Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Mónica Naranjo Carrasco, coñecida artisticamente como Mónica Naranjo, nada en Figueres (Xirona) o 23 de maio de 1974, é unha cantante, compositora e produtora española de música pop xeralmente. Vendeu case nove millóns de discos, principalmente en España e América. Está recoñecida como unha das voces máis potentes da música popular a nivel mundial.
Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.
Haliaeetus leucocephalus, xeralmente chamada pigargo de cabeza branca ou pigargo americano, é unha ave de presa que vive en América do Norte. En América recibe o nome de bald eagle, pero en Galicia non sería propiamente unha aguia (eagle), xa que as especies de Heliaeetus se denominan pigargos; ademais non é calva (bald), xa que ten a cabeza emplumada, pero un antigo significado de bald en inglés era 'mancha branca', de onde realmente vén o nome referido á cabeza, o que sería unha mellor tradución. Pertence ao grupo das aguias mariñas, ten dúas subespecies e forma un complexo de especies co pigargo europeo (Haliaeetus albicilla), que ocupa o mesmo nicho que esta especie no Paleártico.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Eleccións municipais en Ribeira
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Ribeira dende 1979.
O carbón é unha rocha sedimentaria de cor negra ou marrón, con gran contido de carbono. É utilizada en diversos procesos industriais, destacando a produción de enerxía, procesos siderúrxicos e a industria química. A formación de carbón procede da acumulación de materia orgánica eminentemente vexetal durante millóns de anos.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Marc Márquez Alentà, nado na localidade de Cervera (provincia de Lleida) o 17 de febreiro de 1993, é un piloto catalán de motociclismo. Gañou 8 títulos do Campionato do Mundo de Motociclismo en tres categorías diferentes: 125cc (2010), Moto2 (2012) e MotoGP (2013, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019). É piloto do equipo Ducati Lenovo.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Oppenheimer é un filme británico-estadounidense de 2023, escrito e dirixido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Cillian Murphy no papel de J. Robert Oppenheimer, un físico teórico que foi fundamental no desenvolvemento das primeiras armas nucleares, director do Laboratorio Nacional de Los Álamos, como parte do Proxecto Manhattan que deu comezo a era atómica. Baséase na biografía American Prometheus de Kai Bird e Martin J. Sherwin, e narra a carreira de Oppenheimer, coa historia centrada principalmente nos seus estudos, a súa dirección do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial e a súa eventual caída en desgraza por mor da audiencia de seguridade de 1954.
O derbi de Tampere é o enfrontamento deportivo entre o Ilves e o Tappara, os dous equipos principais de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Os dous equipos son os máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés, téndose repartido o campionato finlandés en 36 ocasións (20 veces para Tappara e 16 para Ilves). Ilves e Tappara téñense enfrontado un total de 296 veces na liga regular ata a tempada 2019-20.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Como pintor destaca polos seus cadros costumistas de tema galego, como Comida de voda en Bergantiños. Foi tamén moi solicitado como retratista, chegando a executar varios retratos de Afonso XIII. Desde o punto de vista técnico afastouse das vangardas e mantivo unha gran preocupación pola precisión formal, moi en especial no coidado da composición e da cor, na reprodución da indumentaria e da expresión dos rostros.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.844.
Luís de Castro García, nado na Terrachá (Entrimo) o 10 de agosto de 1912 e finado Ibídem o 4 de outubro de 1977, foi un médico e investigador galego. Con 9 anos mudouse a Valladolid coa súa familia por mor do traballo de seu pai. Concluíu o bacharelato superior por ciencias en 1928, licenciouse en medicina e cirurxía pola Universidade de Valladolid en 1934 e doutorouse o ano seguinte pola Universidade Central.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Xira angústica (Live in A Coruña)
Xira angústica (Live in A Coruña) é un álbum en directo da banda de rock galega Heredeiros da Crus, publicado o 16 de marzo de 2022, baixo o selo Dotbeat. O álbum foi gravado nunha actuación en directo o 25 de novembro de 2021 no auditorio PALEXCO da Coruña, nun concerto acústico.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes: Á lus do candil (Galaxia 1953), Terra brava (Galaxia 1955), Contos da néboa (Edicións Castrelos 1972) e Historias que ninguén cre (Xerais 1981). Ingresou na Real Academia Galega en 1963. No ano 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no ano 1983 foi proposto para o Premio Nobel de Literatura.
O xabaril (do árabe djabalí) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evolucionou o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao». Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión abrahámica monoteísta, que profesa que Xesús foi resucitado de entre os mortos e é o Fillo de Deus, cuxa chegada como o mesías (Cristo) foi profetizada na Biblia hebrea (chamada Antigo Testamento no cristianismo) e narrada no Novo Testamento. É a relixión maioritaria no mundo e máis estendida, con máis de 2 380 millóns de seguidores, o que representa ao redor do 31,2 % da poboación mundial. Estímase que os seus seguidores, coñecidos como cristiáns, constitúen a maioría da poboación en 157 países e territorios.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken (Lützen, nos arredores de Leipzig, actual Alemaña) e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX. Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida. Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos. Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.
Sistema de entretemento do coche
O Sistema de entretemento do coche, ou nos seus acrónimos en inglés ICE (In-car entertainment) , ou IVI (in-vehicle infotainment), é calquera forma de interacción tecnolóxica mentres se transfire información ao condutor dun coche de xeito seguro e accesíbel. Existen diferentes tipos de información que se lle comunican ao condutor, como a información do estado do vehículo, información de seguridade, información de navegación, información de infoentretenimento e información do ambiente exterior. A prestación combinada de información con funcións de entretemento é a razón pola que se lle chama sistema de infoentretenimento.
Fernando Calvet Prats, nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico catalán, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Gian Maria Volonté, nado en Milán o 9 de abril de 1933 e finado en Florina, Grecia, o 6 de decembro de 1994, foi un actor italiano. Fíxose célebre pola súa interpretación como o principal antagonista nos filmes de Sergio Leone Por un puñado de dólares e Per qualche dollaro in più. Foi considerado un dos mellores actores europeos do seu tempo pola súa capacidade de afondar na personalidade das súas personaxes.
O cambio climático é a variación global do clima da Terra a diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home na biosfera. A expresión moitas veces úsase de xeito reducionista para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, como sinónimo de quecemento global.