Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Primeira división española de fútbol
O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
José Alberto Mujica Cordano, nado en Montevideo o 20 de maio de 1935 e finado o 13 de maio de 2025 na mesma cidade, foi un agricultor e político uruguaio. Foi o cuadraxésimo presidente do Uruguai entre 2010 e 2015. Con pasado guerrilleiro, pois fora membro do Movemento Nacional de Liberación-Tupamaros, iniciouse na carreira política e foi escollido deputado e senador.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
A guerra dos Trinta Anos foi unha guerra europea librada principalmente na Europa central entre os anos 1618 e 1648. Aínda que inicialmente se tratou dun conflito relixioso entre católicos e protestantes, o motivo central foi a disputa entre as potencias europeas por conseguiren unha situación de equilibrio ou ben, no caso doutras, por conseguiren unha situación de hexemonía (neste caso a casa dos Habsburgo en España e a casa de Austria, que eran católicos). A guerra dos Trinta Anos acabou coa paz de Westfalia e a paz dos Pireneos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O dólar estadounidense ou dólar americano (tamén abreviado co símbolo $ ou coa súa abreviatura alfabética estándar internacional USD) é a moeda de curso legal dos Estados Unidos, as súas dependencias e outros países. O dólar é a moeda de reserva internacional máis importante do mundo e tamén a máis utilizada nas transaccións internacionais. A súa condición de divisa de referencia mundial converteuna na moeda oficial de varios países e a moeda de facto en moitos outros, que utilizan o seu papel moeda para as transaccións correntes ou dan un tipo de cambio fixo ás súas divisas nacionais respecto ao dólar.
Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un polímata filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán, un dos grandes pensadores dos séculos XVII e XVIII, e recoñéceselle como o «último xenio universal», isto é, a última persoa que puido formarse suficientemente en todos os campos do coñecemento; despois xa só houbo especialistas. Realizou profundas e importantes contribucións nas áreas da metafísica, epistemoloxía, lóxica, filosofía da relixión, así como na matemática, física, xeoloxía, xurisprudencia e historia. Incluso Denis Diderot, o filósofo deísta francés do século século XVIII, cuxas opinións non poderían estar en maior oposición ás de Leibniz, non podía evitar sentirse sobrecollido ante os seus logros, e escribiu na Encyclopédie: «Quizais nunca haxa un home que lese tanto, estudado tanto, meditado máis e escrito máis que Leibniz… O que elaborou sobre o mundo, sobre Deus, a natureza e a alma é da máis sublime elocuencia.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Antes de nós é un filme galego de 2025 dirixido por Ángeles Huerta. É un filme biográfico sobre a vida de Castelao en dúas etapas da súa vida, 1918 e 1929, antes da xeración Nós. Está protagonizado por Xoán Fórneas como Castelao, xunto con Cris Iglesias (como Virxinia Pereira), Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da Península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 27 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo.
Un virus (do latín virus 'toxina' ou 'veleno') é un axente infeccioso microscópico non celular que só pode replicarse penetrando no interior dunha célula. Os virus afectan todo tipo de organismos, desde animais e plantas a bacterias e arqueas. Unha partícula de virus completa e infectiva fóra (xeralmente) da célula denomínase virión.
A trisomía X, tamén coñecida como síndrome triplo X, síndrome XXX, e cracterizada por presentar un cariotipo 47,XXX, é un trastorno cromosómico aneuploide humano no cal unha muller ten unha copia extra do cromosoma X. Isto crea un cariotipo XXX con 47 cromosomas en vez do XX normal de 46 cromosomas. É relativamente común e ocorre en 1 de cada 1000 mulleres, pero raramente chega a ser diagnosticada; menos do 10 % das persoas con esta condición saben que a teñen. Os síntomas que ás veces aparecen son leves.
Unha doenza ou enfermidade é unha condición anormal que afecta ó corpo dun organismo. A miúdo é interpretada como unha condición médica asociada a uns síntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunhas fontes externas, como as enfermidades infecciosas, e poden causar dor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
En astronomía, o medio interestelar (MIE, ou na literatura inglesa, ISM) é a materia e a radiación que existe no espazo entre os sistemas estelares na galaxia. Esta materia inclúe gas en forma iónica, atómica e molecular, así como po e raios cósmicos. Enche o espazo interestelar e mestúrase progresivamente co espazo intergaláctico que o rodea.
Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo. A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo.
Unha tableta, do inglés tablet computer ou só tablet, é un dispositivo móbil, normalmente cun sistema operativo móbil, pantalla táctil e unha batería nun único paquete delgado e plano. As tabletas, sendo ordenadores, teñen capacidades similares, pero carecen de outras como a conectividade. As tabletas modernas aseméllanse en gran medida aos teléfonos intelixentes, as únicas diferenzas son que as tabletas son relativamente máis grandes que os teléfonos intelixentes e non teñen por que admitir o acceso á rede móbil.
Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador. Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa.
Os carbohidratos, tamén denominados glícidos, sacáridos ou, antes, hidratos de carbono, son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética, pero tamén estrutural. A súa fórmula química é Cn(H2O)n ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono.
A guerra fría foi un conflito semibélico, que enfrontou durante a segunda metade do século XX dous bloques antagónicos ideoloxicamente nunha guerra sen conflito directo pero con conflitos indirectos no que os dous bandos prestaban axuda ós diferentes continxentes, e con guerras de influencia e económicas. Durou do 1948 co Golpe de Praga ata 1991 coa disolución da Unión Soviética.
Organización das Nacións Unidas
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial. A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres).
A calor de cambio de estado é a enerxía requirida por unha substancia para cambiar de fase, de sólido a líquido (calor de fusión) ou de líquido a gasoso (calor de vaporización). Nótese que esta enerxía en forma de calor emprégase para o cambio de estado e non para un aumento de temperatura. Durante a mudanza de fase a temperatura da substancia non varía, aínda que si se modifica o seu estado de agregación.
Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares. Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874.
Organización sen fins lucrativos
Unha organización sen ánimo de lucro (OSAL), tamén denominada unha organización non lucrativa (ONL) ou unha organización sen fins de lucro (OSFL) é unha entidade cuxo fin non é a consecución dun beneficio económico. Adoitan ter a figura xurídica de asociación, fundación, mutualidade ou cooperativa (as cooperativas poden ter ou carecer de ánimo de lucro) e polo xeral reinvisten o excedente da súa actividade en obra social.
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros cordais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
En fonética, unha vogal (do latín vocalis) é un son da lingua falada que se produce ó expulsar aire, habitualmente mais non necesariamente facendo vibrar asemade as cordas vocais, e ó modificar o timbre, sen oclusión nin fricación, mediante a distinta posición que adopten os órganos da boca e do nariz no caso das vogais nasais e nasalizadas. As consoantes, pola súa banda, diferéncianse das vogais por unha constrición ou pechazón nun ou varios puntos do tracto bucal e/ou nasal. Tamén se pode definir a vogal como núcleo silábico.
Biodiversidade (neoloxismo do inglés biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), ou diversidade biolóxica, é a variedade de vida dun hábitat ou dun ecosistema, ou mesmo o conxunto presente na Terra. Este termo polo xeral refírese á riqueza de especies, inda que se pode referir tamén á variación a nivel xenético, fenotípico ou o presente en comunidades ou ecosistemas. A diversidade de especies do planeta actual supera os 10 millóns de especies, e meirande parte desta aínda non foi descrita.
O ferro (do latín ferrum) é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. A temperatura ambiente, o ferro atópase en estado sólido. É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de distintos procesos de transformación, é usado na forma de lingotes.
A enxeñaría xenética é un conxunto de técnicas, que forman parte da bioloxía molecular e teñen como obxecto a utilización dos coñecementos adquiridos en xenética para utilizar, reproducir, ou modificar o xenoma dos seres vivos. A miúdo ten por obxecto a modificación dos xenotipos, o que adoita producir a modificación dos fenotipos. A biotecnoloxía da manipulación xenética e transferencia de ADN dun organismo a outro, que posibilita a creación de novas variedades, a corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos.
A reprodución asexual é un modo de reprodución no cal a descendencia se orixina a partir dun só individuo, e só herda os xenes do seu proxenitor; esta reprodución case nunca afecta á ploidía (número de conxuntos de cromosomas). A descendencia é unha copia xenética exacta do proxenitor, excepto no caso específico da automixe. Outra definición máis estrita de reprodución asexual é a agamoxénese, que é unha reprodución sen a fusión de gametos.
Oklahoma (en cherokee: ᎣᎦᎳᎰᎹ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa, en cayuga: Gahnawiyoˀgeh) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella".
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
O corazón é un órgano muscular dos humanos e outros animais, que bombea o sangue a través dos vasos sanguíneos do sistema circulatorio. O sangue fornece o corpo de osíxeno e nutrientes, e tamén axuda á eliminación de residuos metabólicos. En humanos, o corazón atópase entre os pulmóns, no mediastino medio da cavidade torácica.
Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses.
Unha refinaría de petróleo é unha planta industrial destinada á refinación do petróleo, por medio da cal, mediante un proceso adecuado, se obteñen diversos combustibles fósiles capaces de ser utilizados en motores de combustión: gasolina, gasóleo etc. Ademais, e como parte natural do proceso, obtéñense diversos produtos tales como aceites minerais e asfaltos. O primeiro paso no proceso de refinación é a destilación atmosférica realizada nas unidades de cru.
As invasións bárbaras, período das grandes migracións ou migracións xermánicas é un período situado entre os século III e VII que afectou extensas rexións da zona temperada de Eurasia e acabou provocando a caída ou desestabilización de grandes imperios consolidados como o Romano, o Sasánida, o Gupta ou o Han. Nun sentido máis restrinxido, as denominacións "invasións bárbaras" ou "migracións xermánicas" son distintas denominacións historiográficas para o período histórico caracterizado polas migracións masivas de pobos denominados bárbaros ("estranxeiros", que non falaban unha lingua "civilizada" como o latín ou o grego) cara ao Imperio Romano, que chegaron a invadir grandes extensións deste, ocupándoas violentamente ou chegando a acordos políticos, e que foron a causa directa da caída do Imperio Romano de Occidente (a deposición do último emperador de Occidente produciuse en 476, aínda que o seu poder xa non era máis ca unha ficción xurídica). Tiveron lugar ao longo dun ciclo histórico de longa duración, entre os século III e VII, e afectaron case a totalidade de Europa e a conca do Mediterráneo, marcando a transición entre a Idade Antiga e a Idade Media que se coñece como antigüidade tardía.
O jazz (dʒæz; AFI: [/ʝas/] en galego) é un xénero musical nacido a finais do século XIX nas comunidades afroamericanas de Nova Orleáns (Luisiana) que se expandiu de forma global ao longo do século XX. A identidade musical do jazz é complexa e non pode ser delimitada con facilidade. En primeiro lugar, aínda que a miúdo o termo úsese para facer referencia a un idioma musical (tal como faise, por exemplo, cando se fala da música clásica), o jazz é en realidade unha familia de xéneros musicais que comparten características comúns, pero non representan individualmente a complexidade de xénero como un todo; en segundo lugar, as súas diversas "funcións sociais" (o jazz pode servir como música de fondo para reunións ou como música de baile, pero certos tipos de jazz esixen unha escoita atenta e concentrada) requiren un ángulo de estudo diferente; e en terceiro lugar, o tema racial sempre xerou un profundo debate sobre o jazz, moldeando a súa recepción por parte do público. Aínda que o jazz é un produto da cultura afroamericana, sempre estivo aberto a influencias doutras tradicións musicais variando coa mestura de culturas, e xa desde a década de 1920 foi executado por músicos de diversas partes do mundo cun transfondo moi diferente.
A teoría de números é a rama da matemática pura que se ocupaba inicialmente do estudo dos números enteiros e dos problemas aritméticos relacionados coa multiplicación e a división de enteiros. É chamada ás veces "A Raíña das Matemáticas" debido ó seu papel fundacional da disciplina. Os teóricos dos números estudan os números primos así como as propiedades de obxectos construídos a partir dos enteiros (e.g.
As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas que evolucionaron do latín vulgar entre os séculos III e VIII. Tamén son coñecidas como neolatinas ou romances. As cinco linguas románicas con maior número de falantes nativos son o castelán (480 millóns de falantes), o portugués (270 millóns), o francés (77 millóns), o italiano (65 millóns) e o romanés (24 millóns). Das principais lingua románicas, o italiano é a máis achegada ó latín, seguido polo castelán, o romanés e o portugués, sendo a máis diverxente o francés.
O ácido ribonucleico ou ARN (RNA nas súas siglas en inglés) é un tipo de ácido nucleico, unha molécula polimérica lineal formada por unidades menores chamadas nucleótidos. Intervén en varias funcións biolóxicas importantes como a codificación xenética, e a descodificación durante a tradución de proteínas, regulación e expresión dos xenes. É unha das macromoléculas esenciais para a vida, xunto co ADN, as proteínas, os lípidos e os carbohidratos.
A linguaxe (do provenzal lenguatge e do latín lingua) é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a lingua de sinais.
O neutrón é unha partícula subatómica sen carga neta, presente no núcleo atómico de practicamente todos os átomos, excepto o protio. Aínda que se di que o neutrón non ten carga, en realidade está composto por tres partículas fundamentais cargadas, chamadas quarks, cuxas cargas sumadas son cero. Un neutrón é un barión neutro formado por dous quarks down e un quark up.
En matemáticas, o sistema numérico de cuaternións estende os números complexos. Os cuaternións foron descritos por primeira vez polo matemático irlandés William Rowan Hamilton en 1843 e aplicados á mecánica no espazo tridimensional. A álxebra dos cuaternións adoita denotarse por H (por Hamilton), ou por H .
Tomografía por emisión de positróns
A tomografía por emisión de positróns, tamén coñecida polas súas siglas en inglés PET (Positron Emission Tomography) é unha técnica de imaxe médica da Medicina Nuclear que nace na década dos 1970 pero non chega a clínica até os anos 90. O primeiro PET que chegou a Galiza foi o do Hospital Modelo da Coruña; posteriormente o primeiro público foi parar o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. A técnica PET baséase na inxección dun trazador radioactivo por vía intravenosa entre 1h e 2h antes de obter a imaxe.
Regulación da expresión xénica
Ver tamén expresión xénica. A regulación da expresión xénica ou regulación xénica comprende todos aqueles procesos que afectan á expresión dun xene a nivel de tradución ou transcrición, controlando a produción dos seus produtos funcionais. A regulación da expresión xenética inclúe un amplo rango de mecanismos que as células usan para incrementar ou diminuír a produción de produtos xénicos específicos (proteínas ou ARNs).
O Imperio Otomán (en turco moderno: Osmanlı İmparatorluğou ou Osmanlı Devleti), oficialmente Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía polos seus contemporáneos, aínda que os gobernantes osmanlíes xamais utilizaron ese nome para referirse ao seu Estado. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.
Dua Lipa, nada en Londres, Inglaterra, o 22 de agosto de 1995, é unha cantante, compositora e modelo británica de orixe albanokosovar. A súa carreira musical iniciouse aos 14 anos, cando comezou a versionar cancións doutros artistas en YouTube. En 2015 asinou coa discográfica Warner Music Group e aos 20 anos lanzou o seu primeiro sinxelo «New Love», seguido polo exitoso «Be the One».
En física chámaselle permeabilidade magnética á capacidade dunha substancia ou medio para atraer e facer pasar ó seu través campos magnéticos. Así pois, permeabilidade magnética mide a habilidade dun material para soportar a formación dun campo magnético no seu interior. Polo tanto, é o grao de magnetización que un material consegue en resposta dun campo magnético aplicado.
A teoría do floxisto é unha teoría científica xa superada, cuxo postulado principal é a existencia dun elemento tipo lume chamado floxisto, que estaría contido dentro de corpos combustíbeis e que se liberaría durante a combustión. O nome provén do grego antigo φλογιστόν phlogistón (queimado), desde φλόξ phlox (chama), e significa inflamábel. En 1667, Johann Joachim Becher fixo unha primeira aproximación ao concepto, que foi desenvolvido polo químico e médico alemán Georg Ernst Stahl en 1703.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 221.282.
O Mar Caspio é a masa de auga pechada máis grande do mundo, a miúdo descrita como o lago máis grande do mundo ou un mar en toda regra. É unha conca endorreica situada entre Europa e Asia: ao leste do Cáucaso, ao oeste da ampla estepa da Asia Central, ao sur das fértiles chairas do sur de Rusia na Europa Oriental e ao norte da montañosa meseta iraniana da Asia Occidental. Ten unha superficie de 371 000 km2 (excluída a lagoa altamente salina de Kara Bogaz Gol, ao leste), unha superficie aproximadamente igual á de Xapón, cun volume de 78 200 km3 con características comúns tanto cos mares como cos lagos.
Oligarquía (do grego ολιγαρχία, de olígoi, poucos, e arché, goberno) significa, literalmente, goberno de poucos. Porén, como aristocracia significa, tamén, goberno de poucos -neste caso, os mellores-, tense, por oligarquía, o goberno en beneficio propio dun grupo reducido de persoas que pertencen a unha clase social privilexiada. Logo, o termo oligarquía presenta un contido eticamente negativo ó denominar ó goberno dos ricos, mais tamén pode indicar o goberno de poucos mantido pola intimidación, como no caso da oligarquía militar.
A homeostase (do latín científico homeostasis; do grego ὅμοιος hómoios 'similar', 'semellante' e στάσις stásis 'posición', 'estabilidade' ) é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.
Os aborixes australianos son, xunto cos insulares do estreito de Torres, os descendentes dos primeiros habitantes do continente australiano e as súas illas adxacentes. Segundo a lexislación australiana, ámbolos dous pobos constitúen o conxunto dos pobos indíxenas do país. O territorio tradicional dos aborixes esténdese por toda Australia, Tasmania e as Illas do estreito de Torres.
A Realimentación negativa ou retroalimentación negativa é un mecanismo de control onde o valor da saída do sistema se combina co da entrada para producir un resultado estábel. Se a saída do sistema aumenta, a realimentación fará que tenda a baixar e se baixa tenderá a facela subir, estabilizándose o resultado.