Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Trofeo Emma Cuervo é un torneo amigable de fútbol organizado polo Ribadeo FC, que se celebra no estadio Pepe Barrera de Ribadeo. Disputado todos os veráns desde 1952, trátase do segundo torneo amigable máis antigo do Estado español, só superado polo Teresa Herrera coruñés. Foi creado polo entón presidente do Ribadeo Pepe Barrera, na honra de Emma Cuervo, unha cubana á que o unía unha grande amizade.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A koiné (ou κοινή; do grego «[lingua] común»), en senso propio, é unha forma de grego antigo normalizada en época helenística xurdida principalmente do grego xónico-ático e que serviu de lingua común ao principio a Grecia, onde se empregaban varios dialectos, e logo ao mundo antigo, en competencia co latín. Por extensión, unha koiné é unha lingua vehicular na que se funden diferentes dialectos e falas locais. A koiné pode ser só escrita ou oral.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre
Os Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre (GRAPO) foi unha organización terrorista española de extrema esquerda, cunha forte inspiración maoísta creada en 1975. Tras múltiples anuncios do seu desartellamento por parte dos corpos de seguridade, a organización (ou pequenos grupos que así se reivindican) segue funcionando cunha mínima intensidade. Considérase o brazo armado do PCE(r).
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
A cerdeira ou cereixeira (Prunus avium L.) é unha árbore caducifolia que pertence á familia das Rosaceae e ao xénero Prunus (como as amendoeiras, os pexegueiros, as ameixeiras, e os albaricoqueiros). A froita da cerdeira, a cereixa, é redonda de cor encarnada máis ou menos escura (nas especies cultivadas pode chegar ao amarelo crema ou a case negra), de sabor doce ou lixeiramente amargo. As variedades silvestres como a cerdeira brava, típica das fragas e ribeiras galegas, tamén se incluirían nesta mesma especie.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos. O nome ven do grego ἀρχαιολογία (transliteración: archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber". A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Robert Nesta Marley naceu en Nine Mile o 6 de febreiro de 1945 e finado en Miami (Florida) o 11 de maio de 1981, máis coñecido como Bob Marley, foi un músico xamaicano e membro do movemento rastafari. A súa fe foi unha parte importante da súa carreira e agora é considerado por moitos como un profeta de Rastafari.
O Movimiento Católico Español (MCE) é un partido franquista fundado en 1981 por José Luis Corral tras deixar Fuerza Nueva, onde era xefe local en Madrid de Fuerza Joven. Tivo nas eleccións xerais de 1982 un total de 996 votos. Convocou numerosas concentracións contra o aborto, organiza misas e homenaxes ós excombatentes da División Azul e dos caídos por España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Sydney Bernice Sweeney, nada o 12 de setembro de 1997 en Spokane, Washington, é unha actriz estadounidense. Acadou sona internacional após interpretar a Emaline na serie de Netflix Everything Sucks! (2018), a Eden na serie The Handmaid's Tale (2018) e a Alice na miniserie de HBO Sharp Objects (2018).
Os elefantes son grandes mamíferos da familia Elephantidae e da orde Proboscidea. No presente, recoñécense tres especies: o elefante africano de sabana (Loxodonta africana), o elefante africano de bosque (L. cyclotis) e o elefante asiático (Elephas maximus). Os elefantes distribúense pola África subsahariana, sur de Asia e o sueste asiático.
O comunismo é un sistema social, así como tamén un modo de organización socioeconómica, caracterizado pola propiedade en común dos medios de produción, a ausencia de propiedade privada nos medios de produción e a inexistencia de clases sociais e dun Estado. O comunismo como proxecto de socialización dos medios de produción xurdiu no século XVI baixo a forma de diversas utopías baseadas no colectivismo agrario. As máis coñecidas foron a obra Utopía de Tomás Moro e a ideoloxía revolucionaria babuvina que derivou do movemento xacobino da Revolución francesa.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
Víctor Mora Escobar, nado en Sanlúcar de Barrameda en 1977 é un político español do Partido Socialista Obreiro Español e alcalde do concello andaluz de Sanlúcar de Barrameda de 2013 a 2023. É licenciado en Historia pola Universidade de Sevilla. Incorporouse ao goberno municipal de Sanlúcar de Barrameda en 2007, ocupando diversos cargos ata que, en 2013, converteuse en alcalde tras a dimisión de Irene García.
Call of Duty: World at War Final Fronts
Call of Duty: World at War Final Fronts é un videoxogo FPS (first person shooter) pertencente á serie Call of Duty, programado por Rebellion Developments e distribuído por Activision no ano 2007 para Playstation 2. Trátase dunha versión de Call of Duty: World at War adaptada ás capacidades técnicas da segunda videoconsola de Sony.
Os psitaciformes (nome científico Psittaciformes) son unha orde de aves na que están incluídos os papagaios, que comprende unhas 393 especies clasificadas en 92 xéneros, que se encontran na maioría das rexións tropicais e subtropicais do mundo. A orde subdivídese en tres superfamilias: os Psittacoidea ("verdadeiros" papagaios), os Cacatuoidea (cacatúas) e os Strigopoidea (papagaios de Nova Zelandia). Teñen unha distribución xeralmente pantropical con varias especies de rexións temperadas do hemisferio sur.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Aida Bao Pena, nada en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1990, é unha xornalista galega de radio e televisión. Ten dirixido e presentado os informativos da fin de semana na Cadea SER, incluíndo Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Ademais, colaborou co diario El País mediante a videocolumna semanal Notas de voz en la terraza e é profesora no Máster de Xornalismo UAM - El País.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista marxista-leninista e independentista. Os seus obxectivos políticos son a construción do socialismo en Galicia,o comunismo a nivel internacional, a independencia de Galicia, a liberación da muller e o antiimperialismo. De acordo co modelo organizativo do centralismo democrático, o seu órgano de dirección é un Comité Central.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Gondré, As Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez
Gondré é un lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 tiña 7 habitantes dos cales 3 eran homes e 4 eran mulleres.
Eduardo Palmieri, nado en Nova York o 15 de decembro de 1936, é un músico estadounidense de ascendencia corso-portorriqueña recoñecido coma un dos pioneiros da música salsa. É irmán do teclista Charlie Palmieri. Foi ademais un artista precoz, pois formaría parte da súa primeira orquestra á idade de 14 anos.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da Península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 225.790.
San Martiño da Picoña é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 527 habitantes (274 mulleres e 253 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 559 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 528 habitantes, sendo 254 homes e 274 mulleres.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.