Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
The Black Keys é un grupo estadounidense de rock formado en Akron, Ohio no 2001. O grupo está formado por Dan Auerbach (guitarra, voz) e Patrick Carney (batería). O grupo comezou facendo música independente logo de formar o grupo ó rematar o instituto, e máis tarde uníronse a segunda onda de artistas de Garage rock popular na década do 2000.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A hemoglobinuria é a presenza en concentracións anormalmente elevadas de hemoglobina (a proteína transportadora do oxíxeno) na urina. A hemoglobinuria está case invariablemente asociada á hemoglobinemia, a cal á súa vez se produce cando se supera a capacidade da proteína haptoglobina do plasma de ligarse á hemoglobina libre (pode ligarse ata un máximo de 1,4 g/L).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Divorcio á italiana (en italiano: Divorzio all'italiana) é un filme italiano de 1961 dirixido por Pietro Germi. O guión foi escrito por Germi, Ennio De Concini, Alfredo Giannetti e Agenore Incrocci, e baséase na novela de Giovanni Arpino Un delitto d'onore. Está protagonizado por Marcello Mastroianni, Daniela Rocca, Stefania Sandrelli, Lando Buzzanca e Leopoldo Trieste.
A Sala NASA (Nave de Servizos Artísticos) foi un espazo multidisciplinar de Santiago de Compostela promovido polo Grupo Chévere xunto con Blanca Cendán en outubro de 1992, localizado no número 51/53 da rúa de San Lourenzo. Nel realizábanse espectáculos teatrais, concertos e todo tipo de disciplinas artísticas. Desde 1992 foi o lugar de estrea e permanencia dos espectáculos da compañía creadora, ademais das súas funcións periódicas chamadas Ultranoites.
Cerdedo-Cotobade (á espera da oficialización da forma Cerdedo Cotobade) é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Ṣalāḥ ad-Dīn Yūsuf ibn Ayyūb (árabe: صلاح الدين يوسف بن أيوب; kurdo: سهلاحهدین ئهیوبی , Selahedînê Eyûbî), máis coñecido en occidente como Saladino, nado en Tikrit en 1138 e finado en 1193 en Damasco, foi un dos grandes gobernantes do mundo islámico, sendo o primeiro sultán de Exipto e Siria, e incluíndo nos seus dominios partes dos estados cruzados, Mesopotamia, Iemen, Hiyaz e Libia. Con el comezou a dinastía aiúbida, que gobernaría Exipto e Siria tras a súa morte. Proveniente dunha familia kurda, Saladino foi unha figura importante na terceira cruzada, na que liderou os esforzos militares musulmáns en contra dos estados cruzados no Levante.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Marsella (en occitano e provenzal Marselha e en francés Marseille, que é o nome oficial) é unha cidade da Provenza situada á beira do mar Mediterráneo, a segunda maior poboación de Francia. É o maior porto comercial do país, e capital do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.
O encoro de Suarna é un encoro en proxecto para construír no leito do río Navia, entre a provincia galega de Lugo e o Principado de Asturias. De se realizar constituiría o cuarto encoro do Navia, logo dos de Arbón, Doiras e Salime. O encoro tería que se localizar no concello de Negueira de Muñiz, na cola do encoro de Salime, e as súas augas, estenderíanse tamén polos concellos lugueses da Fonsagrada e Navia de Suarna e mais polo asturiano de Ibias.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Kansas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Medio Oeste (Midwest) do país. O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos continentais -é dicir, sen Alasca e Hawai- está localizado na rexión norte de Kansas, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte localízase tamén en Kansas, no condado de Osborne.
O Castro do Tesouro é un castro situado no monte veciñal da Cortevella, no concello lucense de Baleira. Dende o Cádavo hai que coller cara ó norte pola estrada LU-750 ata a Muíña onde se aparta á dereita pola estrada LU-5401. Chegando ao Casal hai que desviarse pola CP-54-03 ata a aldea da Cortevella dende onde se divisa cara ó sur o teso onde está o castro.
Aaron Hillel Swartz, nado en Highland Park (Illinois) o 8 de novembro de 1986, e finado en Brooklyn (Nova York) o 11 de xaneiro de 2013, foi un programador, emprendedor, escritor e activista estadounidense. Estivo involucrado no desenvolvemento da fonte web formato RSS e no formato de publicación Markdown, na organización Creative Commons, na páxina web web.py, e na páxina de novas Reddit, da cal era socio despois de que se fusionara coa súa compañía, Infogami. Suicidouse cando foi acusado de roubo de datos, unha acusación que a súa familia describiu como "o produto dun sistema de xustiza penal cheo de intimidación e extralimitación fiscal".
Cos termos Estado borgoñón ou Estados borgoñóns desígnanse a todas as posesións adquiridas polos duques de Borgoña e os seus herdeiros durante case dous séculos, entre 1363 e 1559. Este Estado foi unha importante potencia na Baixa Idade Media e no Renacemento, e un exemplo de construción dun estado no século XV, pasando de ser un pequeno estado a constituír o primeiro e moderno reino creado en Occidente durante trescentos anos. Subsistiu en Flandres no século XVI até a guerra dos Oitenta Anos.
O Gran Cisma é a denominación que se dá ao acontecemento que dividiu a Cristiandade en Catolicismo Occidental e Ortodoxia Oriental. Aínda que se acostuma datar no ano 1054, O Cisma entre Occidente e Oriente vese na actualidade como o resultado dun dilatado período de estrañamento entre as dúas Igrexas. As causas primarias do Cisma foran as disputas sobre a autoridade papal ( o Papa reclamaba que el posuía autoridade sobre os catro patriarcas orientais de fala grega) e sobre a admisión, por parte das Igrexas Orientais, da cláusula de filioque no Credo de Nicea.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un locus de trazo cuantitativo ou QTL (do inglés quantitative trait locus) é unha sección de ADN (o locus) que se correlaciona cunha variación nun fenotipo (o trazo ou carácter cuantitativo). O locus de trazo ou carácter cuantitativo está ligado ou contén os xenes que controlan ese fenotipo. Os QTLs mápanse identificando que marcadores moleculares (como SNPs ou AFLPs) se correlacionan co trazo observado.
A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia. Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa.
Os ortonéctidos (Orthonectida, do grego ὀρθός orthós, "recto", "dereito", e νηκτός nēktós, "nadador", derivado de νήχειν nḗchein, "nadar") son un pequeno filo de animais parasitos de invertebrados mariños (moluscos, equinodermos etc), onde se encontran algúns dos animais multicelulares máis simples. O filo consta dunhas 20 especies das que Rhopalura ophiocomae é a máis coñecida.
Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800) para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica. O clasicismo musical comeza aproximadamente en 1750 (morte de Johann Sebastian Bach) e remata en 1827 aproximadamente (morte de Beethoven). A música clásica propiamente dita coincide coa época chamada neoclasicismo (que noutras artes consiste no redescubrimento e copia dos clásicos da arte grecorromana, que era considerada tradicional ou ideal: clásica).
Eleccións municipais en Becerreá
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Becerreá dende 1979.
Décimo (do latín decimus/decumus,a,um 'décimo, décima parte') significa a décima parte de algo, paga voluntariamente ou a través de taxa ou imposto, normalmente para axudar a organizacións relixiosas xudaicas ou cristiás. Malia actualmente estar asociada á relixión, moitos reis na antigüidade esixían o décimo ós seus súbditos. Hoxe, os décimos son normalmente voluntarios e pagos en diñeiro, cheque ou accións, mentres que historicamente eran pagos na forma de bens, como con produtos agrícolas.
Raíñas e reis consortes de España
A continuación presentase a lista de mulleres que foron consortes dos monarcas españois e que son coñecidas como Raíñas consortes de España; dentro da lista figura un home, o rei consorte Francisco de Asís, esposo de Isabel II. A lista só contén as esposas dos reis da España unificada e non dos reinos anteriores á Reconquista. Tamén recóllese a dinastía Bonaparte, a pesar de que o rei Xosé I non foi recoñecido como tal polas Cortes Xerais e que a súa dona, Julia Clary, non chegou a estar nunca en España. Dentro da lista figuran algunhas das consortes que se encargáron da rexencia do reino por distintos motivos, estas foron: Isabel de Borbón; durante 1640 pois o seu esposo Filipe IV encontrábase na Guerra de Cataluña.
Utrecht (en neerlandés [ˈytrɛxt] (AFI)) é unha cidade dos Países Baixos, capital e cidade máis grande da provincia homónima. Localizada no límite nordeste do Randstad, é a cuarta cidade máis poboada do país, con 299.484 habitantes. A aglomeración urbana máis pequena da cidade, que inclúe suburbios adxacentes e cidades anexas, suma 640.000 habitantes rexistrados, mentres que a rexión máis ampla acada os 820.000.
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du traité de l'Atlantique nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.
O Magreb, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".
A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A electrónica é a rama da física e especialización da enxeñaría, que estuda e emprega os dispositivos electrónicos que funcionan controlando o fluxo de electróns e outras partículas cargadas electricamente en dispositivos, como por exemplo nos semicondutores e outros. O estudo puro destes dispositivos considérase unha rama da física, mentres que o deseño e a posta en funcionamento de circuítos electrónicos para solucionar problemas prácticos denomínase enxeñaría electrónica. Segundo os compoñentes electrónicos empregados, fálase de electrónica analóxica ou dixital.
Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore é unha personaxe ficticia das novelas de Harry Potter, escritas por J. K. Rowling. Durante a meirande parte da serie, é o director da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Como parte da súa historia, revélase que é o líder e fundador da Orde do Fénix, unha organización adicada á loita contra o antagonista principal da serie, Lord Voldemort.
Henri Matisse ou Henri-Émile-Benoît Matisse (en francés ɑ̃ʁi emil bənwɑ matis) nado en Le Cateau-Cambrésis o 31 de decembro de 1869 e finado en Niza o 3 de novembro de 1954, foi un pintor, escultor e deseñador francés que destacou por un uso característico da cor e por un debuxo fluído, brillante e orixinal. Como debuxante, gravador e escultor, pero principalmente como pintor, Matisse é comunmente considerado, xunto con Picasso e Marcel Duchamp, como un dos tres artistas que axudaron a definir os acontecementos revolucionarios nas artes plásticas nas primeiras décadas do século XX, responsables de importantes avances na pintura e na escultura. Aínda que é considerado como o máximo representante do fauvismo, estilo que cultivou nos seus primeiros anos, tamén foi aclamado como un dos representantes da tradición clásica na pintura francesa.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas. As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).
O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.
A Illa Victoria (ou Kitlineq) é unha das Illas Árticas do Canadá dividida entre Nunavut e os Territorios do Noroeste. Cuns 217.291 quilómetros cadrados é a novena illa máis grande do mundo e a segunda máis grande do Canadá, sendo case o dobre de tamaño da Terra Nova. O nome da illa deriva da raíña Vitoria, quen foi soberana no Canadá desde 1867 ata 1901 Contén a illa máis grande do mundo dentro dunha illa.
O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa de 1990, abreviado AO 1990 e tamén denominado Ortografia Unificada da Língua Portuguesa, é un tratado internacional de 1990 acordado co obxectivo de crear unha ortografía unificada para o portugués, para ser utilizada por todos os países lusófonos. Foi asinado por representantes oficiais de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe en Lisboa o 16 de decembro de 1990. Tras recuperar a independencia, Timor-Leste adheriuse ao Acordo en 2004.
O sexo oral refírese á práctica sexual consistente na estimulación erótica dos xenitais por medio da boca, lingua, dentes ou gorxa. O cunnilingus é o practicado nunha muller mentres a felación é nun home, o anilingus é a estimulación do ano. A excitación doutras partes do corpo, como bicar ou lamber non se considera sexo oral como tampouco a inxesta de líquidos xenitais, seme ou fluxo vaxinal sen contacto físico boca-vexitalia.
Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.
Daniel James Irving, nado o 16 de abril de 1969, e coñecido como Dan Druff, é un baixista, técnico de guitarras e vocalista estadounidense que traballou con artistas como Queens of the Stone Age, Slayer, Butt Trumpet, The Distillers, Monster Magnet e Sum 41. Ata a data traballou nunhas 50 gravacións de estudio. Estivo tamén de xira con Guns N' Roses na súa Chinese Democracy Tour.
As eudicotiledóneas (Eudicotyledoneae) son un grupo monofilético de anxiospermas, previamente denominado tricolpadas ou dicotiledóneas non-Magnoliidae . O clado foi recoñecido por vez primeira na análise filoxenética baseada na morfoloxía dos botánicos evolucionistas Michael J. Donoghue e James A. Doyle (1989), que utilizaron o nome de tricolpada. En 1991 James A. Doyle e o paleobótanico Carol L. Hotton empregaron por primeira vez o termo eudicots para significar que este gran grupo das dicotiledóneas (dicots en inglés) formaba un verdadeiro (eu-) clado.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A hepatotoxicidade é a toxicidade relativa ao fígado, órgano multilobular de gran tamaño situado na cavidade abdominal. A súa función está intimamente relacionada coa do aparello dixestivo. Ademais é o centro neurálxico do metabolismo, fundamental para eliminar do organismo diferentes produtos do metabolismo e xenobióticos mediante a súa conversión a formas que poidan ser excretadas.