Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Micropterus nigricans é unha especie de peixe de auga doce carnívoro da familia Centrarchidae, nativo do leste e centro dos Estados Unidos, sur do Canadá e norte de México. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista francés Georges Cuvier en 1828 e nos Estados Unidos recibe agora o nome de largemouth bass (~'perca de boca grande'). O chamado Florida bass (~'perca da Florida', hoxe M. salmoides) era considerado antes unha subespecie súa, pero agora está clasificado separado como especie propia despois dun estudo recente que concluíu que o nome científico correcto para o Florida bass é Micropterus salmoides, mentres que para o largemouth bass é Micropterus nigricans.
A escrita árabe é o sistema de escrita empregado para o árabe (alfabeto árabe) e moitas outras linguas de Asia e África. É o segundo sistema de escrita alfabético máis amplamente empregando no mundo (após o sistema latino), o segundo máis amplamente empregado segundo o número de países que o usan, e o terceiro máis grande por número de usuarios (após o alfabeto latino e a escrita chinesa). Este sistema empregouse por vez primeira para escribir textos en árabe, especialmente o Corán, o libro sagrado do islam.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936 e finado en Provo (Utah) o 16 de setembro de 2025, máis coñecido simplemente como Robert Redford, foi un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur.
Micropterus salmoides é unha especie de peixe de auga doce da familia Centrarchidae que vive no sur dos Estados Unidos, onde lle chaman Florida bass (~'perca da Florida'). Antes considerábase da mesma especie que o que alí chaman largemouth bass (~'perca de boca grande', que agora se denomina Micropterus nigricans) e dábaselles o nome de M. salmoides ao conxunto de ambos, mentres que a forma da Florida era considerada subespecie (M. s. floridanus) ou tamén recibira o nome como especie separada de M. floridanus.
O alcrique (Scomberesox saurus Walbaum 1792) é un peixe mariño da familia dos Scomberesocidae, de corpo longo e estreito e cunhas mandíbulas aguzadas. Pode confundirse coa agulla (Belone belone), moi similar pero máis grande. No Dicionario da RAG dáselle tamén o nome de alpabarda, chandarme, pataguillón ou rato .
Angelina Jolie Voight, nada nos Ánxeles (California) o 4 de xuño de 1975, é unha actriz estadounidense de cine e televisión, gañadora dun Oscar á mellor actriz secundaria e de tres Globos de Ouro. Ademais, Jolie escribiu un libro (Notes from my travels) onde relata as súas viaxes a países golpeados pola pobreza en África. Jolie participa activamente en actos humanitarios tratando de promover a axuda cara aos refuxiados.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Delecionismo e inclusionismo na Wikipedia
O delecionismo e o inclusionismo son filosofías opostas, amplamente desenvolvidas principalmente dentro da comunidade de editores da versión en inglés da Wikipedia, e que posteriormente se estenden a outras versións da Wikipedia, como a Wikipedia en portugués. Os termos reflicten diferentes visións sobre o alcance axeitado da Wikipedia e as tendencias correspondentes a excluír ou incluír un determinado artigo. Os "delecionistas" defenden a cobertura selectiva e a eliminación de artigos que se consideran mal defendidos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Alonso Escudero López, nado en Mombuey (provincia de Zamora) o 5 de agosto de 1867 e finado en Madrid o 13 de maio de 1954, foi un comerciante de tecidos e empresario que estivo radicado uns anos na Coruña, participando durante ese tempo notablemente na súa vida social e económica. Foi empregado e socio da compostelá Casa de Simeón García, participando no establecemento e desenvolvemento desta compañía en Madrid.
Palestina (árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira suroriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral.
La Noche. Suplemento del sábado
La Noche. Suplemento del sábado foi un suplemento semanal do xornal compostelán La Noche, editado entre 1949 e 1950. Redactouse e confeccionouse en Vigo.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
The Legend of Zelda: Ocarina of Time
The Legend of Zelda: Ocarina of Time é un videoxogo de acción, aventura e rol. É o primeiro da saga de The Legend of Zelda con gráficos 3D e lanzado para Nintendo 64. Foi citado en repetidas ocasións como un dos mellores videoxogos de tódolos tempos.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Azerbaidján, Azerbaidzhan, Azerbaixán ou Acerbaixán (en azerí: Azərbaycan), oficialmente República de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio. Limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e o Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Azerbaidján) limita con Armenia ao norte e ao leste, o Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel (大激突!幻の地底遺跡だってばよ Daigekitotsu! Maboroshi no Chiteiiseki Dattebayo) é un filme de animación xaponés dirixido por Hirotsugu Kawasaki e coescrito por Kawasaki e Yuka Miyata, que se estreou no 2005. É o segundo filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto.
En xogo é un programa deportivo da Televisión de Galicia en emisión dende 1985. Emitido nas noites dos domingos, dá un repaso á xornada deportiva, con análises, reportaxes e entrevistas, poñendo especial atención ao fútbol galego nas súas diferentes categorías, aínda que tamén inclúe información sobre outros deportes. Con máis de 40 anos de emisión ininterrompida é o programa de televisión máis lonxevo de Galicia e o segundo de España, só por detrás de Informe semanal.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
La que se avecina é unha serie de televisión española baseada no humor e producida por Mediaset España e Infinia e emitida por Telecinco desde o 22 de abril de 2006 con bos rexistros de audiencia. A serie, que é unha adaptación da exitosa Aquí no hay quien viva, estreouse cun 28,8% de share e foi líder de audiencia en case todas as súas emisións durante a primeira tempada. La que se avecina conta a historia da comunidade de veciños «Mirador de Montepinar», un bloque de apartamentos.
At Play in the Fields of the Lord
At Play in the Fields of the Lord é un filme estadounidense de 1991 dirixido por Héctor Babenco. É unha adaptación da novela homónima de 1965 do autor estadounidense Peter Matthiessen. O guión foi escrito por Babenco e Jean-Claude Carrière, e está protagonizado por Tom Berenger, John Lithgow, Daryl Hannah, Aidan Quinn, Tom Waits e Kathy Bates.
Call of Duty: World at War Final Fronts
Call of Duty: World at War Final Fronts é un videoxogo FPS (first person shooter) pertencente á serie Call of Duty, programado por Rebellion Developments e distribuído por Activision no ano 2007 para Playstation 2. Trátase dunha versión de Call of Duty: World at War adaptada ás capacidades técnicas da segunda videoconsola de Sony.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Camilo Nogueira Román, nado o 22 de novembro de 1936 na parroquia e -daquela- concello de Lavadores (hoxe integrado no de Vigo) é un enxeñeiro e economista galego, máis coñecido pola súa faceta política, historicamente vinculada a partidos nacionalistas galegos de esquerda e desde 1994 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Sexo en grupo é o comportamento sexual que inclúe máis de dous participantes. Os participantes no sexo grupal poden ser de calquera orientación sexual ou xénero. Pode adoptarse Calquera forma de actividade sexual para involucrar a máis de dous participantes, pero algunhas formas teñen os seus propios nomes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.745.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Primeira división española de fútbol
O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a disputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Síndrome cognitiva-afectiva cerebelosa
A síndrome afectiva-cognitiva cerebelosa (CCAS, polas súas siglas en inglés), tamén chamada síndrome de Schmahmann polo neurólogo que a describiu, é unha afección que se produce por lesións ou alteración no cerebelo. Refírese a unha constelación de déficits nos dominios cognitivos da función executiva, a cognición espacial, a linguaxe e o afecto. As deficiencias da función executiva inclúen problemas de planificación, cambio de conxunto, razoamento abstracto, fluidez verbal e memoria de traballo, e a miúdo hai perseveranza, distracción e falta de atención.
Star Wars Galaxies: An Empire Divided
Star Wars Galaxies: An Empire Divided é un videoxogo de rol multixogador masivo en liña baseado en A Guerra das Galaxias para Microsoft Windows, desenvolto por Sony Online Entertainment e publicado por LucasArts o 26 de xuño de 2003.