Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Ana María Matute Ausejo, nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925 e finada na mesma cidade o 25 de xuño de 2014, é unha novelista catalá en lingua castelá. Obtivo o Premio Nacional de Literatura así como tamén o Premio Cervantes, o Premio Nadal, e o Premio Lazarillo. Ex profesora e escritora visitante das universidades de Oklahoma, Indiana e Virxinia.
Salma Celeste Paralluelo Ayingono, nada en Zaragoza o 13 de novembro de 2003, filla de pai español de orixe catalá e nai ecuatoguineana, é unha futbolista e exvelocista española que xoga como extremo esquerda no Fútbol Club Barcelona da Liga F (liga feminina) e na selección feminina de fútbol de España. Foi campioa feminina Sub-17 e sub-20 da UEFA, e medalla de ouro no Festival Olímpico da Xuventude Europea en atletismo.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A hipoglicemia, nivel de azucre sanguíneo baixo ou baixada de azucre, é unha caída por debaixo do normal dos niveis de azucre sanguíneo, normalmente por debaixo de 70 mg/dL (3,9 mmol/L). O termo tríade de Whipple utilízase para identificar con propiedade os episodios hipoglicémicos. Esta tríade defínese como un nivel de glicosa sanguínea por debaixo de 70 mg/dL (3,9 mmol/L), síntomas asociados coa hipoglicemia e a resolución dos síntomas cando o azucre sanguíneo torna ao nivel normal.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0,28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.
Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme) Soño dunha noite de San Xoán (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Trátase dunha comedia que xoga coa temática do amor e as súas complicacións, intercalando personaxes mitolóxicos e humanos nun mundo fantástico.
Lista de episodios de Family Guy
A seguinte lista é unha lista de episodios da serie de animación da FOX Family Guy. A serie comezou a emitirse o 31 de xaneiro de 1999 e rematou orixinalmente o 14 de febreiro de 2002; non obstante, tras o aumento das vendas dos episodios en formato DVD, o programa reanudouse o 1 de maio de 2005.
Sitta przewalskii (agatuñadeira de Przewalsky), chamada orixinalmente co nomen nudum "Sitta eckloni", é unha especie de ave da familia Sittidae, as agatuñadeiras. Durante moito tempo foi considerada unha subespecie de Sitta leucopsis, pero difire dela significativamente na súa morfoloxía e vocalizacións. Tanto S. przewalskii coma S. leucopsis foron consideradas especies moi próximas a Sitta carolinensis.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona. É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013. No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.
A historia da cidade de Nova York esténdese sobre varios séculos e comeza antes da chegada dos primeiros colonos no que é agora Manhattan, coa ocupación polas poboacións amerindias. Os pasos que levan Nova York á súa configuración actual, unha división en cinco distritos, Manhattan, Queens, Brooklyn, o Bronx e Staten Island, son do fin do século XIX e a primeira metade do século XX. Antes, a cidade tivo numerosas crises, é foi o teatro de diversos conflitos, pero consegue non obstante mellorar progresivamente a súa importancia, no punto de constituír hoxe a maior cidade dos Estados Unidos de América e unha das metrópoles máis importantes e máis dinámicas do mundo, tanto pola súa demografía como tamén por ser centro de decisión de primeiro nivel e capital mundial da banca e da Bolsa.
O castelo de Bruce (en inglés Bruce Castle; anteriormente coñecido como Lordship House, Casa do Señorío) é unha leira catalogada oficialmente polo Reino Unido como un dos Monumentos rexistrados do Reino Unido, grao I, pertencente ao século XVI e situada na rúa Lordship Lane, distrito de Tottenham, ao norte de Londres. Recibe o seu nome da Casa de Bruce, que anteriormente posuíu as terras onde agora está o castelo. Anterior a este edificio existiu unha construción da que pouco se sabe na actualidade.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía
Un Patrimonio da Humanidade é un lugar catalogado pola UNESCO como un destacado valor cultural ou natural para o patrimonio común da humanidade. O Comité do Patrimonio Mundial designou 37 sitios Patrimonio da Humanidade en Oceanía. Estes están en 14 países, coa maioría dos sitios situados en Australia.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
Anik Nandi (en bengalí: অনীক নন্দী), nado en Bardhaman en 1981, é un sociolingüista e profesor bengalí especializado en políticas lingüísticas e prácticas de alfabetización en contextos multilingües, así como en filoloxía galega e na súa transmisión interxeracional. Dende setembro de 2024 é director do Centro de Estudos Galegos da India, o primeiro de toda Asia.
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Santa Helena é unha illa volcánica tropical do océano Atlántico sur, situada a 4.000 km ao leste do Río de Xaneiro e 1.950 km ao oeste do río Cunene, que marca a fronteira entre Namibia e Angola, no suroeste de África. Administrativamente, é un Territorio de Ultramar do Reino Unido, no que inclúe ademais as dependencias das illas de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha. Santa Helena mide ao redor de 16 x 8 km e ten unha poboación de 4.534 (censo 2016).
Os lácteos, tamén chamados produtos lácteos, son o grupo de alimentos que está comprendido polo leite así como os seus derivados procesados (xeralmente fermentados). As plantas industriais que producen estes alimentos pertencen á industria láctea e caracterízanse pola manipulación dun produto altamente perecedoiro que debe ser vixiado e analizado correctamente durante todos os pasos dentro da cadea de frío ata a chegada ao consumidor. O leite empregado maioritariamente na elaboración dos lácteos provén do leite de vaca, pero tamén se poden empregar outros tipos de leite procedentes doutros mamíferos como as cabras, as ovellas e nalgúns países procedente da búfala, camela, iacs, eguas etc.
Satanás ou Satán é o termo polo que as relixións abrahámicas designan unha entidade suprasensible que representa a encarnación suprema do Mal. O termo procede do latín satāna, e este á súa vez do arameo שטנא shatán 'adversario', 'inimigo', 'acusador'; árabe شيطان shaitan, co significado de 'descarreirado', 'distante', ou ás veces 'diaño'.
O Premio Nobel de Física (en sueco: Nobelpriset i fysik), é un dos cinco Premios Nobel que outorga a Real Academia das Ciencias de Suecia, en Estocolmo, xunto cos Premio Nobel de Química, o Premio Nobel de Literatura, o Premio Nobel da Paz e mailo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado pola Fundación Nobel.
O arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés. Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés.
A Lenda do Meco recolle unha vella lenda popular na que os veciños do Grove enforcaron a un crego, fartos dos abusos sexuais que protagonizara, e declaráronse culpables colectivamente, todos a un, ante a xustiza. O feito deu lugar ó xentilicio popular que reciben os grovenses como mecos. Aparece documentada por vez primeira da man de frei Martín Sarmiento, que a cita na súa Viaje a Galicia, de 1745, como un sucedido uns oitenta anos antes da súa viaxe.
Santa María do Xobre ou Santa María do Maño é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.
A química física ou fisicoquímica é unha ciencia punto de encontro entre a química e a física que intenta estudar a materia desde o punto de vista físico, centrándose nas bases físicas dos sistemas e procesos químicos. De acordo co químico estadounidense de renome Gilbert Lewis, "A Química física é calquera cousa interesante", probablemente referíndose ó feito de que moitos fenómenos da natureza relacionados coa materia son de principal interese na química física. A física química representa unha póla onde hai unha mestura de diversas ciencias, como a química, a física, a termodinámica, a electroquímica e a mecánica cuántica onde as funcións matemáticas poden representar interpretacións a nivel molecular e a nivel atómico.
Bacillus anthracis é unha especie bacteriana grampositiva causante do carbúnculo ou carbuncho (en inglés chamado anthrax), que afecta ao gando e ocasionalmente a humanos, e é a única especie patóxena obrigada do xénero Bacillus. É un bacilo grampositivo, formador de endósporas, de 1-1,2 µm de largo e 3-5 µm de longo. Pode cultivarse nun medio nutriente ordinario en condicións aeróbicas ou anaeróbicas.
Szeged é, tras Budapest e Debrecen, a terceira cidade en tamaño de Hungría, capital rexional do sueste do país e capital do condado de Csongrád. Ten 161.921 habitantes (2014), o 93.5% etnicamente húngaros, 0.7% xitanos e 0.6% alemáns. Situada preto da fronteira sur de Hungría, a cidade está na ribeira do río Tisza.
A euxenesia é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos mediante varias formas de intervención. O termo foi cuñado en 1883 por Francis Galton (1822-1911), curmán de Charles Darwin e considerado como o pai da euxenesia moderna, co significando de 'ben nacido' (do grego εύ, 'ben', e γένεσις, 'nacemento'). Galton definiu a euxenesia como o estudo dos axentes que actúan sobre o control social e que poden mellorar ou empobrecer as calidades raciais das futuras xeracións, sexa física ou mentalmente.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Sandra Myrna Díaz, nada en Bell Ville, provincia de Córdoba, o 27 de outubro de 1961, é unha bióloga arxentina. É unha investigadora da área da ecoloxía vexetal e da biodiversidade especializada no estudo do impacto do cambio ambiental global sobre a biodiversidade rexional dos ecosistemas vexetais. A súa contribución foi moi importante no desenvolvemento teórico e na aplicación práctica do concepto de "diversidade funcional"*, dos seus efectos sobre as propiedades ecosistémicas e a súa importancia social.
CD son as iniciais de: Disco compacto (do inglés Compact Disc), un soporte dixital óptico para todo tipo de datos. Coalición Democrática, foi un partido político español. clusters de diferenciación (do inglés Cluster of Differentiation), moléculas que se encontran na superficie celular de leucocitos e outras células.
Premio Rosalía de Castro de Lingua
O Premio Rosalía de Castro de Lingua recoñece o traballo de persoas ou entidades que contribúen á normalización lingüística da lingua galega. Está convocado pola Deputación da Coruña e o seu nome honra a memoria de Rosalía de Castro.
Dungeon Siege é un videoxogo de rol de acción desenvolvido por Gas Powered Games e publicado en abril de 2002 por Microsoft para a plataforma Windows, e ó ano seguinte por Destineer para macOS. Ambientado no reino pseudo-medieval de Ehb, o xogo de alta fantasía segue a historia dun mozo labrego e dos seus compañeiros na súa viaxe para derrotar unha forza invasora. Coa intención inicial de tan só advertir nunha vila próxima da invasión dunha raza de criaturas chamadas os Krug, o granxeiro e os compañeiros que se unen a el na súa viaxe acaban involucrándose na procura dunha forma para derrotar a outra raza invasora chamada os Seck, que rexorden tras ter pasado 300 anos atrapados. A diferenza doutros videoxogos de rol da súa época, o mundo de Dungeon Siege non se divide en niveis, senón que é unha única área continua sen pantallas de carga pola cal o xogador viaxa loitando contra hordas de inimigos.
O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo custo producido pola Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927. Con este modelo popularizouse a produción en cadea e estendeuse a adquisición dos automóbiles á clase media. Con 15 millóns de unidades vendidas, foi o coche máis vendido da historia antes de ser superado polo Volkswagen Escaravello en 1972, e aínda estaba oitavo na lista dos dez primeiros, en 2012.
Filmes propostos ó mellor filme internacional na 66ª edición dos Óscar
Os seguintes 35 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 66ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Hong Kong, España, Taiwán, o Reino Unido e Vietnam. O galardón recaeu sobre España, co filme Belle Époque.
Dmitrii Anatolevich Medvedev (en ruso Дмитрий Анатольевич Медведев), nado o 14 de setembro de 1965 en Leningrado (actual San Petersburgo), é un político ruso, actual vicepresidente do Consello de Seguridade de Rusia dende 2020. Anteriormente foi presidente de Rusia entre 2008 e 2012 e primeiro ministro de Rusia de 2012 a 2020.
Sumeria (ki-en-ĝir en lingua sumeria), considérase unha das civilizacións máis antigas da humanidade; localizábase na parte sur da Mesopotamia (o Iraq da actualidade), situada en terreos coñecidos pola súa fertilidade, entre os ríos Tigris e Éufrates. A chegada dos sumerios á rexión estableceuna Samuel Noah Kramer entre o 3500 e o 3000 a.C. sobrepoñéndose a unha poboación anterior. Sumeria exerceu influencia sobre as áreas circunveciñas, culminando na dinastía de Agadé, fundada en aproximadamente 2340 a.
Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán e padishá do Imperio Otomán desde 1520 ata a súa morte, coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico, e un dos monarcas máis importantes da Europa do século XVI. Levou ao Imperio ás súas maiores cotas. Baixo a súa administración o estado otomán gobernaba polo menos a 25 millóns de persoas. Sucedeu ao seu pai, o sultán Selim I, en setembro de 1520 e comezou o seu reinado emprendendo unha campaña militar contra as potencias cristiás na Europa central e no mar Mediterráneo.
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, e finado o 22 de xullo de 2025, foi un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Príncipe da escuridade".
Jorge Sampaio, nado en Lisboa o 18 de setembro de 1939 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 2021, foi un político portugués, que foi Presidente da República Portuguesa entre o 14 de xaneiro de 1996 e 2006. Pertenceu ao Partido Socialista. Descendente dunha familia xudía, viviu na súa mocidade nos Estados Unidos e no Reino Unido debido á actividade profesional do pai.
O termo tecnocracia derívase dos vocábulos gregos tecno ("técnica") e kratˆa ("forza", "dominio" ou "poder"). Tecnocracia significa literalmente "goberno dos técnicos"; o "técnico que goberna" é, polo tanto, un tecnócrata. Consideramos entón que, de forma xeral, a tecnocracia é o goberno levado por un técnico ou especialista nalgunha materia de economía, administración etcétera, que exerce o seu cargo público con tendencia a topar solucións técnicas eficaces por riba doutras consideracións ideolóxicas, políticas ou sociais.
Hirohito (裕仁) ou Hiro-Hito, coñecido no Xapón co seu nome de reinado póstumo Shōwa Tennō (昭和天皇) ou Emperador Shōwa, nado en Toquio o 29 de abril de 1901 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 1989, foi emperador do Xapón desde o 25 de decembro de 1926 ata a súa morte. Fillo do emperador Taishō e irmán dos príncipes Chichibu, Takamatsu e Mikasa, foi o 124º emperador segundo a tradición shinto. O seu reino coincide exactamente coa Showa (昭和), de onde tira o seu nome póstumo.
Un arquivo é o conxunto de documentos producidos por unha persoa, unha empresa ou unha institución. A xestión de arquivos de dimensións de poboación só foi posible co xurdimento dos estados modernos, inda que na Idade Media xa existían bibliotecas, bases de datos (rexistros parroquiais) e xestión de contabilidade (foros) en dependencias eclesiásticas.
O surfactante pulmonar ou axente tensioactivo pulmonar é un complexo lipoproteico (fosfolipoproteína) que diminúe a tensión superficial nos alvéolos pulmonares, producido polos pneumocitos tipo II, que facilita a respiración. As proteínas e lípidos que compoñen este surfactante teñen ambos unha rexión hidrófila e outra hidrófoba, é dicir, son anfipáticos. O principal compoñente lipídico do surfactante, a dipalmitoilfosfatidilcolina (DPPC), reduce a tensión superficial da interface aire-auga do alvéolo, situándose coas cabezas hidrófilas da molécula na auga e as colas hidrófobas cara ao aire.
Henrique I (en inglés moderno, Henry I), nado arredor de 1068 e finado o 1 de decembro de 1135, chamado Henrique Beauclerc ("Bo Sabio" en francés) polos seus intereses culturais, foi rei de Inglaterra desde 1100 ata a súa morte. Fillo de Guillerme I o Conquistador, recibiu educación por parte da Igrexa. Trala morte do seu pai en 1087, os seus irmáns máis vellos, Roberto Curthose e Guillerme Rufo, herdaron Normandía e Inglaterra, respectivamente, pero Henrique quedou sen posesións.
Muhammad Iqbal (en urdú: محمد اقبال ), nado en Sialkot o 9 de novembro de 1877 e finado en Lahore o 21 de abril de 1938, tamén coñecido como Allama Iqbal (علامہ اقبال), foi un avogado, político, poeta e filósofo da India británica, considerado o inspirador do Movemento de Paquistán. e como tal denominado o "pai espiritual de Paquistán". Unha das figuras máis importantes da literatura urdú, foi tamén un destacado poeta en persa.
Narendra Damodardas Modi, nado en Vadnagar o 17 de setembro de 1950, é un político indio, primeiro ministro desde o 26 de maio de 2014. Foi ministro-xefe do estado de Guxarat desde o ano 2001 ata 2014, membro do Partido do Pobo Indio (BJP). Membro da organización Rashtriya Swayamsevak Sangh (RSS), cualificado como un nacionalista hinduísta polos medios e por el mesmo.
Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831 en Berlín, foi un filósofo alemán e un importante persoeiro do idealismo alemán. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición continental da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da filosofía occidental é recoñecida de xeito universal.
A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Ten un percorrido de 662 km e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia.
Denomínase campo eléctrico á deformación do espazo arredor dunha rexión que contén carga, creada pola presenza dela, tamén ao espazo onde se manifesta a atracción ou repulsión sobre outras cargas. A representación matemática da intensidade de campo eléctrico é: E {\displaystyle E} A intensidade do campo eléctrico nun punto é a forza que actúa sobre a unidade de carga positiva colocada no punto dado a unha distancia r da carga considerada. Se colocamos un corpo electrizado no seo dun campo eléctrico, aquel é atraído ou repelido, dependendo do tipo de carga, por unha forza que é directamente proporcional á carga do corpo Q {\displaystyle Q} e á intensidade do campo E {\displaystyle E} .
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
Wolfgang Ernst Pauli, nado en Viena o 25 de abril de 1900 e finado en Zürich o 15 de decembro de 1958, foi un físico austríaco, nacionalizado suízo e logo estadounidense. Cóntase entre os pais fundadores da mecánica cuántica, en particular polo seu principio de exclusión, que ten como consecuencia que sexa imposible que dous electróns -nun átomo- poidan ter a mesma enerxía, o mesmo lugar, e idénticos números cuánticos.
Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte. Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa.
O Estado da India, tamén coñecido por India Portuguesa, designa o grupo de territorios ocupados por Portugal na India, en época do Imperio Portugués. Cando se deu a independencia da India en 1947, Portugal detentaba os dereitos sobre varios enclaves na costa indiana, cuxa pose databa da época dos Descubrimentos, logo despois da ligazón marítima ter sido establecida por Vasco da Gama. Entre estes territorios, incluíanse: Goa Cochim Damão Diu Dadrá e Nagar Haveli, un exclave de Damão ben metido no corazón do Estado de Gujarat.
A cultura asquenací ou asquenasita (en hebreo: אשכנז), descende das comunidades xudías medievais da Renania, chamada "Ashkenaz", palabra do hebreo medieval coa que se coñecía á Alemaña. Estas comunidades xudías emigraron cara ao leste e formaron comunidades en Alemaña, Hungría, Polonia, Rusia, e en xeral en toda a Europa central e do leste entre os séculos X e XIX. Dende a Idade Media ata mediados do século XX, a súa lingua franca foi o yiddish. En menor medida, empregaban tamén o Judæo-Francés ou Zarpático, o Canaánico ou Judæo-Checo e o Judæo-Provenzal ou Shuadit, os tres extintos na actualidade.
Propiedade física intrínseca dalgunhas partículas que as caracteriza e pola cal sofren a interacción electromagnética. No Sistema Internacional de Unidades mídese en culombios e nas fórmulas físicas acostuman representarse coas letras q ou Q. Clasifícase en carga positiva e negativa. As cargas do mesmo signo repélense mentres que as de signo contrario atráense.
A Catedral da Intercesión da Virxe sobre o foso (en ruso Собор Покрова, что на Рву), máis coñecida coma Catedral de San Basilio, é un templo ortodoxo localizado na Praza Vermella da cidade de Moscova, Rusia. É coñecida mundialmente polas súas cúpulas en forma de bulbo (aceboladas). Malia a crenza popular, a Catedral de San Basilio non é nin a sé do Patriarca Ortodoxo de Moscova, nin a catedral principal da capital rusa, pois en ambos os dous casos é a Catedral de Cristo Salvador.