Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003). Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia
A vaga de incendios forestais de 2006 foi un conxunto de 1970 incendios forestais (37 deles de grandes proporcións) que arrasaron Galiza (especialmente as provincias de Pontevedra e A Coruña), entre o 3 e o 15 de agosto de 2006. Provocaron a morte de catro persoas, e ardeu un número considerable de hectáreas (77 000 segundo a Xunta de Galicia, 86 033 segundo o Ministerio de Medio Ambiente, 86 232 segundo o CEIF, 88 000 segundo a Comisión Europea e 92 058 segundo o CSIC).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Arrombacoches é o apelativo dado a un individuo, xeralmente non regulamentado, que por norma[Cómpre referencia] utiliza a coacción para conseguir remuneración polos servizos prestados no estacionamento, na limpeza ou na protección dun vehículo automóbil. Ten habido diversas controversias pola extorsión encuberta á que someten ós condutores, con roubos ou estragos a aqueles que non queren pagar a adealla.
Visión de los vencidos. Relaciones indígenas de la Conquista é unha escolma de textos náhuatls aparecidos no século XVI. A obra confórmase de anacos de escritos indíxenas que narran os acontecementos durante a conquista de México. Os textos foron traducidos dende o náhuatl ao castelán por Ángel María Garibay Kintana e recompilados por Miguel León Portilla.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Héctor Josué Martínez Flores, nado en Jujutla o 21 de novembro de 1989, é un mestre de lingua pipil, a derradeira lingua indíxena do Salvador que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción. No Salvador, o pipil é a única lingua indíxena viva e conta cun número limitado de falantes (estímase que non exceden as 200 persoas).
Miguel Luis León Portilla, nado na Cidade de México o 22 de febreiro de 1926 e finado na mesma localidade o 1 de outubro de 2019, foi un historiador, filósofo, escritor e académico mexicano, experto na materia do pensamento e a literatura dos náhuatl. Dende 1988 traballou como investigador emérito da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). En 1995 recibiu a medalla Belisario Domínguez e, dende o 23 de marzo de 1971, foi membro do Colexio Nacional, institución na que ingresou co relatorio La historia y los historiadores en el México antiguo, recibido cun discurso de Agustín Yáñez.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Sergio Escudero Palomo, nado en Valladolid o 2 de setembro de 1989, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da Segunda División. Disputou máis de 200 partidos na Primeira División vestindo as camisetas de Getafe, Sevilla, Granada e Valladolid. Co Sevilla conquistou dúas veces a Europa League.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
A Axencia de Noticias Hawar (ás veces abreviado ANHA) (en árabe: وكالة أنباء هاوار) é un servizo de noticias kurdo en liña con sede en Al-Hasaka, Siria. O sitio comezou como un servizo xornalístico exclusivamente árabe. A Axencia de Noticias Hawar serve como a axencia de noticias oficial de facto de Rojava, Kurdistán sirio, e está vinculada ás Forzas Democráticas Sirias.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda, unidas ámbalas dúas polo corredor que forma o río Arnoia. No século X era unha rexión medieval histórica, coñecida como Maceda da Limia. Na actualidade, o norte da comarca pertence a paraxe natural da Ribeira Sacra.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Primeiro discurso político en galego
O escritor, xornalista e mestre Galo Salinas, pronunciou o 8 de agosto de 1891, no Pazo do Concello de Pontedeume o primeiro discurso político en galego durante o acto de inauguración do comité local eumés da Asociación Rexionalista Galega.
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma. Percorreu a Península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos.
Dino Pacio Lindín, tamén coñecido como Dino de Ximil, nado en Xemil, na parroquia de Bretoña (A Pastoriza) o 18 de novembro de 1934, é un sociólogo, escritor e profesor galego, coñecido pola súa actividade na educación bilingue de adultos entre a comunidade hispana dos Estados Unidos e por ser o fundador de Solidaridad Humana.
En fisioloxía, chámase respiración ao proceso mediante o cal os seres vivos intercambian gases co medio externo. Este proceso consiste na entrada de osíxeno ao corpo dun ser vivo e a saída de dióxido de carbono do mesmo[1] e serve para soster a respiración celular, o proceso bioquímico que consome osíxeno e produce dióxido de carbono para xerar enerxía. A respiración é o transporte de osíxeno desde o ambiente exterior ás células dentro dos tecidos e a eliminación de dióxido de carbono na dirección oposta ao ambiente mediante un sistema respiratorio.
Sixta Pérez García, nada en Cantón Carrizal, no departamento de Sonsonate, é unha muller pipil, tecelá e mestra de lingua pipil, a derradeira lingua indíxena do Salvador que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción. No Salvador, o pipil é a única lingua indíxena viva e conta cun número limitado de falantes (estímase que non exceden as 200 persoas).
O Vietcong ou Fronte Nacional de Liberación de Vietnam (en vietnamita: Mặt Trận Giải Phóng Miền Nam Việt Nam), tamén coñecido como Front National de Liberté (FNL), foi unha organización guerrilleira formada en 1960 por toda a oposición á ditadura de Ngô Đình Diệm, aínda que os comunistas eran maioritarios.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Mamma Mia! é un filme musical británico-estadounidense-sueco adaptado do musical de Broadway Mamma Mia!, que se basea nas cancións do exitoso grupo pop ABBA, con música adicional composta polo membro de ABBA Benny Andersson. O filme foi dirixido por Phyllida Lloyd e distribuído por Universal Pictures en colaboración con Playtone and Littlestar de Tom Hanks e Rita Wilson.
Juan Latino, tamén coñecido como Juan de Sessa e como Ioannes Latinus, nado cerca de 1518 e finado entre 1594 e 1597 en Granada foi un poeta e humanista do Renacemento español. Pódeselle considerar a primeira persoa racializada negra que recibiu estudos universitarios e que alcanzou unha cátedra (que foi de Gramática e Lingua Latina na Universidade de Granada).
O Mosteiro, Novás, Xinzo de Limia
O Mosteiro é un lugar da parroquia de Novás, no concello ourensán de Xinzo de Limia. No ano 2022 tiña 13 habitantes, dos cales 6 eran homes e 7 mulleres.
O termo Tala pode referirse a: Arte de pesca A tala, tipo de palangre galego. Botánica A Celtis tala, árbore orixinaria de América; Algúns dos seus nomes populares máis estendidos son taco ou tala; A Celtis ehrenbergiana, árbore orixinaria da América intertropical. Literatura A Tala, libro da escritora chilena Gabriela Mistral.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os incendios en Galiza son un fenómeno recorrente, provocados por diversas causas, como a deforestación e a limpeza de matogueiras, a eliminación da fauna autóctona e os incendiarios. Actualmente, os incendios en Galiza representan o 50% da superficie queimada cada ano en España e o 40% de todos os incendios.