Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega. Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España, desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos malos resultados das eleccións europeas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Karina Falagan, nada en 1946 en Castrotierra de la Valduerna (Provincia de León) e finada en Vigo o 29 de maio de 2013, foi unha proxeneta e empresaria viguesa orixinaria de León. Coñecida polos seus negocios de alterne, principalmente polo bar Jonathan na praia de Samil e o Lady Hamilton na Travesía de Vigo, polos que pasaron políticos do Partido Popular de Galicia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
Li Po ou Li Bai (en chinés tradicional e simplificado: 李白; en pinyin: Lǐ Bái; en Wade-Giles: Li3 Pai2), nado en 701 e finado en 762, foi un poeta chinés considerado o mellor poeta romántico da dinastía Tang e mesmo de toda a poesía chinesa. El e os seus amigos, como Tu Fu (712-770), foron algunhas das figuras máis destacadas do florecemento da poesía chinesa da dinastía Tang, a miúdo denominada "idade de ouro da poesía chinesa". A expresión "Tres Marabillas" fai referencia á poesía de Li Bai, a esgrima de Pei Min e a caligrafía de Zhang Xu.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O cancro ou cáncer é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida. Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas).
O sindicalismo ou movemento sindical é un termo amplo para designar o desenvolvemento da historia e a organización colectiva dos traballadores, en dirección á defensa dos seus intereses e de mellores condicións de traballo, fronte ós empregadores e os gobernos. Sindicato e gremio son palabras habituais para designar as organizacións dos traballadores coa fin de representar colectivamente os intereses da clase obreira.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A glutamato descarboxilase ou ácido glutámico descarboxilase (GAD) é un encima que cataliza a descarboxilación do glutamato a ácido gamma-aminobutírico (GABA) e dióxido de carbono (CO2). A GAD usa o fosfato de piridoxal (PLP) como cofactor. A reacción procede da seguinte maneira: HOOC−CH2−CH2−CH(NH2)−COOH → CO2 + HOOC−CH2−CH2−CH2NH2 En mamíferos a GAD existe en dúas isoformas con pesos moleculares de 67 e 65 kDa (GAD67 e GAD65), que están codificadas en dous xenes situados en distintos cromosomas; en concreto, en humanos o xene GAD1 está no cromosoma 2 e o GAD2 no cromosoma 10.
A Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CCOO) é un sindicato español, primeiro en número de persoas afiliadas e por delegados elixidos nas eleccións sindicais. Fundouse en 1976 como confederación das diferentes Comisións Obreiras que existían na clandestinidade. Nas súas orixes o sindicato estaba profundamente ligado ao Partido Comunista de España, sendo moi habitual a dupla militancia no PCE e nas Comisións Obreiras clandestinas.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
Alanis Nadine Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense. Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en gran parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
O rei Artur é unha importante figura da mitoloxía de Gran Bretaña orixinada na mitoloxía celta, representa o ideal do cabaleiro na guerra e na paz. É o personaxe principal no ciclo de lendas coñecido como Materia de Bretaña. Os investigadores non concordan sobre se realmente existiu, nas máis antigas referencias dos textos galeses non se lle dá o título de rei, senón dux bellorum.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
A das discináceas (Discinaceae) é unha familia de fungos ascomicetos, cuxos membros máis coñecidos son os do xénero Gyromitra. Orixinalmente foi creada por Erich Heinz Benedix en 1961, e viuse que era un clado diferenciado nun estudo molecular de ADN ribosómico feito polo micólogo Kerry O'Donnell en 1997. En 2008, considerábase que a familia comprendía 5 xéneros e 58 especies.
Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.
Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un profesor e escritor galego, un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Os Pezizomycetes (pecizomicetos) son unha clase de fungos dentro da división Ascomycota. Os Pezizomycetes son fungos con apotecios, o que significa que os seus corpos produtores/liberadores de esporas, chamados ascomas, son discoidais e teñen na súa superficie superior unha capa de células cilíndricas produtoras de esporas chamadas ascos, dos cales se descargan as esporas forzadamente. Grupos importantes desta clase son: fungos con forma de copa (Peziza), cogomelos de coresma (Morchella), trufas (Tuber) e falsas pantorras (Gyromitra).
Lance Armstrong, nado o 18 de setembro de 1971 en Plano, Texas, é un ciclista norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un cancro de testículos (diagnosticado en 1996), ser o único ciclista do mundo en gañar 7 Tours de Francia. Conseguidos de xeito consecutivo, dende 1999 ata 2005, fóronlle retirados o 22 de outubro de 2012 pola Unión Ciclista Internacional tralo informe da Axencia Antidopaxe dos Estados Unidos (USADA) por doparse e de subministrar substancias dopantes aos seus compañeiros de equipo.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
O músculo (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato") é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada.
A Excelentísima Orde do Imperio Británico é unha orde de cabalería británica, instituída o 4 de xuño de 1917 polo rei Xurxo V. A orde outórgaa o rei ou a raíña de Inglaterra a todos aqueles que fixesen algo significativo no nome do Reino Unido. Ten cinco categorías: Cabaleiro da Gran Cruz ou Dama da Gran Cruz, (GBE) (Knight Grand Cross or Dame Grand Cross) Cabaleiro Comendador ou Dama Comendadora (KBE or DBE) (Knight Commander or Dame Commander) Comendador (CBE) Oficial (OBE) Membro (MBE) As siglas dos títulos colócanse despois dos apelidos en inglés.
Champaña-Ardenas (en francés: Champagne-Ardenne) é unha rexión do noroeste de Francia. A Rexión foi creada en aplicación do decreto de 22 de decembro de 1789 e de 4 de maio de 1790, durante a Revolución francesa e agrupa unha parte das antigas provincias de Champaña e Argonne e do principado de Sedan. Durante o século XX, Champaña-Ardenas foi escenario de importantes batallas da Primeira e Segunda guerras mundiais.
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano naturalizado estadounidense, coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e as súas contribucións ao desenvolvemento da teoría cuántica, a física nuclear, a física de partículas e a mecánica estatística. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 polos seus traballos sobre a radioactividade inducida, e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX. Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University. Foi definido como o arquitecto da era nuclear e da bomba atómica, tendo colaborado nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan).
Un carcinóxeno é calquera substancia, radioisótopo, ou radiación que funciona como un axente que está directamente implicado en causar un cancro. Isto pode deberse á súa capacidade de danar o xenoma ou de afectar a procesos metabólicos celulares. Varias substancias radioactivas considéranse carcinóxenos, pero a súa actividade carcinoxénica é directamente atribuída á radiación, como raios gamma e partículas alfa que emiten.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
As Comores, oficialmente Unión das Comores (en francés: Union des Comores; en comoriano: Udzima wa Komori; en árabe: جزر القمر, Ğuzur al-Qamar), ata 2002 República Federal Islámica das Comores (en francés: République fédérale islamique des Comores; en árabe: جمهورية القمر الإتحادية الإسلامية), é un país formado por tres illas no sueste de África, situado ao extremo norte da Canle de Mozambique no océano Índico, entre o norte de Madagascar e o norte de Mozambique. O país consta de tres illas volcánicas: Gran Comora (Ngazidja), Mohéli (Mwali) e Anjouan (Nzwani), mentres que a veciña illa de Mayotte (Maore), reclamada polas Comores, segue pertencendo a Francia como departamento de ultramar, Mayotte votou en contra da independencia de Francia en 1974. O territorio comprende ademais outras pequenas illas.
A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².