Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda, unidas ámbalas dúas polo corredor que forma o río Arnoia. No século X era unha rexión medieval histórica, coñecida como Maceda da Limia. Na actualidade, o norte da comarca pertence a paraxe natural da Ribeira Sacra.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Eleccións municipais en Maceda
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Maceda dende 1979.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
UB40 é unha banda inglesa de reggae e pop formada en decembro de 1978 en Birmingham. O grupo tivo más de 50 cancións na lista británica de sinxelos, e tamén conseguiu un considerable éxito internacional. Foron nomeados catro veces ao premio Grammy ao mellor álbum de reggae e en 1984 ao Brit Award ao mellor grupo británico.
A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
Vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia
A vaga de incendios forestais de 2006 foi un conxunto de 1970 incendios forestais (37 deles de grandes proporcións) que arrasaron Galiza (especialmente as provincias de Pontevedra e A Coruña), entre o 3 e o 15 de agosto de 2006. Provocaron a morte de catro persoas, e ardeu un número considerable de hectáreas (77 000 segundo a Xunta de Galicia, 86 033 segundo o Ministerio de Medio Ambiente, 86 232 segundo o CEIF, 88 000 segundo a Comisión Europea e 92 058 segundo o CSIC).
O pimpín azul de Tenerife (Fringilla teydea) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae). É un endemismo exclusivo da illa canaria de Tenerife. Considérase segundo unha lei do Goberno de Canarias, como animal símbolo da illa de Tenerife, xunto co drago como vexetal símbolo.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
En fisioloxía, chámase respiración ao proceso mediante o cal os seres vivos intercambian gases co medio externo. Este proceso consiste na entrada de osíxeno ao corpo dun ser vivo e a saída de dióxido de carbono do mesmo[1] e serve para soster a respiración celular, o proceso bioquímico que consome osíxeno e produce dióxido de carbono para xerar enerxía. A respiración é o transporte de osíxeno desde o ambiente exterior ás células dentro dos tecidos e a eliminación de dióxido de carbono na dirección oposta ao ambiente mediante un sistema respiratorio.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003). Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.
Jugoslovenska Radiotelevizija ou JRT (en galego:Radiotelevisión iugoslava) foi o ente público de radiodifusión da República Federal Socialista de Iugoslavia, ata a súa desaparición en 1992. O ente estaba conformado pola unión dos distintos entes de radio e televisión subnacionais (tanto repúblicas como provincias autónomas) que en conxunto conformaban a federación iugoslava: A JRT foi un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, ademais de ser o único estado socialista pertencente a esta organización. Entre as actividades do ente, cabo destacar a realización do Jugovizija, concurso no cal, as distintas radiodifusoras que conformaban o ente, presentaban as súas cancións, para logo, escoller a que representaría a Iugoslavia no Festival da Canción de Eurovisión.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
City of Angels é un filme estadounidense de romance e fantasía dirixido por Brad Silberling que se estreou en 1998. O filme está protagonizado por Nicolas Cage e Meg Ryan. Está ambientado na cidade dos Ánxeles (California), e está vagamente baseado no filme alemán de Wim Wenders Der Himmel über Berlin, que está ambientado en Berlín.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Eleccións municipais de 2023 en Galicia
As eleccións municipais de 2023 celebraráronse o 28 de maio de 2023 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
Instituto Galego de Vivenda e Solo
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia. A súa presidencia é ostentada pola persoa titular de dita Consellería, que dende abril de 2024 corresponde a María Martínez Allegue. O seu Director Xeral, a quen corresponden as funcións executivas do organismo, é Heriberto García Porto, tamén dende ese ano.
Alasca (en inglés: Alaska, [əˈlæskə] (AFI), escoitar, en aleutiano, Alax̂sxax̂; en inupiaq, Alaasikaq; en alutiiq, Alas'kaaq; en iupik, Alaskaq; en tlingit, Anáaski;) é o Estado con máis superficie dos Estados Unidos de América situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só co Canadá (ó leste), e por mar co océano Pacífico (sur), océano Glacial Ártico (norte) e a confluencia de ambos os dous no estreito de Bering (oeste). A súa capital é Juneau. Comprado ó imperio ruso en 1867 por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras Wyoming, Dacota do Norte e Vermont.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Números de Stirling de primeira especie
En matemáticas, especialmente en combinatoria, os números de Stirling de primeira especie xorden no estudo das permutacións. En particular, os números de Stirling sen signo de primeira especie contan permutacións segundo o seu número de ciclos (contando os pontos fixos como ciclos de lonxitude un). Os números de Stirling de primeira e segunda especie poden ser entendidos como inversos un do outro, cando son vistos como matrices triangulares.