Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A síndrome de Turner (ST) xeralmente coñecida tamén como 45,X ou 45,X0, é un trastorno cromosómico no cal as células de mulleres teñen só un cromosoma X en vez de dous, ou perderon parcialmente un dos cromosomas X (monosomía dos cromosomas sexuais) que leva á deleción completa ou parcial das rexións pseudoautosómicas (PAR1, PAR2) no cromosoma X afectado. O normal é que as persoas teñan dous cromosomas sexuais (XX as mulleres e XY os homes). A miúdo a anormalidade cromosómica está presente só nalgunhas células, e nese caso deomínase síndrome de Turner con mosaicismo.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
Radio Clásica é unha emisora de radio española de ámbito estatal pertencente á cadea pública Radio Nacional de España. Naceu o 22 de novembro de 1965 baixo o nome de Segundo Programa de RNE. Tras ser renomeada Radio 2, en 1994 adopta a súa denominación actual. Os contidos da emisora céntranse fundamentalmente na música clásica, aínda que tamén conta con programas especializados noutras músicas que non teñen cabida nas radios comerciais: folclore, jazz, flamenco, zarzuela, ópera e cancións populares.
A praia dos afogados é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, adaptación da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. Foi estreado o 10 de outubro de 2015 en 110 salas de España, 20 delas en Galicia, nunha versión dobre, en galego e en castelán. Está protagonizado por Carmelo Gómez, que interpreta o detective Leo Caldas, Pedro Alonso no papel de Valverde, e Luis Zahera como Arias.
Sebastião Ribeiro Salgado, nado en Aimorés, Minas Xerais, o 8 de febreiro de 1944 e finado en París o 23 de maio de 2025, foi un fotógrafo brasileiro. Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores en castelán. A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950. Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias liñas creativas.
Cristina Castaño Gómez, nada en Vilalba o 30 de novembro de 1978, é unha actriz galega. Fíxose coñecida en Galicia polo seu papel de Paula Barreiro na serie de éxito Pratos combinados e no resto de España polos seus traballos en Al salir de clase e La que se avecina. É irmá do tamén actor Nacho Castaño e sobriña do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.
Salvador Vilar Braamcamp Sobral, nado o 28 de decembro de 1989 en Lisboa, é un cantante portugués. Representou ao seu país no Festival de Eurovisión 2017 e gañou con 785 puntos, converténdose no primeiro gañador de Portugal no festival dende que comezou a participar no ano 1964. Presentouse coa canción "Amar pelos dois" ("Amar polos dous"), escrita pola súa irmá Luísa.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, que está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Santoalla do Monte é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o IGE, en 2016 tiña 7 habitantes (3 mulleres e 4 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña tamén 7 habitantes. É unha das localizacións de Sempre Xonxa e é a localización case única do documental Santoalla, no que se inspirou o filme As bestas.
A discriminación (do latín discriminare, que alude a seleccionar algo ou a alguén excluíndo aos demais) consiste en dar trato de inferioridade a unha persoa por causas inxustificadas. Por outra banda, a discriminación positiva é un neoloxismo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 221.538.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Grande Incendio de Londres foi un incendio de grandes proporcións que arrasou a cidade de Londres (Inglaterra) desde o domingo 2 de setembro até o mércores 5 de setembro de 1666. O lume destruíu a cidade medieval dentro da vella muralla romana da cidade. Ameazou, pero non chegou, ao distrito aristocrático de Westminster, o Palacio de Whitehall de Carlos II, e a maioría dos asentamentos suburbanos.
Cidade Ho Chi Minh (en lingua vietnamita Thành Phố Hồ Chí Minh) ou Saigón (Sài Gòn) é unha cidade do sur de Vietnam, a maior do país. Enclavada no norte do delta do Mekong e no oeste da desembocadura do río Saigón, baixo o nome khemer , foi o principal porto de Camboxa antes da anexión da zona polos vietnamitas no século XVII. Baixo o nome de Saigón foi capital do protectorado francés da Cochinchina ata 1954 e logo pasou a ser a capital de Vietnam do Sur despois da independencia ata 1975. Dende entón conservou un aire cosmopolita con forte presenza occidental.
Tribunal Internacional de Xustiza
O Tribunal Internacional de Xustiza (TIX), tamén chamado Corte Internacional de Xustiza (CIX); (francés: Cour internationale de justice, CIJ), ou coloquialmente Tribunal Mundial, é o único tribunal internacional que xulga disputas xerais entre nacións e emite opinións consultivas sobre cuestións de dereito internacional. É un dos seis órganos das Nacións Unidas (ONU), e ten a súa sede na Haia, Países Baixos. O TIX é a sucesor da Corte Permanente de Xustiza Internacional (CPXI), que foi creada en 1920 pola Sociedade de Nacións.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
The Transexual Menace, ou The Menace, é unha organización activista polos dereitos trans fundada en Nova York en 1993. Foi o primeiro grupo de acción directa da súa clase, e medrou ata converterse nunha organización a nivel nacional con 24 seccións locais. Despois dun período de pausa, The Menace regresou en 2025 como resposta ás políticas transfóbicas feitas polo presidente Donald Trump e outros políticos.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Foro do bo burgo de Castro Caldelas
O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é un documento redactado en galego en abril de 1228 por un notario da vila de Allariz.. Neste texto o rei Afonso VIII outorga ós cidadáns desta poboación os seus foros e regula o seu réxime.
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
O Associazione Calcio Milan, habitualmente chamado A.C. Milan, ou simplemente Milan, é un club de fútbol italiano da cidade de Milán, que participa na Serie A. Xoga con listras vermellas e negras e calzón negro, gañando por iso o sobrenome de rossoneri ("vermello-negros"). É o segundo equipo con máis logros na historia do fútbol italiano, con 18 títulos da Serie A, 5 Copas de Italia e 7 Supercopas de Italia. Internacionalmente, é o terceiro equipo con máis títulos (18), só por detrás do Real Madrid e do Al-Ahly, e empatado co Boca Juniors.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
A historia do Reino Unido abrangue a historia do Reino Unido e a dos seus estados predecesores. O Reino Unido é o estado soberano constituído polos territorios históricos de Gran Bretaña: Inglaterra, Escocia e Gales, así como Irlanda do Norte, no nordeste da illa de Irlanda. O Reino Unido posúe ademais tres Dependencias da Coroa e catorce territorios de ultramar que non son constitucionalmente parte do estado.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).