Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Pedro José Ramírez Codina, coñecido como Pedro J. ou Pedro J. Ramírez, nado en Logroño o 26 de marzo de 1952, é un coñecido empresario, escritor e xornalista español. Foi director de Diario 16 e máis tarde do diario de tendencia conservadora El Mundo, así como un interlocutor habitual do programa semanal de Televisión Española 59 Segundos e do programa matinal diario da cadea COPE La mañana.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Corvus brachyrhynchos, xeralmente chamado corvo americano, é unha especie de ave paseriforme grande da familia dos córvidos que vive en América do Norte, onde é común. Estes corvos son os equivalentes do Novo Mundo do corvo viaraz e o corvo cincento de Eurasia; todos eles ocupan o mesmo nicho ecolóxico. Aínda que o corvo americano e o corvo cincento son moi similares en tamaño, estrutura e comportamento, as súas vocalizacións e aspecto visual son diferentes.
Claude Josephine Rose Cardinale, coñecida como Claudia Cardinale, nada en Tunes o 15 de abril de 1938, é unha actriz italiana, de pais sicilianos. Traballou con Sergio Leone, Luchino Visconti ou Russ Meyer, entre outros cineastas. Apareceu en filmes como Rocco e os seus irmáns (1960), O Gatopardo (1963), Cartouche (1963), 8½ (1963) e Ata que chegou a súa hora (1968).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel (大激突!幻の地底遺跡だってばよ Daigekitotsu! Maboroshi no Chiteiiseki Dattebayo) é un filme de animación xaponés dirixido por Hirotsugu Kawasaki e coescrito por Kawasaki e Yuka Miyata, que se estreou no 2005. É o segundo filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
A medicina tradicional europea (MTE) ou tamén medicina naturalista (Real Academia Galega), naturopatía ou tamén naturoterapia é a medicina non convencional e que pode ser englobada dentro das técnicas da medicina alternativa. Ten como obxectivo equilibrar o funcionamento do organismo humano (a homeostase) mediante métodos ditos "naturais" e holísticos: réxime ou dieta alimentarios, hixiene de vida, fitoterapia, técnicas manuais, exercicios físicos e mentais, aromaterapia, homeopatía etc. Tanto o modus operandi coma o método terapéutico na naturopatía son "holísticos", ou sexa atópanse xeralmente fóra da medicina clásica ou dita convencional e abranguen todo o ser humano de xeito global, enteiro.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.759.
As actas escuras é unha obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño. A peza, un drama histórico, foi gañadora en 1994 do segundo certame Camiño de Santiago de teatro profesional, que requiría unha trama relacionada co Ano Santo Xacobeo. En 2009 foi levada a escena polo Centro Dramático Galego con dirección de Xúlio Lago.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Brian Hugh Warner, coñecido como Marilyn Manson, nado en Canton (Ohio) o 5 de xaneiro de 1969 é un cantante, compositor, actor, escritor, pintor e director de cine estadounidense, coñecido pola súa personalidade e a súa imaxe controvertidas como vocalista e líder da banda de metal industrial Marilyn Manson. O seu nome artístico formouse a partir dos nomes da actriz Marilyn Monroe e do convicto Charles Manson. Apareceu nalgunhas películas como Jawbreaker, Lost Highway de David Lynch e Party Monster, e en series como Sons of Anarchy.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Os montes son uns dos lugares máis referenciais de Galicia, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos. Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza. Cómpre ter presente que a cuarta parte do territorio galego, é dicir, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en mancomún, xestionada por 2800 comunidades de montes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Kongzi ou Kong Fuzi (chinés tradicional e simplificado: 孔子 ou 孔夫子; pinyin: Kǒngzǐ ou Kǒngfūzǐ; Wade-Giles: K'ung3-tzu3 ou K'ung3-fu1-tzu3; literalmente, "Mestre Kong"), latinizado como Confucio, nado o 551 a.C en Qufu durante a Dinastía Zhou e finado no mesmo lugar o 479 a.C., foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente na Asia oriental ata hoxe en día, e sobre elas formouse o confucianismo. Confucio considerábase un transmisor dos valores das épocas anteriores que, segundo el, foran abandonadas na súa época.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Black Holes and Revelations é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Muse, editado o 3 de xullo do 2006. O álbum marcou un cambio con respecto aos anteriores discos de Muse e a banda cita como influencias a Queen, Millionaire, Sly and the Family Stone, Depeche Mode, Franz Ferdinand e á música do sur de Italia. O álbum ten matices políticos e de ciencia ficción, cunhas letras que abranguen temas tan variados como a corrupción política, a invasión extraterrestre, conspiracións da nova orde mundial así como cancións románticas máis convencionais.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
María Fernanda Ladrón de Guevara
María Fernanda Ladrón de Guevara y Trápaga, nada en Madrid o 30 de maio de 1897 e finada en Madrid o 25 de abril de 1974, foi unha actriz española.
A Game Boy Advance SP (en xaponés: ゲームボーイアドバンスSP), frecuentemente abreviada como GBA SP, é unha consola de videoxogos portátil fabricada pola empresa xaponesa Nintendo e lanzada ao mercado en marzo de 2003. Basicamente é un redeseño da Game Boy Advance, con varias funcións engadidas como batería ou pantalla alumada. É totalmente compatíbel coas súas antecesoras.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Operación Triunfo, máis coñecido polas súas siglas OT, é un programa de televisión español creado en 2001 como talent-show musical para formar cantantes nunha academia. O formato consiste na presentación dunha serie de concursantes que deben demostrar semana tras semana as súas capacidades como cantantes nunha gala en directo e que se enfrontan a nomeamentos para abandonar a academia. O concurso emitiu once edicións desde 2001 ata 2020.
O aeródromo da Lanzada foi un aeródromo situado no istmo da península do Grove, entre a praia da Lanzada e a enseada do Vao, no concello do Grove. Inaugurado en 1954, o plano orixinal consistía en dúas pistas de 2.500 e 1.800 metros, finalmente non construídas debido á apertura do Aeroporto de Vigo, e que conformarían o aeroporto interoceánico da Lanzada. En 1966, devólvense os terreos ao concello, e na actualidade é o aparcadoiro da praia da Lanzada.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Spirit: Stallion of the Cimarron
Spirit: Stallion of the Cimarron é un filme de animación estadounidense dirixido por Kelly Asbury e Lorna Cook que se estreou no 2002.
O xogo de aposta é un xogo de azar no que as persoas que interveñen (xogadores ou apostantes) pagan unha cantidade fixa ou variábel de diñeiro ou aportan un ben material (aposta), por predicir o resultado incerto do xogo a cambio de obter un premio económico ou material se a súa predición resulta certa. Calquera xogo de azar, sen ser necesariamente un xogo de aposta, pode converterse nun xogo deste tipo mediante un acordo entre os xogadores, quen pactan unhas cantidades ou bens materiais que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao gañador(es). Por exemplo, no xogo do tute pódese pactar unha cantidade fixa por partida que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao(s) gañador(es); no xogo das bólas os rapaces participantes establecen regras para que as bólas cambien de propietario.
Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole. En 2019 saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando millóns de reproducións en YouTube nun curto período de tempo, despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral e entrou na listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorbio: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorbio: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
The Fields of Athenry (Os campos de Athenry) é unha célebre canción popular irlandesa. Compúxoa na década de 1970 Pete St John, moi popular en Irlanda e noutros lugares, converteuse no himno oficial de organizacións, equipos deportivos e na canción característica da Gran fame irlandesa, tema do que trata a canción.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Operación Triunfo 2023, máis coñecido polas súas siglas OT 2023, é a duodécima edición do programa de televisión musical español, Operación Triunfo. O concurso comezou a súa emisión o 20 de novembro de 2023, retransmitíndose logo tódolos luns en directo na plataforma de streaming de Prime Video, até o 19 de febreiro de 2024, cando Naiara Moreno foi nomeada gañadora da edición.
Songs of Faith and Devotion é o oitavo álbum da banda inglesa de synthpop Depeche Mode, publicado o 22 de marzo de 1993 a través do selo Mute Records no Reino Unido e de Sire Records e Reprise Records nos Estados Unidos e o Canadá. O disco incorpora máis texturas de guitarras que os seus anteriores traballos. Tras a súa edición, Songs of Faith and Devotion acadou o número 1 tanto nas listas británicas como estadounidenses.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Democracia Ourensana. A cadena de televisión cuxa sintonización é dispoñible na canle 51 en Ourense ten unha audiencia dunhas 35.000 persoas diarias. Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día.