Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Presidencia da Xunta de Galicia
A presidencia da Xunta de Galicia osténtaa a persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial autonómico galego, e de representar Galicia no exterior. A súa elección correspóndelle ao Parlamento de Galicia, que debe escoller a presidencia entre os seus deputados e deputadas conforme ao artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía, escollidos estes á súa vez por sufraxio universal. O goberno de Galicia estabeleceuse o 16 de marzo de 1978 e ratificouse a través do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, aprobado o 28 de abril de 1981.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A ataxia espinocerebelosa tipo 36 (SCA36), coñecida popularmente en Galicia como Ataxia da Costa da Morte, é unha doenza neurodexenerativa que afecta ao cerebelo e ás súas conexións. Aínda que relacionada con outras semellantes, este tipo particular só ten sido atopado en familias da citada rexión galega e da xaponesa de Chūgoku. É considerada unha doenza rara.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
León Benavente é un grupo español de indie rock formado por músicos de diferentes lugares da xeografía española. Formouse en 2012 coa unión de catro veteranos músicos: o vocalista e teclista galego Abraham Boba, o guitarrista murciano Luis Rodríguez, o baixista aragonés Eduardo Baos, e o batería asturiano César Verdú.
Vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia
A vaga de incendios forestais de 2006 foi un conxunto de 1970 incendios forestais (37 deles de grandes proporcións) que arrasaron Galiza (especialmente as provincias de Pontevedra e A Coruña), entre o 3 e o 15 de agosto de 2006. Provocaron a morte de catro persoas, e ardeu un número considerable de hectáreas (77 000 segundo a Xunta de Galicia, 86 033 segundo o Ministerio de Medio Ambiente, 86 232 segundo o CEIF, 88 000 segundo a Comisión Europea e 92 058 segundo o CSIC).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003). Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Este artigo trata sobre a planta de flor, para a actividade psíquica véxase o artigo Pensamento. Os pensamentos son plantas híbridas ornamentais, cultivadas polas súas vistosas flores, obtidas da especie brava, o pensamento bravo ou herba da trindade (Viola tricolor); aínda que ás veces se lle chama Viola tricolor hortensis, en rigor o nome científico correcto para os híbridos é Viola x wittrockiana. Pertencen ao xénero das violetas, dentro da familia das violáceas.
Aquí comeza o mar é unha novela escrita en galego pola autora coruñesa Blanca Riestra, publicada en 2021 pola editorial Galaxia. A obra foi galardoada co XL Premio de Novela Eduardo Blanco Amor, un dos recoñecementos máis prestixiosos da literatura galega. A novela está ambientada na Coruña durante os anos oitenta e ofrece un retrato coral da cidade a través dunha crónica de sociedade que mestura memoria persoal, ficción e reflexión xeneracional.
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é un arquivo galego de titularidade estatal e xestión transferida dende 1989 a Galicia. Depende orgánicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra e, funcionalmente, da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura. Actualmente, custodia máis de 11 quilómetros de documentos, procedente de todos os eidos e sectores da provincia de Pontevedra.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".
Roberto Fidel Ernesto Sorokin Espasa, máis coñecido como Coti Sorokin ou simplemente Coti (Rosario, provincia de Santa Fe, Arxentina, 14 de xuño de 1973), é un cantante e compositor arxentino, coñecido en América Latina e España por temas como «Antes que ver el sol», «Nada fue un error» ou «Otra vez». É tamén coautor doutras cancións interpretadas por outros cantantes como «Color esperanza», interpretada por Diego Torres, ou «Andar conmigo» de Julieta Venegas.
San Vicente de Leira, Vilamartín de Valdeorras
San Vicente de Leira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 101 habitantes (50 homes e 51 mulleres), 54 menos ca en 2004 (78 mulleres e 77 homes) e 89 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Os aliñamentos de Carnac (en bretón: Steudadoù Karnag) son unha colección excepcionalmente densa de megálitos preto da costa sur da Bretaña preto da costa sur de Bretaña, no noroeste de Francia, que consiste en aliñamentos de pedras (fileiras), dolmenes (tumbas de pedra), túmulos (márculos funerarios) e menhires individuais. Máis de 3.000 menhires prehistóricos foron tallados en granito local e erixidos polos pobos pre-celtas da Bretaña e forman a maior colección deste tipo no mundo. A maioría das pedras atópanse no concello bretón de Carnac, pero algunhas cara ao leste están dentro da veciña La Trinité-sur-Mer.
Museo Numismático Nacional (México)
O Museo Numismático Nacional de México é un museo numismático e industrial que forma parte da Casa da Moeda de México. O museo está instalado na Casa del Apartado, no centro histórico da capital mexicana, unhas instalacións onde desde o século XVII se levaba a cabo o proceso industrial de separar o ouro que viña mesturado con prata das minas.
Gal Gadot-Varsano (en hebreo: גל גדות), nada en Rosh HaAyin o 30 de abril de 1985, é unha actriz e modelo israelí. No 2004 gañou o Miss Israel e representou o seu país no concurso de beleza Miss Universo 2004. Gadot é coñecida polo seu papel de Gisele Yashar na serie de filmes The Fast and the Furious.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Ron Jeremy Hyatt, nado en Long Island (Estado de Nova York) o 12 de marzo de 1953, é un actor porno estadounidense. Alcumado "The Hedgehog" (O Porcoespiño ou O Ourizo) polo seu "hirsutismo esférico", foi situado pola revista AVN no nº1 da súa lista das "100 Top Porn Stars of All Time" (Top 100 das Estrelas Pornográficas de tódolos tempos). Jeremy tamén ten feito aparicións en filmes non pornográficos con estudios como Troma Entertainment.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Referencias: Unha función de verosimilitude (normalmente chamada simplemente verosimilitude) mide o éxito co que un modelo estatístico explica un conxunto de datos observados calculando a probabilidade de ter xerado tales datos a partir de distintos valores dos parámetros do modelo. Constrúese a partir da distribución de probabilidade conxunta da variable aleatoria que (presuntamente) xerou as observacións. Deste xeito, ao avaliarse nos datos observados convértese nunha función que depende unicamente dos parámetros do modelo.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).