Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno.
O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvales (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.
Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán e padishá do Imperio Otomán desde 1520 ata a súa morte, coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico, e un dos monarcas máis importantes da Europa do século XVI. Levou ao Imperio ás súas maiores cotas. Baixo a súa administración o estado otomán gobernaba polo menos a 25 millóns de persoas. Sucedeu ao seu pai, o sultán Selim I, en setembro de 1520 e comezou o seu reinado emprendendo unha campaña militar contra as potencias cristiás na Europa central e no mar Mediterráneo.
Os crocodilianos ou crocodilios son os réptiles da orde Crocodilia (ou Crocodylia), da que existen 24 especies vivas e numerosas fósiles. Son réptiles maioritariamente grandes, predadores e semiacuáticos. Pertencen a esta orde os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e caimáns (ambos da familia Alligatoridae) e os gaviais (familia Gavialidae).
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao.
A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza.
A guerra de Inverno foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da Segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940 co Tratado de paz de Moscova. A Sociedade de Nacións considerou o ataque ilegal e expulsou a Unión Soviética da Sociedade o 14 de decembro de 1939.
Alemaña nazi e Terceiro Reich son os nomes comúns para designar a Alemaña durante o período entre 1933-1945, cando o goberno estaba controlado por Adolf Hitler e o seu Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (NSDAP), máis coñecido como Partido Nazi. Baixo o goberno de Hitler, Alemaña foi transformada nun estado totalitario, onde case todos os aspectos da vida eran controlados polo Estado. A Alemaña nazi deixou de existir despois de que as Forzas Aliadas derrotaran a Wehrmacht en maio de 1945, co que rematou así a segunda guerra mundial en Europa.
Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.
O fútbol gaélico (chamado en irlandés: Peil Ghaelach ou Caid) é unha variante do fútbol orixinario de Irlanda. Xunto co hurling, é o deporte de máis popularidade nese país . O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 membros (alternativamente 11, 9 ou 7 dependendo da competición, ás veces mesmo 5, raramente 8) nun campo de céspede rectangular.
O Airbus A380, fabricado polo consorcio europeo Airbus desde o 2005 ata 2021, é un avión para o transporte de viaxeiros (entre 555 e 850 viaxeiros), o que o converte no maior avión comercial da historia. Trátase dun catrimotor de dous pisos e fuselaxe ancha e debido ao seu tamaño moitos aeroportos tiveron que modificar e mellorar as súas instalacións para acomodalo. Inicialmente foi chamado Airbus A3XX e deseñouse para desafiar o monopolio de Boeing no mercado dos avións de gran tamaño.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Eleccións municipais de 2019 en Galicia
As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade no de Cerdedo-Cotobade. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
O Corán ou Alcorán (en árabe: القرآن al-qur'ān, literalmente "a recitación"; tamén Al Qur'ān Al Karīm ou "O Nobre Corán") é o libro sagrado do islam. Os musulmáns cren que o Corán é a transcrición da palabra literal de Deus e a culminación da revelación de Deus á humanidade, transmitida a través do profeta Mahoma durante un período de 23 anos polo anxo Jibreel (Gabriel). O Corán consiste de 114 suras, ou capítulos, cun total de 6.236 aleias (versículos).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites e outras fontes como bases de datos da administración. Dende 2016 OSM emprega en España cartografía PNOA para mapeado e edición.
A euxenesia é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos mediante varias formas de intervención. O termo foi cuñado en 1883 por Francis Galton (1822-1911), curmán de Charles Darwin e considerado como o pai da euxenesia moderna, co significando de 'ben nacido' (do grego εύ, 'ben', e γένεσις, 'nacemento'). Galton definiu a euxenesia como o estudo dos axentes que actúan sobre o control social e que poden mellorar ou empobrecer as calidades raciais das futuras xeracións, sexa física ou mentalmente.
O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2020 tiña 10 518 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes; esta curva demográfica mostra un lixeiro ascenso no último censo, con 10.699 habitantes en 2021. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa.
Pedro Froilaz (tamén escrito Pero, así como Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador.
O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.
Tristan da Cunha é un remoto arquipélago no sur do océano Atlántico. Constitúese como unha dependencia de Santa Helena, a cal forma parte do Territorio Británico de Ultramar. É o arquipélago habitado máis remoto do mundo, pois o lugar habitado máis próximo, a illa de Santa Helena, atópase a 2 161 km.
As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra. A illa de Ons é alongada e cun relevo pouco marcado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
Os pimpíns de Darwin (tamén chamados pimpíns das Galápagos) son un grupo formado por unhas catorce especies de aves paseriformes. Clasifícanse xeralmente na subfamilia Geospizinae tribo Geospizini. Aínda que se coñecen como pimpíns, foron clasificados durante moito tempo na familia Emberizidae (escribentes), e máis modernamente algúns autores considéranos pertencentes á familia Thraupidae, polo que non serían "verdadeiros pimpíns" (frinxílidos) nin emberícidos (ver sección de taxonomía máis abaixo).
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
O persa ou parsi (فارسی, fārsī) é unha lingua irania occidental, pertencente á rama das linguas iranias da subdivisión das linguas indoiranias da familia indoeuropea. O persa é unha lingua pluricéntrica falada e usada oficialmente en Irán, Afganistán e Tadjiikistán en tres variedades estandarizadas mutuamente intelixibles, chamadas persa iraniano (coñecida oficialmente como persa), persa dari (coñecida oficialmente como dari dende 1964) e persa taxico (coñecida oficialmente como taxico dende 1999). Tamén é falada nativamente na variedade taxica por unha poboación significativa dentro de Uzbekistán, así como noutras rexións cunha historia dentro da esfera cultural do Grande Irán.
Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael, nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento italiano. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes achegas na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos. Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dándose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo.
LGBT, ou LGTB, é o acrónimo de "Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans". O termo agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a estas catro verbas, mais tamén pode chegar a referirse a calquera persoa que non sexa heterosexual, heterorromántica ou cisxénero. Existen outras variantes, coma LGBTQ, que engade unha nova letra para as persoas que se identifican coma queer, ou que están cuestionando a súa identidade sexual ou de xénero, mentres que, LGBTA e LGBTI, por exemplo, engaden outra diferente para representar ás persoas asexuais e intersexuais, respectivamente.
O deserto do Sáhara (en árabe الصحراء الكبرى, aṣ-Ṣaḥrāʾ al-Kubrā, que significa o Gran Deserto) é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9 065 000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10 400 000 km2). O nome Sáhara é unha transliteración do árabe صحراء, (Sahhra) que á súa vez é a tradución da palabra tuareg teneriwe ('os desertos', de onde lle vén o nome ó deserto do Teneré). Viven preto de 2,5 millóns de persoas na área do Sáhara, distribuídas por Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, o Níxer, Alxeria, Tunisia, o Sudán e o Chad.
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, e finado o 22 de xullo de 2025, foi un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Príncipe da escuridade".
O músculo esquelético ou tecido muscular estriado esquelético é un tipo de músculo estriado que está baixo o control do sistema nervioso somático, polo que se controla voluntariamente. É un dos tres grandes tipos de tecido muscular; os outros dous son o músculo cardíaco (tamén de tipo estriado) e o músculo liso (non estriado). Como indica o seu nome, a maioría dos músculos esqueléticos están unidos aos ósos por feixes fibrosos de coláxeno chamados tendóns.
Un trol (do nórdico troll) é un temible membro dunha mítica raza antropomorfa do folclore escandinavo. O seu papel nos mitos cambia desde xigantes diabólicos –similares aos ogros dos contos de fadas ingleses– ata teimados salvaxes máis parecidos a homes que viven baixo terra en outeiros ou montículos, inclinados ao roubo e o rapto de humanos que, no caso dos infantes, eran substituídos por nenos cambiados. Tamén se lles pode chamar «xente do outeiro» ou «do montículo».
Henrique II de Plantegenet, nado o 5 de marzo de 1133 en Le Mans, Francia e finado o 6 de xullo de 1189 en Chinon, Francia, foi rei de Inglaterra, duque de Normandía e Aquitania e conde de Anjou. Fillo primoxénito de Godofredo V de Anjou e da súa esposa Matilde de Inglaterra, foi o primeiro rei da dinastía Plantagenet.
Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal en alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline.
O cerebro (do latín cerebrum, coa súa raíz indoeuropea «ker» 'cabeza, no alto da cabeza' e «brum» 'levar'; tendo o significado arcaico de 'o que se leva na cabeza') é o centro de supervisión, de centralización e de cefalización do sistema nervioso, o de maior complexidade do reino animal. O cerebro encóntrase situado na cabeza, protexido polo cranio. Polo xeral, preto dos principais órganos dos sentidos como a visión, a audición, o equilibrio, o gusto e o olfacto.
A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. Bailando as rúas é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado no Nadal de 2017.
O braille é un sistema de escrita táctil pensado para as persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (1809-1852), cego dende a súa infancia debido a un accidente, a mediados do século XIX. Creou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar deseñado por Charles Barbier de la Serre para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz. O braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.
Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022, foi un político ruso que foi o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e presidente executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas dende 1989 até 1991.
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
Gdańsk (en polaco [ˈɡdaɲsk] (AFI), en caxubio Gduńsk) é unha cidade polaca, antigamente coñecida coma Danzig (en alemán [ˈdantsɪç] (AFI)) e tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik e Dantzig. É a capital da rexión de Pomerania con preto de 464.000 habitantes, sendo a sexta cidade máis poboada do país e a súa maior cidade portuaria. A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: na segunda guerra mundial foi o primeiro escenario de enfrontamententos armados, ao ser asaltada polo exército alemán; e durante a guerra fría, por seren os seus estaleiros o lugar que viu nacer o sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarność) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista.
Denomínase campo eléctrico á deformación do espazo arredor dunha rexión que contén carga, creada pola presenza dela, tamén ao espazo onde se manifesta a atracción ou repulsión sobre outras cargas. A representación matemática da intensidade de campo eléctrico é: E {\displaystyle E} A intensidade do campo eléctrico nun punto é a forza que actúa sobre a unidade de carga positiva colocada no punto dado a unha distancia r da carga considerada. Se colocamos un corpo electrizado no seo dun campo eléctrico, aquel é atraído ou repelido, dependendo do tipo de carga, por unha forza que é directamente proporcional á carga do corpo Q {\displaystyle Q} e á intensidade do campo E {\displaystyle E} .
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Sandra Myrna Díaz, nada en Bell Ville, provincia de Córdoba, o 27 de outubro de 1961, é unha bióloga arxentina. É unha investigadora da área da ecoloxía vexetal e da biodiversidade especializada no estudo do impacto do cambio ambiental global sobre a biodiversidade rexional dos ecosistemas vexetais. A súa contribución foi moi importante no desenvolvemento teórico e na aplicación práctica do concepto de "diversidade funcional"*, dos seus efectos sobre as propiedades ecosistémicas e a súa importancia social.
A néboa ou brétema é un fenómeno meteorolóxico consistente na presenza de nubes moi baixas, a nivel do chan. Este tipo de meteoro acontece cando a humidade do chan se evapora, e ó ascender, se arrefría e condensa. A única diferenza de feito, entre a néboa e as nubes, é que estas últimas non entran en contacto coa superficie da terra.
CD son as iniciais de: Disco compacto (do inglés Compact Disc), un soporte dixital óptico para todo tipo de datos. Coalición Democrática, foi un partido político español. clusters de diferenciación (do inglés Cluster of Differentiation), moléculas que se encontran na superficie celular de leucocitos e outras células.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Un sitio web é unha colección de páxinas web, imaxes, vídeos ou outros elementos dixitais albergados nun ou máis servidores ligados entre si e, normalmente accesible vía Internet, teléfonos móbiles ou LAN. Ao conxunto de todos eses sitios web accesibles coñécese como World Wide Web (www). No ano 2006 a Web pasou dos 100 000 000 de sitios web. Ás páxinas dun sitio web accédese dende unha URL raíz común, a páxina principal.
O alfabeto árabe (árabe: أبجدية عربية) é a escritura usada en diversas linguas do mundo, como o árabe, o persa e o urdú. É o segundo alfabeto máis estendido a nivel mundial, só por detrás do alfabeto latino. Hai diferentes sistemas estandarizados para a romanización do árabe, é dicir, adaptar o alfabeto árabe ao latino ou romano.
A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Ten un percorrido de 662 km e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia.
Tareixa Afónsez, nada cara ao 1080 e finada o 1 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portucale. Entre o 1095/1096 e o 1112 exerceu o goberno do condado á par do seu marido, Henrique de Borgoña, desde a morte deste en 1112 até 1128 gobernou o condado en solitario. O fillo de ambos, Afonso Henriques, converteríase no primeiro rei de Portugal.
A historia de Francia abrangue a historia de Francia e a dos seus estados predecesores. Tradicionalmente os historiadores remontan a fundación de Francia ao ano 486, data da conquista da parte máis grande da Galia por Clodoveo I, rei dos francos. O Reino Franco logo francés existiu sen interrupción dende esta época, o que o fai o estado máis vello de Europa.
Leonardo Pisano ou Leonardo de Pisa, nado en Pisa cara ao 1170 e finado cara ao 1250, foi un matemático italiano, considerado coma o primeiro gran matemático europeo trala decadencia helénica e como o matemático máis importante da idade media. Destacan entre os seus traballos a descuberta da secuencia de Fibonacci e o seu papel na introdución dos algarismos árabes na Europa. Tamén é coñecido coma Fibonacci, diminutivo de fillius Bonacci ou fillo de Bonacci, pois Bonacci (home bo ou simple) era o alcume do seu pai Guglielmo.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións. A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
Henrique I (en inglés moderno, Henry I), nado arredor de 1068 e finado o 1 de decembro de 1135, chamado Henrique Beauclerc ("Bo Sabio" en francés) polos seus intereses culturais, foi rei de Inglaterra desde 1100 ata a súa morte. Fillo de Guillerme I o Conquistador, recibiu educación por parte da Igrexa. Trala morte do seu pai en 1087, os seus irmáns máis vellos, Roberto Curthose e Guillerme Rufo, herdaron Normandía e Inglaterra, respectivamente, pero Henrique quedou sen posesións.
Jorge Sampaio, nado en Lisboa o 18 de setembro de 1939 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 2021, foi un político portugués, que foi Presidente da República Portuguesa entre o 14 de xaneiro de 1996 e 2006. Pertenceu ao Partido Socialista. Descendente dunha familia xudía, viviu na súa mocidade nos Estados Unidos e no Reino Unido debido á actividade profesional do pai.