Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
A polisomía é unha condición cromosómica que se encontra en moitas especies, incluíndo fungos, plantas, insectos, e mamíferos, na cal un organismo ten polo menos un cromosoma máis do que é normal, é dicir, hai máis copias dese cromosoma que as dúas copias esperadas. A maioría das especies eucariotas son diploides, o que significa que teñen dous conxuntos de cromosomas, repetidos por pares, mentres que os procariotas son haploides, ao conteren un só cromosoma en cada célula. As aneuploidías presentan un número de cromosomas que non é múltiplo exacto do número haploide (poden ter cromosomas de menos ou de máis), e a polisomía é un tipo de aneuploidía.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Jojo Rabbit é un filme estadounidense de 2019 de drama e comedia escrito e dirixido por Taika Waititi que se basea no libro de Christine Leunens Caging Ceos. Roman Griffin Davis interpreta o personaxe principal, Johannes "Jojo" Betzler, un neno membro de Deutsches Jungvolk que descobre que a súa nai (Scarlett Johansson) está agochando unha rapaza xudía (Thomasin McKenzie) no seu ático. Debido a isto debe poñer en dúbida as súas crenzas, mentres lida coa intervención do seu amigo imaxinario, unha versión fantasiosa de Adolf Hitler (Waititi).
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Diego Pozo Torregrosa, nado en Xerez da Fronteira, Andalucía, o 21 de outubro de 1975, tamén coñecido como El Ratón, é o guitarrista principal e segunda voz, ademais de compositor dalgunhas das cancións, da banda de flamenco-rock Los Delinqüentes. Actualmente tamén é o líder dunha banda que leva o seu alcume La Banda del Ratón, nome que reciben os músicos que acompañan ao conxunto de Xerez.
A historia de Portugal abrangue a historia de Portugal e a dos seus estados predecesores. Cuxas orixes remontan á Baixa Idade Media, cando o condado portucalense se independizou do reino de León. Ampliou os seus territorios durante a Era dos Descubrimentos ata crear o Imperio Portugués, converténdose nunha potencia mundial entre os séculos XV e XVI. Portugal entrou en decadencia perdendo gran parte da súa riqueza e status, o que comezou pola perda da súa forza militar e naval na batalla de Alcacer-Kibir, e da súa frota, que foi incorporada á Armada Española, o que non permitiu a defensa das posesións de ultramar.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O líquido é un dos catro estados da materia, un líquido é un fluído cuxo volume é constante en condicións de temperatura e presión constante e a súa forma é definida polo recipiente que o contén. É unha substancia que presenta un estado da materia intermedio entre os estados sólido e gasoso. Un líquido exerce presión no recipiente con igual magnitude cara a tódolos lados.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Carlos VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico, tamén coñecido co nome de Carlos VI de Alemaña, nado en Viena, o 1 de outubro de 1685 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1740, foi un monarca europeo. Coñecido tamén como Arquiduque Carlos de Austria (co nome de Carlos II), foi proposto ao trono español baixo o nome de Carlos III en 1703 durante a guerra de sucesión, en oposición a Filipe de Anjou, neto de Lois XIV, obtendo vitorias nun primeiro momento pero saíu finalmente derrotado.
A vendima é a acción de recoller a uva coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do ano na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, en Galicia habitualmente a fins do mes de setembro e primeiros de outubro, pero non é igual en tódalas rexións, así nos vales interiores de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras) a colleita faise máis cedo (finais de agosto) debido a que a maior calor estival do interior continental lles permite ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita.
Streptococcus (estreptococo) é un xénero de bacterias grampositivas esféricas (cocos) pertencentes ao filo Firmicutes e ao grupo das bacterias do ácido láctico. A súa división celular ten lugar ao longo dun só eixe, polo que crecen formando cadeas ou parellas, de onde vén a raíz inicial do seu nome (do grego στρεπτος streptos, que significa dobrado ou retorto, como unha cadea, ou cadea retorta). Isto diferénciaos dos estafilococos, que se dividen ao longo de múltiples eixes e orixinan grupos con forma de acio en vez de cadeas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua aglutinante é unha lingua na que as palabras se forman "pegando" ao lexema unha serie de afixos de xeito que as fronteiras entre os morfemas quedan ben marcados e que cada morfema se corresponde cun só trazo semántico ou funcional. Exemplos: en finés, a forma taloissani «nas miñas casas» pode segmentarse da seguinte maneira: talo «casa» + i marca de plural + ssa marca de inesivo («en») + ni sufixo que indica un posesor de primeira persoa do singular («meu, miña, meus, miñas»); en turco, a construción é moi semellante: a partir de ev «casa» fórmase: evler «as casas», evlerim «as miñas casas», e evlerimde «nas miñas casas». en esperanto, de hejm(o) «casa», «lar», fórmase hejme «na casa», hejmen «cara á casa» e miahejmen «cara á miña casa» (mia, pola súa vez, está formado do pronome mi «eu» máis o morfema de adxectivo a).
Santa María de Castrelo de Abaixo é unha parroquia do concello ourensán de Riós na comarca de Verín. Segundo o IGE, en 2023 tiña 61 habitantes (28 homes e 33 mulleres), repartidos entre os lugares de Castrelo de Abaixo e A Silva, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 121 habitantes.
O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio.
San Xoán de Moeche é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2018 tiña 353 habitantes (190 mulleres e 163 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 415 habitantes. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
La Órbita de Endor (tamén coñecido coas siglas LODE) é un podcast español creado no 2011 dirixido e presentado por Antonio Runa. O programa atangue a ciencia ficción e a fantasía principalmente, incluíndo temas como banda deseñada, literatura, videoxogos, cinema e series, anime e mangas. No ano 2015, a descarga media semanal dos programas roldaba entre 15 000 e 20 000, sendo un dos podcasts con máis oíntes de España.
A cor na arte é un aspecto moi importante das artes visuais ou plásticas, xunto con outros elementos como a luz, a atmosfera, o fondo e a forma, o formato, a materia, a liña, o punto, a mancha, a textura, o volume, o espazo, o movemento, etc. A cor ten efectos físicos e psicolóxicos comprobados, e diversas funcións, de atribución psicolóxica ou histórica, de connotacións semánticas (ás veces mesmo discrepantes coa realidade física, como é o caso das cores cálidas e frías e a temperatura da cor), de prestixio, etc., e algúns aspectos determinados pola técnica: Por exemplo a cerámica grega só usaba os pigmentos amarelo, vermello, branco e negro; nela as mulleres eran pintadas de branco, e os homes unhas veces de branco e outras de negro. Esa "tetracromía" (ás veces chamada "bicromía" cando se usa o vermello e o negro, ou mesmo cando se usan catro pigmentos, obviando o branco e o negro) na pintura da Grecia Antiga non se correspondía cos mosaicos ou murais, nos que chegaron a empregar azuis e verdes, o mesmo que nas esculturas, que eran polícromas; simplemente esas cores eran as que conseguían fixar na cerámica.
A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá. Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.
O iterbio é un elemento químico da táboa periódica que ten o símbolo Yb e o número atómico 70. O iterbio é un elemento metálico prateado brando, unha terra rara da serie dos lantánidos que se atopa na gadolinita, a monacita e o xenotimo. O iterbio asociase ás veces co itrio ou outros elementos relacionados e úsase nalgúns aceiros.
Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía. Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 232.717 habitantes e de 544.000 na súa área metropolitana que se estende pola Vega de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar.
O OS/2 (Operating System 2) é un sistema operativo orixinalmente desenvolto por IBM e Microsoft para substituír o MS-DOS que non era capaz de aproveitar todos os recursos das computadoras baseadas nos microprocesadores Intel 80286. OS/2 1.0 anunciouse en abril de 1987 e saíu ao mercado en decembro en versión de modo texto, como un sistema operativo de 16 bits, multitarefa, estable, rápido e moi potente, ao permitir a habilitación de memoria virtual. OS/2 1.1 que saíu en novembro de 1988 incluía un xestor en modo gráfico, o Presentation Manager.
A entropía (do grego en [en] + trope [transformación]) é unha magnitude termodinámica que dá conta da enerxía que non pode realizar traballo útil nun proceso termodinámico. É unha función de estado de carácter extensivo e o seu valor medra nun sistema illado, de acordo coa Segunda Lei da Termodinámica. Pode ser interpretada como o estado de desorde dun sistema.
O Lockheed SR-71 Blackbird é un avión de recoñecemento estratéxico de longo alcance e con capacidade para acadar velocidades superiores a Mach 3 que foi operado pola Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi desenvolvido como un proxecto negro a partir do avión de recoñecemento Lockheed A-12 nas anos 60 por Lockheed e a súa división Skunk Works. O enxeñeiro aeroespacial estadounidense Clarence "Kelly" Johnson foi o responsable de moitos dos innovadores conceptos do deseño.
Harold e Maude (en inglés Harold and Maude) é un filme clásico de culto dirixido por Hal Ashby en 1971, protagonizado por Ruth Gordon e Bud Cort, e con banda sonora de Cat Stevens. O filme, un drama existencialista, con pinceladas de comedia bufa e humor negro, céntrase nas vivencias de Harold, un rapaz neurótico de gustos mórbidos que intenta liberarse da vida que a súa nai, emocionalmente fría, lle quere impoñer ó tempo que se namora da septuaxenaria Maude. A película correspóndese co número 45 da lista dos 100 filmes máis divertidos do American Film Institute, e co número 42 dos filmes máis divertidos de Bravo e da lista dos 250 mellores filmes da lista da IMDb.
Rem Koolhaas, nado en Rotterdam o 17 de novembro de 1944, é un arquitecto neerlandés que comezou a súa carreira como xornalista e argumentista. É a parte principal da Oficina pola Arquitectura Metropolitana, ou OMA (Office for Metropolitan Architecture). Tamén é profesor de Arquitectura Práctica e Deseño Urbano na Universidade Harvard.
Electroforese en xel de poliacrilamida
A electroforese en xel de poliacrilamida (ou PAGE, do inglés polyacrylamide gel electrophoresis) é unha técnica amplamente usada en bioquímica, química forense, xenética, bioloxía molecular e biotecnoloxía para separar macromoléculas biolóxicas, xeralmente proteínas ou ácidos nucleicos, segundo a súa mobilidade electroforética. A mobilidade electroforética é función da lonxitude, conformación e carga da molécula. A electroforese en xel de poliacrilamida é unha ferramenta poderosa usada para analizar mostras de ARN. Cando o xel de poliacrilamida é desnaturalizado despois da electroforese, pode obterse información sobre a composición da mostra de especies de ARN. Existen principalmente dous grandes tipos de electroforese en xeles de poliacrilamida, que son: PAGE nativa (non desnaturalizante) e SDS-PAGE (desnaturalizante).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os Premios Princesa de Asturias (Premios Príncipe de Asturias ata o 2014) nacen en 1981, convocados pola Fundación Princesa de Asturias que foi creada o 24 de setembro de 1980. Son entregados anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Dende o inicio o presidente de honor foi Filipe de Borbón en calidade de príncipe de Asturias mais, en outubro de 2014, o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse «Princesa de Asturias» por mor da proclamación de Filipe de Borbón como rei, Filipe VI, polo que a súa herdeira, a infanta Lionor, pasou a ser Princesa de Asturias e herdeira da Coroa de España e Presidenta de Honor da Fundación Princesa de Asturias.
O rodaballo (Psetta maxima ou Scophthalmus maximus (Linné, 1758) ) é un peixe mariño da familia dos pleuronectiformes que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m, repousando sobre fondos areosos ou de cunchas. Ríos Panisse recolle de Corominas a orixe do nome a partir dunha forma celta *ROTOBALLIOS, o do corpo redondo (de ROTA 'roda' + BALLOS 'membro'). Ós rodaballos pequenos denomínaselles en Cedeira rodos, nome que, segundo Ríos Panisse, sería unha forma regresiva de rodaballo.
O porto da Coruña, matrícula das embarcacións CO, é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da comarca, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Está integrado na provincia marítima da Coruña.
Para a antiga cidade de Beocia, ver Tebas, Grecia. Tebas (Θηβαι, Thēbai) é a denominación grega da antiga cidade exipcia de niwt ("A Cidade") ou niwt-rst ("A Cidade do Sur"). Está situada no Alto Exipto, a 700 km ao sur do mar Mediterráneo, na beira leste do Nilo, no lugar que agora ocupa a actual Luxor.
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países. Tamén é o día da Revolución das Rosas, un movemento internacional contra a violencia obstétrica.
A Basketbol Süper Ligi (BSL), tamén coñecida como Tahincioğlu Basketbol Süper Ligi por motivos de patrocinio, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino de Turquía. A entidade encargada da súa organización é a Federación de Baloncesto Turquía (TBF), pertencente á FIBA Europa. Actualmente compiten nela 16 equipos, os que, ao final da temporada, os dous últimos descenden á Türkiye Basketbol Ligi.