Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu o seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
Cromosoma marcador supernumerario pequeno
Un cromosoma marcador supernumerario pequeno (sSMC polas súas siglas en inglés) é un cromosoma extra anormal que se encontra no cariotipo. Contén copias de partes dun ou máis cromosomas normais e está localizado no núcleo celular xunto cos cromosomas normais, é replicado e distribuído ás células fillas durante a división celular, e ten xenes que poden expresarse. Pode ser inactivo ou activo, nese caso causando defectos conxénitos e neoplasmas (por exemplo, tumores e cancros).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Un éter é un tipo de composto orgánico que contén un grupo funcional éter formado por un átomo de osíxeno unido a dous grupos alquilo ou arilo, e que ten como fórmula xeral R–O–R'. Un exemplo típico é o disolvente e anestésico dietil éter (ou éter dietílico), que moitas veces se denomina, simplemente, "éter" (CH3-CH2-O-CH2-CH3). Os éteres son compostos bastante comúns en química orgánica e bioquímica, xa que o enlace éter é común en certos carbohidratos e na lignina e certos lípidos especiais, como os das membranas celulares das arqueas.
A dos insectos (nome científico Insecta Linnaeus, 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC é unha plataforma que defende o máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
O talo ou caule é, entre as plantas con flores, o eixe, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas. Diferénciase da raíz pola presenza de internodios nos que se penduran as xemas auxiliares e as follas, pola ausencia de cofia terminal e pola súa estrutura anatómica.
Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael, nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento italiano. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes achegas na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos. Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dándose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica. Robert James Fischer, coñecido como Bobby Fischer, nado en Chicago (Illinois) o 9 de marzo de 1943 e finado en Reiquiavik o 17 de xaneiro de 2008, foi un xadrecista estadounidense, logo nacionalizado islandés.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Brais Pinto foi un grupo galeguista de intelectuais, artistas e escritores galegos que tiñan como obxectivos principais o antifranquismo, a defensa do galego e unha renovación da cultura galega claramente influída polas vangardas. Foi fundado en Madrid no ano 1958. O seu obxectivo foi a preocupación por Galiza e os seus problemas, o profundo atraso en que se encontraban as artes galegas e a escasa actividade política, nacionalista e democrática da época.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
José Luis Santaló Rodríguez de Viguri
José Luis Santaló Rodríguez de Viguri, nado en Caldas de Reis o 18 de abril de 1909 e finado no mesmo concello o 4 de xuño de 1979, foi un avogado, historiador e escritor galego.
A cultura acheulense, ou acheuliano, do francés acheuléen nomeado como o xacemento de Saint-Acheul, é un tipo de cultura arqueolóxica baseada na industria lítica de fabricación de ferramentas de pedra caracterizada polos distintivos bifaces ovalados e en forma de pera asociados ao Homo erectus e especies derivadas como o Homo heidelbergensis. As ferramentas acheulenses producíronse durante o Paleolítico Inferior en África e en gran parte de Asia Occidental, Asia Meridional, Asia Oriental e Europa, e normalmente atópanse con restos de Homo erectus. Pénsase que as tecnoloxías acheulenses desenvolvéronse inicialmente hai uns 1,76 millóns de anos, derivadas da tecnoloxía Oldovaiense máis primitiva asociada ao Homo habilis.
Tetractis é un boletín de divulgación matemática do Departamento de Matemáticas do IES Monelos (A Coruña), coordinado e editado polo profesor de matemáticas Gonzalo Temperán Becerra. Naceu en outubro de 2006, ten periodicidade mensual e cada curso publícanse unha media de dez números. Cada un edítase en papel e formato electrónico e envíase por correo electrónico ao alumnado, ao profesorado e aos subscritores.
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016
As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.
Infiltrados (en inglés: The Departed) é un filme de suspense dirixido por Martin Scorsese en 2006, gañador do Premio Oscar á mellor película na entrega número 79 dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Martin Scorsese recibiu o Oscar ó mellor director, Thelma Schoonmaker o Oscar á mellor montaxe e William Monahan o Oscar ó mellor guión adaptado, todos polo seu respectivo labor neste filme. Trátase do remake americano do aclamado filme hongkonés de 2002, Mou gaan dou (Wu jian dao), tamén coñecido coma Infernal Affairs.
Italo Calvino, nado en Santiago de las Vegas (Cuba) o 15 de outubro de 1923 e finado en Siena o 19 de setembro de 1985, foi un escritor italiano. Os seus traballos máis coñecidos son a triloxía I nostri antenatti ("Os nosos devanceiros", 1952-1959), a colección de relatos curtos Le cosmicomiche (1965), e as novelas Le città invisibili ("As cidades invisibles", 1972) e Se una notte d'inverno un viaggiatore ("Se nunha noite de inverno un viaxeiro", 1979). De estilo difícil de clasificar, as súas obras ás veces fan lembrar os contos de fadas (Cosmicomiche), e outras son máis realistas (Amores difíciles).
O transexual é un dos colectivos representados no acrónimo LGTBI. Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide coa asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital. A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen non pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero.
San Miguel de Figueroa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha extensión de 112 hectáreas e está a unha altitude media de 149 metros. Segundo o IGE, en 2022 tiña 210 habitantes (106 homes e 104 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio. Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.
Para outros artigos con títulos relacionados, véxase Peso (moeda) e Peso monetario En física, o peso dun corpo é unha magnitude vectorial, o cal defínese como a forza coa cal un corpo actúa sobre un punto de apoio, por mor da atracción deste corpo pola forza da gravidade. A situación máis corrente, é a do peso dos corpos nas proximidades da superficie dun planeta como a Terra, ou dun satélite. O peso dun corpo depende da intensidade do campo gravitatorio e da masa do corpo.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
John Bardeen, nado en Madison (Wisconsin) o 23 de maio de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 30 de xaneiro de 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.
Júlio Dantas Lagos, nado o 19 de maio de 1876 e finado en Lisboa o 25 de maio de 1962, foi un escritor, xornalista, diplomático e político portugués. Na súa actividade intelectual foi un polígrafo, cultivando os máis variados xéneros literarios, da poesía á novela e ao xornalismo, mais foi como dramaturgo que ficou máis coñecido, en particular pola súa peza A Ceia dos Cardeais (1902), unha das máis populares producións teatrais portuguesas de sempre. Na política foi deputado, Ministro da Instrución Pública e Ministro dos Negocios Estranxeiros (1921-1922 e 1923), terminando a súa carreira pública como embaixador de Portugal no Brasil (1941-1949).
O líquido é un dos catro estados da materia, un líquido é un fluído cuxo volume é constante en condicións de temperatura e presión constante e a súa forma é definida polo recipiente que o contén. É unha substancia que presenta un estado da materia intermedio entre os estados sólido e gasoso. Un líquido exerce presión no recipiente con igual magnitude cara a tódolos lados.
O río Elba (Elbe alemán, Labe checo, Łobjo, polaco) é un dos principais ríos da Europa central, o segundo máis longo dos que desembocan no mar do Norte, tras o río Rin. Ten unha lonxitude de 1165 km —o 17.º río máis longo de Europa— e drena unha gran conca de 148268 km² —a 12.ª conca europea e 2.ª do mar do Norte—, que corresponde a Alemaña (65,5%), República Checa (33,7%), Austria (0,6%) e Polonia (0,2%). O sistema fluvial máis longo da conca corresponde ao Elba–Moldava, con 1231 km.
En arquitectura, pórtico é o corpo formado por unha galería de columnas pegada a un edificio ou aberta ao aire libre. Algúns exemplos famosos de pórtico son o East Portico do Capitolio dos Estados Unidos de América, e o pórtico que adornaba o Panteón en Roma. Bolognia, en Italia, é famosa polos seus pórticos.
O estatuto de autonomía é a norma básica dos distintos gobernos das comunidades autónomas do Estado español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
As hormonas (do grego ὁρμή - "ímpeto, estímulo") son substancias químicas liberadas por glándulas, órganos ou por células epiteliais ou intersticiais, que afectan ao metabolismo doutras células noutras partes do corpo. Só se precisa unha pequena cantidade de hormona para modificar o metabolismo doutra célula. Trátase basicamente dun mensaxeiro químico que leva un sinal dunha célula a outra.
Ramones (orixinalmente The Ramones) foi unha influente banda de punk rock formada en Forest Hills, na comuna de Queens, Nova York, Estados Unidos no ano 1974. O grupo foi pioneiro do nacente xénero punk rock, un son simple, minimalista e repetitivo que evitaba a musicalidade dos sós de guitarra das bandas dos anos 1970. O xénero consistía basicamente nun son cru, rápido e directo con influencias directas nos grupos rockabilly dos anos 1950 e de bandas como New York Dolls, MC5 e The Stooges que, co tempo, serían cualificadas como proto-punk.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.