Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións). Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro).
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A trisomía X, tamén coñecida como síndrome triplo X, síndrome XXX, e caracterizada por presentar un cariotipo 47,XXX, é un trastorno cromosómico aneuploide humano no cal unha muller ten unha copia extra do cromosoma X. Isto crea un cariotipo XXX con 47 cromosomas en vez do XX normal de 46 cromosomas. É relativamente común e ocorre nunha de cada 1.000 mulleres, pero raramente chega a ser diagnosticada; menos do 10 % das persoas con esta condición saben que a teñen. Os síntomas que ás veces aparecen son leves.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Sir Lewis Carl Davidson Hamilton, nado o 7 de xaneiro de 1985 en Tewin, Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, é un piloto británico de automobilismo, fillo de nai británica e pai das Illas das Antillas, que compite na Fórmula 1 para Mercedes. Hamilton gañou un récord conxunto de sete Títulos do Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula 1—empatado con Michael Schumacher—e posúe o récord de máis vitorias 105, pole positions (104), e podios (202), entre outros. Nado e criado en Stevenage, Hamilton comezou a súa carreira no karting aos seis anos, gañando varios títulos nacionais e atraendo a atención de Ron Dennis, que o fichou para o McLaren-Mercedes Young Driver Programme en 1998.
Lista de países por superficie
Esta é unha lista dos países do mundo e dos seus territorios dependentes por superficie, clasificados por superficie total. As unidades son quilómetros cadrados. As entradas desta lista inclúen, entre outras, as que están no estándar ISO 3166-1, que inclúe estados soberanos e territorios dependentes.
Rebeca Baceiredo Pérez, nada en Ourense o 19 de decembro de 1979, é unha filósofa, profesora e escritora galega. Gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2005 por O suxeito Posmoderno. Entre a estética e o consumo, e o Premio Extraordinario de doutoramento no 2011 pola súa tese Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Os lipopolisacáridos (LPS), tamén chamados endotoxinas polos seus efectos tóxicos, son grandes moléculas que constan dun lípido e un polisacárido composto por tres porcións: o antíxeno O, o núcleo interno e o núcleo externo, unidos por enlace covalente. Encóntranse na membrana externa de bacterias gramnegativas. O termo lipooligosacárido (LOS) utilízase para referirse a unha forma de baixo peso molecular de lipopolisacáridos bacterianos.
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC é unha plataforma que defende o máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Istambul é unha cidade situada na encrucillada de dous continentes, capital do Imperio Romano de Oriente, de Bizancio, capital do Imperio Otomán, e ponte entre dúas culturas. Na historia desta cidade entrecrúzanse as civilizacións e relixións e mestúranse feitos moi diversos que amosan a importancia deste enclave urbano ao longo da historia.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Premio Erasmus é un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte en Europa e tamén no resto de mundo. Está considerado como un dos recoñecementos máis distinguidos de Europa e leva o nome do teólogo e humanista neerlandés, Desiderius Erasmus.
O contido libre ou información libre é un concepto que abarca calquera obra funcional, de arte ou outro contido creativo que non posúe restricións legais significativas en relación co dereito de uso, a redistribución e a creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros. O contido libre abarca todas as obras no dominio público e aquelas que teñen dereitos de autor pero que están suxeitas a unha licenza que outorga e protexe as liberdades mencionadas. Dado que, por omisión, a lei outorga aos propietarios de dereitos un control total sobre as súas creacións (todos os dereitos reservados), é necesario declarar de forma explícita que unha obra é libre, xeralmente por medio da referencia ou inclusión de cláusulas de licenza que acompañan a obra.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Pedro Manuel Arias Veira, nado na Coruña o 5 de maio de 1949, é un economista e político galego do PPdeG. cunha destacada traxectoria no eido universitario e na vida pública de Galicia. Combinou a docencia co activismo social e político, sendo autor de varios ensaios sobre economía e pensamento político contemporáneo.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Denomínase crime contra a humanidade, segundo o establecido polo Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional, ás condutas tipificadas como asasinato, exterminio, deportación ou desprazamento forzoso, encarceración, tortura, violación, prostitución forzada, esterilización forzada, persecución por motivos políticos, relixiosos, ideolóxicos, raciais, étnicos ou outros definidos expresamente, desaparición forzada ou calquera actos inhumanos que causen graves sufrimentos ou atenten contra a saúde mental ou física de quen os sofre, sempre que devanditas condutas cométanse como parte dun ataque xeneralizado ou sistemático contra unha poboación civil e con coñecemento de devandito ataque. Estes actos tamén se denominan crimes de lesa humanidade. Leso significa agraviado, magoado, ofendido: de alí que crime de lesa humanidade aluda a un crime que ofende, agravia, inxuria á humanidade no seu conxunto.
Poecilia reticulata, xeralmente coñecido como guppy, é unha especie de peixe tropical, natural do noroeste de Suramérica, pero presente hoxe nos cinco continentes ao ser introducido en moitas zonas, e un dos peixes de acuario máis popular. Forma parte da familia Poeciliidae e caracterízase por ser ovovivíparo. Son moi adaptables e prosperan doadamente en moitos ambientes e condicións ecolóxicas diferentes.
Sardeña (en sardo: Sardigna, en italiano: Sardegna, en catalán: Sardenya, en corso: Sardegna) é a segunda illa máis grande do mar Mediterráneo despois de Sicilia. Cunha superficie de 24.090 km², é unha das vinte rexións de Italia, posuíndo un estatuto especial de autonomía rexional. Sardeña ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión do Véneto.
España no Festival de Eurovisión
España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e o Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".
A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc.
Arco, do latín arcus, derivado do indoeuropeo arkw, é o elemento construtivo de directriz en forma curvadá ou poligonal, que salva o espazo aberto entre dous piares ou muros transmitindo toda a carga que soporta aos apoios, mediante unha forza oblicua que se denomina impulso. En arquitectura sempre se presentou ou problema de salvar os vans entre dous apoios; antes dá invención do formigón armado e dás vigas de aceiro, o modo máis sinxelo de facelo era mediante unha soa peza, o lintel, que podía ser de madeira ou de pedra e, cando non había pezas do tamaño requirido, mediante varias pezas pequenas, trabadas de modo que poidan resistir as cargas que gravitan sobre o van. Funcionalmente un arco realizase nun lenzo dun muro como coroación dunha abertura ou van.
Vilnius (en polaco Wilno, en belaruso Vilnia) é a capital e cidade maior de Lituania cunha poboación de 553.904 habitantes, situada na provincia de Vilnius. A súa cidade vella foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. En 2009 foi a Capital Europea da Cultura xunto coa cidade austríaca de Linz.
O Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres) é un acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural. Foi asinado en Washington o 3 de marzo de 1973 por 21 países e entrou en vigor o 1 de xullo de 1975. Actualmente están adheridos 172 países, denominados Partes.
O alcalde de Lugo é a máxima autoridade política do Concello de Lugo. De acordo coa Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Lugo con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas.
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, literalmente «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira.
Unha placa de ágar é unha placa de Petri que contén un medio de cultivo formado por ágar e nutrientes, que se utiliza para o cultivo de microorganismos, principalmente bacterias, ou de pequenas plantas como certos brións da especie Physcomitrella patens. Ao medio de cultivo poden engadirse tamén compostos para o crecemento selectivo, como antibióticos. As células de microorganismos forman na placa colonias, que é o que se ve a simple vista na placa.
As pandeireteiras ou cantareiras son unha agrupación musical feminina, propia da música tradicional galega, que emprega as pandeiretas como principal acompañamento instrumental. Xa no século XVIII, frei Martín Sarmiento destacaba esa presenza feminina protagonista como un "feito diferencial" de Galicia en contraste con Castela e Portugal. Hoxe en día, hai varios libros nos que se salienta este papel central nas festas: tanto na invención das coplas ou cantares como no acompañamento coas pandeiretas.
GSM ou Groupe Spécial Mobile en francés e actualmente chamado en inglés Global System for Mobile Communications é un estándar europeo de telefonía móbil dixital creado polo European Telecommunications Standards Institute (ETSI). Tecnoloxía celular de segunda xeración (2G) desenvolvida para substituír a analóxica de primeira xeración (1G). O GSM son redes dixitais para transmisión de datos cos seus engadidos mellorados, GPRS (General Packet Radio Services).
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
O nome de ameixa é denominación común dun grupo de moluscos bivalvos de alto interese comercial e de morfoloxía semellante aínda que pertencen a especies diferentes. A superficie da cuncha é substancialmente lisa e de cores variables. Viven soterrados a escasa profundidade nos fondos areosos do mar, malia que hai especies que viven en augas doces.
A meteoroloxía (do grego μετέωρο, meteoro, "partículas en suspensión no alto do ceo" e λόγος, logos, "coñecemento, discurso") é unha ciencia de tipo interdisciplinar que parte da física, da química e da matemática para estudar o clima e os fenómenos atmosféricos, tales como as nubes, as depresións e as precipitacións, para comprender como se forman e evolucionan. A meteoroloxía é unha disciplina que utiliza principalmente a mecánica dos fluídos, aplicada ó aire, pero tamén outras ramas da física, así como da química e a matemática. O día 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial, para conmemorar a entrada en vixencia, en 1950, da Organización Meteorolóxica Mundial .