Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Un nociceptor (literalmente, 'receptor da dor', do latín nocere, 'danar, magoar') é un tipo de neurona sensorial que responde a estímulos que causan ou poden causar dano enviando sinais da presenza dunha "posible ameaza" á medula espiñal e cerebro. O cerebro crea a sensación de dor para dirixir a atención a esa parte do corpo, para que a ameaza poida ser mitigada; este proceso chámase nocicepción.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Consello de Europa é a organización internacional da "Grande Europa" (47 Estados membros (en comparación cos 28 da Unión Europea), con 800 millóns de habitantes), co obxectivo de promover a democracia, os Dereitos Humanos, a identidade cultural europea e a procura de solucións aos problemas das sociedades de Europa. A súa sede é en Estrasburgo, fundándose en 5 de maio de 1949 polo Estatuto de Londres. O Consello de Europa engloba tamén as áreas asiáticas dalgúns dos seus membros: Azerbaidján, Armenia, Chipre, Xeorxia, Rusia e Turquía.
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas. Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Coalición Democrática (CD) foi unha coalición electoral española formada en 1979 para concorrer ás eleccións xerais, trala aprobación da Constitución en decembro do ano anterior. Nun primeiro momento adoptou o nome de Confederación Democrática Española. A coalición agrupaba a diversos partidos de centro dereita: Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Ciudadana Liberal, de José María de Areilza e Alfonso Osorio, Partido Demócrata Progresista, Renovación Española e Partido Popular de Cataluña, de Luis Montal.
Intercambio de claves Diffie-Hellman
O protocolo de intercambio de claves Diffie-Hellman foi o primeiro algoritmo de clave pública. Foi desenvolvido por Whitfield Diffie e Martin Hellman en 1976, e baséase nas propiedades dos logaritmos discretos. É un protocolo de intercambio de clave simétrica, é dicir, emprégase para acordar unha clave común, K {\displaystyle K} , entre interlocutores, pero non para cifrar e descifrar.
Os áfidos son un amplo grupo de insectos que constitúen a superfamilia Aphidoidea (afidoideos), cuxa única familia viva nas clasificacións modernas é Aphididae (afídidos), os máis comúns dos cales se denominan comunmente pulgóns. Son pequenos insectos que zugan os zumes internos das plantas, que poden ser importantes pragas e están entre os insectos máis destrutivos para a agricultura nas rexións temperadas, polo que son grandes inimigos de granxeiros e xardineiros. Moitas especies son de cor verde pero outras especies comúns poden ser brancas e de aspecto lanoso, marróns ou negras.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.363.
A guerra é un conflito armado entre estados, gobernos, sociedades ou grupos paramilitares como mercenarios, insurxentes e milicias. Caracterízase xeralmente por unha violencia extrema, destrución e mortalidade, utilizando forzas armadas regulares ou irregulares. Aínda que algúns estudosos de belicoloxía consideran que a guerra é un aspecto universal e ancestral da natureza humana, outros argumentan que é o resultado de circunstancias socioculturais, económicas ou ecolóxicas específicas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
O termo Pato é unha ave da familia dos anátidos, pode referirse a: Especies zoolóxicas O pato americano, a especie Cairina moschata; O pato asubión ou asubiador, a especie; O parrulo boreal, a especie Aythya marila; O parrulo bóla, a especie Aythya affinis; O pato careto (ou ollodourado), a especie Bucephala clangula; O pato castaño, a especie Aythya nyroca; O pato chupón, a especie Aythya ferina; O pato cincento ou pato cinsento, a especie Anas strepera; O parrulo cristado, a especie Aythya fuligula; O parrulo de colar, a especie Aythya collaris; O pato cullerete ou cullerete, a especie Spatula clypeata; O pato falcado, a especie Anas falcata; O pato frisado, a especie Anas strepera; O pato louro, a especie Netta rufina; O pato mandarín, a especie Aix galericulata; O pato rabilongo ou pato rabudo, a especie Anas acuta; O pato rubio, a especie Netta rufina; O pato sombrío, a especie Anas rubripes; O piollo pato, especie de insecto. Amais, como apelido, pode referirse a: Chus Pato, ou María Xesús Pato Díaz (Ourense, 1955), poetisa e académica; Cristina Pato (Ourense, 1980), cantante; Claudio Pato, ou Claudio Luís Pato Díaz (Ourense, 1962), poeta; Alfredo Caamaño Pato, ou José Alfredo Manuel Caamaño Pato, coñecido como Alfredito (Negreira, 1897), avogado e político; Rosa Marta Gómez Pato (Ourense, 1972), tradutora e profesora universitaria; Raúl Gómez Pato (Ourense, 1966), un poeta e tradutor; Catuxa López Pato (O Rosal, 1973), tradutora e política; Sabela López Pato (Ourense, 1975), historiadora da arte; Víctor Naveira Pato (m. Betanzos, 1928), político.
Luperca é o nome da loba que segundo a mitoloxía romana aleitou a Rómulo e Remo, fundadores de Roma, cando estes foron mandados a matar o rei Amulio. Actualmente a estatua dedicada a ela, chamada a «loba capitolina» (lupa capitolina en italiano), consérvase no museo do Capitolio romano (Museos Capitolinos). A cronoloxía da figura da loba foi moi discutida; segundo a tradición a escultura da loba sería etrusca, aínda que se estima que data da Idade Media, mentres as estatuas dos nenos Rómulo e Remo foron creadas e engadidas en 1471.
Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A danza é unha arte que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música. É unha das principais artes escénicas da antigüidade, ao lado do teatro e da música. É o movemento estático e en desprazamento que sucede no espazo e o tempo que se realiza cunha parte e todo o corpo do executante, con certo compás ou ritmo como expresión de sentimentos individuais ou de símbolos da cultura e a sociedade.
Tweetie Pie é unha curtametraxe estadounidense de animación estreada en 1947 e dirixida por Friz Freleng. A historia orixinal foi escrita por Tedd Pierce e Michael Maltese. Está protagonizado por Mel Blanc e Bea Benaderet, e conta a historia de Tweety e Sylvester, que nesta curta recibe o nome de "Thomas".
A estatística é unha colección de métodos que axudan a describir, resumir, interpretar e analizar datos. As conclusións tiradas dos datos son vitais en ámbitos tan diversos coma a investigación, a administración ou os negocios. Independentemente do campo onde se estea aplicando, é importante que a recollida de datos se faga dun xeito que permita a súa análise.
O Ultra-Trail du Mont Blanc (denominado tamén UTMB) é un ultramaratón de montaña, iniciado en 2003, que segue o percorrido do Tour du Mont Blanc. A carreira iníciase e finaliza en Chamonix e percorre os Alpes, atravesando Francia, Italia e Suíza. Cunha distancia de 176 km e un desnivel positivo duns 10.000 metros, está considerada a carreira de trail running máis prestixiosa do mundo.
Colmenar Viejo é unha estación de ferrocarril que se atopa no concello español de Colmenar Viejo, na Comunidade de Madrid. As instalacións atópanse ao sur do concello e forman parte da liña C-4 de Proximidades Madrid. A estación constitúe de facto a terminal dos servizos de viaxeiros que operan na liña Madrid-Burgos na súa sección inicial.
O cubo de Rubik (ou tamén chamado o cubo máxico) é un puzzle mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernő Rubik no ano 1974. Orixinalmente foi chamado "o cubo máxico" polo seu inventor, pero o nome foi trocado máis adiante por Ideal Toys en 1980 a "cubo de Rubik". Neste mesmo ano, gañou o premio alemán de "Xogo do Ano" (Spiel des Jahres).
Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas de 2023
O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas de 2023 foi o 24 Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se levou a cabo en Badaxoz do 24 de xullo ao 29 de xullo de 2023. Unhas 230 persoas participaron no Encontro. Foi a segunda vez que Estremadura acollía o Encontro.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Azerbaidján e Turkmenistán, con Kazakhstán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
A terapia xénica consiste en enviar unha molécula de ácido nucleico ao interior das células do paciente para que funcione como un fármaco que sirva para tratar a súa doenza. O ácido nucleico poden ser expresado como proteínas, interferir coa expresión de proteínas, ou corrixir mutacións xenéticas. A forma máis común de terapia xénica utiliza ADN que codifica un xene terapéutico funcional que substituirá a un xene mutado do paciente, que lle está a causar unha doenza xenética.
A radiación electromagnética é unha combinación de campos eléctricos e magnéticos oscilantes e perpendiculares entre si que se propagan a través do espazo transportando enerxía dun lugar a outro. A luz visíbel é unha das partes da radiación electromagnética. A diferenza doutros tipos de onda, como o son, que necesitan dun medio material para propagarse, a radiación electromagnética pódese propagar no baleiro.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael, nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento italiano. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes achegas na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos. Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dándose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo.
A caraveleira (Dianthus caryophyllus), é unha planta herbácea pertencente á familia Caryophyllaceae de 1 m de altura con follas angostas, opostas e envaíñadoras. Cultívase profesionalmente en invernadoiros para obtención de flor cortada e coma planta ornamental en xardíns particulares polas súas flores vistosas: os caraveis. Tamén recibe o nome de caravel da onza ou caravel rebentón.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da Península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
O xiz (provén do grego gupsos, ou ‘xeso’, tomado a través do latín gypsum, i) é un tipo de arxila calcaria, sedimentaria, de textura fina e terrosa que se distingue pola súa cor clara, e pola suavidade e alta porosidade. É unha forma de calcita e orixinariamente formouse nas profundidades do mar pola compresión do plancto microscópico que se asentara no fondo mariño.