Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Karina Falagan, nada en 1946 en Castrotierra de la Valduerna (Provincia de León) e finada en Vigo o 29 de maio de 2013, foi unha proxeneta e empresaria viguesa orixinaria de León. Coñecida polos seus negocios de alterne, principalmente polo bar Jonathan na praia de Samil e o Lady Hamilton na Travesía de Vigo, polos que pasaron políticos do Partido Popular de Galicia.
Gyromitra caroliniana é unha especie de fungo ascomiceto do xénero Gyromitra, dentro do grupo dos Pezizales. Atópase en bosques temperados de frondosas e mixtos do sur dos Estados Unidos, onde frutifica en primavera pouco despois da fusión da neve. O corpo frutífero ou ascocarpo aparece no chan dos bosques e pode medrar ata ter un gran tamaño.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Daniel James Irving, nado o 16 de abril de 1969, e coñecido como Dan Druff, é un baixista, técnico de guitarras e vocalista estadounidense que traballou con artistas como Queens of the Stone Age, Slayer, Butt Trumpet, The Distillers, Monster Magnet e Sum 41. Ata a data traballou nunhas 50 gravacións de estudio. Estivo tamén de xira con Guns N' Roses na súa Chinese Democracy Tour.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Cécile Ellen Fleurette La Grenade, nada en La Borie, Saint George, illa de Granada, o 30 de decembro de 1952, é unha científica alimentaria granadina que exerce como gobernadora xeral de Granada dende o 7 de maio de 2013, sucedendo a Sir Carlyle Glean. Foi a primeira muller que se converteu en gobernadora xeral dende a independencia de Granada en 1974.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Kobe Bean Bryant, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de agosto de 1978 e finado en California o 26 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante toda a súa carreira para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles.
Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un profesor e escritor galego, un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.
Discina gigas (antes Gyromitra gigas) é unha especie de fungo ascomiceto da familia Discinaceae atopado en Europa. Considérase unha das "falsas pantoras", debido á súa semellanza e aparición en primavera e inicios do verán en hábitats similares aos das verdadeiras pantorras ou cogomelos de coresma (Morchella ssp.).
Thor (nórdico arcaico: Þórr, inglés arcaico: Þunor, alto alemán arcaico: Donar) é un deus de cabelos vermellos e barba, que representa a forza da natureza (trono) na Mitoloxía nórdica e tamén na Mitoloxía xermánica. Capaz de convocar treboadas, é o fillo de Odín -o deus supremo de Asgard- e Jord (Fjorgyn) -a deusa de Midgard (a Terra)-. Durante o Ragnarök, Thor matará e será morto por Jörmungandr, a gran serpe de Midgard.
Santa María de Castromao é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 6 entidade de poboación (A Eirexa, o Fondo da Aldea, o Cima da Aldea, O Barrio, o Salgueiral e o Cubo), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 33 habitantes, sendo 20 homes e 13 mulleres.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Nanook (en inuktitut: ᓇᓄᖅ; [naˈnuq] que quere dicir literalmente 'oso polar') é o señor dos osos da relixión inuit, o cal decide se os cazadores teñen éxito ou non no rastrexo e caza de osos, e quen tamén castiga a violación de tabús. O termo popularizouse por Nanook of the North, considerado o primeiro filme documental da historia. Os inuit crían que Nanook, o oso polar, era poderoso e que era "case un home".
Osetia do Norte-Alania ás veces tamén escrito Ossetia do Norte-Alania, (en ruso Респу́блика Се́верная Осе́тия–Ала́ния, Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània; en oseto Цӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ, Căgat Irystony Alanijy Respublikă) é unha república caucásica da Federación Rusa. Ten unha extensión de 8.000 km² e unha poboación de 678.600 habitantes (2000). A súa capital é Vladikavkaz (en oseto Дзæуджыхъæу ("Dzæudjyqæu") «Vila (asentamento) dos Dzaus ou Dzaugas».
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Li Po ou Li Bai (en chinés tradicional e simplificado: 李白; en pinyin: Lǐ Bái; en Wade-Giles: Li3 Pai2), nado en 701 e finado en 762, foi un poeta chinés considerado o mellor poeta romántico da dinastía Tang e mesmo de toda a poesía chinesa. El e os seus amigos, como Tu Fu (712-770), foron algunhas das figuras máis destacadas do florecemento da poesía chinesa da dinastía Tang, a miúdo denominada "idade de ouro da poesía chinesa". A expresión "Tres Marabillas" fai referencia á poesía de Li Bai, a esgrima de Pei Min e a caligrafía de Zhang Xu.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega. Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España, desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos malos resultados das eleccións europeas.
O β-caroteno é un pigmento natural químico terpenoide fortemente coloreado de laranxa abundante nas plantas e froitos, que intervén na fotosíntese como pigmento secundario captador de luz e é precursor da vitamina A. Pertence ao grupo dos carotenos, que son tetraterpenos, biosintetizados a partir de oito moléculas de isopreno e teñen 40 carbonos. Distínguese dos outros carotenos en que ten aneis beta en ambos os extremos da molécula, polo que se chama β,β-caroteno . A estrutura da molécula foi deducida por Karrer et al.
Lance Armstrong, nado o 18 de setembro de 1971 en Plano, Texas, é un ciclista norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un cancro de testículos (diagnosticado en 1996), ser o único ciclista do mundo en gañar 7 Tours de Francia. Conseguidos de xeito consecutivo, dende 1999 ata 2005, fóronlle retirados o 22 de outubro de 2012 pola Unión Ciclista Internacional tralo informe da Axencia Antidopaxe dos Estados Unidos (USADA) por doparse e de subministrar substancias dopantes aos seus compañeiros de equipo.
O SARS-CoV, do inglés "severe acute respiratory syndrome coronavirus" ou coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave (tamén chamado SARS-CoV-1) é unha cepa do virus SARSr-CoV, que causa a síndrome respiratoria aguda grave (SARS polas súas siglas en inglés). É un virus de ARN monocatenario de sentido positivo con envoltura, que infecta as células epiteliais dos pulmóns. O virus entra na célula hóspede ao unirse ao receptor da membrana celular ACE2 (enzima receptor da anxiotensina II).
Este artigo trata sobre o cómic, para obter información sobre a película vaia a Watchmen (filme); e sobre a banda canadense vaia a The Watchmen. Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons. Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
La Alianza, Compañía de Crédito y Seguro
"La Alianza, Compañía de Crédito y Seguro" creouse en 1858. Entre as súas funcións estaba administrar a liquidación e fusión coas seguintes catro sociedades mercantís: a Caja Central de Comercio, o Banco de Pinar del Río, a Caja del Crédito Agrícola de Cárdenas, da Compañía "La Positiva". Ademais, vaise sumar "La Providencia", compañía máis importante de seguros sobre a vida dos escravos.
Alanis Nadine Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense. Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en gran parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica
O Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica (até 2014, se denominou Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica) é concedido desde 1981, á persoa, persoas, equipo de traballo ou institución cuxos descubrimentos ou labor de investigación representen unha contribución relevante para o progreso da Humanidade nos campos das Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Medicina, Ciencias da Terra e do Espazo, así coma técnicas e tecnoloxías relacionadas con elas.
A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é unha competición internacional de clubs de fútbol organizada cada catro anos pola FIFA. A primeira edición do torneo disputouse no ano 2000 co nome de Campionato Mundial de Clubs da FIFA, participando nel os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA (AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC). Non se celebrou entre 2001 e 2004 debido a unha combinación de factores, entre eles a caída de International Sport and Leisure (ISL), o principal socio comercial da FIFA. Foi recuperada en 2005 como unha competición anual, formato no que se disputou ata 2023. A continuación o torneo foi reestruturado de novo e dende 2025 celébrase cada catro anos coa participación de 32 clubs.
Patricio Aylwin Azócar ( pronunciación ), nado o 26 de novembro de 1918 en Viña del Mar e finado en Santiago de Chile o 19 de abril de 2016, foi o primeiro presidente de Chile despois da ditadura de Augusto Pinochet. Posuíu varios títulos de doutor honoris causa, entre eles o da Universidade Técnica de Lisboa, en Portugal. Aylwin foi o gobernante que sucedeu ao ditador Augusto Pinochet, que estivo por dezaseis anos e medio ao mando de Chile logo de derrocar ao socialista Salvador Allende no ano 1973 pola vía dun golpe de Estado.
Aida Bao Pena, nada en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1990, é unha xornalista galega de radio e televisión. Ten dirixido e presentado os informativos da fin de semana na Cadea SER, incluíndo Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Ademais, colaborou co diario El País mediante a videocolumna semanal Notas de voz en la terraza e é profesora no Máster de Xornalismo UAM - El País.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A anatomía é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen. Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación da disección de plantas e animais.
La Positiva, Compañía de Seguros y Banco General de Fomento
La Positiva, Compañía Anónima de Seguros y Banco General de Fomento foi unha compañía cubana creada no ano 1857 co obxectivo de fornecer servizos bancarios e seguros de vida para escravos e colonos de Cuba e Porto Rico. Ademais, promoveu o tráfico de chineses escravizados. Ramón Plá foi un dos principais accionistas.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Alexander Wurz, nado o 15 de febreiro de 1974, é un expiloto profesional austríaco, especialista en formación de pilotos e empresario. Competiu na Fórmula Un de 1997 ata 2007, e tamén gañou dúas veces as 24 Horas de Le Mans. No presente está baixo contrato para competir no equipo de carreiras de fábrica de Toyota no WEC (Campionato Mundial de Resistencia).
René François Armand "Sully" Prudhomme, nado en París o 16 de marzo de 1839 e finado en Châtenay-Malabry o 6 de setembro de 1907, foi un poeta e ensaísta francés. Gañou o primeiro Premio Nobel de Literatura, outorgado en 1901. Prudhomme orixinalmente estudou para ser un enxeñeiro, pero cambiou a filosofía e posteriormente poesía.
A historia (termo procedente da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais. Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade. Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.