Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A escravitude en Cuba formou parte do comercio atlántico de escravos que promoveron principalmente donos españois de plantacións interesados no comercio de azucre. Foi practicada na illa de Cuba dende o século XVI até ser abolido por decreto real o 7 outubro de 1886 e se estableceu que entre 1821 e 1866 foron desembarcados máis de 500.000 africanos escravizados.
O ácido folínico, tamén chamado leucovorina, é un medicamento usado para diminuír os efectos tóxicos do metotrexato e pirimetamina. Tamén se usou en combinación co 5-fluorouracilo para tratar o cancro colorrectal e o cancro pancreático, pode usarse para tratar a deficiencia de folato que resulta en anemia e envelenamento por metanol. Adminístrase por vía oral, intramuscular ou intravenosa.
Verpa bohemica é unha especie de fungo da familia Morchellaceae. Os micólogos europeos usan a miúdo o sinónimo Ptychoverpa bohemica para esta especie. Este cogomelo ten un píleo con forma de dedal amarelo claro ou marrón, de 2 a 4 cm de diámetro por 2 a 5 cm de longo, que ten unha superficie engurrada e con circunvolucións parecidas ás do cerebro.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Grand Slam de tenis está constituído polos catro torneos maiores do circuíto internacional organizados pola Federación Internacional de Tenis, sendo os seguintes: Aberto de Australia Torneo de Roland Garros Campionato de Wimbledon Aberto dos Estados Unidos Estes catro torneos dispútanse anualmente ao mellor de 5 sets cada partido en categoría masculina, cun cadro de 128 xogadores, a diferenza dos ATP World Tour Masters 1000 que se disputan ao mellor de 3 sets, cun cadro de 94 ou 56 xogadores e á mellor de 3 sets en categoría feminina (tamén cun cadro de 128 xogadoras), sendo os de maior renome entre xogadores e afeccionados ao deporte ao outorgar os maiores premios en efectivo e o maior número de puntos para a clasificación mundial. Ao triunfar un xogador nalgún destes 4 torneos dise que logrou un título de Grand Slam. A expresión provén do xogo do bridge, que logo se aplicou ao tenis por primeira vez en 1933.
Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX. Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone" de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época, e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día.
O virus de Zika ou virus Zika (ZIKV, virus do bosque de Zika en Uganda) é un virus pertencente á familia Flaviviridae e ao xénero Flavivirus. En humanos este virus causa inicialmente unha enfermidade leve chamada febre de Zika, Zika, ou doenza de/do Zika, transmitida por mosquitos, que se coñecía desde a década de 1950 como unha doenza propia dunha estreita área ecuatorial que se estendía desde África a Asia. Non obstante, en 2014, o virus espallouse máis cara ao leste a través do océano Pacífico e chegou á Polinesia Francesa, e despois á illa de Pascua e en 2015 alcanzou América Central, o Caribe e Suramérica, onde orixinou en 2015-2016 un gromo que chegou ao nivel de pandemia.
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) é unha asociación de carácter pedagóxico e sociocultural fundada en 1976 co obxectivo de fornecer recursos educativos en galego. Conta con máis dun millar de socios. O seu lema inicial, Na procura dun ensino galego, expresa a intencionalidade da entidade de lograr un sistema educativo galego na expresión e nos contidos curriculares, organizado desde o coñecemento do propio país, e ao seu servizo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O virus do dengue (dengue virus, DENV) é o causante da enfermidade do dengue. É un virus de ARN monocatenario de febra positiva transmitido por mosquitos, pertencente á familia Flaviviridae, xénero Flavivirus. Atopáronse cinco serotipos deste virus, todos os cales poden causar o espectro completo da enfermidade.
Kevin Wayne Durant, nado o 29 de setembro de 1988 en Washington, D.C., é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA). Ala cunha alzada de 2,06 metros, antes da súa chegada á máxima competición do baloncesto norteamericano, Durant gañou multitude premios que o acreditaban como un dos mellores xogadores de instituto e universitarios do país. Posteriormente Durant optou por presentarse ao Draft da NBA, sendo seleccionado na segunda posición polos Seattle SuperSonics.
O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
Célula presentadora de antíxenos
Unha célula presentadora de antíxenos (xeralmente abreviada como CPA ou como APC, polo seu nome inglés antigen-presenting cell) é unha célula que expón os antíxenos (alleos ou propios) na súa superfice celular formando complexos coas moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. Os linfocitos T poden recoñecer estes complexos contactando coa célula presentadora por medio do seu receptor de células T (TCRs). A presentación de antíxenos é fundamental para o funcionamento do sistema inmunitario.
Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.455 habitantes (732 homes e 723 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.
Unha vacina da COVID-19 é unha vacina que protexa contra a infección polo virus SARS-CoV-2, causante da COVID-19, que polo momento está en fase de elaboración. Aínda que ningunha vacina completou os ensaios clínicos, hai en marcha múltiples intentos de desenvolver unha. A finais de febreiro de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dixo que non esperaba que estivese dispoñible unha vacina contra o SARS-CoV-2 en menos de 18 meses.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 tiña 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O xentilicio é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .
A turba é un material orgánico, esponxoso, rico en carbono e de cor parda escura. Ten unha orixe vexetal, xa que se forma por acumulación de vexetación parcialmente descomposta formando capas xeralmente en rexións pantanosas, brañas, e tamén en zonas altas húmidas. Estes ecosistemas coñécense como turbeiras.
Monterrei, oficialmente Monterrey, é unha importante cidade da República Mexicana, dentro da terceira área metropolitana máis grande do país e a novena cidade en tamaño, capital do estado de Nuevo León, no nordeste do país (540 m de altitude), e a uns oitocentos quilómetros ao norte do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.135.550 habitantes (2010). No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural ao norte do país.
O Trofeo Pichichi é o premio que outorga cada ano o xornal deportivo español Marca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Por extensión, en España adoita utilizarse de forma xenérica o termo Pichichi para referirse ao máximo goleador de cada torneo futbolítisco. Ao premio chámaselle así como homenaxe ó famoso xogador do Athletic Club de Bilbao Rafael Moreno "Pichichi", que destacou pola súa gran capacidade goleadora ó longo dos anos 1910 e 1920, antes da creación da Liga española de fútbol.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 224.113.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Murad I, chamado Hüdavendiğar, "o Divino", nado posiblemente en Bursa en 1319/26 e finado en Kosovo Polje o 15 de xuño de 1389, foi Bey (príncipe) do Imperio Otomán entre 1359 e 1383, e sultán desde 1383 ata a súa morte. Fillo de Orhan I Gazi e a princesa bizantina Nilüfer Hatun. Casou coa princesa bizantina Helena Paleóloga e coa princesa Tamara de Bulgaria e tivo catro fillos e dúas fillas: Yakub Celebi (¿?
Shaquille Rashaun O'Neal, nado en Newark (Nova Jersey) o 6 de marzo de 1972, alcumado como Shaq, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto, sendo o seu último equipo os Boston Celtics da NBA, onde xogaba como pivote. Está considerado como un dos xogadores máis dominantes da historia da NBA. O'Neal gañou catro campionatos da NBA, tres con Los Angeles Lakers e un con Miami Heat, ademais de finalizar subcampión con Orlando Magic en 1995. En canto a galardóns individuais, O'Neal logrou tres MVP das Finais, un MVP da tempada en 2000, tres MVP do All-Star Game (o último deles, compartido co seu excompañeiro dos Los Angeles Lakers Kobe Bryant) e o Rookie do Ano.
A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo. A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto.
A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, creada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes pero incluíndo algúns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial. Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terra Nova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol
A clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol está elaborada pola RFEF e baséase nos puntos conseguidos por cada equipo en primeira división, independentemente de se nunha tempada a vitoria outorgaba 2 ou 3 puntos ao vencedor ou do número de puntos en xogo. Debido a isto, os equipos que recentemente realizaron boas campañas a miúdo están en postos máis altos que os que realizaron boas campañas hai máis de dez anos. A clasificación non inclúe datos tales como puntos en divisións inferiores ou en Copa do Rei.
A Liga Española de Baloncesto Afeccionado (Liga EBA) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. Trátase da cuarta liga en importancia das que se disputan en España, despois da Liga ACB, LEB Ouro e a LEB Prata. A liga dispútase simultaneamente en cinco grupos, onde se integran os equipos por proximidade xeográfica.
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
Marco Antonio Muñíz Ruiz Rivera, máis coñecido como Marc Anthony, nado en Nova York o 16 de setembro de 1968, é un cantante estadounidense de ascendencia portorriqueña. As súas cancións van desde salsa, pasando polo bolero e sobre todo o pop. Deu o salto internacional grazas a Paul Simon, a quen considera o seu mestre e mentor, quen o elixiu entre miles de candidatos para ser o protagonista da súa obra "The Coconut".
A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados. Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
It's Tough to Be a Bird é unha curtametraxe animada de Disney de 1969 dirixida por Ward Kimball e producida por Walt Disney Productions. Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 42ª edición dos premios en 1970 e foi nomeada ao BAFTA en 1971. Esta foi a última curtametraxe de animación producida por Disney en gañar un premio Óscar ata Paperman (2012) e, polo tanto, a última curtametraxe de debuxos animados lanzada por Disney na idade de ouro da animación estadounidense.
Haas Formula LLC, que compite como Haas F1 Team, é un equipo de carreiras de Fórmula Un fundado polo copropietario do equipo Sprint Cup Series da NASCAR Gene Haas en abril de 2014. O equipo tiña a intención de facer a súa debut no inicio da tempada 2015, pero máis tarde optaron por pospoñer a súa entrada ata a tempada 2016. O actual director do equipo Haas F1 é Guenther Steiner.
Quentin Jerome Tarantino, nado en Knoxville (Tennessee) o 27 de marzo de 1963, é un director, guionista, produtor e actor estadounidense gañador de dous Óscar, un Globo de Ouro, a Palma de Ouro e o Premio BAFTA. Comezou a súa carreira na década dos 90. As súas películas caracterízanse xeralmente por empregar historias non lineais, as influencias estilísticas do Grindhouse, o Kung-Fu e os spaghetti western.
República Socialista Soviética de Kazakhstán
A República Socialista Soviética de Kazakhstán (en kazako: Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Kazakhstán. Tiña unha superficie de 2.717.300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.