Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Trofeo Emma Cuervo é un torneo amigable de fútbol organizado polo Ribadeo FC, que se celebra no estadio Pepe Barrera de Ribadeo. Trátase do segundo torneo amigable máis antigo do Estado español, disputándose tódolos veráns dende 1952. Foi creado polo entón presidente do Ribadeo Pepe Barrera, na honra de Emma Cuervo, unha cubana á que o unía unha grande amizade.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A gastronomía finlandesa é a cociña típica de Finlandia. A cociña finlandesa tradicional estivo fortemente influenciada pola cociña sueca, aínda que na Finlandia oriental a influencia da cociña rusa foi tamén importante. A causa do clima rigoroso e os poucos membros da alta sociedade que había, a alimentación en Finlandia consistía en alimentos pouco refinados pero enerxéticos, preparados principalmente con produtos conservables durante o inverno, como tubérculos e o repolo.
Once Upon a Time in America (en italiano: C'era una volta in America) é un filme italo-estadounidense de 1984 dirixido por Sergio Leone. Está protagonizado por Robert De Niro, James Woods, Elizabeth McGovern, Jennifer Connelly, James Hayden, Brian Bloom, William Forsythe, Adrian Curran, Tuesday Weld, Joe Pesci, Treat Williams, James Russo, Burt Young e Danny Aiello nos papeis principais.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Chelonoidis abingdonii é unha especie de tartaruga xigante das Galápagos propia da illa Pinta (ou illa Abingdon) do arquipélago das Galápagos, que probablemente está extinta. A especie foi descrita por Albert Günther en 1877 a partir de espécimes que chegaron a Londres. Ao final do século XIX a maioría das tartarugas da illa Pinta foran exterminadas debido á caza.
Robert Emerson Lucas, Jr., nado en Yakima o 15 de setembro de 1937 e finado en Chicago o 15 de maio de 2023, foi un economista estadounidense coñecido sobre todo como un dos autores da teoría das expectativas racionais. Foi profesor da Universidade de Chicago e, en 1995, foi galardoado co Premio Nobel de Economía.
Aida Bao Pena, nada en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1990, é unha xornalista galega de radio e televisión. Ten dirixido e presentado os informativos da fin de semana na Cadea SER, incluíndo Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Ademais, colaborou co diario El País mediante a videocolumna semanal Notas de voz en la terraza e é profesora no Máster de Xornalismo UAM - El País.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Estadio Municipal Pepe Barrera
O Estadio Municipal Pepe Barrera é un estadio de fútbol galego do concello de Ribadeo. Ten capacidade para 2.500 espectadores e serve de localía ao Ribadeo FC. Neste estadio lévase a cabo o Trofeo Emma Cuervo.
Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki
Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares que tiveron lugar o 6 e 9 de agosto de 1945 contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América despois de que os dirixentes xaponeses decidiran ignorar o ultimato de Potsdam. Finalmente, despois de seis meses de intenso bombardeo sobre outras 67 cidades xaponesas, a bomba nuclear "Little Boy" lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por "Fat Man", lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto.
As Trece Rosas é o nome colectivo dado a un grupo de trece novas, a metade delas membros das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU), fusiladas en Madrid o 5 de agosto de 1939, catro meses despois de finalizar a guerra civil española. O 3 de agosto de 1939, a sentenza do fiscal do Consello Permanente de Guerra atopou as Trece Rosas como «responsables dun delito de adhesión á rebelión». As idades das vítimas estaban entre os dezaoito e os vinte e nove anos.
A Casa Museo Rosalía de Castro, tamén chamada Casa da Matanza, é unha casa museo situada na vivenda na que viviu Rosalía de Castro xunto co seu home Manuel Murguía e os fillos da familia desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, como fotografías ou recordos persoais. No segundo andar, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A liga dos cantantes extraordinarios
A Liga dos cantantes extraordinarios é un programa musical emitido na TVG no que compiten cantantes de orquestra.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Call of Duty: World at War Final Fronts
Call of Duty: World at War Final Fronts é un videoxogo FPS (first person shooter) pertencente á serie Call of Duty, programado por Rebellion Developments e distribuído por Activision no ano 2007 para Playstation 2. Trátase dunha versión de Call of Duty: World at War adaptada ás capacidades técnicas da segunda videoconsola de Sony.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Ernesto Ekaizer, nado en Bos Aires (Arxentina) en 1949, é un xornalista e escritor arxentino que reside e traballa en España. É autor, entre outros, do libro Indecentes, publicado en 2012, obra que interpreta a crise económica de 2008 en diante e, de maneira específica, a española, como unha estafa á sociedade por parte do sector financeiro nacional e internacional.
O guepardo, tamén coñecido como onza, Acinoyx jubatus, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e subfamilia dos felinos, o único representante actual do xénero Acinonyx. É un animal que presenta un comportamento atípico, se o comparamos cos outros membros da mesma familia, xa que as súas garras non son completamente retráctiles, permanecendo visíbeis mesmo cando están recollidas ao máximo, sendo usadas para permitir unha maior adherencia ao solo cando corre, acelera e manobra no terreo (porén, as crías conseguen subir ás árbores por teren as garras máis finas). e caza ás súas presas mediante persecucións a alta velocidade, en vez de tácticas como a caza á espreita ou en grupo; é o máis rápido de todos os animais terrestres, conseguindo atinxir velocidades por riba dos 110 km/h en carreiras curtas (dun máximo de 400 a 500 m).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Julia del Carmen Chuñil Catricura, nada en Máfil o 16 de xullo de 1952, é unha activista medioambiental mapuche e presidenta da Comunidade Indíxena Putreguel. É recoñecida polo seu labor na defensa do bosque nativo e a protección de terras ancestrais mapuches na comuna de Máfil, Rexión de Los Ríos. O 8 de novembro de 2024, Julia Chuñil desapareceu na comuna de Máfil, Rexión de Los Ríos, en circunstancias aínda non esclarecidas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Robert Nesta Marley naceu en Nine Mile o 6 de febreiro de 1945 e finado en Miami (Florida) o 11 de maio de 1981, máis coñecido como Bob Marley, foi un músico xamaicano e membro do movemento rastafari. A súa fe foi unha parte importante da súa carreira e agora é considerado por moitos como un profeta de Rastafari.
Thomas Jefferson National Accelerator Facility
O Thomas Jefferson National Accelerator Facility é un Laboratorio Nacional dos Estados Unidos de América xestionado pola SURA (Southeastern Universities Research Association). Fundado en 1984 está situado en Newport News, preto de Norfolk no Estado de Virxinia. O seu cadro de persoal é de 675 persoas e arredor de 2000 científicos dos Estados Unidos e doutros países realizan investigacións nel.
Nosa Señora dos Remedios de Corme Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.077 habitantes (588 homes e 509 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.434 habitantes.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A PO-551 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Marín e a Ponte de Rande (Moaña); atravesa os concellos de Marín, Bueu, Cangas e Moaña. Ten unha lonxitude de 32,29 quilómetros e iníciase no oeste de Marín e finaliza nun cruzamento coa N-554 na ponte de Rande (Moaña).
Interface de programación de aplicación
Unha API ou interface de programación de aplicacións (do inglés application programming interface) é unha peza de código que permite que dúas aplicacións se comuniquen entre elas, para compartir información e funcionalidades. Normalmente son utilizadas en bibliotecas de programación. Técnicamente, API fai referencia aos servizos que un software prové a outros módulos ou aplicacións.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».