Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un actor, director e guionista de cinema galego. En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de extremo dereito e lateral dereito no Real Madrid. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 23 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións, catro Mundiais de Clubs e unha Copa Intercontinental da FIFA. Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007.
A síndrome de Turner (ST) xeralmente coñecida tamén como 45,X ou 45,X0, é un trastorno cromosómico no cal as células de mulleres teñen só un cromosoma X en vez de dous, ou perderon parcialmente un dos cromosomas X (monosomía dos cromosomas sexuais) que leva á deleción completa ou parcial das rexións pseudoautosómicas (PAR1, PAR2) no cromosoma X afectado. O normal é que as persoas teñan dous cromosomas sexuais (XX as mulleres e XY os homes). A miúdo a anormalidade cromosómica está presente só nalgunhas células, e nese caso deomínase síndrome de Turner con mosaicismo.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Galicia de noite foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xerardo Rodríguez Rodríguez que se emitiu no ano 1986, consistía en actuacións musicais e entrevistas e faladoiros de actualidade, estaba inspirado noutro programa de radio de igual nome que tamén presentaba Xerardo Rodríguez en Radio Popular de Vigo.
Feiras de cans de caza de Arzúa
As Feiras de Cans de Caza de Arzúa foron un evento pioneiro en España, celebrado entre 1988 e 2009 na vila galega de Arzúa (provincia da Coruña), dedicado á exposición, venda e promoción de cans de caza. Ao longo de máis de dúas décadas, convertéronse nun referente estatal para criadores, cazadores e afeccionados, destacando pola súa orixinalidade e impacto no sector cinexético.
Cristina Castaño Gómez, nada en Vilalba o 30 de novembro de 1978, é unha actriz galega. Fíxose coñecida en Galicia polo seu papel de Paula Barreiro na serie de éxito Pratos combinados e no resto de España polos seus traballos en Al salir de clase e La que se avecina. É irmá do tamén actor Nacho Castaño e sobriña do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Grande Incendio de Londres foi un incendio de grandes proporcións que arrasou a cidade de Londres (Inglaterra) desde o domingo 2 de setembro até o mércores 5 de setembro de 1666. O lume destruíu a cidade medieval dentro da vella muralla romana da cidade. Ameazou, pero non chegou, ao distrito aristocrático de Westminster, o Palacio de Whitehall de Carlos II, e a maioría dos asentamentos suburbanos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Sebastião Ribeiro Salgado, nado en Aimorés, Minas Xerais, o 8 de febreiro de 1944 e finado en París o 23 de maio de 2025, foi un fotógrafo brasileiro. Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
O deseño web é unha actividade que consiste na planificación, deseño, posta en funcionamento e mantemento de sitios web. Non é simplemente a introdución do deseño convencional xa que se abarcan diferentes aspectos como o deseño gráfico web, deseño de interface e experiencia de usuario, como a navegabilidade, interactividade, usabilidade, arquitectura da información; interacción de medios, entre os que podemos mencionar son, texto, imaxe, ligazóns, vídeo e a optimización de motores de procura. A miúdo moitas persoas traballan en equipos que cobren os diferentes aspectos do proceso de deseño, aínda que existen algúns deseñadores independentes que traballan sós.
Os celtas son un conxunto de pobos indoeuropeos de Europa identificados polo uso das linguas celtas e outras semellanzas culturais. A historia da Europa precelta e a relación exacta entre os diferentes grupos étnicos, lingüísticos e culturais dentro do espazo celta é tema de debate e controversia. Por outra banda, o alcance xeográfico dos antigos celtas tamén está en disputa; particularmente, se os habitantes da Idade de Ferro de Gran Bretaña e Irlanda así coma os da Gallaecia deberían ser considerados ou non como celtas.
Juan Moreno y Herrera Jiménez, nado en Casablanca (Marrocos) o 30 de xullo de 1948, é un actor de cinema, televisión e teatro francés de ascendencia española, máis coñecido como Jean Reno. Comezou a súa carreira rodando películas francesas e participou en numerosos filmes de Luc Besson, dous dos cales foron determinantes na súa traxectoria profesional: Le Grand Bleu e Léon. Os seus traballos desenvólvense tanto en francés coma en inglés, sabendo tamén falar español.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 221.559.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Mosteiro de Santa María da Armenteira
O mosteiro de Santa María da Armenteira é un mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter. Sitúase na parroquia de Santa María da Armenteira, no concello pontevedrés de Meis. O seu estilo arquitectónico responde aos preceptos do Plano Bernardino baseado na austeridade formal e o rigor funcional.
Ladislao Mazurkiewicz Iglesias, nado en Piriápolis, Maldonado, Uruguai, o 14 de febreiro de 1945 e finado en Montevideo o 2 de xaneiro de 2013, foi un futbolista uruguaio. De orixe polaca e galega, contaba cunha grande axilidade e reflexos, sendo considerado o mellor porteiro uruguaio de todos os tempos e un dos mellores da historia do fútbol. Xogou en equipos de cinco países, brillando especialmente no Peñarol, co que gañou catro campionatos uruguaios.
O xabaril (do árabe djabalí) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evolucionou o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable.
Abu Zayd 'Abd al-Rahman ibn Muhammad ibn Khaldún al-Hadrami (عبد الرحمن بن محمد بن خلدون الحضرمي), coñecido como Ibn Khaldún ou Ibn Jaldún nado en Tunisia o 27 de maio de 1332 (732 da héxira) e finado no Cairo o 19 de marzo de 1406 (808 da héxira) foi un famoso sociólogo, filósofo e historiador árabe norte-africano. amplamente recoñecido como un dos máis grandes científicos sociais da Idade Media, e considerado por moitos o pai dos estudos de historiografía, socioloxía, economía e demografía. O seu libro máis coñecido, e o Muqaddimah ou Prolegómenos («Introdución»), que escribiu en seis meses, segundo afirma na súa autobiografía, influíu en historiadores otománs dos séculos XVII e XIX como Kâtip Çelebi, Mustafa Naima e Ahmed Cevdet Pasha, que utilizaron as súas teorías para analizar o crecemento e declive do Imperio otomán.
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción') é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».
A micción é un proceso polo que a mexa urinaria se baleira de ouriños cando está chea. A vexiga urinaria ou mexa (que en estado baleira se atopa comprimida polos demais órganos) énchese de a pouco até que a tensión das súas paredes se eleva por enriba dun valor limiar e entón se desencadea un reflexo neuróxeno chamado reflexo miccional que provoca a micción (mexar), e se non se consegue, polo menos produce o desexo consciente de mexar. O proceso da micción é, na maioría das veces, controlado voluntariamente.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os crustáceos (Crustacea) son un extenso subfilo de artrópodos, con máis de 67 000 especies (e sen dúbida aínda faltan por descubrir até cinco ou dez veces este número). O subfilo inclúe varios grupos de animais tan coñecidos como as lagostas, as centolas, os camaróns, os cangrexos, as nécoras e os percebes. Os crustáceos son fundamentalmente acuáticos e habitan en todas as profundidades, tanto no medio mariño, como nas augas salobres e doces; uns poucos colonizaron o medio terrestre, como as cochinillas da humidade (isópodos) e certos cangrexos.
Lista de países por superficie
Esta é unha lista dos países do mundo e dos seus territorios dependentes por superficie, clasificados por superficie total. As unidades son quilómetros cadrados. As entradas desta lista inclúen, entre outras, as que están no estándar ISO 3166-1, que inclúe estados soberanos e territorios dependentes.
O planeta dos simios (filme de 1968)
O planeta dos simios (en inglés: Planet of the Apes) é un filme dirixido por Franklin J. Schaffner que se estreou en 1968. Baséase na novela O planeta dos simios de Pierre Boulle.