Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
A AC-400 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sigrás (Cambre) e Muros; atravesa os concellos de Cambre, Culleredo, A Laracha, Cerceda, Tordoia, Carballo, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Outes, Carnota e Muros. Ten unha lonxitude de 89,74 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Muros.
A abeluria ou herba das feridas (Hypericum perforatum), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeluria. Abunda en Galiza, sendo unha das herbas empregadas na noite de san Xoán.
A acetil-CoA carboxilase (ACC) é un encima dependente da biotina (EC 6.4.1.2) que cataliza a carboxilación irreversible do acetil-CoA para producir malonil-CoA por medio das súas dúas actividades catalíticas: de biotina carboxilase (BC) e de carboxiltransferase (CT). A ACC é un encima multisubunidades na maioría dos procariotas e nos cloroplastos da maioría das plantas e algas, mentres que é un encima grande multidominio que se atopa no citoplasma da maioría dos eucariotas. A función máis importante da ACC é proporcionar o substrato malonil-CoA para a biosíntese de ácidos graxos.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca') ou fiollo(Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. Na fala de Estremadura recibe o nome de abiluria e dedais de bruja.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A herba luísa (Aloysia citriodora) é unha especie da familia Verbenaceae, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón. É orixinaria de Suramérica, onde crece de forma silvestre. Cultívase con profusión en xardíns de todo o mundo, mais o desenvolvemento da mesma require un clima soleado e húmido.
As cobras son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e carentes de patas pertencentes á suborde Serpentes. Como tódolos escamosos, as cobras son vertebrados amniotas ectotermos cubertos por escamas superpostas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles.
O termo Cacharela pode referirse a: Unha cacharela é unha fogueira. Como topónimo, pode referirse a: En Galiza Cacharela, lugar da parroquia de Teis, no concello de Vigo; A Cacharela, lugar da parroquia de Arnois, no concello da Estrada; A Cacharela, lugar da parroquia de Aríns, no concello de Santiago de Compostela.
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica. Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras.
Un espello é unha superficie puída na que ao incidir a luz, esta reflíctese seguindo as leis da reflexión. O exemplo máis simple é o espello plano. Nel, un fai de raios de luz paralelos pode cambiar de dirección completamente como conxunto e continuar sendo un fai de raios paralelos, podendo producir así unha imaxe virtual dun obxecto co mesmo tamaño e forma que o real.
O arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés. Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés.
Caius Publius Icinius Valerianus, emperador romano entre os anos 253 a 260. De familia senatorial e el mesmo senador, ocupara importantes cargos cos emperadores precedentes, como censor con Decio e gobernador do baixo Rhin con Treboniano Galo. Foi precisamente o emperador Treboniano Galo quen lle pediu a súa axuda para loitar contra do gobernador Emiliano, a quen as súas tropas nomearan emperador.
A historia da pintura é unha póla da historia da arte que abarca no tempo desde a prehistoria ata o mundo contemporáneo e se estende a todas as diferentes culturas. A historia da pintura tivo un desenvolvemento cronolóxico e estilístico paralelo en gran medida ao resto das artes plásticas, aínda que con diversas particularidades no tempo e o espazo debidas a numerosos factores, desde os derivados das diversas técnicas e materiais empregados na súa confección ata factores socio-culturais e estéticos, xa que cada pobo e cada cultura desenvolveu ao longo do tempo distintos conceptos de plasmar a imaxe que recibe do mundo circundante. A pintura é a arte e técnica de crear imaxes a través da aplicación de pigmentos de cor sobre unha superficie, sexa papel, tea, madeira, parede etc.
O romeu (Rosmarinus officinalis), tamén chamado alecrín, é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña, ata os Pireneos en Aragón e Navarra, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illas Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e no norte da Península Ibérica.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
A historia da música é tanto o estudo da evolución que a música sufriu ao longo dos tempos, como -tamén- o conxunto de procesos que esta evolución comportou así como o estudo das diferentes tradicións na música e a súa ordenación no tempo. Por unha banda é unha disciplina de estudo que se insire dentro da musicoloxía histórica e, por outra, é o resultado dos datos e interpretacións feitas por musicólogos e outros investigadores. Á súa vez, o estudo de como este estudo da historia da música foi evolucionando ao longo do tempo coñécese como historiografía da música.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Shenzhen (en chinés: 深圳; pinyin: Shēnzhèn) é unha cidade de China que linda polo sur con Hong Kong, na beira oriental do Delta do Río das Perlas. Esa estratéxica situación foi a causa de que en 1979 fose escollida coma primeira Zona Económica Especial, coa que as autoridades chinesas comezaron a abrir a economía do país ao capitalismo. O éxito ten sido tal que, dunha pequena poboación pesqueira, en trinta anos converteuse nunha das maiores metrópoles do mundo, cunha poboación real estimada de máis de doce millóns de habitantes.
O logaritmo dun número positivo x nunha certa base b, é o expoñente y ao que hai que elevar a base para obter o número dado. A base de logaritmos b ten que ser un número positivo distinto de un. Abreviadamente o logartimo exprésase por log, indicando a continuación a base como un subíndice e lese "logaritmo en base b de x".
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Azerbaidján e Turkmenistán, con Kazakhstán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Selección de fútbol de Azerbaidján
A selección de fútbol de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan milli futbol komandası) é o equipo que representa a Azerbaidján nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está controlada pola Asociación de Federacións de Fútbol de Azerbaidján (Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası, AFFA), a cal tamén organiza a liga e copa nacional de fútbol deste país. A selección de Azerbaidján foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994.
O neoloxismo ómica refírese informalmente aos campos da bioloxía que se denominan terminando en -ómica, como xenómica, proteómica ou metabolómica. A ómica trata da caracterización colectiva e cuantificación de conxuntos de moléculas biolóxicas que determinan a estrutura, función e dinámica dun organismo ou organismos. O sufixo relacionado -oma utilízase para indicar os obxectos de estudo en ditos campos, como o xenoma, proteoma ou metaboloma, respectivamente.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.496.
Córdoba é unha cidade andaluza, capital da provincia homónima, situada a beiras do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. Provén do latín Corduba, e posiblemente dunha anterior fenicia, Qorteba, que viría a significar 'muíño de aceite' para algúns autores , ou ben 'cidade boa', a partir de Qart-tuba para outros. Foi capital do Califato Omeia de Occidente, época do seu maior esplendor e da que conserva numerosos monumentos, entre eles o máis importante é a Mesquita de Córdoba.
Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética
O Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética (en ruso: Центра́льный комите́т Коммунисти́ческой па́ртии Сове́тского Сою́за – ЦК КПСС), era o liderado executivo do Partido Comunista da Unión Soviética, que actuaba entre as sesións do Congreso. Segundo os estatutos do propio partido, o comité dirixía todas as actividades gobernamentais e do partido. Os seus membros eran elixidos polo Congreso do Partido.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As tecnoloxías da información (TI, tamén coñecidas como IT pola súa expresión en inglés: information technology) son unha serie de metodoloxías, ferramentas, técnicas e dispositivos utilizados na utilización e proceso da información dentro do ámbito da informática e a computación. O vocábulo adoita empregarse como sinónimo para os computadores e as redes de computadoras, pero tamén abrangue outras tecnoloxías de distribución de información, como a televisión e os teléfonos e as telecomunicacións utilizadas para interconectalos. Múltiples industrias están asociadas coas tecnoloxías da información, incluíndo hardware e software de computador, electrónica, semicondutores, Internet, equipos de telecomunicación, comercio electrónico e servizos computacionais.
A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (xulgado de instrución, delegación de Facenda, oficina do INSS, notaría, rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.
A proteína C, tamén chamada autoprotrombina IIA e factor de coagulación sanguínea XIV, é un cimóxeno, cuxa forma activada xoga un importante papel na regulación da anticoagulación, inflamación, morte celular e mantemento da permeabilidade das paredes dos vasos sanguíneos en humanos e outros animais. A proteína C activada (APC) realiza estas operacións principalmente ao inactivar proteoliticamente as proteínas do sistema de coagulación factor Va e factor VIIIa. O encima APC clasifícase como serina protease, xa que contén un residuo de serina no seu sitio activo.
Un mito (do grego μῦθος, mythos, conto) é a narración alegórica de fenómenos extraordinarios ou feitos inexplicables para os nosos devanceiros, protagonizada por personaxes fabulosos (deuses, semideuses, monstros) ou heroes. Nas comunidades antigas os mitos eran considerados como unha realidade vivida por diversos personaxes sobrenaturais.
Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, neste caso denomínase afluente. Algunhas veces terminan en zonas desérticas onde as súas augas pérdense por infiltración e evaporación. Cando o río é de pouco caudal recibe o nome de regato.
Rockall é un pequeno farallón rochoso situado no océano Atlántico norte a máis de 300 km do territorio máis próximo, tamén coñecido polos mariñeiros galegos como O Con. Pertence ao Reino Unido. Cun diámetro de 27 m de ancho e unha altura duns 23 m posuíndo unha área actualmente emerxida de 570 m², este pequeno illote adoita ser cuberto polas grandes ondas provocadas polas treboadas, especialmente no inverno.
A Orde de Malta, tamén coñecida como Orde de San Xoán de Xerusalén ou Orde dos Hospitalarios, oficialmente Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta, é unha orde católica que constitúe unha entidade soberana e suxeito de dereito internacional con status de observador permanente na ONU e considérase sucesora directa da orde medieval dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 112 estados e ten a súa sede en Roma baixo a dirección dun Gran Mestre.
Google Translate (en inglés, Tradutor Google) é un sistema de tradución automática gratuíto proporcionado por Google Inc, baseado en datos estatísticos para traducir textos, documentos e páxinas web a outros idiomas. Google introduciu o seu propio software de tradución en 2007, antes utilizaba o tradutor SYSTRAN, que é utilizado por outros servizos de tradución, como Babel Fish, AOL e Yahoo.
O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan).
O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio.
Theta é a oitava letra do alfabeto grego (θῆτα). Na pronunciación erasmista equivale ao /θ/, o primeiro son de zapato no galego non seseante, na pronunciación orixinal correspondíase cunha oclusiva dental xorda aspirada /tʰ/, que posteriormente evolucionou á fricativa /θ/. Minúscula θ, maiúscula Θ. Adoita transcribirse como t.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O acanto (Acanthus mollis) é unha planta herbácea perenne orixinaria das estepas africanas, dende antigüidade utilizouse en xardíns da área mediterránea. O acanto destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilas. Agroma sobre todo en xuño.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Igrexa de Santa María de Cambre
A igrexa de Santa María de Cambre é un templo de feitura románica de Cambre do século XII. Segue o estilo románico compostelán e é unha das igrexas a destacar no románico galego. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño do 1931. A protección como Ben de Interese Cultural esténdese á delimitación da contorna por Decreto 29 do 29 de xaneiro do 1998.
Golda Meir (גּוֹלְדָה מְאִיר), antes Myerson, nada co nome de Golda Mabovitch en Kíiv (actual Ucraína) o 3 de maio de 1898 e finada en Xerusalén (Israel) o 8 de decembro de 1978, foi unha política, diplomática e estadista israelita, e a cuarta primeira ministra de Israel, entre 1969 e 1974. Foi unha das primeiras xefas de goberno do mundo —só precedida por Sirimavo Bandaranaike de Sri Lanka e Indira Gāndhi da India—, e a primeira de Oriente Medio, ao preceder a primeira ministra Tansu Çiller de Turquía.
San Paio Mártir, nado en Albeos (Crecente, daquela parte do condado de Turonia, no Reino de Galicia) no ano 911 e finado en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián galego martirizado durante o califato de Abd al-Rahman III e canonizado posteriormente pola Igrexa católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil. O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.
A filosofía da evolución é a rama da filosofía que examina as implicacións filosóficas da evolución e as interseccións da bioloxía evolutiva con outros campos como a epistemoloxía, ética, estética e filosofía política. O libro de Charles Darwin de 1859 A orixe das especies é xeralmente considerado como o comezo da concepción contemporánea da evolución. A historia do pensamento evolucionista abrangue desde a antiguidade aos desenvolvementos contemporáneos incluíndo a síntese evolutiva moderna, a síntese evolutiva ampliada e o darwinismo universal.