Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A rola das palmeiras ou rula das palmeiras (Spilopelia senegalensis, antes Streptopelia senegalensis) é un pequeno pombo reprodutor residente en África, Próximo Oriente, sur de Asia e Australia Occidental onde se estableceu na natureza despois de ser liberada do Zoo de Perth en 1898. Esta pequena rola de cola longa atópase en hábitats arbustivos secos onde as parellas adoitan verse alimentándose no chan. Está moi emparentada con Spilopelia chinensis, que se distingue por ter un colar a cadros negros e brancos.
Library of Congress Control Number
O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopedias do mundo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
Non confundir con Graham Greene (1904-1991), escritor e xornalista inglés. Graham Greene, nado na Reserva das Seis Nacións, en Ontario, o 22 de xuño de 1952, e finado en Stratford, Ontario, o 1 de setembro de 2025, foi un actor amerindio oneida que ten traballado en teatro, películas e producións de televisión en Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. Acadou fama internacional pola súa participación en Dances with Wolves (1990), de Kevin Costner, que lle valeu un nomeamento ao Oscar.
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
San Vicente de Leira, Vilamartín de Valdeorras
San Vicente de Leira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 101 habitantes (50 homes e 51 mulleres), 54 menos ca en 2004 (78 mulleres e 77 homes) e 89 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Biblioteca Nacional da República Checa
A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorbio: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorbio: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
Biblioteca Nacional de Francia
A Biblioteca nacional de Francia (en francés: Bibliothèque nationale de France), coñecida polo acrónimo BnF e chamada tamén Biblioteca Nacional de París, é unha das bibliotecas máis importantes de Francia e do mundo. Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvólvense en diferentes sedes, sendo François Mitterrand a principal, situada no barrio de Tolbiac, na beira sur de París.
Alternativa dos Veciños é un partido político que actuou ao longo da súa historia no concello de Oleiros. A partir das eleccións de 2015 iniciou un proceso de ampliación coa presentación de candidaturas nos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo o que lle permitu entrar na Deputación da Coruña. Nos anos seguintes o partido aumentou as agrupacións locais, e así tras as eleccións de 2019 fíxose coa alcaldía do concello de Carral e entrou nos gobernos locais de Bergondo e Sada.
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co océano Atlántico, Gales e o mar de Irlanda.
La Quimera é unha novela en lingua castelá de Emilia Pardo Bazán, publicada en 1905. En palabras da autora —no prólogo da novela— La Quimera trátase dunha sátira social cuxo propósito foi estudar "un aspecto da alma contemporánea". É unha novela psicolóxica na que o protagonista encarna un mal da época: seducido pola súa quimera, "triunfar ou morrer", destrúese como home sen realizarse como artista.
ABBA foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.428.
José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade. Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos.
Día Internacional das Rapazas nas TIC
O Día Internacional das Rapazas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) é o cuarto xoves de abril de cada ano. Foi decidido en 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) no organismo de Nacións Unidas especializado en telecomunicacións e ten como obxectivo alentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas, así como rebaixar a fenda dixital de xénero. Tamén busca alentar e motivar ás nenas para que participen en carreiras tecnolóxicas, tanto na formación regrada, como de maneira profesional, no ámbito do ocio ou noutro tipo de actividades.
O Pazo de Parada ou de Miranda, tamén coñecido como a "casa grande", é unha residencia privada situada na parroquia de Parada de Amoeiro, no concello de Amoeiro. Está considerado por moitos estudosos como o pazo máis grandioso da provincia, tanto pola súa arquitectura como pola súa relevancia histórica.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Un funicular (do latín funicŭlus, "corda") é un tipo especial de ferrocarril utilizado para salvar grandes pendentes. Non se debe confundir cos ferrocarrís dotados de planos inclinados. Circula sobre raís e normalmente dispón de dúas cabinas enlazadas por un cable de aceiro sobre unha vía de ferrocarril, a modo de ascensor inclinado, de tal forma que mentres un vehículo sobe o outro baixa, o que permite aproveitar a enerxía potencial do que queda na parte superior para subir o inferior á vez que se frea o que está baixando.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Faceted Application of Subject Terminology
FAST (Faceted Application of Subject Terminology) é unha sintaxe simplificada para o tesauro Library of Congress Subject Headings (LCSH). Foi desenvolvido por Online Computer Library Center, Inc. (OCLC) como parte do WorldCat, co obxectivo de facer catalogación menos custosa e máis doada de aplicar en contextos conectados.
O club do crime dos xoves (en inglés: The Thursday Murder Club) é un filme británico-estadounidense de 2025 dirixido por Chris Columbus a partir dun guión de Katy Brand e Suzanne Heathcote. Baséase na novela de 2020 de Richard Osman. Está protagonizado por Helen Mirren, Pierce Brosnan, Ben Kingsley e Celia Imrie, xunto con David Tennant, Jonathan Pryce, Naomi Ackie, Daniel Mays, Henry Lloyd-Hughes, Richard E. Grant, Tom Ellis, Geoff Bell, Paul Freeman, Sarah Niles e Ingrid Oliver nos papeis secundarios.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño. Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado.
A Grande Enciclopedia Rusa (GER) (en ruso: Большая российская энциклопедия, Bolshaya rossiyskaya entsiklopediya) é unha enciclopedia rusa universal, publicada en 35 volumes dende o ano 2004. Foi lanzada baixo o impulso da Real Academia Rusa das Ciencias, despois de que o Presidente Vladimir Putin asinase o decreto №1156 no ano 2002. Segundo o editor da enciclopedia, Sergei Leonidovich Kravets, a edición completa estará dispoñible no ano 2016.
A Biblioteca Nacional de España é o centro depositario do Patrimonio Bibliográfico e Documental de España e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XVIII. Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 26 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, mapas, gravados, debuxos, partituras, folletos etc.
Sextus Varius Avitus Basianus, Heliogábalo, nado en Emessa, Siria, no 204 e finado en Roma no 222, foi un emperador romano. Era neto do fundador da dinastía dos Severos. Fillo de Sexto Vasiano e Xulia Soemias, adoptou o nome de Marcus Aurelius Antoninus para gobernar, xa que se comprometera diante do Senado a manter e seguir o exemplo de Marco Aurelio no seu goberno.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Pórtico real da Catedral de Tui
O Pórtico Real da Catedral de Tui é o conxunto escultórico que dá acceso, pola portada principal á Catedral-fortaleza de Santa María da cidade medieval fronteiriza de Tui, no Camiño Portugués de Santiago. E o máis espléndido portal gótico do século XIII existente en Galicia e un dos primeiros que na Península Ibérica se fixeron eco das novas orientacións estilísticas que xurdiran en Francia.
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Système universitaire de documentation
O système universitaire de documentation (sistema universitario de documentación) ou SUDOC é un sistema empregado por bibliotecas universitarias de Francia para identificar e manexar os documentos na súa posesión. Este catálogo contén máis de 10 millóns de referencias. A axencia responsable do seu mantemento é a Agence bibliographique de l'enseignement supérieur.
Un modelo visión-linguaxe, tamén chamado sistema multimodal de texto-visión ou VLM (polas súas siglas en inglés, Vision language model), é un modelo que pode procesar texto e imaxes (ou vídeos), xa que no seu adestramento recibe unha entrada visual e o seu texto asociado. Poden realizar numerosas tarefas como pode ser describir unha imaxe ou responder preguntas sobre un vídeo.
A Feira Franca é unha festa celebrada en Pontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. En 2013 foi declarada festa de interese turístico pola Xunta de Galicia Está ambientada na idade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música, obradoiros, artesanía en coiro, madeira, téxtiles e produtos naturais, entre outros.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館, Kokuritsu Kokkai Toshokan) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Toquio e Kyoto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país. Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes.