Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
A rápida e dramática desaparición do estado iugoslavo a finais do século XX -e da que aínda perduran flocos no XXI- causou unha fonda conmoción en todo o mundo, pero especialmente en Europa onde, para moitas persoas, era complicado entender como se puideron dar tales sucesos no culto e civilizado continente de finais de século. Comprender estes feitos non é doado, porque na maioría do material dispoñíbel fálase de Iugoslavia unicamente como o estado europeo que existiu desde os tratados que puxeron fin á Primeira guerra mundial até a súa desaparición, o ano 2003, en que pasou a denominarse Serbia e Montenegro. Para poder interpretar o sucedido hai que rastrexar na historia de Europa, xa que o termo Iugoslavia non se refire só ao estado citado, senón que é unha denominación de carácter cultural e xeográfica (a parte occidental da península Balcánica onde viviron, e viven, os eslavos do sur, que iso é o que significa o termo (Iugoslavia, en croata, serbio latino e esloveno Jugoslavija, en macedonio e serbio cirílico Југославија, tradúcese literalmente como Eslavia do sur ou país dos eslavos do sur).
Enzo Anselmo Ferrari, nado en Módena o 18 de febreiro de 1898 [rexistrado o 20 de febreiro] e finado na mesma localidade o 14 de agosto de 1988, foi o fundador da Scuderia Ferrari e máis tarde da marca de automóbiles que leva o seu nome, Ferrari. Foi coñecido polos seguidores de Ferrari como Il nel.
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.277 habitantes (2024), repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 47 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
A historia (termo procedente da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais. Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade. Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica).
Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967, foi un médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria. En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Mircea Eliade, nado en Bucarest o 9 de marzo de 1907 e finado en Chicago o o 22 de abril de 1986, foi un pensador e etnógrafo romanés, considerado como un dos maiores especialistas no campo da fenomenoloxía e da socioloxía relixiosa e no da historia das relixións. Así mesmo foi un literato en lingua romanesa, na que publicou novelas e relatos.
A torre Eiffel (La Tour Eiffel en francés) é un monumento situado en París, a capital de Francia, que mide hoxe 324 metros de alto, incluída a antena de televisión no seu cumio. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio.
San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), antes coñecida como Petrogrado (1914-1924) e máis tarde como Leningrado (1924-1991), é a segunda cidade máis poboada, cunha poboación de aproximadamente 5,4 millóns de habitantes, e importante de Rusia, só superada pola capital, Moscova. Está situada as beiras do río Nevá, na cabeceira do golfo de Finlandia no mar Báltico.
Montenegro (/monteˈne.ɣɾo/; lit. "monte negro"; en montenegrino: Crna Gora / Црна Гора; en albanés: Mali i Zi) é un estado situado nos Balcáns, ao sueste de Europa. Linda ao norte con Bosnia e Hercegovina, con Serbia ao nordés, con Kosovo ao leste, con Albania ao sueste, con Croacia ao noroeste e co mar Adriático ao oeste, cunha costa de 293.5 km.
A cafeína é un composto alcaloide (do grupo das xantinas) que actúa como estimulante nos humanos. A cafeína é o mesmo composto químico que a guaranina (chamada así polo guaraná), a mateína (polo mate) e a teofilina (polo té). Orixinalmente se pensaba que estas substancias tiñan diferenzas químicas, pero despois descubriuse que son idénticas.
Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e finado en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario de orixe alemá. Na súa vasta e influente obra abarca diferentes campos do pensamento na filosofía, a historia, a ciencia política, a socioloxía e a economía; aínda que non limitou o seu traballo soamente á investigación, pois ademais aventurouse na práctica do xornalismo e a política, propondo sempre no seu pensamento unha unión entre teoría e práctica (praxe). O seu interese fundamental situouse na procura tanto do coñecemento como do desenvolvemento das condicións para a emancipación da clase traballadora respecto da patronal e das leis de acumulación dos capitais encarnados nela.
Rembrandt Harmenszoon van Rijn, nado en Leiden o 15 de xullo de 1606 e finado en Ámsterdam o 4 de outubro de 1669, foi un pintor e gravador neerlandés, considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante do seu país. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron século de ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio. Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica.
O termo xudaísmo (do hebreo יהדות Yahadut, do termo יהודה Yehudá) refírese á relixión, á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións monoteístas, as chamadas «relixións do Libro» ou «abrahámicas» xunto co cristianismo e o islam, e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.
Os celtas son un conxunto de pobos indoeuropeos de Europa identificados polo uso das linguas celtas e outras semellanzas culturais. A historia da Europa precelta e a relación exacta entre os diferentes grupos étnicos, lingüísticos e culturais dentro do espazo celta é tema de debate e controversia. Por outra banda, o alcance xeográfico dos antigos celtas tamén está en disputa; particularmente, se os habitantes da Idade de Ferro de Gran Bretaña e Irlanda así coma os da Gallaecia deberían ser considerados ou non como celtas.
Unha impresora é un dispositivo periférico que serve para converter información dixital en información impresa. A velocidade de impresión mídese polo número de caracteres por segundo e pola cantidade de páxinas por minuto que pode imprimir a impresora. A calidade de impresión ou resolución da impresora mídese pola cantidade de puntos por polgada que pode imprimir.
O polimorfismo (do grego πολύ, poli, 'moitas', e μορφή, morfe, 'forma') en bioloxía e zooloxía é a aparición nas poboacións dunha especie de dúas ou máis formas ou morfos claramente diferentes, tamén chamadas fenotipos alternativos. Os morfos, para ser considerados como tales, deben ocupar o mesmo hábitat ao mesmo tempo e pertencer a unha poboación panmíctica (con apareamento aleatorio). Hai tres mecanismos que poden causar polimorfismo: Polimorfismos xenéticos, nos que o fenotipo de cada individuo está determinado xeneticamente.
O salto de lonxitude é unha proba do actual atletismo consistente en percorrer a máxima distancia posible no plano horizontal a partir dun salto tras unha carreira. A carreira previa debe realizarse dentro dunha área existente para iso, que finaliza nunha táboa de batida que indica o punto límite para realizar o impulso. A caída ten lugar sobre un foso de area.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva.
A percepción do quórum ou percepción de quórum (en inglés quorum sensing) é un sistema de estímulos e respostas correlacionados coa densidade de poboación. Moitas especies de bacterias utilizan a percepción do quórum para coordinar a súa expresión xénica de acordo coa densidade da súa poboación local. As bacterias poden percibir se ao seu arredor hai moitas ou poucas bacterias da súa especie ou doutras especies, o que fará que se comporten dunha determinada maneira.
En xeografía, un deserto é unha área estéril da paisaxe onde se producen poucas precipitacións pluviométricas e, en consecuencia, as condicións de vida son hostís para a vida vexetal e animal. A falta de vexetación expón a superficie desprotexida do chan a procesos de denudación. Isto pode ser verdade, porén, examinándoo máis detalladamente, os desertos frecuentemente abrigan unha riqueza de vida que normalmente permanece agochada (especialmente durante o día) para conservar a humidade.
En matemáticas, especificamente en aritmética elemental, a división é unha operación aritmética que é a inversa da multiplicación e ás veces pode interpretarse como unha resta repetida. Noutras palabras, consiste en pescudar cantas veces un número (o divisor) está contido noutro número (o dividendo). Na división de números enteiros ademais do dividendo e o divisor interveñen outros números.
Un xoguete é un obxecto mediante o cal se acada a diversión. Polo xeral, está destinado a cativos, aínda que existen tamén diversos xoguetes creados para adultos ou accesibles a todo o mundo. Mesmo os animais domésticos, en especial cans e gatos, son destinatarios dalgúns aparellos lúdicos creados especificamente para eles.
O Premio Turing é concedido anualmente pola Asociación para a Maquinaria de Computación (en inglés Association for Computing Machinery, ou ACM) a unha persoa pola súa contribución á computación. A denominación do premio responde a Alan Mathison Turing, un matemático británico considerado un dos pais da ciencia da computación moderna. O premio é recoñecido como o "Premio Nobel da informática".
Edwin Powell Hubble, nado o 20 de novembro de 1889 en Marshfield (Missouri) e finado en San Marino, California o 28 de setembro de 1953 en California, foi un astrónomo estadounidense. Fillo de John Powell Hubble e Virginia Lee James. É coñecido por ser o astrónomo que acadou a primeira evidencia observacional da expansión do universo, a unha taxa ou velocidade coñecida coma constante de Hubble ou Lei de Hubble, que se indica co símbolo H0.
Gaspar de Zúñiga Acevedo e Velasco
Gaspar de Zúñiga Acevedo e Velasco, nado en Monterrei en 1560 e finado en Lima o 10 de febreiro de 1606, foi un nobre galego da Casa de Zúñiga, V conde de Monterrei, señor de Biedma, Ulloa e da casa de La Ribera, pertegueiro maior de Santiago de Compostela, vicerrei, gobernador e capitán xeneral do Vicerreinado da Nova España (México), presidente da Real Audiencia de México, logo vicerrei, gobernador e capitán xeneral do Vicerreinado do Perú e presidente da Real Audiencia da Cidade dos Reis (Lima)
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O xabaril (do árabe djabalí) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evolucionou o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Power metal é un subxénero do Heavy Metal derivado do Speed Metal. Podería traducirse como Metal Enérxico ou Metal Potente Esta etiqueta acuñouse para designar un amplo espectro de variedades do Speed Metal. Pode aglutinar ó Speed Metal, ó Metal Melódico, ó Metal Británico, ó Metal Épico, ó Metal Neoclásico, e incorporar elementos de folk (o que se denomina Folk-Metal), Trash Metal, ou incluso Black Metal.
O papo da perna, barriga da perna ou polpa é unha proeminencia muscular, situada na face posterosuperior da perna, formada principalmente polos músculos gastrocnemio e sóleo. É innervado polo nervio tibial. A barriga da perna é avultada, moi carnosa, xa que está formada polo tríceps sural que reúne tres músculos: os dous músculos gastrocnemios -interno e externo- e o sóleo.
Alpha Boötis (α Boo / α Boötis), máis coñecida coma Arcturus é a estrela máis luminosa da constelación de Boötes , é a terceira máis luminosa do ceo, cunha magnitude visual de −0,05. É unha K1.5 III xigante vermella, 116 veces máis luminosa có Sol. O seu brillo aparente débese á súa proximidade á Terra (36,7 anos luz).
Un orbital é a zona do espazo onde se move un electrón "arredor" dun átomo. A idea de orbital naceu coa Mecánica cuántica a partir da de órbita preconizada por Bohr e posteriormente por Sommerfeld. O termo "orbital atómico" úsase polo menos en dous sentidos en química cuántica: No tratamento mecanocuántico dos átomos, as funcións de ondas monoelectrónicas que se obteñen como solución da ecuación de Schrödinger chámanse orbitais atómicos.
O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción') é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».
A heptarquía anglosaxoa é un período histórico de Inglaterra que comprende dende a conquista completa de Inglaterra arredor do ano 500 polos emigrantes anglos, saxóns e xutos, ata a chegada dos invasores viquingos a mediados do século IX. Aínda que este termo se utilizaba nun principio segundo os datos coñecidos no século XII, que era que existiran sete reinos considerados "ingleses" pero independentes entre si, que eran Wessex, Sussex, Essex (os saxóns), Mercia, Northumbria e Anglia Oriental (os anglos) e Kent (o xuto), máis adiante, no século XIX, pasou a utilizarse unicamente como denominador dun período histórico, xa que Sussex ou Essex sempre estiveron suxeitos a Wessex, e houbo outros territorios independentes nese período, sendo o máis destacábel Lindsey, que comprendía máis ou menos o que hoxe é a comarca de Lincolnshire. Na etapa da heptarquía anglosaxoa a hexemonía foi primeiro de Northumbria, o reino máis ó norte, pero pola presión de Anglia Oriental, Mercia e o reino britano cristián de Strathclyde (na actual Escocia), deixou paso a Mercia, cuxo máis importante rei foi Offa, contemporáneo de Carlomagno e autor do muro que separa Inglaterra de Gales e que leva o seu nome. Por último, tralas invasións viquingas no norte, foi Wessex, formando xa parte de Essex, Sussex e o sur de Mercia, os que fixeron fronte ós invasores con reis como Alfredo o Grande.
O sistema reprodutor é o conxunto de órganos que entre as súas funcións principais teñen a reprodución dos seres vivos. Todos os seres vivos se reproducen, pero hai varias formas de reprodución que poden ser ou non sexuais: escisión, xemación, esporas e partenoxénese son formas de reprodución asexual. Na reprodución asexual os novos individuos son clónicos, xa que comparten unha carga xenética idéntica, excepto polas mutacións espontáneas.
A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo. A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto.
Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX. Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone" de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época, e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día.