Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A igualdade de xénero implica que homes e mulleres deben recibir os mesmos beneficios, as mesmas sentenzas e ser tratados co mesmo respecto. O principio de igualdade e de non discriminación por razón de sexo é unha obriga de dereito internacional xeral, que vincula a todas as nacións e, dado o seu carácter primordial, estabelécese sempre como un principio que debe inspirar o resto dos dereitos fundamentais.
Eimeria é un xénero protozoario de parasitos apicomplexos que inclúe varias especies que poden causar a doenza coccidiose en animais como o gando vacún, aves de curral e ruminantes máis pequenos como ovellas e cabras. As especies de Eimeria considéranse monóxenas porque o seu ciclo vital se completa nun só hóspede, e estenóxenas porque adoitan ser específicas de hóspede, aínda que se identificaron algunhas excepcións. As especies deste xénero infectan unha ampla variedade de hóspedes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A netiqueta (contracción do inglés network etiquette, etiqueta da rede) é o conxunto de regras que regulan o comportamento dun usuario nun grupo de noticias, unha lista de correo, un foro de discusións ou no correo electrónico. Por extensión, utilízase tamén para referirse ao conxunto de normas de comportamento xeral en Internet.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Frente Revolucionario Antifascista y Patriota
O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (en galego, Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota ou FRAP), foi unha organización revolucionaria xurdida so o réxime de Francisco Franco. A primeira reunión decisiva na súa creación tivo lugar en París o 23 de xaneiro de 1971. Foi nun piso particular propiedade do dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo.
O Cantar dos Cantares (en hebreo: שִׁיר הַשִּׁירִים , Šīyr haŠīyrīm ; en grego ᾎσμα ᾈσμάτων, Âisma Aismátōn), tamén coñecido como Cántiga das Cántigas, Cánticos de Salomón ou Cantar superlativo, é o cuarto libro da terceira sección (Ketuvim) da Biblia hebrea e un dos libros poéticos e de sabedoría do Antigo Testamento da Biblia da tradición cristiá. É un dos cinco meghil·lót (en hebreo: מְגִלּוֹת, "cinco rolos") e é lido no sabat do Pessach, durante a Pascua xudía, marcando o comezo da colleita dos cereais e conmemorando o Éxodo de Exipto. O texto celebra o amor erótico e o desexo entre dous amantes, con intervención dun coro de «fillas de Xerusalén».
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
The Da Vinci Code é un filme estadounidense dirixido por Ron Howard que se estreou no 2006. Guión escrito por Akiva Goldsman baseado na novela O código Da Vinci de Dan Brown, está protagonizado por Tom Hanks como Robert Langdon, Audrey Tautou como Sophie Neveu, e Sir Ian McKellen como Leigh Teabing.
Haliaeetus leucocephalus, xeralmente chamada pigargo de cabeza branca, é unha ave de presa que vive en América do Norte. En América recibe o nome de bald eagle, aínda que non é calva (bald), xa que ten a cabeza emplumada, e para nós non sería propiamente unha aguia (eagle), xa que as especies de Heliaeetus se denominan pigargos. É unha aguia mariña que ten dúas subespecies e forma un complexo de especies co pigargo europeo (Haliaeetus albicilla), que ocupa o mesmo nicho que esta especie no Paleártico.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Mes fantômes arméniens (en armenio: Իմ հայկական ուրվականները) é un filme documental franco-armenio de 2025 coescrito, coproducido e dirixido por Tamara Stepanyan. Segue a vida de Stepanyan, relatando a súa vida nunha familia armenia artística e como foi ver o seu pai, Vigen Stepanyan, no cinema armenio soviético. Foi escollido para a sección especial do Forum na 75ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde tivo a súa estrea mundial o 16 de febreiro de 2025.
Alice in Borderland (serie de televisión)
Alice in Borderland (en xaponés: 今際の国のアリス) é unha serie de televisión xaponesa de ciencia ficción, suspense e drama baseada no manga homónimo de Haro Aso. A serie está protagonizada por Kento Yamazaki no papel de Arisu, un rapaz novo que se encontra de súpeto nun Toquio abandonado e sen persoas, coñecido como "Borderland", xunto cos seus mellores amigos, Chōta (Yûki Morinaga) e Karube (Keita Machida). Logo de comezar a buscar indicios doutras persoas, os tres descobren axiña que están atrapados nunha cidade que funciona como taboleiro de xogo de retos perigosos, violentos e mortais, os cales os obrigan a superar os seus propios "límites físicos e emocionais" con tal de sobrevivir.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Referendo de autonomía de Galicia de 1936
O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.
Claude Josephine Rose Cardinale, coñecida como Claudia Cardinale, nada en Tunes o 15 de abril de 1938 e finada o 23 de setembro de 2025 en Nemours (Francia), foi unha actriz italiana, de pais sicilianos. Traballou con Sergio Leone, Luchino Visconti ou Russ Meyer, entre outros cineastas. Apareceu en filmes como Rocco e os seus irmáns (1960), O Gatopardo (1963), Cartouche (1963), 8½ (1963) e Ata que chegou a súa hora (1968).
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Unha doenza ou enfermidade é unha condición anómala particular que afecta negativamente á estrutura ou función de todo ou parte dun organismo e que non se debe directamente a ningunha lesión externa. A miúdo é interpretada como unha condición médica asociada a uns síntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunhas fontes externas, como as enfermidades infecciosas, e poden causar dor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados.
Sergio Busquets Burgos, nado en Sabadell, provincia de Barcelona, o 16 de xullo de 1988, é un futbolista catalán. En 2010 xogaba como centrocampista no Fútbol Club Barcelona, da Primeira División de España. É fillo de Carles Busquets, ex gardameta tamén do Barcelona, e que actualmente é o adestrador de porteiros do club catalán.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Palestine 36 (en árabe: فلسطين ٣٦) é un filme documental palestino de 2025 escrito e dirixido por Annemarie Jacir. Está protagonizado por Hiam Abbass, Kamel El Basha, Yasmine Al Massri, Jalal Altawil, Robert Aramayo, Saleh Bakri, Yafa Bakri, Karim Daoud Anaya, Mo’min Swaitat, Wardi Eilabouni, Ward Helou, Billy Howle, Dhafer L'Abidine, Liam Cunningham e Jeremy Irons. Estreouse mundialmente na sección de Presentacións de Gala do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2025 o 5 de setembro de 2025.
A Casa Benedicto é un edificio situado no concello de Navia de Suarna, na provincia de Lugo. De estilo modernista, foi construído contra a década de 1920 por Víctor Fernández Pardo. O seu nome débese á antiga xastrería que ocupou a súa planta baixa durante anos, rexentada por Benedicto Fernández Lombardero.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Nicolas Sarkozy (nome completo: Nicolas Paul Stéphane Sarközy de Nagy-Bocsa; nome familiar: Sarko), nado en París o 28 de xaneiro de 1955, é un político francés. Foi presidente da República Francesa de maio de 2007 ata maio de 2012. Foi presidente do partido conservador Unión por un Movemento Popular (UMP), ministro de Estado, ministro de Interior e de Administración do territorio, ministro de Facenda, ministro de Economía, deputado polo departamento dos Altos do Sena, deputado europeo, presidente do consello xeral dos Altos do Sena, cónsul de Neuilly-Sur-Seine e conselleiro municipal de Neuilly-Sur-Seine.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
In die Sonne schauen é un filme alemán de 2025 coescrito e dirixido por Mascha Schilinski. Está protagonizado por Hanna Heckt, Lena Urzendowsky, Laeni Geiseler, Susanne Wuest, Luise Heyer e Lea Drinda, segue catro xeracións conectadas de nenas nunha granxa en Altmark, Alemaña. Estreouse mundialmente na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 14 de maio de 2025, onde gañou o Premio do Xurado.
The Offspring, ou simplemente Offspring, é un grupo de música punk rock estadounidense, formado en Huntington Beach (California), no ano 1984. A banda está integrada en 2021 por Bryan Dexter Holland e Noodles (os dous membros desde o principio da banda), e Todd Morse; outros membros foron Ron Welly, Atom Willard, Josh Freese, James Lijla, Jim Benton, Dough Thompson, o baixista Greg K que deixou a banda en 2019 e o percusionista Pete Parada, expulsado en agosto de 2021. Parada padece a doenza de Guillain-Barré (enfermedade do sistema inmunitario que ataca aos nervios), e decidiu non vacinarse da Covid por recomendación médica.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.