Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
María Carmen González Quintela
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
Ricardo Darín, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 16 de xaneiro de 1957 é un actor, director e guionista arxentino coñecido polas súas interpretacións en películas coma Nueve Reinas, El hijo de la novia, Luna de Avellaneda, El aura e El secreto de sus ojos. Está considerado coma un dos actores máis destacados do cinema arxentino.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Armand Gustav Duplantis, nado en Lafayette (Luisiana, Estados Unidos), o 10 de novembro de 1999, é un atleta sueco de orixe estadounidense especializado na proba de salto con pértega. Amplamente considerado como o mellor saltador con pértega de todos os tempos, ostenta o récord mundial con 6,28 m e dende 2020 domina de xeito practicamente absoluto este deporte a nivel mundial. Foi dúas veces campión olímpico (2020 e 2024), dúas veces campión do mundo ao aire libre (2022 e 2023), tres veces campión do mundo en pista cuberta (2022, 2024 e 2025), tres veces campión de Europa ao aire libre (2018, 2022 e 2024), unha vez campión de Europa en pista cuberta (2021) e catro veces campión da Diamond League (2021, 2022, 2023 e 2024).
Osmerus mordax é unha especie de peixe de auga doce que vive en América do Norte da familia Osmeridae. É a presa doutros grandes peixes como Sander vitreus, troitas e outros. El prefire comer crías de peixes corégonos, zooplancto, como copépodos calanoides (Leptodiaptomus ashlandi, L. minutus, L. sicilis), e outros pequenos organismos, pero son agresivos e mesmo comen case todo tipo de peixes que atopen.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Ambloplites rupestris é unha especie de peixe de auga doce nativo da parte centro-oriental de América do Norte. Este peixe de ollos vermellos pertence á familia Centrarchidae da orde Centrarchiformes e pode distinguirse doutras especies similares polas seis espiñas da súa aleta anal (outras especies da familia teñen só tres).
O tiburón branco, Carcharodon carcharias, é unha especie de peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes), e familia dos lámnidos (Lamnidae) que se atopa nas augas cálidas e mornas de case todos os océanos do mundo. Esta especie é a única que sobrevive na actualidade do xénero Carcharodon.
Vilastrexe, Villestro, Santiago de Compostela
Vilastrexe é un lugar da parroquia de Villestro no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.
Os Venres negros son unha serie de protestas levadas a cabo polo persoal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), agrupados no movemento Defende a Galega, iniciadas para denunciar a manipulación informativa e a falta de independencia editorial nos medios públicos galegos. Estas protestas continuaron ocorrendo todos os venres, durante anos e, polo seu nome simbólico e a roupa de cor negra que visten os manifestantes, fai referencia ao "loito" pola calidade do xornalismo. Os participantes nese movemento denunciaron represalias contra eles.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
María Laura Corradini Falomir, máis coñecida como Chenoa, nada en Mar del Plata (Arxentina) o 25 de xuño de 1975, é unha cantante solista con nacionalidade española. Alcanzou a fama en 2001, formando parte do reality show musical Operación Triunfo. No 2002 foi gañadora do Eurobest co tema "It's raining men".
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Only on Earth é un documental de 2025 dirixido pola directora danesa Robin Petré. O filme documenta unha viaxe ao sur de Galiza, maiormente ao Rosal, unha das zonas máis propensas aos incendios forestais de Europa, onde tanto humanos como animais loitan por facer fronte ao verán máis caloroso e seco rexistrado. Esta coprodución hispano-danesa foi seleccionada na sección Generation Kplus no 75º Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde tivo a súa estrea mundial no 15 de febreiro 2025.
A lingua rusa ou ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") (ruso: русский язык , romanizado: russkij jazyk ) ruso: [ˈruskʲɪj jɪˈzɨk] é unha lingua eslava oriental que se fala principalmente en Rusia. É a lingua nativa dos rusos, e pertence á familia das linguas indoeuropeas. É unha das catro linguas eslavas orientais vivas, e tamén forma parte das linguas baltoeslavas.
Hermeto Pascoal, coñecido como O Bruxo, nado en Arapiraca, estado de Alagoas, o 22 de xuño de 1936, e finado o 13 de setembro de 2025 no Río de Xaneiro, foi un compositor, arranxador e multi-instrumentista brasileiro de sona internacional asociado á música erudita, ao tonalismo, modalismo, atonalismo, polimodalismo, paisaxe sonora e música concreta. Foi agraciado coa Ordem do Mérito Cultural no ano 2010 e un Grammy Latino no 2019 ao Melhor Álbum de Música de Raízes em Língua Portuguesa.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Hamas (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.
Villestro, Santiago de Compostela
Santa María de Villestro é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.807 habitantes (873 homes e 934 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.557 habitantes. Desta parroquia é a Sociedade Deportiva Villestro.
Operación Triunfo 2023, máis coñecido polas súas siglas OT 2023, é a duodécima edición do programa de televisión musical español, Operación Triunfo. O concurso comezou a súa emisión o 20 de novembro de 2023, retransmitíndose logo tódolos luns en directo na plataforma de streaming de Prime Video, até o 19 de febreiro de 2024, cando Naiara Moreno foi nomeada gañadora da edición.
Selo-moeda da segunda República Española
Os selos-moeda, coñecidos tamén como cartón-moeda, billete de cartón ou moeda de cartón, foron un medio de pagamento consistente nun disco deste material, duns 35 milímetro de diámetro e un peso aproximado de 0,5 gramos, emitido «con carácter transitorio» polo Goberno da Segunda República Española a través dunha orde ministerial promulgada en Barcelona o 24 de febreiro de 1938. Este medio de pagamento foi facilitado gratuitamente pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre con fin de tratar de mitigar a progresiva escaseza de metal —sinaladamente prata e cobre— inherente aos derradeiros tempos da guerra civil española, polo que adoita estar considerado polos especialistas como unha «moeda de necesidade» ou «moeda de emerxencia». No reverso, de cor marrón avermellada, figuraba o escudo republicano, en tanto que o anverso, de cor parda, ficaba libre co obxeto de adherir máis tarde un timbre móbil ou un selo de correos, que determinaba o seu valor facial, estipulado entre 1 céntimo e 1,50 pesetas.
O árabe estándar moderno (MSA; en árabe: اللغة العربية الفصحى latinizado: al-lughah al-ʻArabīyah al-fuṣḥā, "a máis elocuente lingua árabe") é unha variante do árabe clásico que se desenvolveu artificialmente a partir do renacemento literario coñecido como Al-Nahda que experimentou o mundo árabe a partir da segunda metade do século XIX. O árabe literario ou estándar moderno xurde do intento realizado especialmente na zona oriental do Máshreq de revitalizar a lingua culta (cuxo nivel caera bastante desde a época clásica) e de evitar a completa fragmentación lingüística dos árabes en comunidades de falantes mutuamente inintelixibles (árabe dialectal). O árabe estándar moderno é unha versión suavizada, máis sinxela e posta ao día en vocabulario e expresións, do árabe da literatura clásica árabe. Esta versión de árabe culto moderno é a que predomina nos medios de comunicación escritos e falados.
O río Ouro pertence á vertente cantábrica e recorre os concellos de Valadouro, Alfoz e Foz ata chegar ao esteiro ou ría de Fazouro. Nace na serra do Xistral, na parroquia do Pereiro (Alfoz) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 30 quilómetros e forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
A Praza do Pobo (人民广场 en caracteres tradicionais chineses) é unha gran praza urbana situada no centro de Xangai, no distrito de Huangpu, preto da Rúa de Nanjing. A Praza do Pobo atópase no territorio da antiga concesión británica, e no seu lugar había un hipódromo desde 1861. Tras a creación da República Popular China en 1949, foi transformada nun espazo recreativo de acceso público.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.669.
Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.
Catedral de Santa María de Tui
A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do río Miño. É sé da diocese de Tui-Vigo, convertida en sé episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico, e foi finalizado cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, ano no que foi consagrada polo bispo Estevo Egea.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Pedro de Mendoza ou ben Pedro de Mendoza y Luján (Guadix, Granada, ca. 1499 – océano Atlántico preto das illas Canarias, 23 de xuño de 1537) foi un militar de familia nobre, cabaleiro da Orde de Alcántara, desde 1524, almirante e conquistador español, nomeado polo emperador Carlos V como o primeiro adiantado do Río da Prata e como Gobernador de Nova Andalucía, cuxo territorio comprendía desde o paralelo 25° 31' 26" S –límite sur da Gobernación de Nova Toledo que foi concedida a Diego de Almagro– ao norte, ata o paralelo 35º S –límite norte da gobernación de Nova León que foi concedida a Simón de Alcazaba y Sotomayor– ao sur. Unha vez en América do Sur alcanzou a marxe occidental do río Solís, da Prata ou Paraná, sen cumprir os trámites que implican a "fundación" dunha cidade, estableceu un forte considerado a primixenia urbe riopratense-paraguaia, aínda que Caboto fixera o mesmo augas arriba case dez anos antes en Sancti Spíritus, outro asentamento que tivo unha curta vida, aproximadamente no mesmo lugar onde máis tarde Juan de Garay, en 1580, fundaría a "Cidade da Trindade", razón pola cal foi tradicionalmente coñecida como a cidade de Bos Aires.