Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O alcrique (Scomberesox saurus Walbaum 1792) é un peixe mariño da familia dos Scomberesocidae, de corpo longo e estreito e cunhas mandíbulas aguzadas. Pode confundirse coa agulla (Belone belone), moi similar pero máis grande. No Dicionario da RAG dáselle tamén o nome de alpabarda, chandarme, pataguillón ou rato .
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936 e finado en Provo (Utah) o 16 de setembro de 2025, máis coñecido simplemente como Robert Redford, foi un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel (大激突!幻の地底遺跡だってばよ Daigekitotsu! Maboroshi no Chiteiiseki Dattebayo) é un filme de animación xaponés dirixido por Hirotsugu Kawasaki e coescrito por Kawasaki e Yuka Miyata, que se estreou no 2005. É o segundo filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Síndrome cognitiva-afectiva cerebelosa
A síndrome afectiva-cognitiva cerebelosa (CCAS, polas súas siglas en inglés), tamén chamada síndrome de Schmahmann polo neurólogo que a describiu, é unha afección que se produce por lesións ou alteración no cerebelo. Refírese a unha constelación de déficits nos dominios cognitivos da función executiva, a cognición espacial, a linguaxe e o afecto. As deficiencias da función executiva inclúen problemas de planificación, cambio de conxunto, razoamento abstracto, fluidez verbal e memoria de traballo, e a miúdo hai perseveranza, distracción e falta de atención.
Jeremy D. Schmahmann, nado en Suráfrica, é un neurólogo surafricano-estadounidense, recoñecido internacionalmente pola súa investigación sobre o cerebelo e a súa relación coa cognición e as emocións, describindo por primeira vez xunto con Janet Sherman, a Síndrome cognitiva-afectiva cerebelosa (CCAS, polas súas siglas en inglés), ou síndrome de Schmahmann, como se lle coñece na actualidade. É catedrático de Neuroloxía na Facultade de Medicina Harvard e Director da Unidade de Ataxia e do Laboratorio de Neuroanatomía e Neurobioloxía Cerebelosa no Hospital Xeral de Massachusetts (MGH) en Boston (Estados Unidos de América).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A ataxia espinocerebelosa tipo 36 (SCA36), coñecida popularmente en Galicia como Ataxia da Costa da Morte, é unha doenza rara neurodexenarativa que afecta principalmente ao cerebelo e ás súas conexións neuronais. Pertence ao grupo das ataxias espinocerebelosas (ou SCAs), caracterizadas pola deterioración progresiva da coordinación motora, equilibrio e patrón de síntomas coincidente coa síndrome cognitiva-afectiva cerebelosa. Foi descrita por primeira vez en Galicia e na rexión xaponesa de Chūgoku, aínda que na actualidade xa hai máis casos descritos mundialmente, incluído un grupo de pacientes en Albacete.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
Luis Antonio Santaló Sors, nado en Xirona, España, o 9 de outubro de 1911 e falecido en Buenos Aires, Arxentina, o 23 de novembro de 2001, máis coñecido por Luis Santaló, foi un matemático español de fama internacional, que se exiliou na Arxentina en 1939 ao iniciarse a Segunda guerra mundial por ser partidario do derrotado bando republicano en España. Na Arxentina outorgouselle o título de profesor emérito da Universidade de Buenos Aires, tras desenvolver alí un fecundo labor. Publicou máis de cen traballos de investigación fundamental e de divulgación; e varios libros, en especial sobre Xeometría integral, tema do que é considerado un dos fundadores.
O Muutos.art foi un centro expositivo aberto en Tampere (Finlandia) entre o 14 de xuño e o 31 de agosto de 2024. No centro expuxéronse máis de 50 obras de arte espaciais de case medio centenar de artistas, parellas de artistas e grupos de traballo. Ademais da exposición principal nos dous andares superiores do inmoble, houbo varias exposicións temporais ao longo do verán en dúas pequenas galerías da planta baixa, así como obradoiros, visitas guiadas e graffiti nos muros exteriores do edificio.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.734.
A Guerra do Sonderbund (en alemán: Sonderbundskrieg; en francés: Guerre du Sonderbund; en italiano: Guerra del Sonderbund) de novembro de 1847 foi unha guerra civil en Suíza, daquela aínda unha confederación de cantóns relativamente pouco cohesionada. Comezou despois de que sete cantóns católicos formasen o Sonderbund ("alianza separada") en 1845 para protexer os seus intereses contra a centralización do poder. A guerra rematou coa derrota do Sonderbund.
Black Holes and Revelations é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Muse, editado o 3 de xullo do 2006. O álbum marcou un cambio con respecto aos anteriores discos de Muse e a banda cita como influencias a Queen, Millionaire, Sly and the Family Stone, Depeche Mode, Franz Ferdinand e á música do sur de Italia. O álbum ten matices políticos e de ciencia ficción, cunhas letras que abranguen temas tan variados como a corrupción política, a invasión extraterrestre, conspiracións da nova orde mundial así como cancións románticas máis convencionais.
André Cebrián, nado en Santiago de Compostela en 1986, é un músico galego, frautista solista da Scottish Chamber Orchestra desde 2020 e participante nos principais festivais de música de cámara europeos. Como solista convidado de frauta, actúa periodicamente en orquestras como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Castela León, Orquestra da Comunidade de Madrid, Dresden Staatskapelle, Scottish Chamber, Georgian Sinfonietta, a Filharmonia Zabrzańska ou na Orquestra de Cámara Galega, entre outras.
Azerbaidján, Azerbaidzhan, Azerbaixán ou Acerbaixán (en azerí: Azərbaycan), oficialmente República de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio. Limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e o Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Azerbaidján) limita con Armenia ao norte e ao leste, o Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.
Teorema do punto fixo de Brouwer
O teorema do punto fixo de Brouwer é un teorema de punto fixo en topoloxía, nomeado na honra de L. E. J. (Bertus) Brouwer. O teorema establece que para calquera función continua f {\displaystyle f} que envíe un conxunto compacto convexo non baleiro en si mesmo, hai x 0 {\displaystyle x_{0}} un punto tal que f ( x 0 ) = x 0 {\displaystyle f(x_{0})=x_{0}} . As formas máis sinxelas do teorema de Brouwer son para funcións continuas f {\displaystyle f} desde un intervalo pechado I {\displaystyle I} nos números reais a el mesmo ou desde un disco pechado D {\displaystyle D} a el mesmo.
A promoción da saúde é, segundo a Carta de Ottawa para a Promoción da Saúde da Organización Mundial da Saúde (OMS) de 1986, o “proceso de capacitar ás persoas individual e colectivamente para incrementar o control sobre os determinantes de saúde e así poder mellorar a súa saúde”. Trátase dun proceso político e social global que inclúe as accións dirixidas a fortalecer as habilidades e as capacidades das persoas, e as dirixidas a modificar os determinantes sociais, ambientais e económicos de saúde para optimizar o seu impacto positivo na saúde pública e persoal. A saúde fai referencia a un termo dinámico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao.
The Legend of Zelda: Ocarina of Time
The Legend of Zelda: Ocarina of Time é un videoxogo de acción, aventura e rol. É o primeiro da saga de The Legend of Zelda con gráficos 3D e lanzado para Nintendo 64. Foi citado en repetidas ocasións como un dos mellores videoxogos de tódolos tempos.
Spirit: Stallion of the Cimarron
Spirit: Stallion of the Cimarron é un filme de animación estadounidense dirixido por Kelly Asbury e Lorna Cook que se estreou no 2002.
Call of Duty: World at War Final Fronts
Call of Duty: World at War Final Fronts é un videoxogo FPS (first person shooter) pertencente á serie Call of Duty, programado por Rebellion Developments e distribuído por Activision no ano 2007 para Playstation 2. Trátase dunha versión de Call of Duty: World at War adaptada ás capacidades técnicas da segunda videoconsola de Sony.
Antía Chamosa Dacasa, nada en Pontevedra o 7 de outubro de 1999, é unha atleta galega que compite en marcha. Foi campioa de España nos 10.000 metros marcha en 2020 e dos 35 km en 2025, e gañou unha medalla de bronce no Campionato de Europa Sub-23 de Atletismo de 2021, na proba de 20 km marcha. É irmá do tamén atleta Daniel Chamosa.
Experimental Jet Set, Trash and No Star
Experimental Jet Set, Trash and No Star é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. O álbum acadou o posto 34 na lista Billboard 200, e segundo Nielsen SoundScan o disco vendeu unhas 242.000 copias nos Estados Unidos. Lee Ranaldo non compuxo nin canta en ningunha canción do álbum.
En matemáticas, especificamente no campo da teoría de grupos finitos, os teoremas de Sylow son unha colección de teoremas chamados así en honra do matemático noruegués Peter Ludwig Sylow que dan información detallada sobre o número de subgrupos dunha orde fixa que contén un grupo finito dado. Os teoremas de Sylow forman unha parte fundamental da teoría de grupos finitos e teñen aplicacións moi importantes na clasificación dos grupos simples finitos. Para un número primo p {\displaystyle p} , un p {\displaystyle p} -grupo é un grupo cuxa cardinalidade é unha potencia de p {\displaystyle p} ou equivalentemente, a orde de cada elemento do grupo é unha potencia de p {\displaystyle p} .
Os coidados paliativos son aqueles coidados que centran a súa atención nos enfermos terminais, é dicir, aqueles cuxa expectativa de vida é relativamente curta por causa dunha enfermidade que non responde os tratamentos curativos. Están enfocados en lograr a máxima calidade de vida e actividade nos pacientes terminais, sen tentar acurtar nin alargar a vida, procurando o alivio da dor e outros síntomas estresantes. Ademais, integran os aspectos psicolóxicos e espirituais na aplicación dos coidados, considerando activamente á familia do paciente, tanto durante o proceso como no duelo.
A vaxina (do latín vagīna, "vaíña") é un conduto fibromuscular elástico, que forma parte dos órganos xenitais internos da muller –xa que logo, parte do aparato reprodutor feminino–. Nas femias dos mamíferos, esténdese desde o vestíbulo vaxinal até o cérvix uterino. A vulva e a vaxina, dúas estruturas anatómicas diferentes que non deben confundirse, son os órganos da copulación nos mamíferos.
O sexo oral refírese á práctica sexual consistente na estimulación erótica dos xenitais por medio da boca, lingua, dentes ou gorxa. O cunnilingus é o practicado nunha muller mentres a felación é nun home, o anilingus é a estimulación do ano. A excitación doutras partes do corpo, como bicar ou lamber non se considera sexo oral como tampouco a inxesta de líquidos xenitais, seme ou fluxo vaxinal sen contacto físico boca-vexitalia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Iván González Ranedo, nado en León o 11 de setembro de 1999 e coñecido polo seu nome artístico Samantha Hudson, é un artista, cantante, actor, celebridade de Internet e activista LGBT español. Deuse a coñecer tras a controvertida publicación do tema «Maricón» en 2015, que gravou como proxecto para unha materia de cultura audiovisual. A canción, acompañada dun vídeo publicado na plataforma YouTube, xerou tanto rexeitamento como aprobación polo público.
Antonio Hidalgo Morilla, nado en Canovelles o 6 de febreiro de 1979, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente dirixe o Deportivo da Coruña na Segunda División. Xogaba como centrocampista e destacou especialmente nas filas do Tenerife e do Málaga, cos que xogou tanto na Primeira como na Segunda División.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia: