Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A citocalasina B (CB), cuxo nome procede do grego cytos ('célula') e chalasis ('relaxación'), é unha micotoxina que pode permear as células. Concentracións subestequiométricas de citocalasina B inhiben fortemente a formación de redes de filamentos de actina. Debido a isto, úsase con frecuencia en investigacións biolóxicas.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Zacharias Kunuk (en inuktitut: ᓴᖅᑲᓕᐊᓯ ᑯᓄᒃ) é un director de cinema e produtor inuk, coñecido polo seu filme Atanarjuat, a primeira longametraxe dramática canadense producida integramente en lingua inuktitut e cun elenco totalmente indíxena. É o presidente e cofundador de Igloolik Isuma Productions, a primeira produtora inuit independente do Canadá. Os seus cofundadores son Paul Qulitalik, Paul Apak Angilirq e Norman Cohn (o único membro do equipo que non é inuk).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
As citocalasinas son metabolitos fúnxicos heterociclicos que teñen a capacidade de unirse a filamentos de actina e bloquear a súa polimerización e a elongación da actina. Como resultado da inhibición da polimerización da actina, as citocalasinas poden cambiar a morfoloxía celular, inhibir procesos celulares como a división celular e mesmo causar que as células experimenten a apoptose (morte celular). As citocalasinas teñen a capacidade de permear as membranas celulares e entrar nas células, impedir o traslado das células e causan a enucleación das células.
As Illas Orcadas (escocés: Arcaibh, en inglés e escocés Orkney) son un arquipélago habitado do Mar do Norte, moi próximo á costa setentrional de Escocia, a tan só 16 quilómetros, e que na actualidade constitúen unha área municipal de seu. Atópase ao norte da costa de Caithness e comprende aproximadamente 70 illas, das cales 20 están habitadas. A illa máis grande Mainland refírese a miúdo como "o continente".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Caamaño & Ameixeiras é un dúo galego de folk/música tradicional galega formado no ano 2018 pola acordeonista de Oza dos Ríos Sabela Caamaño e a violinista e vocalista de Laxe Antía Ameixeiras. Ata a data o grupo leva editados dous álbums de estudio, Aire! (2021), que recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría folk, e Quitar o aire (2023), este último producido por Hevi, vocalista de Malandrómeda.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A presidencia é un cargo que ostentan os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentar'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, é un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Principe da escuridade".
O condutismo ou behaviorismo, segundo John B. Watson, é o estudo experimental obxectivo e natural da conduta, que exclúe a conciencia e a introspección. Para Burrhus Frederic Skinner o condutismo é unha filosofía da ciencia da conduta. Skinner definiu varios aspectos esenciais do seu obxecto de estudo e, a diferenza de Watson, centrouse en describir as leis xerais que rexen a conduta.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego. A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.
Nicolas "Nico" Hülkenberg, nado en Emmerich o 19 de agosto de 1987, é un piloto alemán de Fórmula 1 que regresa como piloto oficial á Fórmula 1 con Haas F1 Team en 2023, despois de servir como piloto de reserva para Aston Martin F1 Team no ano 2022. En 2015, tamén disputou dúas roldas do Campionato Mundial de Resistencia da FIA de 2015 para Porsche, gañando as 24 Horas de Le Mans no seu primeiro intento. Foi o campión da Serie GP2 de 2009, e anteriormente foi campión tanto da Serie Euro de Fórmula 3 como doa A1 Grand Prix, como parte do A1 Team Germany.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A OU-208 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Partovia e O Carballiño; ambas no concello do Carballiño. Ten unha lonxitude de 7,37 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-504 en Partovia (O Carballiño) e finaliza nun cruzamento coa N-541 no Carballiño.
O syadvada é un sistema de argumentación desenvolvido polos filósofos e pensadores xainas na India antiga para apoiar e fundamentar a súa teoría do pluralismo. Este sistema destaca por ter sete predicados semánticos diferenciados, que poden interpretarse como sete valores de verdade distintos. Tradicionalmente, na literatura xaina e hindú relativa á filosofía xaina, recibe o nome de syadvada ou saptabhangivada.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Black Sabbath é unha banda inglesa, unha das fundadoras do heavy metal. A formación orixinal contaba con Ozzy Osbourne como cantante, Tony Iommi na guitarra, Terence "Geezer" Butler no baixo e Bill Ward na batería. Formouse en Birmingham a finais dos anos 1960s co nome de Polka Tulk Blues Band (ben axiña quedou en só Polka Tulk), e máis tarde Earth.
As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas que evolucionaron do latín vulgar entre os séculos III e VIII. Tamén son coñecidas como neolatinas ou romances. As cinco linguas románicas con maior número de falantes nativos son o castelán (480 millóns de falantes), o portugués (270 millóns), o francés (77 millóns), o italiano (65 millóns) e o romanés (24 millóns). Das principais lingua románicas, o italiano é a máis achegada ó latín, seguido polo castelán, o romanés e o portugués, sendo a máis diverxente o francés.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Dalai Lama, é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano, a máis nova das escolas do budismo tibetano fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso. O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus, é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara, o Bodhisattva da Compaixón.
Este artigo trata sobre o endotelio dos vasos sanguíneos; para o da córnea ver endotelio corneal. O endotelio vascular é o tecido que forma a fina capa de células que reviste a parte interior dos vasos sanguíneos, formando unha interface entre o sangue circulante do lume do vaso e o resto das paredes do vaso. O tecido endotelial é unha variedade de tecido epitelial.
Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito. A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismo En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.
Flavius Theodosius, coñecido como Teodosio II, nado o 10 de abril do 401 e finado o 28 de xullo de 450, foi o fillo máis vello de Eudoxia e de Arcadio, á idade de 7 anos converteuse en emperador romano de Oriente, gobernando desde o 408 ao 450. Primeiro o goberno estivo en mans de Antemio, prefecto pretorio de oriente, que xa gobernara durante o reinado de seu pai, pero a partir do 414 Teodosio viuse influenciado pola súa irmá máis vella, Pulqueria, que o levou a un cristianismo intransixente e á persecución de xudeus e pagáns. Casou con Atenais no ano 421, filla dun sofista pagán, que tivo que bautizarse antes de casar co emperador.
O camelo (Camelus) é un xénero de ungulados artiodáctilos (de número impar de dedos) que contén dúas especies: o dromedario (Camelus dromedarius), dunha xiba e o camelo bactriano (Camelus bactrianus), de dúas xibas. Ambos os dous son nativos de áreas secas e desérticas da Asia e do norte de África. O nome camelo ( pronunciación ) ven do grego kamelos a partir do hebraico gamal 'camelo'.
William John "Liam" Neeson, nado o 7 de xuño de 1952 en Ballymena, condado de Antrim (Irlanda do Norte) é un actor irlandés que acadou a fama por protagonizar o filme de Steven Spielberg A lista de Schindler. Dende aquela protagonizou numerosos filmes de éxito, como Star Wars Episode I: The Phantom Menace, Taken, Taken 2, Michael Collins, Les Misérables, Batman empeza, Kinsey, Furia de titáns e a serie The Chronicles of Narnia. Foi nomeado a varios premios como o Oscar ó mellor actor, o BAFTA ó mellor actor e tres Globos de Ouro ó mellor actor dramático.
Boulogne-sur-Mer (en picardo Boulonne) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia. Con 40 874 habitantes intramuros en 2017 constitúe a segunda localidade por poboación do departamento logo de Calais e a primeira pola súa densidade de poboación. Ademais é o centro dunha aglomeración de 132 000 habitantes que é a 61º área urbana de Francia.
O McDonnell Douglas DC-10 é un trimotor de longa distancia fabricado por McDonnell Douglas. Dous dos seus motores sitúanse en góndolas baixo as ás, mentres que o terceiro atópase na parte traseira da fuselaxe, debaixo do estabilizador vertical. Foi concibido coma sucesor do McDonnell Douglas DC-8 en operacións de longo percorrido, e para competir co Airbus A300 en rutas de medio percorrido, así coma co Lockheed L-1011 Tristar.
Unha república (do latín: res publica = cousa pública) é unha forma de goberno no que o poder reside no pobo, e o goberno está gobernado por líderes electos en sufraxio universal por un tempo determinado conforme á lei, no canto de ser herdado ou nomeado (por exemplo, mediante a herdanza ou mandato divino). Nos tempos modernos a definición de república tamén se limita normalmente a un goberno que non ten un monarca ou calquera outra forma hereditaria de xefatura. A miúdo, as monarquías e as repúblicas descríbense como conceptos mutuamente exclusivos.
Jose Fernando Emilio Olvera Sierra, coñecido como Fher Olvera, nado en Puebla, México, o 8 de decembro de 1959, é o compositor, guitarrista e vocalista da banda de rock mexicana Maná. Licenciado en Comunicación pola Universidade de UNIVA, os seus inicios musicais remóntanse a cando estudaba primaria, época na que participaba no coro da escola no que cantaba temas de Agustín Lara e Consuelito Velázquez.
A presidencia é un cargo que ostentan os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentar'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025
O Campionato Mundial de Fórmula Un da FIA de 2025 é un campionato de carreiras de automobilismo para coches de Fórmula 1 e a 76ª edición do Campionato Mundial de Fórmula 1. Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o organismo reitor do automobilismo internacional, como a máxima categoría de competición para coches de carreiras de rodas abertas. O campionato dispútase en vinte e catro Grandes Premios que se celebran en todo o mundo.
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.277 habitantes (2024), repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 47 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
A Copa do Rei de fútbol 2001–02 foi a edición número 98 da Copa do Rei de España. Disputouse coa participación de 80 equipos pertencentes ás divisións Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira, fóra dos equipos filiais que xogasen en devanditas categorías. O campión foi o Deportivo da Coruña tras gañar ao Real Madrid por 1-2 no Santiago Bernabéu.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.