Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Azul de metileno é o nome que comunmente se dá ao cloruro de metiltioninio, que é un sal usado como tintura biolóxica e como medicamento. Como medicamento, úsase principalmente para tratar a metahemoglobinemia. Foi usado previamente para tratar o envelenamento por cianuro e infeccións do tracto urinario, pero ese uso xa non se recomenda.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Bernardo del Río Parada, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de febreiro de 1893 e finado en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1952, foi un compositor e director galego, especialmente vinculado á cidade de Santiago de Compostela. A súa produción abrangue principalmente música para banda e música coral, se ben é coñecido especialmente pola súa zarzuela galega A lenda de Montelongo, foi tamén un destacado investigador da música e folclore galego.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O Futebol Clube de Famalicão, coñecido simplemente como Famalicão, é un club de fútbol portugués con sede en Vila Nova de Famalicão. Fundado o 21 de agosto de 1931, milita na Primeira Liga, máxima categoría do fútbol portugués. Desde 1952 o Famalicão xoga os seus partidos como local no Estádio Municipal 22 de Junho, con capacidade para 5.307 espectadores.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O Concello de Ourense encárgase de gobernar a cidade e o municipio de Ourense, capital da provincia galega homónima. Está presidido polo alcalde ou alcaldesa, elixido democraticamente por sufraxio universal dende 1979. Tras as Eleccións municipais de España de 2023, os partidos Democracia Ourensana, PP, PSOE e BNG obtiveron representación parlamentaria.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos. Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial.
Lula Goce é unha artista galega, nada en 1976 en Baiona, especializada en pintura mural de gran formato. Participa en festivais de arte urbana galegos e internacionais, cunha obra que transforma a paisaxe en narrativa poética visual, onde se mesturan retratos, soños, conciencia ambiental e elementos de identidade para a integración no espazo da contorna onde pinta.
Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Esta é unha lista, moi incompleta, dos xornais e outras publicacións periódicas impresas que hai ou houbo na Provincia da Coruña.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Os sefardís (hebreo: ספרדים, sfaradim) son os descendentes dos xudeus que viviron nos distintos territorios da Península Ibérica até 1492, e que están ligados á cultura hispánica mediante a lingua sefardí e a tradición. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en Israel, Francia, Estados Unidos e Turquía. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en Cuba, México e ao longo de Suramérica, principalmente na Arxentina, o Brasil, Venezuela, Chile, Paraguai e o Perú onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades españolas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Piotr Arkadievich Stolypin, (en ruso: Пётр Арка́дьевич Столы́пин), nado o 14 de abril de 1862 en Dresde e finado o 5 de setembro de 1911 en Kíiv, foi un político do Imperio Ruso que exerceu como Secretario de Estado da súa maxestade imperial (1908), Conselleiro de Estado Real (1904), Camarista Maior (1906); gobernador de Hrodna (1902–1903) e de Saratov (1903–1906), ministro do Interior e presidente do Consello de Ministros do Imperio Ruso (1906–1911), así como membro do Consello de Estado do Imperio Ruso por nomeamento directo (1907–1911). Na historia rusa de principios do século XX, Stolypin é coñecido principalmente como reformador e político, xogando un papel crucial na represión da revolución de 1905–1907. O 26 de abril de 1906, o tsar Nicolao II ofreceulle a Stolypin o cargo de ministro do Interior.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Copenhague, e consonte algunhas fontes tamén Copenhaguen (en dinamarqués: København, [kʰøb̥ənˈhɑʊ̯ˀn], [kʰøb̥m̩ˈhɑʊ̯ˀn] (AFI), escoitar), é a capital de Dinamarca. O seu nome danés, København, que orixinariamente viña sendo o porto dos comerciantes, lembra a súa posición estratéxica á entrada do mar Báltico. Está situada na costa oriental da illa de Selandia e sobre a máis pequena illa de Amager, fronte ó estreito de Øresund.
Eurocopa de Fútbol 2020 - Final
A Final da UEFA Euro 2020 será o partido de fútbol que determine os gañadores da Eurocopa 2020. O partido será a 16ª final do Campionato Europeo da UEFA, un torneo cuadrienal disputado polos equipos nacionais masculinos das asociacións membros da UEFA para decidir os Campións de Europa. O partido disputarase no Wembley Stadium en Londres, Inglaterra, o 11 de xullo de 2021 e será disputado por Inglaterra e Italia, vencedores das súas respectivas semifinais.
Ringo Starr nado como Richard Starkey, (MBE) en Liverpool o 7 de xullo de 1940, é un músico, cantante, compositor e actor británico, recoñecido por ser o batería de The Beatles. Dos catro membros do grupo, foi o último en incorporarse á formación definitiva. Chámanlle así porque sempre usa aneis, aínda que nunha entrevista dixo: "Elixino porque é nome de can e os cans agrádanme".
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
L'Homme qui plantait des arbres (filme)
L'Homme qui plantait des arbres é unha curtametraxe animada canadense de 1987 dirixido por Frédéric Back. Baséase no conto de Jean Giono de 1953 O home que plantaba árbores. Cunha duración de 30 minutos, distribuíuse en dúas versións, francesa e inglesa, narradas respectivamente polos actores Philippe Noiret e Christopher Plummer, e producida por Radio-Canada.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994 vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da música clásica. Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de música pop como Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini e Céline Dion.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2010
Os XXI Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse na cidade canadense de Vancouver, Columbia Británica, entre o 12 e o 28 de febreiro de 2010. Tras o fin deste evento, Vancouver organizou os Xogos Paralímpicos entre o 12 e o 21 de marzo dese mesmo ano. A cidade de Vancouver foi elixida sede dos Xogos polo Comité Olímpico Internacional (COI) por riba das candidaturas surcoreana en Pyeongchang e austríaca en Salzburgo.
A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur. A primeira mención documental á Rioxa, escrita como Rioga, aparece no foro de Miranda de Ebro, no ano 1099, así como tamén aparece o topónimo latinizado no Becerro Galicano de San Millán de la Cogolla, do mesmo século XI. O Estatuto de Autonomía da Rioxa, denominado tamén Estatuto de San Millán, foi aprobado en 1982, dotando deste xeito á rexión do correspondente autogoberno.
Inia geoffrensis é unha especie de golfiño de auga doce, única do xénero Inia e da familia dos iníidos, propia das cuncas dos ríos Amazonas e Orinoco, polo que na bibliografía internacional se coñece como golfiño do Amazonas, golfiño rosado (este último nome debido á súa coloración) e boto, entre outros. No mioceno, a Amazonia estivo cuberta de auga de mar intermitentemente. Este golfiño descendería de antepasados que poboaban o océano no mioceno e que entraron no Amazonas e que, despois, evolucionarían para adaptarse á auga doce cando o mar se retirou.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016
As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Maruja é unha banda inglesa, da cidade de Manchester, do xénero do jazz-rock. A banda mestura psicodelia e jazz fusión co noise e o post-punk e temáticas psicolóxicas sobre a perda ou a ansiedade. Formada en 2016 para o lanzamento do seu primeiro EP homónimo, a banda recolleu o nome durante as vacacións do membro fundador Harry Wilkinson en España, que ao seu paso por diante dun ultramarinos con nome de Maruja decidiu empregalo para a banda.
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Este artigo trata sobre a parte da escaleira, para os distintos niveis que serven de asento para os espectadores, véxase Bancada. Denomínase chanzo, banzo ou paso a cada unha das superficies planas de pedra, madeira ou outra materia dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar. Denomínase tamén banzo a cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».