Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Oppenheimer é un filme británico-estadounidense de 2023, escrito e dirixido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Cillian Murphy no papel de J. Robert Oppenheimer, un físico teórico que foi fundamental no desenvolvemento das primeiras armas nucleares, director do Laboratorio Nacional de Los Álamos, como parte do Proxecto Manhattan que deu comezo a era atómica. Baséase na biografía American Prometheus de Kai Bird e Martin J. Sherwin, e narra a carreira de Oppenheimer, coa historia centrada principalmente nos seus estudos, a súa dirección do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial e a súa eventual caída en desgraza por mor da audiencia de seguridade de 1954.
Marc Márquez Alentà, nado na localidade de Cervera (provincia de Lleida) o 17 de febreiro de 1993, é un piloto catalán de motociclismo. Gañou 8 títulos do Campionato do Mundo de Motociclismo en tres categorías diferentes: 125cc (2010), Moto2 (2012) e MotoGP (2013, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019). É piloto do equipo Ducati Lenovo.
O ataque a Pearl Harbor foi unha ofensiva militar sorpresa efectuada pola Armada Imperial Xaponesa contra a base naval dos Estados Unidos en Pearl Harbor, Oahu, Hawai, na mañá do 7 de decembro de 1941. O ataque foi executado contra a frota do Pacífico da mariña dos Estados Unidos de América e as súas forzas de defensa, o corpo aéreo do exército, e a forza aérea da Mariña. O ataque damnificou ou destruíu 11 navíos de guerra, 188 avións, e matou 2.403 militares estadounidenses e 68 civís.
La trinchera infinita é un filme franco-español de 2019 dirixido por Jon Garaño, Aitor Arregi e Jose Mari Goenaga. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde gañou a Cuncha de Prata ó mellor director e o Premio de Xurado ó mellor guión. Foi escollido como candidato de España para o mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar, mais finalmente non foi nomeado.
Haliaeetus leucocephalus, xeralmente chamada pigargo de cabeza branca, é unha ave de presa que vive en América do Norte. En América recibe o nome de bald eagle, pero en Galicia non sería propiamente unha aguia (eagle), xa que as especies de Heliaeetus se denominan pigargos; ademais non é calva (bald), xa que ten a cabeza emplumada, pero un antigo significado de bald en inglés era 'mancha branca', de onde realmente vén o nome e que sería unha mellor tradución. Pertence ao grupo das aguias mariñas, ten dúas subespecies e forma un complexo de especies co pigargo europeo (Haliaeetus albicilla), que ocupa o mesmo nicho que esta especie no Paleártico.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Skacha é un grupo musical de punk-rock, formado no barrio vigués de Coia en 1991 e disolto no ano 2011. No ano 2019 deciden xuntarse para facer uns concertos e paran de novo no 2022. Os contidos das súas letras alternan aspectos sociais con outros máis desenfadados, sempre baixo unha perspectiva de expresión de potencia e xenreira propia do Punk-Rock.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao». Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte.
Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
O Estadio Martínez Valero é un estadio de fútbol da cidade de Elx, na provincia de Alacant, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos do Elche Club de Fútbol, equipo que milita actualmente na Segunda División. O seu nome rende homenaxe ao que fose presidente do club ilicitano, Manuel Martínez Valero.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939 e finada en Majadahonda o 2 de decembro de 2023, foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
A auga (fórmula química H2O) é unha substancia química inorgánica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).). É vital para todas as formas de vida coñecidas, aínda que non proporciona alimento, enerxía nin micronutrientes orgánicos. A súa fórmula química, H2O, indica que cada unha das súas moléculas conteñen un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno, conectados por enlaces covalentes.
O té bravo, de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides, é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando. Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
The 33 é un filme de 2015 dirixido por Patricia Riggen e escrito por Mikko Alanne, Craig Borten e José Rivera. O filme baséase nos feitos reais do desastre mineiro de Copiapí, no ano 2010 en Chile, no cal un grupo de trinta e tres mineiros quedaron atrapados dentro da mina San José durante 69 días. O filme está protagonizado por Antonio Banderas, no papel do mineiro Mario Sepúlveda.
María José Caride Estévez, nada en Vigo en 1966, é unha política galega do PSdeG, que foi conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes dende o 2 de agosto de 2005 ata o 2009. Estudou económicas en Vigo e fixo o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora da Universidade de Vigo en Vigo e en Ourense.
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.
Feniano é un termo que se emprega dende mediados do século XIX para referirse aos nacionalistas irlandeses contrarios ao dominio británico sobre a Illa de Irlanda. Adoita ser empregado tamén para referirse aos membros da Irmandade Republicana Irlandesa. Malia que nun principio esta palabra se refería aos nacionalistas irlandeses, co paso do tempo o seu uso expandiuse ata pasar a denominar os simpatizantes do nacionalismo irlandés e aos católicos de ascendencia irlandesa (estereotipados como simpatizantes do nacionalismo irlandés).
Véxase tamén O muíño na cultura popular galega A seguir recóllense os refráns que fan alusión ó pan, sexa pantrigo ou pan de centeo, pero tamén ó trigo, a fariña, o forno, ós panadeiros, etc. Debe terse en conta que en ocasións se utiliza o nome de pan para designar outros gran, como o centeo, e mesmo o cereal aínda no campo. A anguía en empanada e a lamprea escabechada .
Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki
Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares que tiveron lugar o 6 e 9 de agosto de 1945 contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América despois de que os dirixentes xaponeses decidiran ignorar o ultimato de Potsdam. Finalmente, despois de seis meses de intenso bombardeo sobre outras 67 cidades xaponesas, a bomba nuclear "Little Boy" lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por "Fat Man", lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto.
O termo Chousa pode referirse a: Unha chousa (do latín clausa 'pechada') é un terreo cercado, xa sexa de labor próximo á casa, ou de monte. Como topónimo, pode referirse a: En Galiza Chousa, lugar da parroquia de Camboño, no concello de Lousame; Chousa, lugar da parroquia de Combarro, no concello do Poio; A Chousa, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares; A Chousa, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Cedeira; A Chousa, lugar da parroquia de Escoureda, no concello do Corgo; A Chousa, lugar da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol; A Chousa, lugar da parroquia do Trobo, no concello da Fonsagrada; A Chousa, lugar da parroquia de San Pedro de Mera, no concello de Lugo; A Chousa, lugar da parroquia de Franza, no concello de Mugardos; A Chousa, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Mugardos; A Chousa, lugar da parroquia de Castro, no concello de Narón; A Chousa, lugar da parroquia de Rebordaos, no concello do Saviñao; A Chousa, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño; A Chousa, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño; A Chousa, lugar da parroquia de Alba, no concello de Vilalba; A Chousa, lugar do barrio de Piñeiros, na zona urbana de Narón; A Chousa Grande, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; A Chousa Grande, lugar da parroquia de Vilarmaior, no concello de Vilarmaior; O Rego da Chousa, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar; Carranchousa, lugar da parroquia de Bascós, no concello de Monforte de Lemos; A Fontechousa, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Vilalba.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Campionato do Mundo de ciclismo en ruta
O Campionato do Mundo de ciclismo en ruta é unha competición ciclista organizada pola Unión Ciclista Internacional que se disputa cada ano polo mes de setembro, celebrando varias probas das diversas disciplinas de ciclismo en ruta, tanto en liña como contra o reloxo, masculino e feminino, cuxos gañadores reciben o título de "Campións do Mundo" na súa modalidade e o dereito a levar unha camisola distintiva durante todo o ano seguinte. Unha das súas particularidades máis salientables é que os participantes defenden as cores das súas seleccións nacionais, e non as dos seus equipos, salvo na proba contra o reloxo por equipos, que se disputou ata o ano 2018. Por isto, malia ser considerada unha das citas máis importantes do ano no ciclismo internacional, os resultados do Campionato do Mundo non están incluídos na clasificación do UCI World Tour.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.