Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Este artigo trata sobre a parte da escaleira, para os distintos niveis que serven de asento para os espectadores, véxase Bancada. Denomínase chanzo, banzo ou paso a cada unha das superficies planas de pedra, madeira ou outra materia dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar. Denomínase tamén banzo a cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés.
A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Elias Magnus Fries (nado o 15 de agosto de 1794 – finado o 8 de febreiro de 1878) foi un micólogo e botánico sueco. Ás veces foi denominado "o Linné da Micoloxía". Nos seus traballos describiu e asignou nomes botánicos a centos de especies de fungos e liques, moitas das cales seguen levando a súa autoría hoxe.
Enrique Nicanor González, nado en Sas de Penelas (Castro Caldelas) o 5 de decembro de 1944 e finado o 8 de xullo de 2025, foi un produtor, director, escritor e debuxante galego de cine e televisión, coñecido polo seu traballo como director de La 2, e a creación de Caponata e Perezgil, os bonecos da versión española de Barrio Sésamo. Comezou como deseñador e director de cine de animación en Cuba (1959). Asentado en París (1965) e España (desde 1967) foi membro do consello e presidente de INPUT-TV, a Conferencia Internacional de Televisión Pública e profesor de cine na EAVE, do obradoiro de Produtores europeos e a Rede de Educación da Comisión Europea.
A pintura grega antiga abrangue todo o período da Grecia antiga, desde a Idade do Bronce até os períodos arcaico, clásico e helenístico. Durante este longo período, desde o século X ao I antes da Era Común, transformouse en todas as formas que adoptou, tanto se pintaba sobre cerámica — que segue sendo a parte mellor conservada desta práctica artística - en paneis ou mural e ás veces en estelas. A pintura grega non se circunscribe, polo tanto, ao soporte bidimensional, xa que o esencial atópase na cerámica, nun volume particular no que está inscrita a pintura e con pequenos relevos que, ás veces, son completos (vulto redondo).
Culí (tamén grafado coolie, culi, kuli, quli, koelie) é un termo usado historicamente para designar xornaleiros nativos de Asia, especialmente da China e da India, durante o século XIX e inicio do século XX. Actualmente, nos países de lingua inglesa, o termo é considerado como pexorativo e racista para as persoas de ascendencia asiática.
A escravitude en Cuba formou parte do comercio atlántico de escravos que promoveron principalmente donos españois de plantacións interesados no comercio de azucre. Foi practicada na illa de Cuba dende o século XVI até ser abolido por decreto real o 7 outubro de 1886 e estableceuse que entre 1821 e 1866 foron desembarcados máis de 500 000 africanos escravizados.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
José Aragón Pérez (Chiclana de la Frontera, 1952) Forma parte do Concello do Chiclana desde 1972. En agosto de 1976 obtivo o posto de auxiliar administrativo, en xuño de 1990 foi nomeado auxiliar administrativo e, en xuño de 1993, ascendeu ao rango de xefe administrativo. Tamén ocupou cargos en varios departamentos municipais, como Conserxería, Intervención, Deportes, Oficina de Rexistro de Información e Entrada, Obras Públicas, Infraestruturas e o Servizo de Proxectos e Obras.
O virus de Zika ou virus Zika (ZIKV, virus do bosque de Zika en Uganda) é un virus pertencente á familia Flaviviridae e ao xénero Flavivirus. En humanos este virus causa inicialmente unha enfermidade leve chamada febre de Zika, Zika, ou doenza de/do Zika, transmitida por mosquitos, que se coñecía desde a década de 1950 como unha doenza propia dunha estreita área ecuatorial que se estendía desde África a Asia. Non obstante, en 2014, o virus espallouse máis cara ao leste a través do océano Pacífico e chegou á Polinesia Francesa, e despois á illa de Pascua e en 2015 alcanzou América Central, o Caribe e Suramérica, onde orixinou en 2015-2016 un gromo que chegou ao nivel de pandemia.
Unha vacina da COVID-19 é unha vacina que protexa contra a infección polo virus SARS-CoV-2, causante da COVID-19, que polo momento está en fase de elaboración. Aínda que ningunha vacina completou os ensaios clínicos, hai en marcha múltiples intentos de desenvolver unha. A finais de febreiro de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dixo que non esperaba que estivese dispoñible unha vacina contra o SARS-CoV-2 en menos de 18 meses.
República Socialista Soviética de Kazakhstán
A República Socialista Soviética de Kazakhstán (en kazako: Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Kazakhstán. Tiña unha superficie de 2.717.300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.
Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992, foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos.
O virus do dengue (dengue virus, DENV) é o causante da enfermidade do dengue. É un virus de ARN monocatenario de febra positiva transmitido por mosquitos, pertencente á familia Flaviviridae, xénero Flavivirus. Atopáronse cinco serotipos deste virus, todos os cales poden causar o espectro completo da enfermidade.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, creada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes pero incluíndo algúns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial. Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terra Nova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Monterrei, oficialmente Monterrey, é unha importante cidade da República Mexicana, dentro da terceira área metropolitana máis grande do país e a novena cidade en tamaño, capital do estado de Nuevo León, no nordeste do país (540 m de altitude), e a uns oitocentos quilómetros ao norte do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.135.550 habitantes (2010). No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural ao norte do país.
Quentin Jerome Tarantino, nado en Knoxville (Tennessee) o 27 de marzo de 1963, é un director, guionista, produtor e actor estadounidense gañador de dous Óscar, un Globo de Ouro, a Palma de Ouro e o Premio BAFTA. Comezou a súa carreira na década dos 90. As súas películas caracterízanse xeralmente por empregar historias non lineais, as influencias estilísticas do Grindhouse, o Kung-Fu e os spaghetti western.
O Trofeo Pichichi é o premio que outorga cada ano o xornal deportivo español Marca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Por extensión, en España adoita utilizarse de forma xenérica o termo Pichichi para referirse ao máximo goleador de cada torneo futbolítisco. Ao premio chámaselle así como homenaxe ó famoso xogador do Athletic Club de Bilbao Rafael Moreno "Pichichi", que destacou pola súa gran capacidade goleadora ó longo dos anos 1910 e 1920, antes da creación da Liga española de fútbol.
O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.). O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza.
O Encontro Irmandiño foi un partido político galego que naceu como colectivo do Bloque Nacionalista Galego no ano 2007. O 12 de febreiro de 2012 deslígase do BNG, rexistrándose pouco despois, o 23 de marzo, como partido político. Encontro Irmandiño liderou o proceso de confluencia do chamado Novo Proxecto Común, que culminou na creación do partido Anova-Irmandade Nacionalista en xullo de 2012.
O ácido folínico, tamén chamado leucovorina, é un medicamento usado para diminuír os efectos tóxicos do metotrexato e a pirimetamina. Tamén se usou en combinación co 5-fluorouracilo para tratar o cancro colorrectal e o cancro pancreático, pode usarse para tratar a deficiencia de folato que resulta en anemia e envelenamento por metanol. Adminístrase por vía oral, intramuscular ou intravenosa.
Murad I, chamado Hüdavendiğar, "o Divino", nado posiblemente en Bursa en 1319/26 e finado en Kosovo Polje o 15 de xuño de 1389, foi Bey (príncipe) do Imperio Otomán entre 1359 e 1383, e sultán desde 1383 ata a súa morte. Fillo de Orhan I Gazi e a princesa bizantina Nilüfer Hatun. Casou coa princesa bizantina Helena Paleóloga e coa princesa Tamara de Bulgaria e tivo catro fillos e dúas fillas: Yakub Celebi (¿?
Célula presentadora de antíxenos
Unha célula presentadora de antíxenos (xeralmente abreviada como CPA ou como APC, polo seu nome inglés antigen-presenting cell) é unha célula que expón os antíxenos (alleos ou propios) na súa superfice celular formando complexos coas moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. Os linfocitos T poden recoñecer estes complexos contactando coa célula presentadora por medio do seu receptor de células T (TCRs). A presentación de antíxenos é fundamental para o funcionamento do sistema inmunitario.
Haas Formula LLC, que compite como Haas F1 Team, é un equipo de carreiras de Fórmula Un fundado polo copropietario do equipo Sprint Cup Series da NASCAR Gene Haas en abril de 2014. O equipo tiña a intención de facer a súa debut no inicio da tempada 2015, pero máis tarde optaron por pospoñer a súa entrada ata a tempada 2016. O actual director do equipo Haas F1 é Guenther Steiner.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados. Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.
O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.
Moon Cresta é unha banda de power & funk ou como eles se denominan funk n' roll, un estilo eléctrico e aberto con influencias do rock e funk dos anos 70 cun son contemporáneo. Entre as súas influencias están clásicos como Led Zeppelin ou Stevie Wonder, e outros máis actuais coma Audioslave ou Jamiroquai. Este cuarteto pretende chegar aos sentimentos do público mediante as súas letras que se aferran a unha base rítmica guitarreira.
En química orgánica, os grupos funcionais son grupos específicos de átomos ou enlaces que forman parte de moléculas, que teñen determinadas propiedades químicas que son responsables das reaccións químicas características que establecen ditas moléculas. Un grupo funcional realiza o mesmo tipo de reacción química (ou moi similar) independentemente do tamaño da molécula da que forma parte. Porén, a súa reactividade relativa pode ser modificada por outros grupos funcionais próximos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Scotiabank Arena, a miúdo denominado simplemente coma SBA e coñecido anteriormente como Air Canada Centre, é un pavillón multifuncional situado en Toronto, Ontario. É a cancha de xogo dos Toronto Maple Leafs da NHL, e dos Toronto Raptors da NBA. O seu nome débese ao seu principal patrocinador, as liñas aéreas canadenses Air Canada.
Esta páxina trata sobre a serie, para o artigo sobre o protagonista véxase Naruto Uzumaki. Naruto (ナルト) é unha serie manga creada por Masashi Kishimoto, máis tarde levada ao anime, sobre un ninja adolescente chamado Naruto. O manga apareceu publicado por vez primeira por Shūeisha en 1999 no número 43 da revista Shōnen Jump no Xapón.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Cadel Evans, nado o 14 de febreiro de 1977 en Katherine, é un ciclista australiano. Antes de pasarse ao ciclismo de estrada, competía na disciplina de mountain bike, onde obtivo grandes triunfos, incluíndo 2 Copas do Mundo na modalidade raíña de cross-country, nos anos 1998 e 1999. En 2001 deixou a montaña e pasouse á estrada.
Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.
O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica.