Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González. Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, e finado na Coruña o 10 de agosto de 2025, foi un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
O ralo africano (Crecopsis egregia) é unha ave de tamaño pequeno a medio que vive no chan da familia dos rálidos, atopado na maioría do sur de África. É común estacionalmente na maioría da súa área de distribución excepto nas selvas e nas áreas que teñen unha precipitación anual baixa. Este ralo é parcialmente migrador, partindo da zona ecuatorial en canto as chuvias proporcionan suficiente cobertura de herba que lle permita vivir noutra parte.
El olvido que seremos é un filme colombiano de 2020 dirixido por Fernando Trueba. Foi escollido para a súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2020. Foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Daniel Gray Quillen, nado o 22 de xuño de 1940, e finado o 30 de abril de 2011, foi un matemático estadounidense. É coñecido por ser o "artífice principal" da Teoría K alxébrica superior, pola que lle foi outorgado o Premio Cole en 1975 e a Medalla Fields en 1978. Desde 1984 a 2006, foi o Waynflete Professor de Matemática Pura no Magdalen College, Oxford.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Mareas vivas é unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, que foi emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido (79) e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo. Tivo orixe no escudo do Reino de Galicia.
Ernest e Célestine (en francés: Ernest et Célestine) é un filme francés de animación de 2012 dirixido por Stéphane Aubier, Vincent Patar e Benjamin Renner. Baséase na serie homónima de libros infantís publicada polo autor e ilustrador belga Gabrielle Vincent. Foi escollido para proxectarse na sección Directors' Fortnight do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012, como parte do programa TIFF Kids do Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival Internacional de Cinema de Hong Kong.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Raoul Bott, nado en Budapest o 24 de setembro de 1923 e finado o 20 de decembro de 2005, foi un matemático húngaro-estadounidense coñecido polas súas numerosas contribucións fundamentais á xeometría en sentido amplo. É especialmente coñecido polo seu Teorema de periodicidade de Bott, polas funcións de Morse–Bott e polo Teorema de Borel–Bott–Weil.
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003). Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 225.836.
Antón Patiño Regueira, nado na Coruña o 2 de agosto de 1919 e finado en Vigo o 6 de xullo de 2005, foi un intelectual e libreiro cunha importante influencia na vida cultural galega. A súa paixón vital é unha característica central do seu itinerario biográfico, manifestada a través dunha chea de actividades que abranguen diferentes eidos culturais na Galiza das últimas décadas. Foi activo promotor das asociacións de libreiros e membro fundador de moitas das asociacións micolóxicas galegas.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
O Ourense Club de Fútbol, S.A.D. é un club de fútbol galego da cidade de Ourense, que na tempada 2025/26 militará na Primeira Federación. Foi fundado en 1977 co nome de Puente Club de Fútbol, trocando o seu nome polo de Ponte Club de Fútbol en 1996 e Ponte Ourense Club de Fútbol entre 1997 e 2014. Foi o primeiro club do fútbol español que se transformou en SAD militando na 3ª División.
Lingua salish do estreito norte
A lingua salish do estreito norte é unha lingua da familia salish composta por varios dialectos mutuamente intelixibles dentro da familia lingüística salish da costa, faladas no oeste de Washington e na Columbia Británica. Os diversos dialectos do salish do estreito norte adoitan denominarse linguas separadas, tanto na época histórica como na moderna, e aínda que os seus falantes recoñecen as súas semellanzas, non existe unha palabra para a lingua no seu conxunto.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Moonfall é un filme de 2022 escrito, dirixido e producido por Roland Emmerich. Está protagonizado por Halle Berry, Patrick Wilson, John Bradley-West, Michael Peña, Charlie Plummer, Kelly Yu e Donald Sutherland. Conta a historia de dous antigos astronautas e un teórico da conspiración que descobren a verdade oculta sobre a Lúa, cando esta de súpeto abandona a súa órbita.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Cincinnati é unha cidade do estado norteamericano de Ohio e a capital de condado de Hamilton. A cidade está localizada ao suroeste de Ohio, á beira do río Ohio na fronteira Ohio-Kentucky. Cunha poboación en 2006 de 332.252 habitantes, Cincinnati é a terceira cidade máis grande de Ohio, detrás de Columbus e Cleveland, e a 56ª cidade máis grande nos Estados Unidos.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Ernest e Célestine, a colección
Ernest e Célestine, a colección (en francés: Ernest et Célestine, la collection) é unha serie de televisión francesa que se estreou entre o 1 de abril de 2017 até o 20 de decembro de 2021 a través de France 5. É unha prolongación da longametraxe de 2012, que á súa vez é unha adaptación da serie de contos infantís de Gabrielle Vincent. Parte do equipo de rodaxe traballou na serie.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Port Royal (en patois xamaicano: Puot Rayal) foi unha cidade situada ao final dos Palisadoes, na desembocadura do porto de Kingston, no sueste de Xamaica. Fundada en 1494 polos españois, foi noutro tempo a cidade máis grande e próspera do Caribe, funcionando como centro de navegación e comercio no mar Caribe na segunda metade do século XVII. Foi destruída por un terremoto o 7 de xuño de 1692 e o seu tsunami que a acompañou, o que levou ao establecemento de Kingston, como a capital e a cidade máis poboada e próspera de Xamaica. Grandes furacáns danaron regularmente a zona.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución. A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega.
Shirley Jackson, nada en San Francisco o 14 de decembro de 1916 e finada en North Bennington, 8 de agosto de 1965, foi unha contista e novelista estadounidense especializada no xénero de terror. Foi popular durante a súa vida e nos últimos anos a súa obra recibiu unha crecente atención por parte da crítica. Influíu grandemente en autores como Joanne Harris, Stephen King, Nigel Kneale, Neil Gaiman e Richard Matheson.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Estadio Libertadores de América
O Estadio Libertadores de América é un estadio de fútbol arxentino da cidade de Avellaneda. Foi inaugurado en 1928 e renovado no ano 2009 e ten capacidade para 55.000 espectadores. Serve de localía ao Club Atlético Independiente.
Santa Melissa (en italiano: Melissa; en lombardo: Melissa; en latín: Melissae; en grego clásico e grego koiné: Μελιτινή, Μελιτίνη; romanizado: Melitinē, Melitini) nada en Brescia o 28 de febreiro de 128 e finada en Marcianópolis o 16 de setembro de 157, foi unha virxe e mártir lendaria das tradicións cristiás do século II. Segundo a lenda, foi unha misioneira da península italiana que viviu en Marcianópolis coa misión de evanxelizar a outros pobos ao mesmo tempo que Tracia, a rexión onde se atopaba a cidade, que estaba controlada polo gobernador Antíoco. Foi martirizada por el durante a persecución do emperador Antonino Pío. A súa festividade litúrxica celébrase o 16 de setembro pola Igrexa Católica Romana en Italia e pola Igrexa Ortodoxa.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole. En 2019 saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando millóns de reproducións en YouTube nun curto período de tempo, despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral e entrou na listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda, unidas ámbalas dúas polo corredor que forma o río Arnoia. No século X era unha rexión medieval histórica, coñecida como Maceda da Limia. Na actualidade, o norte da comarca pertence a paraxe natural da Ribeira Sacra.
Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co océano Índico.
Anna's Archive é un motor de procura de Código aberto para bibliotecas escuras (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de aplicación da lei para pechar a biblioteca Z-Library en 2022. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Trofeo Emma Cuervo é un torneo amigable de fútbol organizado polo Ribadeo FC, que se celebra no estadio Pepe Barrera de Ribadeo. Disputado todos os veráns desde 1952, trátase do segundo torneo amigable máis antigo do Estado español, só superado polo Teresa Herrera coruñés. Foi creado polo entón presidente do Ribadeo Pepe Barrera, na honra de Emma Cuervo, unha cubana á que o unía unha grande amizade.
A Saga dos groenlandeses (en islandés: Grœnlendinga saga) é unha das sagas islandesas que, xunto á Saga de Erik o Roxo son unha das principais fontes literarias de información sobre a colonización viquinga en América. Conta a colonización de Groenlandia iniciada por Erik o Roxo. A saga presérvase en Flateyjarbók, un manuscrito do século XIV, e crese que se encargou a súa redacción no século XIII. Os feitos narrados desenvolvéronse entre 970 e 1030.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.