Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A AC-400 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sigrás (Cambre) e Muros; atravesa os concellos de Cambre, Culleredo, A Laracha, Cerceda, Tordoia, Carballo, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Outes, Carnota e Muros. Ten unha lonxitude de 89,74 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Muros.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
Lactiplantibacillus plantarum (antes chamado Lactobacillus plantarum) é un membro moi espallado do xénero Lactiplantibacillus atopado frecuentemente en moitos produtos alimenticios fermentados así como en materia vexetal en anaerobiose. L. plantarum foi illado primeiramente da saliva. Baseándose na súa capacidade de persistir temporalmente en plantas, no intestino dos insectos e no tracto intestinal dos vertebrados, foi designado como un organismo nómade.
As cobras son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e carentes de patas pertencentes á suborde Serpentes. Como tódolos escamosos, as cobras son vertebrados amniotas ectotermos cubertos por escamas superpostas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles.
Wehrmacht (escoitar pronunciación) é o nome que recibiron as forzas armadas alemás, xurdidas en 1935, tras a disolución da Reichswehr, por parte do réxime Nazi. Durante a segunda guerra mundial, a Wehrmacht consistía no exército (Heer), a mariña (Kriegsmarine), a forza aérea (Luftwaffe) e a Waffen-SS, engadíndose ocasionalmente unidades da Sturmabteilung (SA).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O ido é unha lingua planificada coa premisa de servir como linguaxe universal para os falantes das diversas linguas naturais. O ido desenvolveuse a partir do esperanto, especificamente deseñado cunha regularidade gramatical, ortográfica e léxica para facilitar a súa aprendizaxe. O alfabeto é fonético, o que significa que a cada son corresponde só unha letra, e viceversa.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Azerbaidján e Turkmenistán, con Kazakhstán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista.
O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio.
Departamentos e territorios de ultramar de Francia
Os Departamentos e territorios de ultramar de Francia (francés: departamentos et territoires d'outre-mer, coloquialmente coñecidos como o DOM-TOM [ dɔmtɔm ]) son todos os territorios franceses administrados fóra do continente europeo. Estes territorios teñen diferentes status legais e diferentes niveis de autonomía, aínda que todos (excepto os que non teñen habitantes permanentes) teñen representación no Parlamento de Francia, e en consecuencia o dereito a votar nas eleccións ao Parlamento Europeo. Os departamentos e territorios franceses inclúen territorios insulares nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, Güiana Francesa no continente suramericano e varias illas periantárticas, así como unha reclamación na Antártida.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
As tecnoloxías da información (TI, tamén coñecidas como IT pola súa expresión en inglés: information technology) son unha serie de metodoloxías, ferramentas, técnicas e dispositivos utilizados na utilización e proceso da información dentro do ámbito da informática e a computación. O vocábulo adoita empregarse como sinónimo para os computadores e as redes de computadoras, pero tamén abrangue outras tecnoloxías de distribución de información, como a televisión e os teléfonos e as telecomunicacións utilizadas para interconectalos. Múltiples industrias están asociadas coas tecnoloxías da información, incluíndo hardware e software de computador, electrónica, semicondutores, Internet, equipos de telecomunicación, comercio electrónico e servizos computacionais.
Super Mario Bros. (en xaponés, スーパーマリオブラザーズ; Sūpā Mario Burazāzu) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A Lei Natural é o conxunto de principios que, en ética, teoloxía, dereito e teoría social, remite ao que se supón son as características permanentes da natureza humana, que poden servir como modelo para guiar e valorar a conduta é as leis civís. A lei natural considerase, en esencia, invariable e aplicable nun sentido universal. A causa da ambigüidade da palabra “natureza”, o significado de natural varía.
SEGA (株式会社セガ) é unha compañía internacional de videoxogos que traballa en software e hardware. Nos principios do ano 2001, Sega deixou de facer videoconsolas, e agora só traballa en xogos doutras consolas e máis en máquinas de salóns recreativos (arcade). As oficinas principais de SEGA, tamén denominadas as de SEGA of Japan, están sitas en Toquio, Xapón.
Google Translate (en inglés, Tradutor Google) é un sistema de tradución automática gratuíto proporcionado por Google Inc, baseado en datos estatísticos para traducir textos, documentos e páxinas web a outros idiomas. Google introduciu o seu propio software de tradución en 2007, antes utilizaba o tradutor SYSTRAN, que é utilizado por outros servizos de tradución, como Babel Fish, AOL e Yahoo.
Caius Publius Icinius Valerianus, emperador romano entre os anos 253 a 260. De familia senatorial e el mesmo senador, ocupara importantes cargos cos emperadores precedentes, como censor con Decio e gobernador do baixo Rhin con Treboniano Galo. Foi precisamente o emperador Treboniano Galo quen lle pediu a súa axuda para loitar contra do gobernador Emiliano, a quen as súas tropas nomearan emperador.
O arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés. Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética
O Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética (en ruso: Центра́льный комите́т Коммунисти́ческой па́ртии Сове́тского Сою́за – ЦК КПСС), era o liderado executivo do Partido Comunista da Unión Soviética, que actuaba entre as sesións do Congreso. Segundo os estatutos do propio partido, o comité dirixía todas as actividades gobernamentais e do partido. Os seus membros eran elixidos polo Congreso do Partido.
A coloración estrutural, observada en animais e nunhas poucas plantas, é a produción de cor por superficies estruturadas microscopicamente suficientemente finas como para interferir coa luz visible en vez de por medio de pigmentos, aínda que algunhas coloracións estruturais se producen en combinación con pigmentos. Por exemplo, as plumas da cola do pavón están pigmentadas de marrón, pero a súa estrutura microscópica fai que tamén reflictan o azul, o turquesa e a luz verde, e a miúdo son iridescentes. A coloración estrutural describírona por primeira vez os científicos ingleses Robert Hooke e Isaac Newton, e o principio no que se basea, a interferencia de ondas, explicouna Thomas Young un século máis tarde.
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
En matemáticas, o conxunto dos números reais (denotado por R {\displaystyle \mathbb {R} } ) inclúe tanto aos números racionais (positivos, negativos e o cero) como aos números irracionais; e noutro enfoque, transcendentes e alxébricos. Os irracionais e os transcendentes (1970) non se poden expresar mediante unha fracción de dous enteiros con denominador non nulo; teñen infinitas cifras decimais aperiódicas, tales como: √5, π, o número real log2, cuxa transcendencia foi enunciada por Euler no século XVIII. Os números reais poden ser descritos e construídos de varias formas, algunhas simples aínda que carentes do rigor necesario para os propósitos formais de matemáticas e outras máis complexas pero co rigor necesario para o traballo matemático formal. Durante os séculos XVI e XVII o cálculo avanzou moito aínda que carecía dunha base rigorosa, debido a que no momento prescindían do rigor e fundamento lóxico, tan esixente nos enfoques teóricos da actualidade, e usábanse expresións como «pequeno», «límite», «achégase» sen unha definición precisa.
Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, neste caso denomínase afluente. Algunhas veces terminan en zonas desérticas onde as súas augas pérdense por infiltración e evaporación. Cando o río é de pouco caudal recibe o nome de regato.
Un espello é unha superficie puída na que ao incidir a luz, esta reflíctese seguindo as leis da reflexión. O exemplo máis simple é o espello plano. Nel, un fai de raios de luz paralelos pode cambiar de dirección completamente como conxunto e continuar sendo un fai de raios paralelos, podendo producir así unha imaxe virtual dun obxecto co mesmo tamaño e forma que o real.
O Kurdistán (en lingua kurda: كوردستان, Kūrdstān), ás veces escrito Curdistán, é o territorio tradicional no que habita o pobo kurdo. Politicamente a maior parte corresponde a Turquía e o resto a Iraq, Irán, Siria e Armenia. Os seus límites exactos son difíciles de establecer, xa que ningún dos estados recoñece o Kurdistán como unha rexión cultural, xeográfica ou política.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como Emirato Islámico de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Tadjiikistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Dover é a capital de Delaware, un estado dos Estados Unidos de América. No censo do ano 2000, Dover tiña unha poboación de 32.135 persoas. Está localizado no condado de Kent, localizado este á súa vez na península de Delmarva (abreviatura do nome dos Estados que a forman: Delaware, Maryland e Virxinia).
A Federación Alemá do Norte (en alemán, Norddeutscher Bund) tivo o seu inicio en 1867, logo da disolución da Confederación Xermánica. Formada por 22 estados do norte de Alemaña, foi un agrupamento transitorio, que durou só ata a proclamación do Imperio Alemán en 1871. A diferenza da Confederación Xermánica, a Federación Alemá do Norte foi un verdadeiro estado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Nouvelle vague (en galego, Nova Onda) é o nome co que se coñece a un grupo de cineastas franceses que, durante a década dos sesenta, realizan filmes baixo unha serie de principios ou metas estéticas comúns. Por este motivo, é posible consideralo coma un movemento cinematográfico. Este grupo de cineastas, influenciados polo existencialismo francés de Jean-Paul Sartre e de Albert Camus, pon en cuestión as estruturas narrativas tradicionais e formula a aplicación de novas técnicas de experimentación.
Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas
A Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas é unha asociación que representa os estudantes de matemáticas en España. Ademais, encárgase de organizar actividades de divulgación das matemáticas, de crear un vínculo entre o alumnado de matemáticas en España e de promover o papel dos matemáticos no mundo laboral. Durante a asemblea xeral anual elíxese unha xunta directiva, responsable de dirixir e representar aos estudantes da Asociación noutras asociacións relevantes, e de supervisar e apoiar as ideas dentro do ámbito da asociación.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premios Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Golda Meir (גּוֹלְדָה מְאִיר), antes Myerson, nada co nome de Golda Mabovitch en Kíiv (actual Ucraína) o 3 de maio de 1898 e finada en Xerusalén (Israel) o 8 de decembro de 1978, foi unha política, diplomática e estadista israelita, e a cuarta primeira ministra de Israel, entre 1969 e 1974. Foi unha das primeiras xefas de goberno do mundo —só precedida por Sirimavo Bandaranaike de Sri Lanka e Indira Gāndhi da India—, e a primeira de Oriente Medio, ao preceder a primeira ministra Tansu Çiller de Turquía.
O Corpus Christi (en latín Corpo de Cristo) é unha festa da Igrexa Católica destinada a celebrar a Eucaristía. A súa principal finalidade é proclamar e aumentar a fe da Igrexa na presenza de Xesús Cristo no Santísimo Sacramento. A celebración lévase a cabo o seguinte xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección (é dicir, 60 días despois dese día; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte).
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
As Provincias Unidas ou a República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do norte da rexión histórica dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.
O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.
A Orde de Malta, tamén coñecida como Orde de San Xoán de Xerusalén ou Orde dos Hospitalarios, oficialmente Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta, é unha orde católica que constitúe unha entidade soberana e suxeito de dereito internacional con status de observador permanente na ONU e considérase sucesora directa da orde medieval dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 112 estados e ten a súa sede en Roma baixo a dirección dun Gran Mestre.
Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.
Non confundir coa febre tifoide producida por salmonelas. O tifo (do grego typhos, τῦφος, estupor) é o nome que se lle dá a un conxunto de doenzas infecciosas producidas por varias especies de bacterias do xénero Rickettsia, transmitidas pola picada de diferentes artrópodos como piollos, pulgas, ácaros e carrachas, que portan diferentes aves e mamíferos. O tifo caracterízase por febre alta recorrente, calafríos, cefalea e exantema.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A historia da música é tanto o estudo da evolución que a música sufriu ao longo dos tempos, como -tamén- o conxunto de procesos que esta evolución comportou así como o estudo das diferentes tradicións na música e a súa ordenación no tempo. Por unha banda é unha disciplina de estudo que se insire dentro da musicoloxía histórica e, por outra, é o resultado dos datos e interpretacións feitas por musicólogos e outros investigadores. Á súa vez, o estudo de como este estudo da historia da música foi evolucionando ao longo do tempo coñécese como historiografía da música.
A herba luísa (Aloysia citriodora) é unha especie da familia Verbenaceae, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón. É orixinaria de Suramérica, onde crece de forma silvestre. Cultívase con profusión en xardíns de todo o mundo, mais o desenvolvemento da mesma require un clima soleado e húmido.
O Northrop Grumman B-2 Spirit (tamén coñecido como Stealth Bomber) é un bombardeiro estratéxico estadounidense, que conta con certas características furtivas, deseñado para penetrar defensas antiaéreas densas; é capaz de lanzar tanto armas convencionais como nucleares. O bombardeiro ten capacidade para dous tripulantes e pode cargar 18 bombas guiadas por GPS JDAM de 230 kg, ou 16 bombas nucleares B83 de 1.100 kg. O B-2 é o único avión que pode levar armas standoff aire-terra en configuración furtiva.