Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Scottie Maurice Pippen, nado o 25 de setembro de 1965 en Hamburg, no condado de Ashley (Arcansas), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Alculamdo "Pip", é principalmente lembrado pola súa etapa nos Chicago Bulls, cos que gañou seis campionatos da NBA e bateu o récord de vitorias nunha soa tempada con 72. Pippen, xunto con Michael Jordan, xogou un importante papel en transformar aos Bulls nun vehículo para a popularización da NBA ao redor de todo o mundo nos anos 1990.
Claude Josephine Rose Cardinale, coñecida como Claudia Cardinale, nada en Tunes o 15 de abril de 1938 e finada o 23 de setembro de 2025 en Nemours (Francia), foi unha actriz italiana, de pais sicilianos. Traballou con Sergio Leone, Luchino Visconti ou Russ Meyer, entre outros cineastas. Apareceu en filmes como Rocco e os seus irmáns (1960), O Gatopardo (1963), Cartouche (1963), 8½ (1963) e Ata que chegou a súa hora (1968).
The Offspring, ou simplemente Offspring, é un grupo de música punk rock estadounidense, formado en Huntington Beach (California), no ano 1984. A banda está integrada en 2021 por Bryan Dexter Holland e Noodles (os dous membros desde o principio da banda), e Todd Morse; outros membros foron Ron Welly, Atom Willard, Josh Freese, James Lijla, Jim Benton, Dough Thompson, o baixista Greg K que deixou a banda en 2019 e o percusionista Pete Parada, expulsado en agosto de 2021. Parada padece a doenza de Guillain-Barré (enfermedade do sistema inmunitario que ataca aos nervios), e decidiu non vacinarse da Covid por recomendación médica.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Chelydra serpentina é unha gran especie de tartaruga de auga doce da familia Chelydridae que vive en América do Norte. A súa área de distribución natural é desde o sueste do Canadá, cara ao suroeste ata o bordo das Montañas Rochosas, chegando polo leste ata Nova Escocia e a Florida. A poboación actual de Chelydra serpentina no Río Grande medio suxire que estivo presente nesa cunca desde polo menos o século XVII e probablemente é nativa alí.
Corvus brachyrhynchos, xeralmente chamado corvo americano, é unha especie de ave paseriforme grande da familia dos córvidos que vive en América do Norte, onde é común. Estes corvos son os equivalentes do Novo Mundo do corvo viaraz e o corvo cincento de Eurasia; todos eles ocupan o mesmo nicho ecolóxico. Aínda que o corvo americano e o corvo cincento son moi similares en tamaño, estrutura e comportamento, as súas vocalizacións e aspecto visual son diferentes.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León. O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 174.544 habitantes no 2018. Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As actas escuras é unha obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño. A peza, un drama histórico, foi gañadora en 1994 do segundo certame Camiño de Santiago de teatro profesional, que requiría unha trama relacionada co Ano Santo Xacobeo. En 2009 foi levada a escena polo Centro Dramático Galego con dirección de Xúlio Lago.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.771.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Medio dólar do Centenario de Texas
O medio dólar do Centenario de Texas foi unha moeda conmemorativa de prata emitida con este valor facial pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do centenario da independencia de Texas con respecto a México en 1836. A moeda foi cuñada entre os anos 1934 e 1938 nas cecas de San Francisco, Denver e Filadelfia. Proposta polo Comité do Centenario de Texas da Lexión Americana como medida de recadación de fondos para o centenario da independencia de Texas, a emisión desta moeda foi aprobada polo Congreso dos Estados Unidos en 1933, pondo fin a unha pausa de varios anos nas novas emisións conmemorativas baixo o Goberno do presidente Hoover.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
O big-bang (en lingua inglesa 'grande explosión'), ten tres significados relacionados na cosmoloxía física: O primeiro fai referencia ós feitos observables que acreditan a evolución do universo, isto é os datos recollidos polos telescopios e demais instrumentos científicos, coma a radiación de fondo de microondas, ou o corremento ao vermello da luz emitida dende as estrelas e Galaxias. Un segundo fai referencia ao modelo cosmolóxico explicativo da evolución do universo dende hai 13 800 millóns de anos, a partir dun estado enormemente denso e quente e de dimensión mínima ata as súas dimensións actuais e a súa posterior evolución. Por último, nun senso máis técnico, utilizase para describir a explosión ocorrida uns 10-35 segundos despois do instante cero, tendo en conta que máis aló de 10-43 segundos despois da singularidade ou momento cero da historia do universo non son aplicábeis as leis físicas coñecidas, sendo este límite temporal o Tempo de Planck (o tempo que tarda un fotón en percorrer a lonxitude de Planck).
Catedral de Notre-Dame de París
Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París. A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O signo de exclamación (!) é un signo de puntuación que se utiliza despois dun enunciado para indicar entoación exclamativa, a propia da expresión das emocións, da vehemencia, do desexo e das ordes. Con moita frecuencia indica tamén a fin dunha frase, sinalando unha pausa similar á dun punto. É coñecido tamén como signo de admiración, aínda que algúns autores consideran que se debe evitar esta denominación, dado que a admiración non é a única emoción que expresa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Maria Branyas Morera, nada en San Francisco, California o 4 de marzo de 1907, e finada en Olot o 20 de agosto de 2024, foi unha supercentenaria hispano-estadounidense. Foi a persoa viva rexistrada máis lonxeva do mundo dende o 17 de xaneiro de 2023, tras o falecemento da monxa francesa Lucile Randon e en España dende o 22 de decembro de 2019, data do falecemento de Josefa Santos González, así como a persoa española máis lonxeva de todos os tempos e a última persoa viva nada en 1907. En contexto histórico, Maria xa tiña 5 anos recentemente cumpridos cando se produciu o naufraxio do Titanic en 1912, foi contemporánea de 6 monarcas británicos, dende Eduardo VII a Carlos III, 10 papas católicos, ambas as guerras mundiais e dúas pandemias globais.
Kaliningrado (en ruso: Калининград, tr. "Kaliningrad", [kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Brian Hugh Warner, coñecido como Marilyn Manson, nado en Canton (Ohio) o 5 de xaneiro de 1969 é un cantante, compositor, actor, escritor, pintor e director de cine estadounidense, coñecido pola súa personalidade e a súa imaxe controvertidas como vocalista e líder da banda de metal industrial Marilyn Manson. O seu nome artístico formouse a partir dos nomes da actriz Marilyn Monroe e do convicto Charles Manson. Apareceu nalgunhas películas como Jawbreaker, Lost Highway de David Lynch e Party Monster, e en series como Sons of Anarchy.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Pedro José Ramírez Codina, coñecido como Pedro J. ou Pedro J. Ramírez, nado en Logroño o 26 de marzo de 1952, é un coñecido empresario, escritor e xornalista español. Foi director de Diario 16 e máis tarde do diario de tendencia conservadora El Mundo, así como un interlocutor habitual do programa semanal de Televisión Española 59 Segundos e do programa matinal diario da cadea COPE La mañana.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Santo Estevo de Ribas de Miño, O Saviñao
Santo Estevo de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 49 habitantes, deles 26 eran homes e 23 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
Fernando Calvet Prats, nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico catalán, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
O malaio de Kelantan-Pattani Malay (en malaio: bahasa Melayu Kelantan–Patani; ภาษายาวี; baso/kecek Taning en Pattani; baso/kecek Klate en Kelantan) é unha lingua austronesia da subfamilia malaia das linguas malaias faladas no estado malasiano de Kelantan, así como nos distritos de Besut e Setiu do estado de Terengganu e nas illas Perhentian, e nas provincias máis meridionais de Tailandia. É a principal lingua falada dos malaios tailandeses e úsase como lingua franca polos tailandeses étnicos do sur nas zonas rurais, musulmáns e non musulmáns e os Sam-Sam, unha poboación maioritariamente de fala tailandesa con ascendencia mixta malaia e tailandesa.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
No corpo humano feminino, a capucha do clítoris (tamén chamada preputium clitoridis e prepucio do clítoris) é un pregamento de pel que rodea e protexe a glande do clítoris; tamén cobre o eixe externo do clítoris, desenvólvese como parte dos labios menores e é homólogo co prepucio no sistema reprodutor masculino. O prepucio do clítoris está composto de tecidos mucocutáneos, estes tecidos están entre a membrana mucosa e a pel, e poden ter importancia inmunolóxica porque poden ser un punto de entrada das vacinas das mucosas. O prepucio do clítoris tamén é importante non só no protección da glande do clítoris, pero tamén no pracer, xa que o seu tecido forma parte das zonas eróxenas da vulva.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Catarina Parr (ela asinaba as súas cartas coma "Kateryn"), nada en 1512 e falecida o 5 de setembro de 1548,) foi raíña de Inglaterra e Irlanda coma a derradeira das seis esposas do rei Henrique VIII desde o seu matrimonio o 12 de xullo de 1543 até a morte de Henrique o 28 de xaneiro de 1547. Catarina foi a derradeira raíña consorte da Casa de Tudor, e sobreviviu a Henrique por un ano e oito meses. Con catro maridos, é a raíña inglesa máis casada.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.