Mundialito de 2013.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
En química, unha molécula (do novo latín molecula, que é un diminutivo da palabra moles, 'masa') é un grupo eléctricamente neutro e suficientemente estable de polo menos dous átomos nunha configuración definida, unidos por enlaces químicos fortes (covalentes ou iónicos). Neste estrito sentido, as moléculas diferéncianse dos ións poliatómicos. Na química orgánica e na bioquímica, o termo "molécula" utilízase de maneira menos estrita e aplícase tamén aos compostos orgánicos (moléculas orgánicas) e nas biomoléculas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O electromagnetismo é unha disciplina da física que estuda os campos e forzas eléctricos e magnéticos asociados á existencia de cargas e correntes eléctricas. Toda a teoría do electromagnetismo pode construírse a partir das ecuacións de Maxwell, as leis que rexen o comportamento dos campos eléctricos e dos campos magnéticos. A formulación consiste en catro ecuacións diferenciais vectoriais que relacionan o campo eléctrico, o campo magnético e as súas respectivas fontes materiais (corrente eléctrica, polarización eléctrica e polarización magnética).
Unha substancia química é calquera material cunha composición química definida, sen importar a súa procedencia. Por exemplo, unha mostra de auga ten as mesmas propiedades e a mesma proporción de hidróxeno e osíxeno sen importar se a mostra íllase dun río ou créase nun laboratorio. Unha substancia pura non pode separarse noutras substancias por ningún medio mecánico.
A fotosíntese (do grego φώτο foto, 'luz' e σύνθεσις synthesis, 'composición') é o proceso no que as plantas, cianobacterias e outras bacterias e algas macroscópicas, todas elas seres autótrofos, transforman enerxía luminosa en enerxía química procesando o dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e minerais en compostos orgánicos e osíxeno gasoso (O2). A través do proceso aqueles producen o seu propio alimento, constituído esencialmente por azucres, como a glicosa (C6H12O6), de onde obteñen enerxía e carbono, aínda que tamén necesitan elementos químicos procedentes de sales minerais absorbidos polas raíces. Coa fotosíntese iníciase toda a cadea trófica.
A radioactividade é un fenómeno físico natural ou artificial, polo cal algunhas substancias ou elementos químicos chamadas radioactivos, son capaces de emitir radiacións, as cales teñen a propiedade de impresionar placas fotográficas, ionizar gases (polo que ás veces adóitase chamalas 'radiacións ionizantes'), producir fluorescencia, atravesar corpos opacos á luz ordinaria etc. As principais destas radiacións son as partículas alfa (núcleos de Helio), partículas beta (electróns) e/ou raios gamma, a máis doutras como protóns ou raios X. A radioactividade prodúcese a partir de reaccións nucleares, que alteran o balance de enerxía nuclear facendo que elementos como o uranio, o radio ou o torio (elementos con isótopos inestables, que desexcitan os seus núcleos en estado excitado emitindo partículas e enerxía), emitan partículas alfa, beta, gamma ou doutro tipo. O uranio, por exemplo, ten 92 protóns, mais coa radioactividade vai variando o número deles no núcleo, ata rematar constituíndo un núcleo de chumbo, estable, con 82 protóns e sen radiación.
A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente. Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América.
A radiación electromagnética é unha combinación de campos eléctricos e magnéticos oscilantes e perpendiculares entre si que se propagan a través do espazo transportando enerxía dun lugar a outro. A luz visíbel é unha das partes da radiación electromagnética. A diferenza doutros tipos de onda, como o son, que necesitan dun medio material para propagarse, a radiación electromagnética pódese propagar no baleiro.
Código máquina é a semi-tradución de machine code (=código da máquina): unha restra de códigos (palabras) que está escrita na linguaxe de máquinas e polo tanto que pode ser comprendida directamente pola CPU dunha computadora. Formalmente, pódese definir o Código máquina como o sistema de códigos directamente interpretable por un circuíto microprogramable, como a CPU dun ordenador ou o microcontrolador dun autómata (un PLC) . Este código consta dun conxunto de instrucións que determinan as accións a ser tomadas pola máquina.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
A fórmula química ou fórmula molecular é un conxunto de símbolos e números que indicar o número real de átomos de cada elemento químico que hai na molécula nunha substancia química. Nos compostos orgánicos úsanse fórmulas químicas de varios tipos: condensada (empírica), semicondensada (semiempírica) ou semidesenvolvida e desenvolvida, segundo que se especifiquen ou non as unións interatómicas con menor ou maior detalle, se ben acostuma usarse algún tipo de fórmula semidesenvolvida.
A síndrome do macho XX, tamén coñecido como síndrome de la Chapelle ou trastorno testicular do desenvolvemento sexual 46,XX, é unha rara condición na cal un individuo con cariotipo feminino 46,XX se desenvolve cun fenotipo masculino. No 90 % destes individuos a síndrome é causada polo xene SRY do cromosoma Y, que é o que desencadea o desenvolvemento reprodutivo masculino, pero que neste caso é atipicamente incluído no sobrecruzamento de información xenética que ten lugar entre as rexións pseudoautosómicas dos cromosomas X e Y durante a meiose no pai e acaba no cromosoma X. Cando o X co xene SRY se combina cun X normal procedente da nai durante a fecundación, o resultado é que se produce a diferenciación testicular das gónadas (en lugar de ovárica). Menos comúns son os individuos SRY-negativos, que parecen ter un cariotipo feminino normal, os cales se poden orixinar por unha mutación nun xene dun cromosoma autosómico ou do cromosoma X. A masculinización nas persoas que teñen esta síndrome é variable e son estériles.
Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal. A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais. Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg.
Os pulmóns, chamados popularmente liviáns, son os órganos principais da respiración en humanos e en moitos outros animais incluíndo uns poucos peixes e algúns coscos. Nos mamíferos e na meirande parte dos vertebrados, os dous pulmóns atópanse preto da columna vertebral en ambos lados do corazón. As súas funcións no aparello respiratorio son a de extraer osíxeno da atmosfera e transferilo ao aparello circulatorio, e de expulsar dióxido de carbono do aparello circulatorio á atmosfera, nun proceso de hematose.
Un periférico é un compoñente externo dun sistema computacional que se liga mediante conexións físicas directas (cabos ou cables) ou indirectas (radiofrecuencia ou raios infravermellos) e que serve para interactuar co sistema. Poden ser para introducir ou recibir información, caso no que se adoitan chamar respectivamente periféricos de entrada (input, abreviado "I") ou de saída (output, abreviado "O"). Polo tanto, algúns elementos como o microprocesador non son periféricos, senón que forman parte do sistema mesmo.
As ondas de radio son un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior do que a radiación infravermella. A frecuencia das ondas de radio chámase radiofrecuencia (RF) e é a menor do espectro electromagnético. Estas ondas e frecuencias úsanse para a comunicación por medio de radios e antenas.
A electronegatividade é unha medida da forza de atracción que exerce un átomo sobre os electróns que comparte con outro átomo co que está enlazado. Os diferentes valores de electronegatividade clasifícanse segundo diferentes escalas, entre elas a escala de Pauling e a escala de Mulliken. En xeral, os diferentes valores de electronegatividade dos átomos determinan o tipo de enlace que se formará na molécula que os combina.
O sistema sexaxesimal ou sistema de base 60, é un sitema de numeración co sesenta como base. Orixinouse entre os antigos sumerios no terceiro milenio antes da nosa era, pasando despois aos antigos babilonios e aínda continúa a empregarse para medir tempo, ángulos e coordenadas xeográficas. O número sesenta, ten doce factores, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 10, 12, 15, 20, 30 e 60, dos que 2, 3 e 5 son números primos.
Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade Stanford e especialista en ciberdereitos. O director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor" .
A cosmoloxía (do grego κόσμος kósmos universo, e λόγος lógos coñecemento), é a rama da astronomía que estuda a orixe, estrutura e evolución do Universo a partir da aplicación de métodos científicos. A cosmoloxía confúndese moitas veces coa astrofísica, que é a rama da astronomía que estuda a estrutura e as propiedades dos obxectos celestes e o universo como un todo a través da física teórica. A confusión ocorre porque ambas as dúas ciencias, nalgúns aspectos, seguen camiños paralelos e moitas veces considerados redundantes, aínda que non o sexan.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Unha arma nuclear é un explosivo de alto poder que utiliza a enerxía nuclear (esta arma xera unha gran cantidade de enerxía a partir dunha reacción de fisión ou de fusión nuclear, ambas reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas da materia), isto inclúe o vector transportador, como os mísiles balísticos intercontinentais, os mísiles balísticos de lanzamento submarino (en inglés Submarine-launched ballistic missiles) e parte da infraestrutura involucrada no seu manexo e operación. Este tipo de armas teñen unha gran capacidade destrutiva, e son as máis potentes que se utilizaron nunca. Actualmente, só un grupo relativamente reducido de países recoñece que dispón de armas nucleares.
Un vector en física e mais no cálculo vectorial é un concepto caracterizado por un valor, é dicir, un escalar (magnitude numérica), e por un sentido (que pode ser definido nun espazo 3-dimensional, ou en xeral p-dimensional). Os vectores utilízanse para describir magnitudes vectoriais tales como velocidades, aceleracións ou forzas, nas cales é importante considerar non só o valor senón tamén a dirección e máis o sentido. Aínda que frecuentemente se describa a un vector por un número de "compoñentes", cada un deles dependente do sistema de coordenadas particular que se use, as propiedades dun vector non dependen do sistema de coordenadas usado para o describir.
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co océano Atlántico, Gales e o mar de Irlanda.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
En sintaxe, o suxeito é aquela parte da cláusula ou oración que non forma parte do predicado e que se constitúe en soporte do mesmo. O suxeito é, pois, aquilo (persoa, animal ou cousa) do que se di ou comenta algo nunha oración e que concerta en morfema de número e morfema de persoa co verbo que é núcleo do predicado. Na lingüística transformacional, defínese como suxeito ao sintagma nominal dominado inmediatamente pola oración.
Unidade central de procesamento
Unha unidade central de procesamento (UCP) ou CPU (inglés: central processing unit) é un circuíto electrónico dunha computadora que leva a cabo as instrucións dun programa informático realizando as tarefas básicas aritméticas, lóxicas, de control e de entrada/saída especificadas polas instrucións. O termo CPU comezouse a empregar na industria informática a comezos da década dos 60, e adoita empregarse tradicionalmente para referirse ao propio procesador e á unidade de control, facendo distinción entre estes elementos e outros coma a memoria ou os compoñentes de entrada/saída. O formato, deseño e posta en funcionamento das CPU foron evolucionando ó longo da súa historia, pero o seu funcionamento fundamental segue sendo o mesmo que nos seus comezos.
Un organismo unicelular é aquel organismo que está constituído por unha soa célula, como son todas as bacterias, os protozoos, paramecios, amebas, ciliados etc. Representan a inmensa maioría dos seres vivos que poboan actualmente a Terra. Porén, os seres vivos que nos resultan familiares están constituídos por un conxunto de células, son os chamados organismos pluricelulares, aínda que na súa orixe tamén estes organismos proceden dunha única célula.
Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional. Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano.
O ollo dos humanos, como o doutros vertebrados, e un órgano que detecta a luz e é a base do sentido da vista. A súa función consiste basicamente en transformar a enerxía lumínica en sinais eléctricos que son enviadas ao cerebro a través do nervio óptico. O ollo humano funciona de forma moi similar ao da maioría dos vertebrados e dalgúns moluscos.
Unha central nuclear, é unha instalación onde a enerxía mecánica que se necesita para mover un xerador de enerxía eléctrica se obtén a partir do vapor formado ó quentar auga nun reactor nuclear. A enerxía nuclear procede das reaccións de fusión ou fisión de átomos, nas cales se liberan grandes cantidades de enerxía en forma de calor, que se usa para producir electricidade.
As redes neurais artificiais (RNAs), xeralmente chamadas simplemente redes neurais, son modelos informáticos utilizados dentro das disciplinas de intelixencia artificial e aprendizaxe automática inicialmente inspirados nas redes neurais biolóxicas dos cerebros animais. Unha RNA baséase nunha colección de nodos conectados chamados neuronas artificiais, que modelan de forma vaga as neuronas do cerebro biolóxico. Cada conexión, como a sinapse dun cerebro biolóxico, pode transmitir sinais as demais neuronas.
Provincias e territorios do Canadá
O Canadá é unha federación de Norteamérica integrada por dez provincias e tres territorios que conforman o segundo país máis grande do mundo en termos de superficie. A diferenza principal entre unha provincia e un territorio canadense é que a provincia recibe os poderes de goberno directamente da Coroa británica, por medio do Acta da Constitución de 1867, o cal outórgalle máis competencias e dereitos que un territorio, cuxos poderes están delegados polo goberno federal. Na actualidade as provincias do Canadá son Alberta, a Columbia Británica, Manitoba, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Ontario, a Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Saskatchewan.
Licenza de documentación libre de GNU
A Licenza de documentación libre de GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contido libre. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, "Fundación para o software libre") para o proxecto GNU. Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquera copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza.
Mestizo é un termo tradicionalmente empregado en España, Filipinas, partes de América Central (especialmente en Belize) e América do Sur que orixinalmente facía referencia a unha persoa descendente dun europeo e dun amerindio ou insular do Pacífico, sen ter en conta onde naceu o individuo. O termo foi empregado como unha categoría étnica e racial nun sistema de castes empregado polo Imperio Español durante a época de dominio das colonias en América. Hoxe en día, e particularmente en América do Sur, o termo adquiriu connotacións máis culturais, xa que a cultura dominante latinoamericana considérase como mestiza, independentemente da súa ascendencia real, e o termo "indio" está reservado exclusivamente para as persoas que mantiveron unha identidade étnica separada, coa súa propia lingua e afiliacións tribais.
O sector primario é unha das clasificacións das actividades económicas. Considéranse actividades pertencentes ao sector primario as actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos da natureza: agricultura extracción mineral gandería explotación forestal pesca caza. Aproximadamente o 50% da poboación mundial traballa no sector primario.
Nas matemáticas, o produto tensorial, denotado por ⊗ {\displaystyle \otimes } , pódese aplicar en diversos contextos de vectores, matrices, tensores e espazos vectoriais. En cada caso a significación do símbolo é a mesma: a operación bilinear máis xeral. Un caso representativo é o produto de Kronecker de dúas matrices calquera.
As ciencias da computación ou ciencias computacionais son aquelas que abarcan as bases teóricas da información e a computación, así como a súa aplicación en sistemas computacionais. O corpo do coñecemento das ciencias da computación é frecuentemente descrito como o estudo sistemático dos procesos algorítmicos que describen e transforman información: a súa teoría, análise, deseño, eficiencia, posta en funcionamento e aplicación. É o estudo sistemático da factibilidade, estrutura, expresión e mecanización de procedementos metódicos (ou algoritmos) que subxacen na adquisición, representación, procesamento, almacenamento, comunicación e acceso á información se dita información está codificada en forma de bits nunha memoria de computadora ou especificada nunha estrutura de xenes e proteínas nunha célula biolóxica.
Os números racionais son todos aqueles números que poden representarse como a fracción ou cociente de dous números enteiros ou, máis precisamente, un enteiro e un natural positivo; é dicir, unha fracción común a / b {\displaystyle a/b} con numerador a {\displaystyle a} e denominador b {\displaystyle b} distinto de cero. O termo «racional» alude a unha fracción ou parte dun todo. O conxunto dos números racionais denótase por Q (ou ben Q {\displaystyle \mathbb {Q} } , en letra grosa de encerado) que deriva de «cociente» (Quotient en varios idiomas europeos).
A presión de vapor é a presión, para unha temperatura dada, na que a fase líquida e o vapor atópanse en equilibrio dinámico. O seu valor é independente das cantidades de líquido e vapor presentes mentres existan ambas. Este fenómeno tamén o presentan os sólidos: cando un sólido pasa ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido tamén se produce unha presión de vapor.
O novial é un idioma artificial creado polo destacado lingüista danés Otto Jespersen co fin de facilitar a comunicación entre os pobos. A verba novial ven da combinación do prefixo nov (novo) e as iniciais do termo International Auxiliary Language (en galego: lingua auxiliar internacional; por conseguinte, novial significa nova lingua auxiliar internacional). Jespersen, quen previamente participara no deseño do idioma ido como substitución do esperanto, deseñou o novial a partir de palabras de linguas romances e xermánicas e unha gramática similar á da lingua inglesa e linguas xermánicas.
A natureza inclúe todo aquilo que existe no universo, o que non é artificial ou imaxinado. Nun senso máis amplo, equivale ao conxunto do cosmos, do universo existente, e iso abrangue dende as partículas subatómicas ata os obxectos astronómicos, incluíndo a Terra, os seres vivos e os procesos que se relacionan. O termo "natureza" fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral.
A presión (ou tensión) arterial (PA) é a presión exercida pola circulación do sangue nas paredes dos vasos sanguíneos, e é un dos principais sinais vitais. En cada latexo do corazón, a PA varía entre un máximo (presión sistólica) e un mínimo (presión diastólica) de presión. A PA media diminúe a medida que a circulación vai dende o corazón para as arterias, e ten a súa maior diminución nas pequenas arterias e arteriolas, e segue a diminuír a medida que o sangue se move a través dos vasos capilares e volve ó corazón polas veas.
O wixárika é un pobo indíxena maioritario en Nayarit, México. Habitan o oeste central do país, na Serra Madre Occidental, principalmente nos estados de Nayarit, Xalisco e partes dos estados de Durango e Zacatecas. Denomínanse a si mesmos wixárika (a xente) na súa lingua, que pertence á familia das linguas uto-aztecas e á que chaman wixaritari waniuki (huichol).
A sinalización celular ou comunicación celular é unha parte do complexo sistema de comunicación que controla as actividades celulares básicas e coordina as accións celulares. As células comunícanse liberando moléculas, que chegan a receptores doutra célula e producen nela un efecto ou resposta. A capacidade das células de percibiren e responderen correctamente ao seu microambiente está na base do desenvolvemento, reparación de tecidos, inmunidade e homeostase dos tecidos.
Este artigo trata sobre unha caste romana, para o nome véxase Patricio (nome). Na Roma Antiga, a clase social dos patricios, (do latín patricii; singular, patricius) estaba composta polos descendentes das trinta curias primitivas. O nome vén de pater (pai), en referencia aos fundadores, é dicir, aos primeiros pais de Roma.
A palabra relixión, ás veces empregada como sinónimo de fe ou sistema de crenzas, defínese comunmente como crenza concernente ao sobrenatural, sagrado, ou divino e aos códigos morais, prácticas, rituais, valores e institucións relacionadas coa devandita crenza. Nalgunhas ocasións, a palabra relixión úsase para designar o que debería ser chamado "relixión organizada" ou "organización relixiosa", ou sexa, organizacións que soportan o exercicio de certas relixións, frecuentemente baixo a forma de entidades legais.
Uzbekistán (en uzbeko: Oʻzbekiston), é unha república ex-soviética de Asia Central, limitada ao norte por Kazakhstán, ao leste por Kirguizistán e por Tadjiikistán, ao sur por Afganistán e a sur e ao oeste por Turkmenistán. Alén do territorio principal, inclúe tamén os enclaves de Sokh e de Iordan, no Kirguizistán. A súa capital é a cidade de Tashkent.
Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido. É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior.
Un estado soberano é un estado cun territorio definido sobre o cal exerce unha soberanía interna e externa, unha poboación permanente, un goberno, independencia doutros estados e poderes, e a capacidade de establecer relacións con outros estados soberanos. O goberno dun estado soberano ostenta o título legal de todo o seu territorio. Adoita entenderse tamén que non depende nin está suxeito a calquera outro poder ou estado.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Un imán é un obxecto que posúe un campo magnético, dentro do cal exerce unha forza de atracción ou repulsión sobre outros imáns e sobre certos metais. O seu magnetismo explícase por causa das pequena correntes eléctricas que se dan no interior da materia, producidas debido ao movemento dos electróns nos átomos, dando cada unha orixe a un xeito de "imán microscópico". No imán, cada unha desta polaridades está aliñada coas outras, sumando as súas propiedades.
En física, a relatividade xeral é a xeneralización, publicada en 1915 por Albert Einstein, da Teoría da gravitación de Newton. Esta nova teoría, tendo en conta as ideas descubertas na relatividade restricta sobre o espazo e o tempo, propón a xeneralización do principio da relatividade do movemento de referenciais en movemento uniforme para a relatividade do movemento mesmo entre referenciais en movemento acelerado. Esta xeneralización ten implicacións profundas no coñecemento do espazo-tempo, levando entre outras conclusións a de que a materia (enerxía) curva o espazo e mailo tempo ao redor seu.
O sistema de numeración decimal ou sistema decimal é un sistema de numeración posicional no que as cantidades se representan utilizando como base o número dez polo que se compón de dez cifras diferentes: cero (0); un (1); dous (2); tres (3); catro (4); cinco (5); seis (6); sete (7); oito (8) e nove (9). Este conxunto de símbolos denomínase números árabes, e é de orixe hindú. Como sistema posicional, o valor destes símbolos depende da súa posición dentro do número, polo que serven para indicar unidades, decenas, centenas, etc., de dereita a esquerda.
Enténdese por satélite artificial calquera dos obxectos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares. Agora ben, se o definimos dende un punto de vista rigoroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais.
As linguas níxer-congo, son probablemente a familia (ou macrofamilia) con maior número de linguas do mundo, con case 1.400, que contan cuns 400 millóns de falantes en África. Caracterízanse por usar un sistema amplo de clases nominais (agás o mandé) e o uso preponderante de prefixos máis ca de sufixos.
En matemáticas e estatística, a función de densidade (en inglés, probability density function: pdf) serve para representar a distribución de probabilidade en termos de integrais. Unha función de densidade de probabilidade é sempre non-negativa e a súa integral dende −∞ ata +∞ é igual a 1. Se unha distribución de probabilidade ten densidade f(x), entón, intuitivamente o intervalo infinitesimal [x, x + dx] ten probabilidade f(x) dx.
Os ingleses (inglés: english people), son unha nación e grupo étnico nativo de Inglaterra, que fala a lingua inglesa. A identidade inglesa ten orixe medieval, cando eran coñecidos en inglés antigo como Angelcynn ("familia dos anglos"). O seu etnónimo provén dos anglos, un dos pobos xermánicos que migraron cara a Gran Bretaña durante o século V. Inglaterra é un dos países do Reino Unido.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
A calor específica é unha magnitude física que se define como a cantidade de calor que hai que subministrar á unidade de masa dunha substancia ou sistema termodinámico para elevar a súa temperatura nunha unidade (kelvin ou grao Celsius). En xeral, o valor da calor específica depende da temperatura inicial. Represéntase coa letra c {\displaystyle c\,\!} .
A provincia romana (latín: provincia; plural, provinciae) baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais fóra da Península Itálica que tiñan unha organización regular e estaba baixo a administración romana. As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia. Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República Romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Primeira división española de fútbol
O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Un compilador é un Programa informático que transforma o código fonte (código escrito normalmente nunha linguaxe de alto nivel) nunha secuencia de instrucións (programa) que será executada por un sistema computacional. O código de alto nivel tamén se designa como código fonte ou source code. O código compilado designase como código obxecto ou obxect code.
A masa en repouso é a masa propia dun corpo material. Considérase nun sistema no que está en repouso debido a que a masa varía coa velocidade, segundo a teoría da Relatividade. Esisten entidades que non teñen masa en repouso (m0 = 0); son as que se ven compelidas a viaxar á velocidade da luz (c) como os fotóns.
A ponte de hidróxeno ou o enlace de hidróxeno é un enlace dipolo-dipolo máis forte cás forzas de Van der Waals, pero xeralmente moito máis feble (ata 20 veces) ca un enlace covalente típico, aínda que en certos casos poden ser bastante fortes (por exemplo, F-H...:F, cunha entalpía en vapor de 161,5 kJ/mol). Pódese considerar coma un enlace intermedio entre o enlace covalente e unha simple atracción electrostática molecular. Prodúcese cando un átomo de hidróxeno se atopa entre dous átomos moi electronegativos, como poden ser o flúor, nitróxeno ou osíxeno.
En matemáticas e física, a Teoría do caos refírese ao comportamento de certos sistemas dinámicos non lineares que, baixo certas condicións, exhiben o fenómeno coñecido como caos, caracterizado maiormente pola sensibilidade ás condicións iniciais (véxase efecto bolboreta). Como resultado desta sensibilidade, o comportamento observado dos sistemas que se comportan como caóticos aparenta aleatorio, aínda que o modelo en si é determinista no senso de que está definido e non contén parámetros aleatorios. Como exemplos de tales sistemas pódese incluír a atmosfera, o sistema solar, as placas tectónicas, as turbulencias nos fluídos, a economía e o crecemento da poboación.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920 e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).