Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eusebio Poncela Aprea, nado en Madrid o 15 de setembro de 1947 e finado no Escorial (Madrid) o 27 de agosto de 2025, foi un actor, produtor e guionista español. Forxado no teatro do final do franquismo, o seu traballo en series de éxito e a súa vinculación co cine de autor convérteno nun dos actores máis representativos da Transición e dos primeiros anos da democracia. En Galiza rodou Os gozos e as sombras e Continental.
María Carmen González Quintela
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O confucianismo (en chinés: 儒家, pinyin: rújiā) descríbese como unha tradición, unha filosofía, unha relixión, unha relixión humanista ou racionalista, unha forma de goberno, ou simplemente como un estilo de vida. O confucianismo desenvolveuse a partir do que máis tarde sería chamado Cen escolas de pensamento, e das ensinanzas do filósofo chinés Confucio (551–479 a.C.), quen se consideraba a si mesmo como un retransmisor dos valores da idade de ouro da dinastía Zhou. O confucianismo integra a filosofía, a ética e a gobernanza social, cun foco central na virtude, a harmonía social e a responsabilidade familiar.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi tres veces campioa de Europa (unha ao aire libre e dúas en pista cuberta) e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, así como outros tres bronces nos Campionatos Mundiais de Atletismo en Pista Cuberta. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
Verónica Fernández de Echegaray, máis coñecida como Verónica Echegui, nada en Madrid o 16 de xuño de 1983 e finada na mesma cidade o 24 de agosto de 2025, foi unha actriz española que se deu a coñecer por protagonizar a película Yo soy la Juani (2006), pola que recibiu un nomeamento aos Premios Goya á mellor actriz revelación. Posteriormente, recibiu nomeamentos como mellor intérprete feminina protagonista por El patio de mi cárcel (2008) e Katmandú, un espejo en el cielo (2011), ademais da mellor intérprete feminina de repartición por Explota Explota (2020).
O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde finais do século IX a.C. e comezos do século VIII a.C. Deriva do alfabeto fenicio e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes. Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade. As formas maiúsculas e minúsculas das 24 letras son: Α α, Β β, Γ γ, Δ δ, Ε ε, Ζ ζ, Η η, Θ θ, Ι ι, Κ κ, Λ λ, Μ μ, Ν ν, Ξ ξ, Ο ο, Π π, Ρ ρ, Σ σ ς, Τ τ, Υ υ, Φ φ, Χ χ, Ψ ψ, Ω ω En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Como pintor destaca polos seus cadros costumistas de tema galego, como Comida de voda en Bergantiños. Foi tamén moi solicitado como retratista, chegando a executar varios retratos de Afonso XIII. Desde o punto de vista técnico afastouse das vangardas e mantivo unha gran preocupación pola precisión formal, moi en especial na reprodución da indumentaria e da expresión dos rostros.
O dos artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, «articulación» e πούς, poús, «pé») é un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados. Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón), que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.
Dante Alighieri, nado como Durante di Alighiero degli Alighieri en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, foi un escrito, poeta e filósofo, considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Tamén coñecido sinxelamente como Dante, naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, orixinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Os aztecas -chamados así na historiografía tradicional-, ou mexicas (do náhuatl: mexihkah), foron unha civilización mesoamericana que xurdiu no centro do actual México no período posclásico de 1300 a 1521. O aztecas incluían diferentes pobos indíxenas do centro de México, en particular aqueles grupos que falaban a lingua náhuatl e que dominaron gran parte de Mesoamérica entre os séculos XIV e XVI. A cultura azteca organizouse en cidades-estado (altepetl), algunhas das cales se uniron para formar alianzas, confederacións políticas ou imperios. O Imperio Azteca foi unha condefederación de tres cidades estado estabelecida en 1427: Tenochtitlán, a capital dos mexicas ou tenochca, Tetzcoco e Tlacopan, que anteriormente formaban parte do imperio tepaneca, cuxo poder dominante era Azcapotzalco.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Trento (en italiano Trento, en alemán Trient, en latín Tridentum) é unha cidade situada na rexión italiana de Trentino-Alto Adige ou Trentino-Südtirol. É a capital da rexión e da provincia autónoma de Trento. Trento foi territorio austríaco cando Benito Mussolini entrou a traballar nun xornal da cidade en 1908.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O ácido acético ou ácido etanoico (C2H4O2 ou CH3-COOH), compoñente básico do vinagre, é un ácido incoloro, picante, corrosivo, de cheiro penetrante e tóxico que se conxela a 16,67 °C e ferve a 118,5 °C.+ Emprégase na industria alimentaria como acidulante ou conservante. A súa concentración nunha disolución mídese cun instrumento coñecido coma acetímetro.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
O sistema, aparello ou aparato respiratorio dun organismo aerobio, é un sistema biolóxico constituído por un conxunto específico de órganos e estruturas que interveñen na respiración, é dicir, no intercambio de gases respiratorios (osíxeno e dióxido de carbono) entre o organismo e a súa contorna. A anatomía e fisioloxía do sistema respiratorio é moi variable, dependendo do tamaño do organismo, do hábitat no que vive, e da súa historia evolutiva. Nos animais terrestres, a superficie respiratoria interiorízase como revestimentos dos pulmóns.
O Fondo Monetario Internacional (en inglés: International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Rust (linguaxe de programación)
Rust é unha linguaxe de programación de propósito xeral que resalta rendemento, seguridade de tipos e concorrencia. Aplica seguridade da memoria, o que significa que todas as referencias que apuntan a memoria válida. Faino sen un colector de lixo convencional; en vez diso, erros de seguridade da memoria e condicións de carreira en acceso a datos son evitados polo "borrow checker", que rastrexa a duración dos obxectos das referencias en tempo de compilación.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O Guldhjälmen (Casco Dourado en sueco) é un galardón individual de hóckey sobre xeo, entregado anualmente en dúas categorías: na categoría masculina ao mellor xogador da Svenska hockeyligan desde a tempada 1985-86, e na categoría feminina á mellor xogadora da Svenska damhockeyligan desde a tempada 2019-20.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Anna Sergeyevna Kournikova (en ruso: Анна Сергеевна Курникова, escoita ), nada en Moscova o 7 de xuño de 1981, é unha modelo e unha xogadora de tenis rusa. Como xogadora de tenis acadou a oitava posición na clasificación da WTA, aínda que non gañou un torneo deste circuíto individualmente en toda a súa carreira. Onde Kournikova destacou deportivamente foi en "dobres", especialmente coa compañeira Martina Hingis, con quen gañou dúas veces o Aberto de Australia en 1999 e 2002, e tamén gañou dúas veces o WTA Finals en 1999 e 2000.
Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Azerbaidján, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema. Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes, moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.