Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A bioconxugación é o establecemento de enlaces covalentes estables entre dúas moléculas, das cales polo menos unha é unha biomolécula. Os métodos para conxugar biomoléculas aplícase en varios eidos da medicina, diagnóstico, biocatálise e materiais. As biomoléculas modificadas sinteticamente poden ter diersas funcionalidades, como rastrear eventos celulares, revelar a función de encimas, determinar a biodistribución de proteínas, biomarcadores específicos para ober imaxes, e entregar fármacos a células diana.
O sapoconcho común (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia Occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África. Vive preto ou en cursos de auga cuxa corrente sexa lenta e inverna durante máis de sete meses ao ano no fondo da auga. É unha tartaruga de tamaño medio e varía segundo as zonas entre 12 e 38 cm de lonxitude.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O feísmo, tamén coñecido coma maltrato da paisaxe, é un termo acuñado en Galiza para referirse a unha problemática específica galega, xa que os expertos sosteñen que o fenómeno remata nas fronteiras con Portugal, Asturias e Castela e León. O concepto serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o contorno e que chocan de fronte cos canons estéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeneralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística".
A Capra pyrenaica victoriae é unha subespecie de cabra montesa autóctona de varias serras do centro da Península Ibérica. A súa maior poboación atópase na serra de Gredos, entre as provincias de Cáceres e Ávila. Esta subespecie foi elixida para repoboar os montes galegos debido á súa semellanza coa Capra pyrenaica lusitanica, extinta en 1892.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Sun Yat-sen (chinés simplificado: 孙逸仙pinyin: Sūn Yìxiān / chinés simplificado: 孙中山pinyin: Sūn Zhōngshān / chinés simplificado: 孙德明pinyin: Sūn Démíng), nado o 12 de novembro de 1866 en Cuiheng, actual Zongshan e finado o 12 de marzo de 1925, foi un médico, revolucionario, estadista e filósofo político chinés que fundou a República da China (ROC) e o seu primeiro partido político, o Kuomintang (KMT). Como líder supremo da revolución de 1911, a Sun atribúeselle o derrocamento da dinastía imperial Qing e foi o primeiro presidente do Goberno Provisional da República da China (1912) como primeiro líder do Kuomintang. Nacido no seo dunha familia campesiña en Guangdong, Sun educouse no estranxeiro, en Hawai, e regresou a China para graduarse na facultade de medicina de Hong Kong.
Bagrām, tamén chamada Begram e antigamente Kapici ou Kapisa, é unha antiga cidade de Afganistán situada a uns 60 km ao noroeste de Cabul. Está situada na conxunción dos vales dos ríos Ghorband e Panjshīr, preto da cidade de Charikar. Foi un punto de paso obrigado cara á India pola Ruta da Seda, cara a Cabul e Bamiyán, famosa polos seus Budas xigantes.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
Fillos de Breogán (tamén coñecido oficialmente como A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA) é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010 por iniciativa de Wenceslao García (Wences), os Fillos de Breogán é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O topónimo Toledo pode referirse a: En Galiza O Toledo, lugar da parroquia de Castrelo de Miño, no concello de Castrelo de Miño. Fóra de Galiza En Castela-A Mancha Provincia de Toledo, provincia na Castela-A Mancha; Toledo, cidade de dita provincia. Na Arxentina Toledo, localidade arxentina da provincia de Córdoba.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
As linguas oficiais da Unión Europea son aquelas linguas faladas nos Estados membros da Unión Europea. Inclúense as 24 linguas oficiais de dito organismo xunto con algunhas que, xeralmente, son cooficiais nalgunhas rexións dos Estados membros. A política da UE tenta incentivar ós cidadáns europeos para que sexan multilingües, en especial a ser fluíntes en, polo menos, dúas linguas estranxeiras, non soamente para facilitar a comunicación, senón, para desenvolver a tolerancia e respecto para coa diversidade cultural.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.781.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Montenegro (/monteˈne.ɣɾo/; lit. "monte negro"; en montenegrino: Crna Gora / Црна Гора; en albanés: Mali i Zi) é un estado situado nos Balcáns, ao sueste de Europa. Linda ao norte con Bosnia e Hercegovina, con Serbia ao nordés, con Kosovo ao leste, con Albania ao sueste, con Croacia ao noroeste e co mar Adriático ao oeste, cunha costa de 293.5 km.
A edelweiss, Leontopodium alpinum, en lingua alemá tamén grafado coma Edelweiß (pronunciado: "edelvais") é unha planta da familia Asteraceae. Trátase dunha flor que medra en pequenos grupos nas pradeiras alpinas e rochedos de altura dos cordais europeos, de non máis de 10 cm de altura, con brácteas grosas, carnosas e cubertas dunha camada fina de peluxe, cunha cor branca e tonalidades averdadas ou amarelentas.
A central térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.
Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz, bailarina, cantante e cortesá galega residente en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.
Véxase tamén O muíño na cultura popular galega A seguir recóllense os refráns que fan alusión ó pan, sexa pantrigo ou pan de centeo, pero tamén ó trigo, a fariña, o forno, ós panadeiros, etc. Debe terse en conta que en ocasións se utiliza o nome de pan para designar outros gran, como o centeo, e mesmo o cereal aínda no campo. A anguía en empanada e a lamprea escabechada .
A ergonomía é unha disciplina tecnolóxica que se encarga de aplicar o coñecemento científico sobre o ser humano para deseñar obxectos, sistemas e contornas de uso humano. Trátase dun campo multidisciplinar que incorpora achegas da psicoloxía, da enxeñaría, da biomecánica, do deseño industrial, do deseño gráfico, da estatística e da antropometría. Tamén se coñece popularmente como a forma na que as empresas deseñan tarefas e áreas de traballo para maximizar a eficiencia e a produtividade dos seus empregados.
Ganglios linfáticos epitrocleares
Os ganglios linfáticos epitrocleares ou supratrocleares son un conxunto de ganglios linfáticos, pertencentes ao grupo axilar. Están situados xunto a epitróclea umeral, preto da vea basílica. Drena a linfa do dedo medio, dedo anular, e do maimiño.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Os coidados paliativos son aqueles coidados que centran a súa atención nos enfermos terminais, é dicir, aqueles cuxa expectativa de vida é relativamente curta por causa dunha enfermidade que non responde os tratamentos curativos. Están enfocados en lograr a máxima calidade de vida e actividade nos pacientes terminais, sen tentar acurtar nin alargar a vida, procurando o alivio da dor e outros síntomas estresantes. Ademais, integran os aspectos psicolóxicos e espirituais na aplicación dos coidados, considerando activamente á familia do paciente, tanto durante o proceso como no duelo.
Partido dos Socialistas de Galicia
Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia. O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia. De ideoloxía galeguista e socialdemócrata, conta con 1 010 concejales, as alcaldías de 3 das 7 principais cidades galegas (Vigo, A Coruña e Lugo), as presidencias das deputacións provinciais da Coruña e Lugo, 9 deputados no Parlamento de Galicia, 7 no Congreso dos Deputados e 4 senadores.
As tartarugas ou quelonios constitúen unha unha orde de réptiles caracterizados por teren un tronco ancho e curto e unha coiraza, cuncha ou envoltura que protexe os órganos internos do seu corpo, e que está formada por dúas capas —a superior (espaldar) e a inferior (peto ou plastrón), unidas por unha ponte— de ósos planos e que posúe orificios para a saída, por diante, da cabeza e as patas anteriores e, por detrás, das patas posteriores e a cola. Carecen de dentes pero teñen un peteiro córneo para colleren e esmagaren os alimentos. As tartarugas inclúen especies existentes (vivas) e extintas.