Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eusebio Poncela Aprea, nado en Madrid o 15 de setembro de 1947 e finado no Escorial (Madrid) o 27 de agosto de 2025, foi un actor, produtor e guionista español. Forxado no teatro do final do franquismo, o seu traballo en series de éxito e a súa vinculación co cine de autor convérteno nun dos actores máis representativos da Transición e dos primeiros anos da democracia. En Galiza rodou Os gozos e as sombras e Continental.
O Guldhjälmen (Casco Dourado en sueco) é un galardón individual de hóckey sobre xeo, entregado anualmente en dúas categorías: na categoría masculina ao mellor xogador da Svenska hockeyligan desde a tempada 1985-86, e na categoría feminina á mellor xogadora da Svenska damhockeyligan desde a tempada 2019-20.
Correchouso, O Castro de Laza, Laza
Correchouso é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 19 habitantes (oito homes e once mulleres), un menos ca en 2010 (oito homes e doce mulleres segundo o IGE) e dous menos ca en 2009.
Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires
A Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires foi unha agrupación constituída en 1929 por dezanove sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Buenos Aires.
En xenética, a complementación ocorre cando dúas cepas dun organismo con diferentes mutacións homocigotas recesivas que producen o mesmo fenotipo mutante (por exemplo, un cambio na estrutura das ás das moscas) ten unha descendencia que expresa o fenotipo de tipo silvestre cando se aparean ou cruzan. A complementación ocorre normalmente se as mutacións están en distintos xenes (complementación interxénica), pero pode tamén ocorrer se están en diferentes sitios do mesmo xene (complementación intraxénica), aínda que este efecto adoita ser máis débil que o da complementación interxénica. En caso de que as mutacións estean en distintos xenes, o xenoma de cada cepa subministra o alelo de tipo silvestre para "complementar" o alelo mutado que ten o xenoma da outra cepa.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Mariya Ivanova Gabriel, nada o 20 de maio de 1979, é unha política búlgara que foi viceprimeira ministra e ministra de Asuntos Exteriores de Bulgaria dende xuño de 2023 a abril de 2024 e comisaria europea de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventude de 2019 a 2023 na Comisión Europea de Ursula von der Leyen. Anteriormente, comisaria europea de Economía e Sociedade Dixitais de 2017 a 2019 na Comisión Europea de Jean-Claude Juncker. Foi membro do Parlamento Europeo de 2009 a 2017.
Castelao (Biografía de un ilustre gallego)
Castelao (Biografía de un ilustre gallego) é un filme documental arxentino dirixido por Jorge Prelorán e estreado en 1980. Con guión de Antonio Pérez Prado, está centrado na figura do intelectual galego Castelao.
Unha chamada telefónica é a operación na que se comunican xeralmente dúas persoas, aínda que tamén poden ser varias, a ambos os extremos dunha liña telefónica. A comunicación adoita realizarse de forma remota ("tele" = lonxe) a través de dous teléfonos (un para cada extremo da conexión), utilizando a voz ("fono" = son). Aíndan que é posíbel chamar ao teléfono dun compañeiro da mesa de ao lado nunha oficina ou ao noso veciño.
"She's So High" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como o seu sinxelo de estrea o 15 de outubro de 1990. Foi nomeado pola revista NME sinxelo da semana e incluíuse no recompilatorio Blur: The Best of no lugar de temas máis exitosos da banda. Tamén foi o primeiro corte do álbum de estrea do grupo, Leisure, editado en 1991.
Academia de Ciencias de Estonia
A Academia de Ciencias de Estonia (estoniano: Eesti Teaduste Akadeemia, en latín: Academia Scientiarum Estoniae) é a academia nacional de ciencias de Estonia. Adoita establecerse a súa fundación en 1938 cando se crea a Academia de Ciencias que durou até 1940. En 1946, creouse a Academia de Ciencias da República Socialista Soviética de Estonia, e funcionou de xeito continuado até que, en 1989, recuperou o nome orixinal e continuou como sucesora legal da anterior academia de época soviética.
O termo Morgado pode referirse a: Morgado, práctica nobiliaria de repartir a herdanza de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito home. Como topónimo, pode referirse a: En Galiza O Morgado, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente.
Sistema de ecuacións alxébricas
Un sistema de ecuacións alxébricas (ou sistema de ecuacións polinómicas) é un conxunto de ecuacións simultáneas f1 = 0, ..., fh = 0 onde os fi son polinomios en varias variábeis, digamos x1, ..., xn , sobre algún corpo k . Unha solución dun sistema polinómico é un conxunto de valores para os xi que pertencen a algunha extensión de corpo alxebricamente pechada K de k, e que fai todas as ecuacións sexan verdadeiras. Cando k é o corpo dos números racionais, asúmese xeralmente que K é o corpo dos números complexos, porque cada solución pertence a unha extensión de corpo de k, que é isomorfa a un subcorpo dos números complexos.
Tidying Up with Marie Kondo é unha serie de televisión desenvolvido para Netflix e estreada o 1 de xaneiro de 2019. O programa amosa como Marie Kondo, unha experta xaponesa en organización e creadora do método KonMari, visita familias para axudalas a organizar e ordenar os seus fogares. Marie Iida actúa como intérprete de Marie Kondo ao longo do programa.
O Embraer EMB 314 Super Tucano, tamén chamado ALX ou A-29, é un avión turbohélice brasileiro de ataque lixeiro deseñado e fabricado por Embraer a partir do Embraer EMB 312 Tucano. O A-29 Super Tucano pode levar distintas armas, incluída munición guiada de precisión, e foi deseñado como un sistema de baixo custo operado en contornas de ameaza baixa. Ademais da súa fabricación no Brasil, Embraer estableceu unha liña de produción nos Estados Unidos en conxunción con Sierra Nevada Corporation para a fabricación do A-29 a clientes de exportación.
María Carmen González Quintela
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
Un rustrido ou refrito é un preparado tipo mollo feito principalmente con cebola, allo e pemento, frixidos en aceite, manteiga ou touciño, que se utiliza como condimento. Pódeselle engadir ademais sal, coandro e ceboliño, todo en anaquiños e fritido até quedaren desfeitos pola auga que van ceibando. A operación de sofrito realízase sobre unha tixola de ferro a pouco lume.
Ceratosaurus (do grego: κέρας κέρατος, keras keratos que quere dicir "corno"; e σαῦρος, sauros que quere dicir "lagarto") é un xénero de dinosauros terópodos ceratosáuridos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente 153 e 148 millóns de anos, no Kimeridgiano e o Titoniano, no que hoxe é Norteamérica, África e posiblemente en Europa. O xénero foi descrito por vez primeira en 1884 polo paleontólogo estadounidense Othniel Charles Marsh a partir dun esqueleto completo atopado en Garden Park, Colorado, nas rochas da formación de Morrison. A especie tipo é Ceratosaurus nasicornis.
Geographic Names Information System
O Geographic Names Information System (GNIS) é unha base de datos que contén nomes e información sobre localidades xeográficas. Alberga máis de 2 millóns de localidades xeográficas e culturais dos Estados Unidos. É un tipo de gazetteer (dicionario xeográfico).
Joaquín María de Navascués y de Juan, nado en Zaragoza o 17 de febreiro de 1900 e finado en Madrid o 11 de maio de 1975, foi un historiador, epigrafista, arqueólogo e numismático español, membro da Real Academia da Historia e director do Museo Arqueolóxico Nacional, e inspector xeral de Museos Arqueolóxicos. As súas investigacións levárono a ser recoñecido como un especialista en epigrafía romana e visigoda, así como en numismática ibérica, hispanorromana e hispanoárabe.
Sudetenland (en checo e eslovaco Sudety, en polaco Kraj Sudetów) é o nome alemán empregado na primeira metade do século XX para nomear ás rexión occidentais de Checoslovaquia poboadas por alemáns, especificamente as rexión fronteirizas de Bohemia, Moravia, e aquelas partes de Silesia asociadas con Bohemia. O nome provén das montañas Sudetes, aínda que a rexión de Sudetenland espallábase alén desta cadea montañosa ao longo da fronteira con Silesia e a Polonia actual. Os habitantes alemáns destas terras coñecíanse como alemáns dos Sudetes (alemán: Sudetendeutsche, checo: Sudetští Němci, polaco: Niemcy Sudeccy).
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un avogado indio, nacionalista anticolonial e un político ético que empregou a resistencia non violenta para liderar a exitosa campaña pola independencia da India do dominio británico, e máis tarde inspirar movementos polos dereitos civís e pola liberdade en todo o mundo. O nome honorífico de Mahatmā (sánscrito: "alma grande", "venerable"), aplicado por primeira vez a el en 1914 en Suráfrica, úsase agora en todo o mundo. Nado e criado no seo dunha familia hindú da costa de Gujarat, Gandhi formouse en dereito no Inner Amorne de Londres, e foi proclamado avogado aos 22 anos, en xuño de 1891.
A tipoloxía lingüística é unha subdisciplina da lingüística que estuda e clasifica as linguas do mundo segundo as súas características estruturais e funcionais. Porén, esta perspectiva pode abordarse segundo varios parámetros clasificatorios que implican distintas tipoloxías, como filoxenéticas ou sociolingüísticas.
Lista de zonas arqueolóxicas da provincia da Coruña
Esta é unha lista das zonas arqueolóxicas da provincia da Coruña que están declarados, de forma definitiva, como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.
Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade Stanford e especialista en ciberdereitos. O director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor" .
A flor do Nadal (Euphorbia pulcherrima) coñecida tamén cos nomes de flor de pascua, estrela de Nadal ou poinsettia, é unha planta da familia Euphorbiaceae, nativa de Mesoamérica. Nalgúns países é frecuentemente utilizada en xardinaxe como arbusto. Porén en Galiza, e na maioría das rexións temperadas e frías do planeta, é principalmente empregada en floricultura como planta de interior ornamental polo Nadal.
O termo perspectiva pode referirse a: perspectiva, aspecto da percepción visual do espazo e dos obxectos nel contidos polo ollo humano. Campo de estudo da xeometría e, en especial, da xeometría proxectiva. perspectiva, na teoría cognitiva, é a escolla dun contexto ou referencia (ou o resultado desta escolla) de onde se parte o senso, a categorización, a medición ou a codificación dunha experiencia, tipicamente pola comparación con outra.
Como topónimo A Rochela pode referirse a: En Galiza Rochela, lugar da parroquia de Nogueira, no concello de Meis; A Rochela, lugar da parroquia de Filgueira, no concello de Crecente; A Rochela, lugar da parroquia de Aciveiro, no concello de Forcarei; A Rochela, lugar da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar; A Rochela, lugar da parroquia de Dexo, no concello de Oleiros; A Rochela, lugar da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo; A Rochela, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira.
Märjamaa (estoniano: Märjamaa vald) é un concello rural do condado de Rapla, no noroeste de Estonia. O municipio ten unha superficie de 1 164 km2, sendo o máis extenso do país, e no ano 2024 tiña unha poboación de 7 389 habitantes. O actual municipio formouse no ano 2017 coa fusión do concello rural de Vigala e tres aldeas do concello de Raikküla.
Como topónimo Regueira de Arriba pode referirse a: En Galiza Regueira de Arriba, lugar da parroquia de Lema no concello de Carballo; A Regueira de Arriba, lugar da parroquia de Berdillo no concello de Carballo; A Regueira de Arriba, lugar da parroquia de San Salvador de Couzadoiro no concello de Ortigueira; A Regueira de Arriba, lugar da parroquia de Filgueira de Traba no concello de Oza-Cesuras.
O Heloderma horridum é unha especie de lagarto da familia Helodermatidae, sendo unha das dúas especies de lagartos velenosos que existen. Habita principalmente en México e no sur de Guatemala. El e o seu conxénere (membro do mesmo xénero) o Heloderma suspectum son os únicos lagartos coñecidos en desenvolver un sistema de liberación de veleno.
Masami Kuwashima (桑島 正美), nado en Kumagaya o 14 de setembro de 1950, é un expiloto de carreiras do Xapón. Logo dunha certa experiencia nas fórmulas inferiores xaponesas, fixo un intento na Fórmula 1. Un acordo para pilotar no Gran Premio do Xapón de 1976 co equipo RAM non chegou a nada, pero Kuwashima atopou un asento co Wolf-Williams Racing, pilotando un Wolf-Williams FW05.
Santa Eulalia de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 206 habitantes (114 mulleres e 92 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 214 habitantes.
Os pinópodos ou uterodomas son protrusións da membrana celular apical das células do epitelio interno do útero, o endometrio. Os pinópodos teñen unha función pinocítica (e de aí vén o nome pinópodo, en grego 'pé bebedor') e tamén secretora. Os seus vacúolos secretores diríxense ao lume uterino e o seu contido pode proporcionar nutrientes necesarios para o embrión.
O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural galego, unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) nas serras da raia ourensá e da Baixa Limia. Destaca por ser o parque galego máis amplo, o máis agreste e de maior altitude, pois abrangue as serras de Laboreiro, do Xurés e da Pena. É ademais o único espazo natural galego con algunha flora e fauna xa máis característica do clima mediterráneo.
Nothing Feels Good é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de emo The Promise Ring, publicado o 11 de outubro de 1997 a través do selo Jade Tree. O disco gañou un seguimento de culto e é frecuentemente considerado un dos traballos máis influentes do xénero emo. O título do álbum foi usado como nome do libro Nothing Feels Good: Punk Rock, Teenagers, and Emo, escrito por Andy Greenwald.
Sotieḷḷo é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Atópase na zona central do concello e linda coa parroquia de Campumanes ao norte, coa de Erías ao leste e nordés, coa de Xomezana ao sur e coa de Zurea ao oeste. Ten unha extensión de 4,64 km² e unha poboación de 56 habitantes (segundo datos de 2017).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
As penicilinas son antibióticos do grupo dos betalactámicos empregados profusamente no tratamento de infeccións provocadas por bacterias sensibles. A maioría das penicilinas son derivados do ácido 6-aminopenicilánico, diferindo entre si segundo a substitución na cadea lateral do seu grupo amino. A bencilpenicilina ou penicilina G foi o primeiro antibiótico empregado amplamente en medicina; o seu descubrimento foi atribuído a Alexander Fleming en 1928, quen xunto cos científicos Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey -que crearon un método para producir en masa o fármaco- obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1945.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".