Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido (79) e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
O pombo turqué (Columba bollii) é unha especie de ave do xénero Columba da familia Columbidae endémico das Illas Canarias. Este pombo lembra no seu nome científico ao naturalista alemán Carl Bolle, que foi o primeiro en distinguilo do pombo rabil (C. junoniae). É un pombo endémico do hábitat do bosque laurisilva canario.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Estadio Libertadores de América
O Estadio Libertadores de América é un estadio de fútbol arxentino da cidade de Avellaneda. Foi inaugurado en 1928 e renovado no ano 2009 e ten capacidade para 55.000 espectadores. Serve de localía ao Club Atlético Independiente.
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003). Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
A 79.ª edición do Trofeo Teresa Herrera celebrouse na Coruña os días 9 e 10 de agosto de 2024, recuperando o formato cuadrangular despois dunha década. Os participantes foron o Deportivo da Coruña, Leganés, Real Oviedo e Unionistas de Salamanca. O campión foi o Leganés, que se impuxo na final ao Deportivo (1−3), logrando así o seu primeiro título.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Louie Sam, nado c. 1870. e finado o 24 de febreiro de 1884, foi un neno pertencente ao pobo dtó:lō que vivía nunha comunidade indíxena preto de Abbotsford, Columbia Británica e que foi linchado por unha turba racista estadounidense. Sam tiña 14 anos cando ocorreron estes acontecementos. Foi acusado do asasinato de James Bell, un tendeiro en Nooksack (o que hoxe é o condado de Whatcom, Washington).
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
José Costas Fischer, nado en Freaza (Traspielas, Fornelos de Montes) o 17 de decembro de 1996, é un cantante galego, máis coñecido como Costas. Participou e foi un dos finalistas da quinta edición do programa A liga dos cantantes extraordinarios, emitido na TVG no 2024. É un dos cantantes do Grupo Tekila.
The Vaccines é un grupo musical inglés de indie rock formado en West London no 2010 por Justin Hayward-Young, Freddie Cowan, Árni Árnason e Pete Robertson. Ata a data o grupo lanzou seis álbums de estudio, What Did You Expect from the Vaccines? (2011), Come of Age (2012), English Graffiti (2015), Combat Sports (2018), Back in Love City (2021) e Pick-Up Full of Pink Carnations (2024).
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Chikungunya (do makonde, o que se torce), ou de xeito abreviado chik, é unha doenza infecciosa provocada por un virus de ARN que leva o mesmo nome. Dito virus pertence ao grupo dos arbovirus, do xénero Alphavirus (Togaviridae) e transmítese característicamente a través de mosquitos do xénero Aedes (Aedes aegypti e Aedes albopictus), os cales actúan como vector epidemiolóxico. Probabelmente a orixe do virus atópese no continente africano, onde se reproduciría no organismo dos primates a través do subxénero Stegomyia, tal e como acontece coa febre amarela.
As mofetas son os mamíferos pertencentes á familia dos mefítidos (Mephitidae). Caracterízanse pola súa capacidade de lanzar un líquido cun forte cheiro desagradable polas súas glándulas anais para escorrentar a outros animais. As diferentes especies de mofetas varían en aparencia desde a pelaxe branca e negra á marrón ou cor crema, pero todas teñen coloracións de advertencia.
Noroeste Pop Rock, ou Festival Noroeste é un festival de música pop rock que cada ano se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña dentro do programa das Festas de María Pita. A edición do ano 2017 foi a número 31 dende os seus comezos nos anos oitenta. Tradicionalmente neste festival o público pode ver de balde as actuacións, que se levan a cabo nun escenario montado na area da praia de Riazor.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Os lapatiancos (en latín: Lapatianci) ou labacenos eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que viviu na costa norte da actual Galicia, arredor da vila de Cedeira. É considerado por Luís Monteagudo como unha das tres subtribos dos ártabros, xunto cos brigantinos e os nerios.
A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Trega, na localidade pontevedresa da Guarda. Está declarada como festa de interese turístico galego desde o ano 2009.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Alasca (en inglés: Alaska, [əˈlæskə] (AFI), escoitar, en aleutiano, Alax̂sxax̂; en inupiaq, Alaasikaq; en alutiiq, Alas'kaaq; en iupik, Alaskaq; en tlingit, Anáaski;) é o Estado con máis superficie dos Estados Unidos de América situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só co Canadá (ó leste), e por mar co océano Pacífico (sur), océano Glacial Ártico (norte) e a confluencia de ambos os dous no estreito de Bering (oeste). A súa capital é Juneau. Comprado ó imperio ruso en 1867 por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras Wyoming, Dacota do Norte e Vermont.
A festa da maruxaina é unha festa de interese turístico que se celebra cada verán na localidade galega de San Cibrao, en Lugo. A festa da Maruxaina, que se celebra o segundo sábado de agosto, é un agradecemento popular a canto significa e produce o mar. Para iso, conta a lenda, que na costa lucense, en fronte de San Cibrao, existe un castelo baixo a auga onde habita unha serea.
O sexo oral refírese á práctica sexual consistente na estimulación erótica dos xenitais por medio da boca, lingua, dentes ou gorxa. O cunnilingus é o practicado nunha muller mentres a felación é nun home, o anilingus é a estimulación do ano. A excitación doutras partes do corpo, como bicar ou lamber non se considera sexo oral como tampouco a inxesta de líquidos xenitais, seme ou fluxo vaxinal sen contacto físico boca-vexitalia.
Nonito Pereira Revuelta, nado na Coruña o 22 de xullo de 1943 e finado na mesma cidade o 26 de novembro de 2019, foi un empresario, produtor, e periodista musical galego. Figura fundamental no panorama musical do país desde os anos 60, foi creador do selo Abrente, presentador de diversos programas de radio e televisión ou impulsor do festival Noroeste Pop Rock.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Hannah Arendt, nada Johanna Arendt en Linden-Limmer, un distrito de Hannover, o 14 de outubro de 1906 e finada en Nova York o 4 de decembro de 1975, foi unha filósofa, socióloga e teórica política alemá, despois nacionalizada norteamericana, de orixe xudía e unha das personalidades máis influentes do século XX. A privación de dereitos e persecución que os xudeus sufriron en Alemaña a partir de 1933, así como o seu breve encarceramento ese mesmo ano, contribuíron a que decidise emigrar. O réxime nacionalsocialista retiroulle a nacionalidade en 1937, polo que foi apátrida, ata que conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1951. Traballou, entre outras cousas, como xornalista e mestra de escola superior.
O ralo africano (Crecopsis egregia) é unha ave de tamaño pequeno a medio que vive no chan da familia dos rálidos, atopado na maioría do sur de África. É común estacionalmente na maioría da súa área de distribución que non sexa as selvas e as áreas que teñen unha precipitación anual baixa. Este ralo é parcialmente migradora, partindo da zona ecuatorial en canto as chuvias proporcionan suficiente cobertura de herba que lle permite vivir noutra parte.
A Torre del Oro é unha torre albarrá situada na marxe esquerda do río Guadalquivir, na cidade de Sevilla, xunto á praza de touros da Real Maestranza. A súa altura é de 36 metros. Posiblemente o seu nome en árabe era Bury al-dahab, Borg al Azahar ou Borg-al-Azajal en referencia ao seu brillo dourado que se reflectía sobre o río.
O trofeo Ramón de Carranza é unha competición futbolística de verán que se celebra na cidade de Cádiz, a finais do mes de agosto. É popularmente coñecido como O trofeo dos trofeos. Actualmente o Atlético de Madrid é o equipo máis laureado contando con 8 trofeos, seguido do anfitrión, o Cádiz CF, con 7.
Tenet é un filme británico-estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Christopher Nolan, que el mesmo produciu xunto con Emma Thomas. Está protagonizado por John David Washington, Robert Pattinson, Elizabeth Debicki, Dimple Kapadia, Michael Caine e Kenneth Branagh. O filme conta a historia dun axente secreto que aprende como manipular o fluxo do tempo para previr un ataque do futuro que ameaza con aniquilar o mundo presente.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Wolverhampton é unha cidade e municipio metropolitano das Midlands do Oeste, en Inglaterra, Reino Unido, que formaba parte do condado tradicional de Staffordshire. De acordo co censo do ano 2011, o distrito gobernamental de Wolverhampton tiña 249 470 habitantes. A poboación urbana de Wolverhampton segundo o censo de 2001 era de 251 462, e era a segunda meirande da Área Urbana das Midlands do Oeste que forma parte da terceira maior área urbana do Reino Unido.
Google Translate (en inglés, Tradutor Google) é un sistema de tradución automática gratuíto proporcionado por Google Inc, baseado en datos estatísticos para traducir textos, documentos e páxinas web a outros idiomas. Google introduciu o seu propio software de tradución en 2007, antes utilizaba o tradutor SYSTRAN, que é utilizado por outros servizos de tradución, como Babel Fish, AOL e Yahoo.