Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un actor, director e guionista de cinema galego. En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A síndrome de Turner (ST) xeralmente coñecida tamén como 45,X ou 45,X0, é un trastorno cromosómico que se dá en mulleres cuxas células teñen un só cromosoma X en vez de dous, ou perderon parcialmente un dos cromosomas X (monosomía dos cromosomas sexuais) o que causou a deleción completa ou parcial das rexións pseudoautosómicas (PAR1, PAR2) no cromosoma X afectado. O normal é que as persoas teñan dous cromosomas sexuais (XX as mulleres e XY os homes). A miúdo nesta síndrome a anormalidade cromosómica está presente só nalgunhas células, e nese caso deomínase síndrome de Turner con mosaicismo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, nado en Forcarei o 12 de outubro de 1954 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1995, foi un cineasta galego. Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega.
Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un exfutbolista e adestrador vasco. Dende outubro de 2022 adestra o Bayer Leverkusen da Bundesliga. Xogaba na posición de centrocampista e foi 114 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A disxenesia gonadal XY completa, tamén coñecida como síndrome de Swyer ou síndrome da femia XY, é un tipo de defecto de hipogonadismo que se dá en persoas cun cariotipo 46,XY con moitas características femininas pero cos cromosomas XY tipicamente masculinos. Aínda que estas persoas normalmente teñen vulvas, e xeralmente vaxina, útero e trompas de Falopio, non desenvolven gónadas, senón no seu lugar un tecido fibroso (gónada disxenésica), e se se deixan sen tatar, non experimentan a puberdade nin adquiren as conseguintes características sexuais secundarias femininas. A causa é a falta ou a inactivación do xene SRY, que é responsable da diferenciación sexual masculina.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión). Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións.
A AC-442 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Berdeogas (Dumbría) e A Boudañeira (Dumbría); atravesa os concellos de Dumbría e Vimianzo. Ten unha lonxitude de 3,86 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Berdeogas (Dumbría) e finaliza nun cruzamento coa AC-441 na Boudañeira (Dumbría).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Bangkok, coñecida oficialmente en tailandés como Krung Thep Maha Nakhon e coloquialmente como Krung Thep, é a capital e meirande cidade de Tailandia. A cidade abrangue 1.568,7 km2 e está localizada na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Posúe unha poboación de 10 millóns de habitantes segundo datos de 2024, é dicir, o 13% da poboación do país.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Filomena Dato Muruais, nada en Ourense o 26 de xullo de 1856 e finada na Coruña o 27 de febreiro de 1926, foi unha poetisa e escritora galega do Rexurdimento (na segunda metade do século XIX). Viviu en Galicia toda a súa vida, participando en numerosos movementos e iniciativas de reivindicación da cultura galega e de liberación da estigmatización da muller. A súa obra máis destacada é Follatos, que xunto a Cantares gallegos e Follas novas de Rosalía de Castro, foron os únicos libros en galego publicados por mulleres no século XIX, os tres de poesía.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
Xamaica (/dʒəˈmeɪkə/; en inglés e oficialmente Jamaica) é un país insular situado no mar Caribe. Cunha extensión de 10 990 km², 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho, é a terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e Hispaniola). Xamaica atópase a 630 km do continente centroamericano, a uns 145 km.
Abu Zayd 'Abd al-Rahman ibn Muhammad ibn Khaldún al-Hadrami (عبد الرحمن بن محمد بن خلدون الحضرمي), coñecido como Ibn Khaldún ou Ibn Jaldún nado en Tunisia o 27 de maio de 1332 (732 da héxira) e finado no Cairo o 19 de marzo de 1406 (808 da héxira) foi un famoso sociólogo, filósofo e historiador árabe norte-africano. amplamente recoñecido como un dos máis grandes científicos sociais da Idade Media, e considerado por moitos o pai dos estudos de historiografía, socioloxía, economía e demografía. O seu libro máis coñecido, e o Muqaddimah ou Prolegómenos («Introdución»), que escribiu en seis meses, segundo afirma na súa autobiografía, influíu en historiadores otománs dos séculos XVII e XIX como Kâtip Çelebi, Mustafa Naima e Ahmed Cevdet Pasha, que utilizaron as súas teorías para analizar o crecemento e declive do Imperio otomán.
A política é o conxunto de actividades que se asocian coa toma de decisións en grupo, ou outras formas de relacións de poder entre individuos, como a distribución de recursos ou o status. Tamén é a arte, doutrina ou práctica referente ao goberno dos Estados, promovendo a participación cidadá ao posuír a capacidade de distribuír e executar o poder segundo sexa necesario para garantir o ben común na sociedade. Pode usarse positivamente no contexto dunha "solución política" que sexa comprometedora e non violenta, ou descriptivamente como "a arte ou a ciencia do goberno", pero a miúdo tamén ten unha connotación negativa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Fonte do Araño é unha canción de Emilio Cao, publicada orixinalmente en 1977, que pertence ao albúm homónimo. Nun principio Emilio Cao, Bernardo Martínez e Xoan Piñón gravaron a maqueta nun magnetófono de bobina aberta en Foz; para a versión final do disco, nun estudio de gravación en Madrid, uníronse Xosé V. Ferreirós e Antón Seoane.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de extremo dereito e lateral dereito no Real Madrid. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 23 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións, catro Mundiais de Clubs e unha Copa Intercontinental da FIFA. Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
Santa Lucía (UK: /sənt luːˈsiːə, -ˈluːʃə/, US: /seɪnt ˈluːʃə/; francés: Sainte-Lucie) é un pequeno país insular das Indias Occidentais no leste do mar Caribe no límite co océano Atlántico. A illa chamábase anteriormente Iyonola, o nome dado á illa polos nativos arauacos, e máis tarde Hewanorra, o nome dado á illa polos nativos caribes, dous pobos amerindios separados. Parte das Illas de Barlovento das Antillas Menores, está situada ao norte/nordés da illa de San Vicente, ao noroeste de Barbados e ao sur da Martinica.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que se estreou en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Desde 2023 está incluída como modalidade federativa dentro da categoría deportes autóctonos: chave e billarda. Desde esta iniciativa varios partidos foron televisados na TVG. Existen moitas modalidades de chave en Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade.
Os crustáceos (Crustacea) son un extenso subfilo de artrópodos, con máis de 67 000 especies (e sen dúbida aínda faltan por descubrir até cinco ou dez veces este número). O subfilo inclúe varios grupos de animais tan coñecidos como as lagostas, as centolas, os camaróns, os cangrexos, as nécoras e os percebes. Os crustáceos son fundamentalmente acuáticos e habitan en todas as profundidades, tanto no medio mariño, como nas augas salobres e doces; uns poucos colonizaron o medio terrestre, como as cochinillas da humidade (isópodos) e certos cangrexos.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Bratislava (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten 432.864 habitantes (2018) e queda á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.
Unha letra é cada un dos símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura. Os signos de certas escrituras, como algunhas moi antigas, son chamados silabogramas se describen unha sílaba, ideogramas se reflicten unha idea (ás veces parte dunha palabra) ou logogramas se reflicten unha palabra ou oración, como algúns xeroglíficos. Unha palabra é o conxunto formado por unha ou máis letras con significación semántica.
Denes nad Makedonija (en macedonio: Денес Над Македонија/Hoxe sobre Macedonia) é o himno nacional de Macedonia do Norte. Foi adoptado por primeira vez pola República Socialista de Macedonia, parte de Iugoslavia, tras concluír a segunda guerra mundial. O himno conservouse trala independencia do país.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.