Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936 e finado en Provo (Utah) o 16 de setembro de 2025, máis coñecido simplemente como Robert Redford, foi un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur.
Ágatha Ruiz de la Prada y Sentmenat, XII marquesa de Castelldosrius, XXIX baronesa de Santa Pau e Grande de España, nada en Madrid o 22 de xullo de 1960, é unha deseñadora de roupa española. Estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona. Comezou a súa carreira como deseñadora en 1981, cando presentou a súa primeira colección en Local, un Centro de Deseño.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League) é un torneo de fútbol organizado pola UEFA e disputado entre os mellores clubs europeos. É un dos trofeos de fútbol máis prestixiosos do mundo e o máis importante a nivel de clubs en Europa. Foi creada en 1955 co nome oficial de Copa de Campións de Europa, e foi coñecida durante as súas primeiras décadas como Copa de Europa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Sander canadensis é unha especie de peixe de auga doce perciforme da familia Percidae que vive en América do Norte, parecido ao seu parente Sander vitreus. É a especie de pércido máis migratoria de América do Norte. Teñen dúas aletas dorsais; a primeira é espiñenta e a dorsal posterior ten raios brandos.
Pedro José Ramírez Codina, coñecido como Pedro J. ou Pedro J. Ramírez, nado en Logroño o 26 de marzo de 1952, é un coñecido empresario, escritor e xornalista español. Foi director de Diario 16 e máis tarde do diario de tendencia conservadora El Mundo, así como un interlocutor habitual do programa semanal de Televisión Española 59 Segundos e do programa matinal diario da cadea COPE La mañana.
Big Five (Festival de Eurovisión)
Big Five, Big 5 ou anteriormente Big Four (en galego: Os cinco grandes) é un termo inglés cos que se coñece aos cinco países que máis achegan economicamente á Unión Europea de Radiodifusión (UER). Os países son: Alemaña (2000-) España (2000-) Francia (2000-) Italia (2011-) Reino Unido (2000-) No Festival da Canción de Eurovisión teñen acceso directo á final. Previamente, era denominado Big Four ata que Italia retornou ao festival no Festival de Eurovisión 2011.
Armand Gustav Duplantis, nado en Lafayette (Luisiana, Estados Unidos), o 10 de novembro de 1999, é un atleta sueco de orixe estadounidense especializado na proba de salto con pértega. Amplamente considerado como o mellor saltador con pértega de todos os tempos, ostenta o récord mundial con 6,28 m e dende 2020 domina de xeito practicamente absoluto este deporte a nivel mundial. Foi dúas veces campión olímpico (2020 e 2024), dúas veces campión do mundo ao aire libre (2022 e 2023), tres veces campión do mundo en pista cuberta (2022, 2024 e 2025), tres veces campión de Europa ao aire libre (2018, 2022 e 2024), unha vez campión de Europa en pista cuberta (2021) e catro veces campión da Diamond League (2021, 2022, 2023 e 2024).
A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. Bailando as rúas é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado no Nadal de 2017.
George Manneh Oppong Ousman Weah, nado o 1 de outubro de 1966 en Monrovia, Liberia, é un exfutbolista e político liberiano, presidente do país entre 2018 e 2024. É considerado no seu país unha icona, debido aos numerosos actos e axudas de carácter benéfico que ofrece ao seu pais e pola súa recoñecida habelencia nos campos de xogo.
María Carmen González Quintela
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
O tiburón branco, Carcharodon carcharias, é unha especie de peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes), e familia dos lámnidos (Lamnidae) que se atopa nas augas cálidas e mornas de case todos os océanos do mundo. Esta especie é a única que sobrevive na actualidade do xénero Carcharodon.
Memorias de África (en inglés: Out of Africa) é un filme estadounidense de 1985, baseado no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptado por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, o filme foi dirixido por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado. Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Kenya, durante a época na que esta era unha colonia británica.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
O Reino Suevo (en latín: Regnum Suevorum), reino dos suevos, Reino Suevo de Galiza (en latín: Gallaecia suevorum regnum) ou Reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O condutismo ou behaviorismo, segundo John B. Watson, é o estudo experimental obxectivo e natural da conduta, que exclúe a conciencia e a introspección. Para Burrhus Frederic Skinner o condutismo é unha filosofía da ciencia da conduta. Skinner definiu varios aspectos esenciais do seu obxecto de estudo e, a diferenza de Watson, centrouse en describir as leis xerais que rexen a conduta.
Trastorno histriónico da personalidade
O trastorno histriónico da personalidade (tamén coñecido como histeroide) (THP) está definido pola Asociación Estadounidense de Psiquiatría como un trastorno da personalidade no que o paciente presenta un patrón de excesiva busca de atención, comezando xeralmente na idade adulta temperá (frecuentemente na adolescencia), caracterizado tamén por un comportamento sedutor inapropiado e unha necesidade excesiva de aprobación. Os pacientes con trastorno histriónico da personalidade adoitan ser persoas moi animadas, dramáticas, vivaces, entusiastas e coquetas. O THP afecta catro veces máis a mulleres que a homes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.677.
O sionismo (en hebreo: צִיּוֹנוּת Tsiyyonut) é un movemento que defende a volta dos xudeus a Palestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplemente Haaretz, A Terra). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en París á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe, que fixo un gran rebumbio na sociedade francesa, poñendo a poboación francesa en dous eidos "dreyfusard" e "antidreyfusard" levando consigo tamén na prensa estas dúas posicións algúns artigos francamente antisemitas, no entanto outros defendían a inocencia de Dreyfus. Theodor Herzl pensou que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración xudía a Palestina.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ricardo Darín, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 16 de xaneiro de 1957 é un actor, director e guionista arxentino coñecido polas súas interpretacións en películas coma Nueve Reinas, El hijo de la novia, Luna de Avellaneda, El aura e El secreto de sus ojos. Está considerado coma un dos actores máis destacados do cinema arxentino.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Operación Triunfo, máis coñecido polas súas siglas OT, é un programa de televisión español creado en 2001 como talent-show musical para formar cantantes nunha academia. O formato consiste na presentación dunha serie de concursantes que deben demostrar semana tras semana as súas capacidades como cantantes nunha gala en directo e que se enfrontan a nomeamentos para abandonar a academia. O concurso emitiu once edicións desde 2001 ata 2020.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no FC Barcelona. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Ángel Ramiro Rebolo Rodríguez, nado en Lugo o 22 de xuño de 1975, é un ex xogador e profesional de baloncesto galego. Cunha altura de 1,74 m, xogaba na posición de base. Chegou a debutar na Liga ACB con 15 anos da man do Club Baloncesto Breogán, foi no seu momento o xogador máis novo da historia en debutar na Liga ACB, sendo actualmente o segundo só superado por Ricky Rubio.
Os Venres negros son unha serie de protestas levadas a cabo polo persoal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), agrupados no movemento Defende a Galega, iniciadas para denunciar a manipulación informativa e a falta de independencia editorial nos medios públicos galegos. Estas protestas continuaron ocorrendo todos os venres, durante anos e, polo seu nome simbólico e a roupa de cor negra que visten os manifestantes, fai referencia ao "loito" pola calidade do xornalismo. Os participantes nese movemento denunciaron represalias contra eles.
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
Cambio lingüístico é o proceso de modificación e transformación que, na súa evolución histórica, experimentan tódalas linguas en xeral, e as unidades lingüísticas de cada un dos seus niveis en particular. O cambio lingüístico diferénciase da variación lingüística en que no primeiro as modificacións son diacrónicas e, polo tanto, estudadas pola lingüística histórica, mentres que no segundo caso, xa que as variacións son sincrónicas, son analizadas, entre outras disciplinas, pola sociolingüística. Dous factores que interviñeron dende sempre no cambio lingüístico foron os préstamos e a analoxía.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de suspense policial que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
Festival de Cinema de Sundance
O Festival de Cinema de Sundance (en inglés: Sundance Film Festival e anteriormente coñecido como Utah/US Film Festival e US Film and Video Festival) é un acontecemento cinematográfico internacional que se celebra anualmente nas dúas últimas semanas de xaneiro na localidade de Park City, próxima á Salt Lake City, a capital do estado de Utah, nos Estados Unidos.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
The Horse Whisperer é un filme estadounidense dirixido, producido e protagonizado por Robert Redford que se estreou en 1998. Baséase na novela de 1995 The Horse Whisperer de Nicholas Evans. Redford interpreta o papel principal, un talentoso vaqueiro cun don para entender ós cabalos, que é contratado para axudar a unha moza tolleita (interpretada por Scarlett Johansson) e o seu cabalo a se volver entender logo dun tráxico accidente.
Catedral de Santa María de Tui
A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do río Miño. É sé da diocese de Tui-Vigo, convertida en sé episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico, e foi finalizado cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, ano no que foi consagrada polo bispo Estevo Egea.