Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Haliaeetus leucocephalus, xeralmente chamada pigargo de cabeza branca, é unha ave de presa que vive en América do Norte. En América recibe o nome de bald eagle, pero en Galicia non sería propiamente unha aguia (eagle), xa que as especies de Heliaeetus se denominan pigargos; ademais non é calva (bald), xa que ten a cabeza emplumada, pero un antigo significado de bald en inglés era 'mancha branca', de onde realmente vén o nome e que sería unha mellor tradución. Pertence ao grupo das aguias mariñas, ten dúas subespecies e forma un complexo de especies co pigargo europeo (Haliaeetus albicilla), que ocupa o mesmo nicho que esta especie no Paleártico.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
The Impossible (en castelán: Lo imposible; en galego: O imposible) é un filme español de suspense dramático. Está dirixido por Juan Antonio Bayona, producido por Apaches Entertainment e Telecinco Cinema e protagonizado por Naomi Watts, Ewan McGregor, Tom Holland e Samuel Joslin. A película nace a partir dunha historia real onde se recrea a experiencia dunha familia española no tsunami que devastou a costa do Sueste Asiático en 2004 e que causou a morte de centos de miles de persoas.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Frente Revolucionario Antifascista y Patriota
O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (en galego, Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota ou FRAP), foi unha organización revolucionaria xurdida so o réxime de Francisco Franco. A primeira reunión decisiva na súa creación tivo lugar en París o 23 de xaneiro de 1971. Foi nun piso particular propiedade do dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo.
Oppenheimer é un filme británico-estadounidense de 2023, escrito e dirixido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Cillian Murphy no papel de J. Robert Oppenheimer, un físico teórico que foi fundamental no desenvolvemento das primeiras armas nucleares, director do Laboratorio Nacional de Los Álamos, como parte do Proxecto Manhattan que deu comezo a era atómica. Baséase na biografía American Prometheus de Kai Bird e Martin J. Sherwin, e narra a carreira de Oppenheimer, coa historia centrada principalmente nos seus estudos, a súa dirección do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial e a súa eventual caída en desgraza por mor da audiencia de seguridade de 1954.
Pedro José Ramírez Codina, coñecido como Pedro J. ou Pedro J. Ramírez, nado en Logroño o 26 de marzo de 1952, é un coñecido empresario, escritor e xornalista español. Foi director de Diario 16 e máis tarde do diario de tendencia conservadora El Mundo, así como un interlocutor habitual do programa semanal de Televisión Española 59 Segundos e do programa matinal diario da cadea COPE La mañana.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Claude Josephine Rose Cardinale, coñecida como Claudia Cardinale, nada en Tunes o 15 de abril de 1938 e finada o 23 de setembro de 2025 en Nemours (Francia), foi unha actriz italiana, de pais sicilianos. Traballou con Sergio Leone, Luchino Visconti ou Russ Meyer, entre outros cineastas. Apareceu en filmes como Rocco e os seus irmáns (1960), O Gatopardo (1963), Cartouche (1963), 8½ (1963) e Ata que chegou a súa hora (1968).
Monte Alto é un barrio da cidade da Coruña situado no sector peninsular desta cidade, inmediato ao centro desta e á Torre de Hércules. A delimitación do distrito, sen ser precisa, tende a ocupar a maior parte da península sobre a que se localiza unha parte da cidade, a excepción do centro histórico. Monte Alto abrangue pequenos sectores urbanos que por veces se consideran barrios individuais, ou ben barrios dentro doutro barrio, como As Lagoas, As Atochas, Zalaeta, Durmideiras ou A Torre.
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.
Skacha é un grupo musical de punk-rock, formado no barrio vigués de Coia en 1991 e disolto no ano 2011. No ano 2019 deciden xuntarse para facer uns concertos e paran de novo no 2022. Os contidos das súas letras alternan aspectos sociais con outros máis desenfadados, sempre baixo unha perspectiva de expresión de potencia e xenreira propia do Punk-Rock.
Feniano é un termo que se emprega dende mediados do século XIX para referirse aos nacionalistas irlandeses contrarios ao dominio británico sobre a Illa de Irlanda. Adoita ser empregado tamén para referirse aos membros da Irmandade Republicana Irlandesa. Malia que nun principio esta palabra se refería aos nacionalistas irlandeses, co paso do tempo o seu uso expandiuse ata pasar a denominar os simpatizantes do nacionalismo irlandés e aos católicos de ascendencia irlandesa (estereotipados como simpatizantes do nacionalismo irlandés).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Sistema de entretemento do coche
O Sistema de entretemento do coche, ou nos seus acrónimos en inglés ICE (In-car entertainment) , ou IVI (in-vehicle infotainment), é calquera forma de interacción tecnolóxica mentres se transfire información ao condutor dun coche de xeito seguro e accesíbel. Existen diferentes tipos de información que se lle comunican ao condutor, como a información do estado do vehículo, información de seguridade, información de navegación, información de infoentretenimento e información do ambiente exterior. A prestación combinada de información con funcións de entretemento é a razón pola que se lle chama sistema de infoentretenimento.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Ali Akbar Khan (en bengalí: আলী আকবর খাঁ, Ali Akbar Khan), alcumes: Khansahib ou Ustad; nado en Shibpur, na localidade de Comilla, Bengala Oriental (actual Bangladesh), o 14 de abril de 1922 e finado en San Anselmo, California o 18 de xuño de 2009, doente dunha enfermidade renal, foi un compositor de música clásica indostaní bengalí. Histórico intérprete e mestre (Mo.) do sarod, un instrumento de corda utilizado na música do norte da India. Khan foi quen deu a coñecer o sarod nos Estados Unidos.
A auga (fórmula química H2O) é unha substancia química inorgánica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).). É vital para todas as formas de vida coñecidas, aínda que non proporciona alimento, enerxía nin micronutrientes orgánicos. A súa fórmula química, H2O, indica que cada unha das súas moléculas conteñen un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno, conectados por enlaces covalentes.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A aprendizaxe semipresencial ou híbrida (en inglés: blended learning), tamén chamada instrución mediada pola tecnoloxía ou instrución web, é unha forma de educación que combina os materiais e as posibilidades de interacción en liña cos métodos de aprendizaxe presencial na aula. A aprendizaxe semipresencial require a presenza física de profesorado e alumnado, mais ao mesmo tempo este mantén un certo control sobre o tempo, o lugar, a orientación e o progreso dos seus procesos de ensino-aprendizaxe. A asistencia aos centros educativos combínase con actividades a distancia por ordenador.
Illa de Sado (佐渡島, Sado(ga)shima, ja) Mar do Xapón, situada na prefectura de Niigata, Xapón, cunha costa de 262,7 km.. En outubro de 2017, a illa de Sado tiña unha poboación de 55,2 habitantes. A illa de Sado abrangue unha superficie de 854,76 km² e é a segunda illa máis grande despois da illa de Okinawa, fóra das catro illas principais do Xapón, excluíndo as disputadas Kuriles do Sur A distancia máis curta entre a illa de Sado e Honshu é 32 km..
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Éibar ou Eibar (en éuscaro e oficialmente: Eibar, [ˈejβaɾ] (AFI)), é un municipio de Guipúscoa, pertencente á comarca de Debabarrena no País Vasco. Ten unha extensión de 22 km² e, segundo o INE, o 1 de xaneiro de 2006 tiña 27.530 habitantes, cunha densidade de poboación de 1.121 hab/km². O seu escudo de armas é unha cruz de Santo André en goles sobre un campo de ouro.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
En xuño e xullo de 2018, un equipo de fútbol xuvenil e o seu adestrador foron rescatados da cova de Tham Luang Nang Non, na provincia de Chiang Rai, no norte de Tailandia. Doce membros do equipo, que tiñan entre 11 e 16 anos de idade, e o seu adestrador de 25 anos entraron na cova o 23 xuño após unha sesión de práctica do fútbol. Pouco despois, unha forte chuvia monzónica asolagou o sistema de covas, bloqueando calquera posible saída e quedando atrapados no interior profundo.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao». Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Gustavo Francisco Petro Urrego, nado en Ciénaga de Oro, Córdoba, o 19 de abril de 1960, é un político e economista colombiano, exmilitante do M-19, exsenador da República e actual presidente de Colombia. Derrotou a Rodolfo Hernández Suárez na segunda volta das eleccións presidenciais o 19 de xuño de 2022. Petro é o primeiro candidato que se identifica a si mesmo como esquerdista en ser elixido presidente de Colombia.