Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Gondomar é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con cerca de 25 700 habitantes. É sede dun municipio con 133,26 km² de área e 164 096 habitantes (2001), subdividido en 12 freguesías. O municipio está limitado ao nordeste polos municipios de Valongo e Paredes, ao sueste por Penafiel e Castelo de Paiva, ao sur por Arouca e Santa Maria da Feira, ao suroeste por Vila Nova de Gaia, ao oeste polo Porto e ao noroeste pola Maia.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O Presidente da República de Finlandia (en finés: Suomen tasavallan presidentti, en sueco: Republiken Finlands president) é o Xefe de Estado de Finlandia. O posto foi creado en 1919. Ten unha duración de 6 anos e desde o ano 1994 ningún presidente pode ser electo para máis de dous mandatos consecutivos.
A citocalasina B (CB), cuxo nome procede do grego cytos ('célula') e chalasis ('relaxación'), é unha micotoxina que pode permear as células. Concentracións subestequiométricas de citocalasina B inhiben fortemente a formación de redes de filamentos de actina. Debido a isto, úsase con frecuencia en investigacións biolóxicas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Gran Premio do Reino Unido de 2025
O Gran Premio do Reino Unido de 2025 (oficialmente Fórmula 1 Qatar Airways Gran Premio do Reino Unido 2025) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 que tivo lugar o 6 de xullo de 2025 no Circuíto de Silverstone en Northamptonshire, Inglaterra. Foi a duodécima proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Antonio María López de la Peña
Antonio María López de la Peña, nado no século XVIII en Millares (A Braña, Baleira) e finado no mesmo lugar en 1853, foi un notario-escribán e político galego.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.934.
Os artiodáctilos (Artiodactyla) son unha orde de mamíferos ungulados caracterizados porque as súas extremidades rematan en catro dedos, e o peso do seu corpo recae nos dedos terceiro e cuarto (dos cales, polo menos apoian dous no chan) en contraste cos outros ungulados, os perisodáctilos, nos que o peso do corpo recae no terceiro dedo, na maior parte deles, ou totalmente neste, como nos équidos. Unha das características máis distintivas do grupo é a forma do astrágalo, un óso do tornecelo, que ten unha estrutura de dupla polea, o que lle dá unha maior flexibilidade aos pés. Os aridodácilos habitan en todos os continentes, excepto na Antártida, aínda que os que se encontran en Australia foron introducidos polo ser humano.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O MetLife Stadium é un recinto deportivo estadounidense situado en East Rutherford, Nova Jersey (Estados Unidos), moi cerca da cidade de Nova York. É parte do Complexo Deportivo de Meadowlands e serve como estadio local para dúas franquías da National Football League (NFL): os New York Giants e os New York Jets. O estadio é propiedade da MetLife Stadium Company, unha empresa conxunta entre os Giants e os Jets, os cales construíron en conxunto o recinto utilizando fondos privados nun terreo propiedade da New Jersey Sports and Exposition Authority.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Os galaicos (termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί) eran un conxunto de pobos de cultura e lingua hispanoceltas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus / gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio Romano de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego. Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase principalmente á Idade Antiga, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55.
Radio Galicia Cadena SER (fundada como EAJ-4 Unión Radio Santiago de Compostela, en xaneiro de 1933 en Santiago de Compostela), en ocasións chamada tamén simplemente SER Galicia, é a decana das emisoras radiofónicas en Galicia. Forma parte da extensa rede de emisoras da Cadena SER, erixíndose como unha das súas dezasete cabeceiras rexionais. É, ademais, a emisora local da SER en Compostela.
Clasificación científica ou clasificación biolóxica é a maneira en que os biólogos agrupan e categorizan especies extinguidas ou actuais de organismos. A clasificación moderna ten as súas raíces no sistema de Carl von Linné, que agrupou as especies de acordo con características físicas compartidas. Estas agrupacións foron revisadas dende a época de Linneo para mellorar a consistencia co principio de descendencia común de Charles Darwin.
Campionato Galego de Afeccionados
O Campionato Galego de Afeccionados foi unha competición de clubs de fútbol de afeccionados organizada pola Federación Galega de Fútbol.
A Venus de Milo, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos, é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París. Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,02 m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu baseamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía.
The Darkness é unha banda inglesa de glam rock procedente de Lowestoft, Suffolk, e fundada no ano 2000. O grupo está composto por Justin Hawkins (voces e guitarra), o seu irmán Dan Hawkins (guitarra e coros), Frankie Poullain (baixo e coros) e Ed Graham (batería), e caracterízase polas súas influencias do rock clásico e as súas elaboradas actuacións.
O McDonnell Douglas DC-10 é un trimotor de longa distancia fabricado por McDonnell Douglas. Dous dos seus motores sitúanse en góndolas baixo as ás, mentres que o terceiro atópase na parte traseira da fuselaxe, debaixo do estabilizador vertical. Foi concibido coma sucesor do McDonnell Douglas DC-8 en operacións de longo percorrido, e para competir co Airbus A300 en rutas de medio percorrido, así coma co Lockheed L-1011 Tristar.
O arquipélago de Chagos (antigamente, illas aceite, e en inglés, Chagos Archipelago) é un grupo de sete atois que comprenden máis de 55 illas tropicais individuais, que se atopan no centro do océano Índico. Chagos atópase a uns 500 km ao sur das Maldivas, o seu veciño máis próximo, e a 1600 km ao suroeste da India, a metade de camiño entre Tanzania e Xava. Os habitantes das Maldivas chámano Folhavahi e tamén se coñece como Phehandweep (Hindi: फेहंद्वीप) nas linguas do norte da India e Paeikaana Theevukal (támil: பேகான தீவுகள்).
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025
O Campionato Mundial de Fórmula Un da FIA de 2025 é un campionato de carreiras de automobilismo para coches de Fórmula 1 e a 76ª edición do Campionato Mundial de Fórmula 1. Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o organismo reitor do automobilismo internacional, como a máxima categoría de competición para coches de carreiras de rodas abertas. O campionato dispútase en vinte e catro Grandes Premios que se celebran en todo o mundo.
As formigas (Formicidae) son unha familia de insectos eusociales que, como as avespas e as abellas, pertencen ao orde dos himenópteros. As formigas evolucionaron de antepasados similares a unha avespa para mediados do Cretáceo, fai entre cento dez e cento trinta millóns de anos, diversificándose tras a expansión das plantas con flor polo mundo. Son un dos grupos zoolóxicos de maior éxito, cunhas catorce mil especies descritas, aínda que se estima que poden ser máis de vinte e dous mil.
A Brandela, A Graña, Xunqueira de Ambía
A Brandela é un lugar da parroquia da Graña, no concello ourensán de Xunqueira de Ambía, na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE, en 2023 tiña 17 habitantes (9 homes e 8 mulleres).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz, bailarina, cantante e cortesá galega residente en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.
Selección de rugby de Suráfrica
A selección de rugby de Suráfrica (popularmente coñecida coma os Springboks ou Bokke) é o equipo nacional que representa a Suráfrica nas competicións absolutas masculinas de rugby. Os Springboks visten camisola verde co colo dourado, pantalón branco e medias verdes. O seu emblema tradicional é o Springbok (un tipo de gacela) e mais recente é a Protea (planta floral típica do sur de África) que é un emblema nacional en xeral.
Uxío Carré Aldao, coñecido no seu tempo como Eugenio Carré Aldao, nado na Coruña o 5 de novembro de 1859 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1932, foi un escritor en linguas castelá e galega, editor e libreiro galego, membro fundador da Real Academia Galega da que foi secretario de 1905 a 1906 e de novo, durante dez anos, de 1909 a 1919. Sucedeu a Andrés Martínez Salazar como Cronista oficial da Coruña.
A nomenclatura trinomial, ou nomenclatuta tronominal (ou nome trinomial) é unha forma estendida da nomenclatura binomial usada en bioloxía para identificar a cada especie de ser vivo coñecida, co fin de referirse especificamente a subdivisións menores dunha especie determinada. As máis frecuentes destas son: A subespecie, en cuxo caso se engade un terceiro nome sempre con minúscula detrás dos que se refiren ao xénero (con maiúscula e en primeiro lugar) e á especie (con minúscula e en segundo lugar). A modo de exemplo, pódese citar ao can, unha subespecie doméstica do lobo (Canis lupus), que recibe o nome trinomial de Canis lupus familiaris.