Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Microscopio electrónico de varrido
Un microscopio electrónico de varrido (MEV ou, en inglés, SEM, de scanning electron microscope) é un tipo de microscopio electrónico que produce imaxes dunha mostra varrendo (escaneando) a súa superficie cun feixe de electróns enfocado. Os electróns interacionan cos átomos da mostra, producindo varios sinais que conteñen información sobre a topografía da superficie e composición da mostra. O feixe de electróns escanea nun modo raster (trama de mapa de bits) e a posición do feixe está combinada coa intensidade do sinal detectado para producir unha imaxe.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Roblox (/ˈroʊblɒks/) é unha plataforma de videoxogos en liña multiplataforma fundada por David Baszucki e Erik Cassel onde os usuarios poden crear, compartir e xogar a mundos virtuais denominados 'experiencias'. Estas 'experiencias' están creadas no motor de videoxogos Roblox Studio, desenvolvido por a compañía matriz de Roblox, Roblox Corporation, e que non vén incluído xunto con Roblox porque é un programa independente. Polo tanto, pódese denominar como Roblox tanto o programa que executa os videoxogos creados no motor Roblox Studio, tanto como á plataforma de videoxogos Roblox (que sería o ecosistema do programa Roblox, o motor Roblox Studio e a súa páxina web).
O ácido ribonucleico ou ARN (RNA nas súas siglas en inglés) é un tipo de ácido nucleico, unha molécula polimérica lineal formada por unidades menores chamadas nucleótidos. Intervén en varias funcións biolóxicas importantes como a codificación xenética, e a descodificación durante a tradución de proteínas, regulación e expresión dos xenes. É unha das macromoléculas esenciais para a vida, xunto co ADN, as proteínas, os lípidos e os carbohidratos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Ribeira, Torneiros, O Porriño
A Ribeira é un lugar da parroquia de Torneiros, no concello pontevedrés do Porriño, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.796 habitantes (889 homes e 907 mulleres).
En intelixencia artificial, un axente intelixente (IA, polas siglas en inglés de intelligent agent) é un axente que actúa de forma intelixente; Percibe ou ten sensación do seu contorno, realiza accións de forma autónoma para acadar os obxectivos e pode mellorar o seu rendemento coa aprendizaxe ou a adquisición de coñecementos. Un axente intelixente pode ser simple ou complexo: un termostato ou outro sistema de control considérase un exemplo de axente intelixente, como o é un ser humano, como calquera sistema que cumpra a definición, como unha organización ou empresa, un Estado ou un bioma, etc. Os axentes intelixentes son unha tecnoloxía en constante evolución dentro do campo da intelixencia artificial (IA), que está revolucionando a forma en que interactuamos coa tecnoloxía.
A metaxenómica é o estudo do material xenético recollido directamente de mostras ambientais. Este amplo campo pode tamén denominarse xenómica ambiental, ecoxenómica ou xenómica da comunidade. Mentres que a microbioloxía tradicional, a secuenciación de xenomas microbiana e a xenómica dependían de facer cultivos clonais, a secuenciación de xenes ambientais inicialmente clonaba xenes específicos (xeralmente os do ARNr 16S) para obter o perfil de diversidade dunha mostra natural.
Gondomar é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con cerca de 25 700 habitantes. É sede dun municipio con 133,26 km² de área e 164 096 habitantes (2001), subdividido en 12 freguesías. O municipio está limitado ao nordeste polos municipios de Valongo e Paredes, ao sueste por Penafiel e Castelo de Paiva, ao sur por Arouca e Santa Maria da Feira, ao suroeste por Vila Nova de Gaia, ao oeste polo Porto e ao noroeste pola Maia.
A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55.
Un plástico é un material polimérico. O termo vén do grego πλαστικός (plastikos), "apto para moldaxe", de πλαστός (plastos) "moldeado" . Isto refírese á súa plasticidade durante o procesado, que permite o uso dunha gran cantidade de métodos de conformado, porén moitos plásticos xa procesados non presentan comportamento plástico (isto é, rompen sen se deformaren previamente).
En matemáticas, particularmente en álxebra lineal, a multiplicación de matrices é unha operación binaria que produce unha matriz a partir de dúas matrices. Para a multiplicación de matrices, o número de columnas da primeira matriz debe ser igual ao número de filas da segunda matriz. A matriz resultante, coñecida como produto matricial, ten o número de filas da primeira e o número de columnas da segunda matriz.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
En matemática, na álxebra linear, o produto escalar, chamado tamén produto interno, interior ou punto, é unha función binaria definida entre dous vectores que fornece un número real como resultado. O produto vectorial, que é outra operación posíbel para vectores, fornece un novo vector, non só un número. Alén de para o espazo euclidiano de dúas e tres dimensión, o produto escalar pode definirse tamén nos espazos euclidianos de dimensión maior a tres, e en xeral nos espazos vectoriais reais e complexos.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Avellaneda é unha localidade e un concello da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Atópase situado na vertente norte da serra de Villafranca. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Piedrahíta e ás comarcas do Alto Tormes e de El Barco de Ávila-Piedrahíta, ten unha poboación de 23 habitantes, segundo o INE de 2024.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Linchamento de Willie Lee Jenkins
Willie Lee Jenkins foi linchado en Eufaula, condado de Barbour, Alabama, o 10 de xaneiro de 1922. Segundo o Comité de Senado dos Estados Unidos na Maxistratura foi o 3.º de 61 linchamentos durante o ano 1922 nos Estados Unidos.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Procesamento da linguaxe natural
O procesamento da linguaxe natural (PLN ou NLP, do inglés Natural Language Processing) é unha subdisciplina da intelixencia artificial, proximamente relacionada coa lingüística computacional, que ten como obxectivo modelar as linguas naturais e desenvolver ferramentas que permitan procesalas, tratalas e reproducilas mediante o uso de medios computacionais. Estas solucións a miúdo toman a forma de aplicacións ou programas informáticos, e permiten a comunicación tanto entre persoas como entre persoas e máquinas mediante o uso de linguas naturais, como o galego, o portugués, o castelán, o inglés etc. Debido ás súas características, trátase dun campo tamén relacionado coa informática, as ciencias da computación e a lingüística.
O moco, mucosidade ou mucus é unha substancia viscosa biolóxica que protexe as superficies de moitos seres vivos contra a deshidratación (nos pulmóns), ataque químico (mucosidade do estómago), bacteriolóxico (mucosidade respiratoria) ou simplemente actúa como lubricante (esófago, colon). Os seus compoñente prodúcenos unhas células especializadas chamadas células caliciformes, no seu retículo endoplasmático e aparato de Golgi, que están situadas nas membranas mucosas. O moco, producido por unha célula caliciforme, é segregado por exocitose e diluído con auga.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O conflito de Irlanda do Norte (coñecido en inglés como The Troubles, en irlandés, Na Trioblóidí, «Os Problemas») foi un conflito armado interétnico nacionalista en Irlanda do Norte que provocou un gran número de vítimas durante a segunda metade do século XX. Enfrontou, por unha banda, os unionistas de Irlanda do Norte (de relixión protestante), partidarios de preservar as ligazóns co Reino Unido, e doutra banda os republicanos irlandeses, na súa maioría católicos, partidarios da independencia ou ben da integración da provincia na República de Irlanda. Ambos os bandos recorreron ás armas, e a provincia afundiuse nunha espiral de violencia que durou dende arredor de 1968 ata a firma do Acordo do Venres Santo, o 10 de abril de 1998, que sentou as bases dun novo goberno, en que católicos e protestantes comparten o poder. Non obstante, a violencia continuou despois desa data e aínda continúa de forma ocasional e a pequena escala.
Merócrino (ou écrino) é un termo usado para clasificar as glándulas exócrinas e as súas secrecións no estudo da histoloxía. Unha célula clasifícase como merócrina se as secrecións que produce son excretadas por exocitose a un ducto con parede epitelial e despois á superficie corporal ao ao lume dalgún órgano. A merócrina é a forma máis común de secreción.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Cor pulmonale (expresión latina formada por cor -corazón- e pulmōnāle -pulmonar-) ou corazón pulmonar é unha afección cardíaca consecutiva a unha doenza pulmonar, que a Organización Mundial da Saúde (OMS) define como a "hipertrofia do ventrículo dereito consecutiva a doenzas que interesan a función ou a estrutura do pulmón, a non ser que as alteracións pulmonares sexan secundarias a doenzas primitivas do corazón esquerdo ou a cardiopatías conxénitas". O termo úsase para describir cambios na estrutura e na función do ventrículo dereito como resultado dunha desorde respiratoria que produza hipertensión pulmonar. A hipertrofia do ventrículo dereito é o cambio principal no cor pulmonale crónico, así como dilatación do ventrículo, nos casos agudos, ambos consecuencia dun incremento de presión no ventrículo dereito do corazón.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.915.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
As ruínas de San Domingos constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do Museo Provincial de Pontevedra. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa gótica do que no seu día foi o convento de San Domingos. Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco capelas correspondentes ó brazo transversal do cruceiro, mentres que a entrada ó recinto faise polo extremo oposto do cruceiro.
O cinema de Italia comprende os filmes realizados en Italia ou por directores italianos. A industria do cinema italiano é unha das máis prestixiosas do mundo: é o país que gañou en máis ocasións o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa e o segundo con máis Palmas de Ouro. Un gran número de autores están recoñecidos internacionalmente, como Roberto Rossellini, Federico Fellini, Michelangelo Antonioni ou Bernardo Bertolucci, amais de intérpretes coma Anna Magnani, Sophia Loren, Marcello Mastroianni ou Vittorio Gassman.
Este artigo trata sobre os ligandos en bioquímica. Para os ligandos en coordinación de metais en química inorgánica ver ligando (química inorgánica). Non confundir con ligante (aglomerante ou aglutinante) En bioquímica e farmacoloxía, un ligando (do latín ligare, 'unir') é unha substancia, que forma un complexo cunha biomolécula (proteína ou ácido nucleico) para realizar unha función biolóxica, como a estabilización estrutural, catálise, modulación dunha actividade encimática ou transmisión dun sinal.
O proteoma é o conxunto completo de proteínas que é, ou pode ser, expresado polo xenoma, célula, tecido ou organismo nun certo momento. Tamén se pode definir como o conxunto de proteínas expresadas nun tipo de célula ou organismo dado, nun momento dado e en condicións definidas. A proteómica é o estudo do proteoma.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
O western é un dos xéneros cinematográficos máis populares do cinema estadounidense. A palabra western, orixinariamente un adjectivo derivado de West (Oeste, en inglés), substantivouse para facer referencia ás obras, fundamentalmente cinematográficas, aínda que tamén literarias (véxase Novela do Oeste) e de banda deseñada (véxase Banda deseñada do Oeste, que están ambientadas no antigo Oeste estadounidense. En galego, western é un anglicismo, de amplo uso, aínda que non aceptado de momento polo Dicionario da Real Academia Galega, polo que debe escribirse sempre en cursiva, como se fai con todo estranxeirismo.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A National Football League (en galego: Liga Nacional de Fútbol Americano), mellor coñecida polas súas siglas en inglés, (NFL), é a maior liga de fútbol americano profesional dos Estados Unidos e está considerada como a máis grande e prestixiosa propiedade deportiva nese país. A NFL toma a figura xurídica de Asociación Deportiva, controlada polos seus propios membros. Foi creada por once equipos en 1920 como a American Professional Football Association (a liga mudou o nome polo de American Professional Football League en 1921, e mudouno novamente en 1922 polo nome agora vixente).
En matemáticas, o termo linear ou lineal úsase en dous sentidos distintos para dúas propiedades diferentes: linearidade dunha función (ou mapa); linearidade dun polinomio. Informalmente pode ser visto como unha función que só consta de sumas e multiplicacións por un escalar. Un exemplo de función linear é a función definida por f ( x ) = ( a x , b x ) {\displaystyle f(x)=(ax,bx)} que mapea a recta real cunha recta no plano euclidiano R2 que pasa pola orixe.
Organización Mundial do Comercio
A Organización Mundial del Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización intergobernamental con sede en Xenebra, Suíza, que regula e facilita o comercio internacional. Os gobernos utilizan a organización para establecer, revisar e facer cumprir as normas que rexen o comercio internacional en cooperación co Sistema das Nacións Unidas. A OMC é a maior organización económica internacional do mundo, con 166 membros que representan máis do 98 % do comercio mundial e do PIB mundial.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.